FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
O LEO I ARREMECAGHONA NO PORTO
NOVAS
Escrito por Redacción Sono-Tone   
Venres, 09 de Maio do 2008
Chuza!

"Em colaboração com o Segredo Polichinelo, a Audiência Zero vai levar ao Pinguim Café de Porto, no próximo dia 10 de Maio, o galego O Leo Arremecaghona, um cautautor punk que tem cativado atenção ao estilo do catalão Albert Pla. Os seus espectáculos caracterizam-se por serem originais e peculiares, também humorísticos, oferecendo uma boa mescla de música e teatro, por detrás de letras carregadas de alma poética mas também de espírito livre e divertido."

Data: 10 de Maio, à 23h30 + Dj Rockin Lemur
Local: Pinguim Café, Porto – Noite Segredo Polichinelo
Entrada: 3 euros


Tags:  O LEO I ARREMECAGHONA AUDIENCIA ZERO
 
XA NA RUA O NOVO DISCO DE XOSE CONSTENLA
NOVAS
Escrito por Redacción Sono-Tone   
Xoves, 08 de Maio do 2008
Chuza!

constenla2"Olladas dun entusiasta (Setestrelo Editora, 2008) constitúe o segundo traballo discográfico do cantautor Xosé Constenla, despois de Quen fixo berrar ao silencio (autoedita, 2005). Supón unha producción do propio Xosé Constenla en colaboración con Ramón Feáns (arranxos e dirección musical) para o selo de nova creación Setestrelo Editora. Foi gravado e misturado nos estudios PINK de O Milladoiro (Ames) entre finais de 2007 e principios de 2008, sendo Paulo Gacio o técnico de son. Entre as colaboracións recollidas para este traballo, destaca a presenza do cantautor madrileño Javier Bergia –por cortesía de Tagomago- (autor de 10 discos propios) que canta a dúo con Xosé Constenla o segundo corte do disco “Aínda estamos a tempo”. Ramón Feáns (guitarras, bouzouki, baixo e programacións), Paulo Gacio(frauta traveseira e saxo soprano), Paco Nogueiras (acordeón) e Javier Rodríguez (teclados) foron os músicos que gravaron os distintos instrumentos que aparecen no traballo.
En Olladas dun entusiasta, podemos atopar 13 composicións inéditas de Xosé Constenla, nas que, engalanadas con enriquecedores compoñentes musicais, preséntanse letras de historias honestas e sen ambigüidades. O conflicto social e nacional do país, o amor, a beleza, a denuncia das inxustizas e a retranca crítica son os temas centrais duns temas centrados en vivencias propias e alleas coas que Xosé Constenla trata de amosar olladas particulares envoltas polo leitmotiv do entusiasmo, para rematar por convertérense nunha cosmovisión colectitiva e participada.
"

 http://www.myspace.com/xoseconstenla

Tags:  XOSE CONSTENLA OLLADAS DUN ENTUSIASTA
 
PRIMEIRO VIDEOCLIP DO NOVO DISCO DE PROJECTO MOURENTE
NOVAS
Escrito por Redacción Sono-Tone   
Mércores, 07 de Maio do 2008
Chuza!


Como adianto do seu novo disco -que chegará as tendas e á rede a mediados do mes de maio baixo o título de Kara.o.ke- Projecto Mourente ven de estrear o primeiro videoclip. O tema escollido é "Os piores inimigos", a novena pista do disco, realizado a partir da curtametraxe alemá "Kopfsache".

http://prosciuttomourente.blogspot.com/


Tags:  PROJECTO MOURENTE TECHNO-POP A REGUEIFA DISCOS
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICION NO CERTAME GZCREA 2008
NOVIDADES
Escrito por Redacción Sono-Tone   
Martes, 06 de Maio do 2008
Chuza!

A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade apresenta
o certame GZCREA 2008, desta volta con trece modalidades ás que poden presentarse todos os mozos e mozas residentes en Galiza de entre 16 e 30 anos de idade, sempre que non sexan artistas profesionais. Así, as persoas interesadas poderán presentar as súas creacións ata o vindeiro 30 de xuño nas modalidades de teatro, artes plásticas, deseño de xoias, videoclips, moda, música, relato, poesía, videocreación, composición para banda de música, banda deseñada, graffiti e carteis.

