FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
NOVAS DATAS DE TRANSILVANIANS
NOVAS
Escrito por Redacción Sono-Tone   
Mércores, 01 de Outubro do 2008
Chuza!
olivic

VENRES 3 DE OUTUBRO NO MANTECA JAZZ DE VIGO (Rúa Carral, 3)
VENRES 31 DE OUTUBRO NA PECERA DE VIGO (Rúa Pizarro, 35)

As entradas custan 5€. Os concertos comezan as 00:00 no Manteca e as 23:00 na Pecera.

http://www.transilvanians.com


Tags:  TRANSILVANIANS SKA REGGAE VIGO
 
A NASA ABRE A TEMPORADA CON DETOUR E THE BLOWS
NOVAS
Escrito por Redacción Sono-Tone   
Luns, 29 de Setembro do 2008
Chuza!

 
O venres 10 outubro ás 23,00h. a sala NASA de Compostela presenta programación e tempada coa última actuación do dúo Détour.O Xoves 9 outubro ás 21,30h. o grupo vigués The Blows -que veñen de estrear videoclip- será o encargado de abrir