Os gañadores en cada unha das categorías recibirán premios en metálico. O primeiro premio ascenderá a 3.000 euros, o segundo terá un importe de 1.500 euros, e o terceiro premio é de 1.000 euros. Ademais, con carácter xeral poderanse outorgar mencións de honra, sen dotación económica, coas que distinguir a aquelas obras que acaden unha notable calidade.

Todas as persoas interesadas en ampliar información sobre este certame teñen xa á súa disposición a páxina web www.gzcrea.com.


Tags:  GZCREA DIRECCION XERAL DE XUVENTUDE E SOLIDARIEDADE
 
REM Accelerate (US)
NOVIDADES
Escrito por Vacorinho   
Martes, 06 de Maio do 2008
Chuza!
rem_-_accelerate

 

 

 

 

 

 

REM
Accelearte
(Warner, 2008)

Facía xa catro anos que a banda de Athens non daba sinais de vida; foi por aquel entón cando publicaron o deostado (inxustamente baixo o meu criterio) Around the Sun. Por fin en abril de 2008 saíu á luz Accelerate, anunciado polos iluminados e entendidos como “a volta as súas orixes”. ¿Pero iso non o fixeran xa con Monster? ¿non se volvera de novo a falar do mesmo cando saíron New Adventures in Hi-Fi e Up? en resumo, máis peras mentais de flipados ou pura estratexia de marketing por parte da Warner (ou ambas cousas, claro) (...)


Tags:  REM MICHAEL STIPE ACCELERATE
 
JIMENEZ LOS SANTOS E SCHIZOPHRENIC HOUSEWIVES AO VIVO
NOVAS
Escrito por Redacción Sono-Tone   
Luns, 05 de Maio do 2008
Chuza!
jimenezlossantos

http://www.myspace.com/schizophrenichousewivesband


Tags:  JIMENEZ LOS SANTOS SCHIZOPHRENIC HOUSEWIVES
 
EMIGRANTES Shaun Tan
LIBROS
Escrito por Zumbi dos Palmares   
Luns, 05 de Maio do 2008
Chuza!
emigrantes
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
EMIGRANTES
Shaun Tan
(Barabara Fiore Editora)

Na historia de todos os pobos emigrantes, ou na daquelas sociedades que tiveron que experimentar a difícil experiencia do exilio, existen unha serie de experiencias repetidas que poderían moi doadamente ser postas en común. Aspectos como o medo, a incomprensión, a soidade , a desadaptación, e tamén as contrapartidas positivas, como o encontro inesperado coa solidariedade ou os novos lazos de amizade. A proposta de Emigrantes trata de contar unha historia universal e mil veces repetida, procurando os seus rasgos máis importantes e deténdose tamén no universo sempre subsidiario das pequenas anécdotas. No fondo, son sempre estas as que marcan a historia das persoas desprazadas: os erros cometidos nos primeiros traballos, o desconcerto ante a nova comida e os novos costumes, ou a sorpresa que acompaña á peculiaridade das novas relacións persoais (...)

Tags:  EMIGRANTES SHAUN TAN
 
NARF
AS DEZ DE
Escrito por Besbe   
Mércores, 30 de Abril do 2008
Chuza!
narf_10

NARF
Fran Pérez "Narf" é un dos músicos máis veteranos da escena galega, sendo peza chave a finais dos 80s coma membro de Os Quinindiolas e Nicho Barullo, nos 90s na Psicofónica de Conxo e no novo século co seu proxecto en solitario NARF. Polo seu vencello co grupo teatral Chévere ten desenvolvido tamén unha importante carreira compositiva de músicas para o teatro. Hai uns meses saiu o seu segundo disco en solitario, Tótem.
 
1 Tomorrow never knows .The Beatles
Unha das mellores cancións dos Beatles ao meu modo de ver.É un cuadro abstracto máis que unha canción, e ten a virtude de xuntar espléndidamente a linguaxe do pop con outra máis propia de músicos como Stockhausen, Cage ou Berio. Foron épocas de mentalidade experimental , e eu diría que tanto no público como nos propios artistas.Como curiosidade direi que con "Nicho Varullo" gravamos unha versión desta canción pero nunca chegou a editarse.

2 Art school. The Jam
A enerxía desta canción, e en xeral de todo o disco "In the city" é contaxiante. Adoro o "cabreo" de Paul Weller cantando e tocando a guitarra como se fose unha machada."Os Kinindiola" rendiron homenaxe a esta canción con "Algo hai que comer"

3 London calling. The Clash
Os clash fixeron unha obra mestra con ese disco e con esta canción e non hai máis que decir. Un dos mellores temas de sempre.

4 Dolly Dagger. Jimmy Hendrix.
A música de Hendrix é como un manantial , como se todas as súas cancións fosen unha soa gran canción inesgotavel. A súa obra é un circulo eléctrico, un ovni ( obxecto voador non igualado) que aínda anda flotando por ahí. Esta parte do círculo, Dolly Dagger, é unha maravilla.

5 Sitting on the dock of the bay . Otis Redding
Escoitar a voz de Otis Redding cantando esta canción é un regalo dos deuses, (que lle deron tempo a acabala pouco antes de levalo con eles). Hai un estado de ánimo na propia alma da canción que é universal, porque apostaría a que todos nos temos sentido así algunha vez, e non importa nada non entender a letra.

6 San Franciscan nights. Eric Bourdon
Unha xoia pouco coñecida do león de Newcastle. Sorprendentemente simple e evocadora. Eri Bourdon ten un montón de cancións espectaculares máis alá dos Animals orixinais: Sky Pilot, Monterrey, Anything, A walk down by the sea, Spill the wine, White houses....

7 Tropicalia . Caetano Veloso

Unha canción antiga emblemática do movemento tropicalista. Xa no ano 68 estaban os brasileiros con moito camiño andado para que a súa música tradicional se misturase libremente coas correntes do rock e do pop. Seguramente esta non é a mellor canción de Caetano Veloso , pero é unha das miñas favoritas por representar a chave de moito do que veu despois.

8 Soko thinka Ali Farka Touré

Podía ter escollido calquer outra canción do gran Alí Farka Touré, porque o que conta para mín é o son característico e inconfundible que el desenvolveu coa súa guitarra a partir da súa tradición, e da súa apertura ao mundo. Como pasa con Hendrix, para mín a súa música é un río caudaloso que continúa a fluir e a influir na música actual.

9 Sorrow, tears & blood. Fela Kuti

Un tema clásico de Fela Kuti, creador do afrobeat. Unha figura profundamente comprometida ca xusticia social e a liberdade, e un músico xenial. Esta canción é bo exemplo de ambalas dúas cousas. Por certo, é curioso pero o concepto de repetición na música africana e completamente oposto na súa raíz e no seu sentido ao concepto de loop mecánico , porque o caso , para o estilo afro, é precisamente dar vida propia a cada nota que soa . Esa é a base do groove.

10 Life on Mars? David Bowie

Algúns discos de Bowie,( Hunky Dory, Space Odity, Ziggy Stardust ...) influíronme moito cando comencei a compor música para teatro , porque realmente é moi teatral, pero ten a mestría de non ser excesivo ou paródico. .. Life on mars? é un dos temas máis exuberantes e melodramáticos do Bowie "Glam", e ao mesmo tempo elegante e sinceiro. E vaia orquestación...

Tags:  NARF FRAN PEREZ PSICOFONICA DE CONXO QUININDIOLAS NICHO BARULLO
 
ESTREA DE EP E VIDEOCLIP DOS GROVENSES NADADORA
NOVAS
Escrito por Redacción Sono-Tone   
Martes, 29 de Abril do 2008
Chuza!
 
O vindeiro 5 de maio sairá oficialmente á venda "La química que nos une", o novo disco de Nadadora. Un disco que ademais dun tema inédito "Septiembre no está tan lejos" e o vídeo de "El bosque", inclúe catro remezclas a cargo de Jaime Cristóbal de Souvenir (de "Despues de todo"), Dorian (de "El bosque"), Javier de Standard (de "A=B=C") e Homeboy dj (de "La Forma"). Un disco que, ademais de adaptar brillantemente as cancións de Nadadora para a pista de baile, móstranos o camiño polo cal discorrerán as próximas composicións asinadas por Gonzalo Abalo, nunha liña en absoluto afastada das coordenadas polas que discorreron Nadadora desde os seus inicios, pero cun toque electrónico e bases programadas que sen dúbida enriquecerán o seu repertorio.
 
http://www.jabalinamusica.com 

Tags:  NADADORA SOUVENIR DORIAN STANDARD JABALINA
 
NOVO EP DE MEQUETREFE
NOVAS
Escrito por Redacción Sono-Tone   
Luns, 28 de Abril do 2008
Chuza!
mequetrefeep02"MEQUETREFE presenta o seu segundo EP a traves do netlabel Alg-a. Cinco novas composicións feitas dende o salón-estudio da súa casa de Santiago de Compostela, cancións nas que se nota a influenza do grupo de directo, con estructuras con espazos para o desenvolvemento e o goce do eventual e a improvisación, como nos temas Bomba Navarro e We are like cows. Coa implicación directa dos membros do seu grupo como esas guitarras agudas de Xes. E seguindo coa liña xa marcada no primeiro Ep, con homenaxes a Twin Peaks e ao triángulo psicodelia-dub-shoegaze en Money makes me happy e Spaguetti’s rain, que podería ser o seu propio autorretrato. Ao vivo Mequetrefe ven acompañado por Gerardo (Almax, onde Mequetrefe tamén colabora coa súa guitarra) e Santi (Almax e Blixdemia), ambos integrantes do histórico colectivo compostelán dos anos 90 La familia feliz"
 

Tags:  MEQUETREFE ALG-A ALMAX BLIXDEINA
 
MOONDOGS BLUES PARTY 18.04.2008 A Coruña
CONCERTOS
Escrito por Besbe   
Venres, 25 de Abril do 2008
Chuza!
moondogsconcerto

MOONDOGS BLUES PARTY

18.04.2008
Pub Garufa, A Coruña

O venres 18 foi unha noite de cans na Coruña e non porque it was raining cat and dogs, xa que o temporal deu un pequeno respiro para que poidésemos acudir ao concerto que a xauría endiañadada de Moondogs Blues Party e The Mad Dogs nos ofrecían no Pub Garufa. Tendo escoitado xa o primeiro traballo de Moondogs Blues Party, O cadelo lunático, agradaba un concerto tranquilo e relaxado: grandísimo erro pola miña parte. Subido ao escenario con sombreiro e tirantes, Javier Prado e os integrantes da súa banda provintes de Coruña, Vilalba e Ribadeo, a golpe da batería que tocaba Kevin Traba comezaron a animarnos a todos cun funkeirazo: o Funky Nassau, gran hit dos The Begining of the End no 71, que máis adiante os The Blues Brothers engadirían ao seu repertorio (...)


Tags:  MOONDOGS BLUES PARTY JAVIER PRADO
 
XOSE CONSTENLA APRESENTA MIRADAS DUN ENTUSIASTA
NOVAS
Escrito por Redacción Sono-Tone   
Xoves, 24 de Abril do 2008
Chuza!
constenla

O cantautor compostelán Xosé Constenla apresenta hoxe ao vivo Miradas dun entusiasta, o seu novo disco, gravado nos estudos PINK de Ames con dirección musical e arranxos de Ramón Feáns “Chiri” e a colaboración especial de Javier Bergia. A cita será a partires das nove da noite no local da Asociación Cultural O GALO (rúa Patio de Madres, 15 Compostela).

http://www.myspace.com/xoseconstenla 


Tags:  XOSE CONTENLA MIRADAS DUN ENTUSIASTA SETESTRELO EDITORA
 
CALAMAR, PRIMEIRO VIDEOCLIP DE THE HOMENS
NOVAS
Escrito por Redacción Sono-Tone   
Xoves, 24 de Abril do 2008
Chuza!

The Homens estrean o seu primeiro videoclip, realizado por Roi Fernández e Isaac Cordal (Fundación Intemperie).

http://www.galiciaaraias.com/


Tags:  THE HOMENS FALCATRUADA
 
ANUNCIADO O CARTAZ DO ROCK EN COSTA 2008
NOVAS
Escrito por Redacción Sono-Tone   
Mércores, 23 de Abril do 2008
Chuza!
rockencosta08Dúas bandas galegas, dúas portuguesas e unha vasca conforman este ano o cartel do Rock en Costa, que a Asociación Xurásica vén de pechar. Bunnyranch (Coimbra), Black Panda (A Coruña), Sizo (Porto), Paniks (Barakaldo) e Dr. Gringo (Santiago DC) actuarán o sábado 31 de maio no campo da festa do Castiñeiriño, en Compostela, Bunnyranch, Black Panda, Sizo, Paniks e Dr. Gringo, na sétima edición dun evento que segue apostando polos barrios como motores culturais das cidades e pola aproximación entre as músicas de Galicia e Portugal.

Este ano, os protagonistas do Rock en Costa son BUNNYRANCH, a máis intensa banda de rock and roll de Portugal, coa súa mestura salvaxe de rockabilly, garage, country, soul e calquera música abrasiva que lles pase polas mans; os coruñeses BLACK PANDA, amantes dos motores, o rock desbocado e as guitarras decibélicas; os SIZO, unha banda do Porto que navega entre o blues e a electrónica, entre o rock e a música de baile; os PANIKS, de Barakaldo, unha banda de rock esquelético na que o virtuosismo individual é o que menos importa; e os composteláns DR. GRINGO, un combo compostelán de psychobilly formado por ex compoñentes de grandes grupos do rock galego. O Rock en Costa empezará ás nove da noite.

Na fin de semana previa, o sábado 24 de maio, dous grupos do barrio, SAMESUGAS e THE HOMENS, presentarán o festival no Centro Sociocultural do Castiñeiriño. As dúas bandas veñen de editar un EP compartido no que, ademais de incluír cancións novas, se versionean mutuamente, un disco que aproveitarán para estrear nesta cita. O concerto, tamén de balde, empezará ás nove da noite.

http://myspace.com/rockencostafestival


Tags:  ROCK EN COSTA THE HOMENS SAMESUGAS
 
FINAL DO CONCURSO DE MAQUETAS MILLO VERDE
NOVAS
Escrito por Redacción Sono-Tone   
Martes, 22 de Abril do 2008
Chuza!
milloverde08

Tags:  MILLO VERDE INDANA N.O.T. LA VAGA BANDA MARXE ESKERDA
 
NOISE PROJECT AO VIVO
NOVAS
Escrito por Redacción Sono-Tone   
Luns, 21 de Abril do 2008
Chuza!
noise_project_sanbarr

Tags:  NOISE PROJECT VALGA SHOEGAZE POST-ROCK ARTENATIVA
 
COMEZA A XIRA DE NARF
NOVAS
Escrito por Redacción Sono-Tone   
Venres, 18 de Abril do 2008
Chuza!
narf_principal

Un tótem é un faro para os navegantes da terra. E Narf, como é máis coñecido o compostelán Fran Pérez, navegou. Abofé: A súa música, que se presenta por vez primeira ao vivo en Compostela, xa paseou por Cabo Verde, Mozambique, Brasil, Cuba, Inglaterra, Portugal… e de todos eses lugares foi recollendo influenzas sonoras, até dicir que TOTEM (falcatruada’07) cheira a flamenco, a bossa, a jazz... e a rock and roll. Nesta primeira actuación da xira de presentación de TOTEM, Fran Pérez (voz e guitarra) estará acompañado pola súa banda: Marcos Teira (guitarra e coros), Pepe Sendón (percusión e coros), Quiné (batería) e Zé Lima (contrabaixo). 

Mércores, 23 de abril - Teatro Principal de Santiago de Compostela
xoves 24 de abril LUGO – Falcultade de Veterinaria
mércores 30 de abril OURENSE – Auditorio Municipal
venres 30 de maioARTEIXO – Centro Cultural e Cívico


Tags:  NARD TOTEM FRAN PEREZ FALCATRUADA NORDESIA
 
DELUXE Reconstrucción (GZ)
NOVIDADES
Escrito por Vacorinho   
Xoves, 17 de Abril do 2008
Chuza!
deluxe-reconstruccion2

 

 

 

 

 

 

DELUXE
Reconstrucción
(Virgin, 2008)

Reconstrucción é o quinto disco do coruñés Xoel López, que saíu á luz o pasado 18 de marzo, aproximadamente un ano despois do lanzamento de Fin de un Viaje Infinito, o seu anterior traballo. O álbum ofrécenos dez temas inéditos e cinco remesturas das cancións que foi publicando mes a mes en internet ao longo do 2007. A primeira edición desta Reconstrucción, limitada ás súas 5.000 primeiras copias, traerá a maiores un DVD que inclúe imaxes en directo do Piano Bar Sessions, os tres vídeos de Fin de un Viaje Infinito e parte do concerto (unha hora e media) que Xoel ofreceu o 24 de novembro de 2007 en La Riviera, acompañado de xente como Josele Santiago, Eva Amaral e Juan Aguirre de Amaral, Amaro Ferreiro, Eladio Santos ou Julián López do programa Muchachada Nui. No audio deste DVD inclúense quince temas máis, compostos por versións acústicas, maquetas, as tres “cancións do mes” non incluídas no CD e catro temas do directo en La Riviera (...)


Tags:  DELUXE POP A CORUÑA
 
GRANDES EXITOS, PRIMEIRO TRABALLO DE NOVEDADES CARMINHA
NOVAS
Escrito por Redacción Sono-Tone   
Mércores, 16 de Abril do 2008
Chuza!
novedadescarminha222Horteras pero elegantes. Novedades Carminha son Jarri, Carlangas e Xavi, que con só 20 anos de idade son fillos prodixio do situacionismo e o posdadaísmo agresivo. O culto á frescura, á enerxía á actualidade e ao viño fan de Novedades Carminha un dos grupos máis divertidos e orixinais do panorama musical galego. Combinan o humor dos primeiros Siniestro Total cunha posta en escea atractiva e bailona, que lembra a Los Coyotes de Victor Abundancia, pasado todo isto por unha clara influencia musical do primeiro punk do 77. Son o único grupo que recoñece abertamente que tocan para ligar, e ligan para comer.

NC comezaron en Madrid en marzo de 2007, lugar de residencia actual do grupo, anque foron varias as incursións en Galiza, colaborando e tocando con grupos como Los Iribarnes, Ataque Escampe ou Leo i arremecaghona. Con estas dúas últimas bandas chegaron a grabar algún tema. Participan na actualidade no Galician Bizarre, un disco recopilatorio de nove grupos bizarros galegos, entre os que se atopan, entre outros, Jiménez del Oso, Fran3s ou Los Santos. Un pouco oligofénicos, pero boa xente, a banda conformase como máximo expoñente galego do revival da movida viguesa. Ademáis son o grupo favorito de Marichalar. A partir de Xullo comezarán unha xira por Galiza, Portugal e o norte do Estado Español, que comezará coa participación na presentación do disco de Juanita y los Feos na Sala Siroco de Madrid.

Grandes Éxitos
é o seu primeiro traballo, un curta duración en formato cassette que será apresentado o vindeiro 18 de Abril no compostelán Centro Social “A Gentalha do Pichel”. Foi gravado nos estudos Pousada Son e Sons da Vila a primeiros do 2008 en 8 horas e pódese definir coma unha homenaxe á frescura musical e ao humor entendido como a incorrección política das tertulias de taberna. As letras dos seus singles falan dos punkies de Lalín coma das mulleres católicas, sen deixar de clamar porque lles dean de beber ou de declararse sentimentales pero sementales.

O traballo tamén está editado en mp3 polo netlabel A Regueifa e poderá conseguirse en formato físico en Santiago, na Reixa Tenda, en El Humanoide del Traje Verde e no Bartolo.


Tags:  NOVEDADES CARMINHA PUNK A REGUEIFA
 
PRESENTASE A IV EDICION DOS CASTROCONCERTOS
NOVAS
Escrito por Redacción Sono-Tone   
Martes, 15 de Abril do 2008
Chuza!
cimg1625Unha das principais liñas de actuación do programa de lecer xuvenil alternativo “Súbete ó Castro” da Concellaría de Xuventude de Vigo é a relacionada coa música, cunha ampla oferta de cursos gratuítos de formación musical ademáis de ser sé dun dos locais de ensaio municipais. Como culminación desa liña de promoción da enerxía creativa da xente moza de Vigo, o programa “Súbete ó Castro” lanza a iniciativa dos Castroconcertos, que no presente ano 2008 celebrarán a súa sexta edición. Os Castroconcertos pretenden servir de plataforma de lanzamento da creación musical da mocidade viguesa ofrecendo a oportunidade de actuar en vivo aos grupos afeizoados. Nos Castroconcertos teñen cabida todos os estilos musicais, dende o hip-hop até o death metal pasando pola música experimental ou o jazz. Os concertos desenvolveranse durantes os meses de maio, xuño, xullo, agosto e setembro, nas noites dos venres e sábados, a partir das 23:00h no escenario situado fronte á pista de bicicletas do Parque de O Castro. Na presente edición están previstos 34 concertos que farán que arredor de 68 grupos se suban ao escenario.
 
Os grupos interesados en actuar poden contactar coa organización nos enderezos que aparecen na web www.castroconcertos.com

Tags:  SUBETE O CASTRO CASTROCONCERTO VIGO
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 20 de 201
 

COMENTADO RECENTEMENTE

ENTREVISTA: ANNIE HA...
Moito meus!!Que alegria atopar esta entrevista!!!M...
ATAQUE ESCAMPE - Gal...
vaia merda de disco. Deberían cambiar Galicia por...
JIMENEZ LOS SANTOS E...
Esto si que é o underground galego, e o demáis s...
ATAQUE ESCAMPE - Gal...
Non creo que AE precisen , a estas alturas, destac...
ATAQUE ESCAMPE - Gal...
si para destacar ou vender algo , hay que verse ob...
LAMATUMBA ESTREAN DI...
Fixo a mesma persona, porque é o mesmo plano, con...
GRANDES EXITOS, PRIM...
moi punki, si bemol, moi punki es un tipo con chi...
GRANDES EXITOS, PRIM...
gran concerto, pero para punkie eu coa camiseta de...
ATAQUE ESCAMPE - Gal...
Simplemente son uns cracks, encantame a sua musica...
GRANDES EXITOS, PRIM...
Estes son demasiado ghuapos para ser punkis galego...

NOVIDADES

  • 08:05 - 06.05.2008 NOVIDADES


    A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade apresenta
    o certame GZCREA 2008, desta volta con trece modalidades ás que poden presentarse todos os mozos e mozas residentes en Galiza de entre 16 e 30 anos de idade, sempre que non sexan artistas profesionais. Así, as persoas interesadas poderán presentar as súas creacións ata o vindeiro 30 de xuño nas modalidades de teatro, artes plásticas, deseño de xoias, videoclips, moda, música, relato, poesía, videocreación, composición para banda de música, banda deseñada, graffiti e carteis.

    Os gañadores en cada unha das categorías recibirán premios en metálico. O primeiro premio ascenderá a 3.000 euros, o segundo terá un importe de 1.500 euros, e o terceiro premio é de 1.000 euros. Ademais, con carácter xeral poderanse outorgar mencións de honra, sen dotación económica, coas que distinguir a aquelas obras que acaden unha notable calidade.

    Todas as persoas interesadas en ampliar información sobre este certame teñen xa á súa disposición a páxina web www.gzcrea.com.

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin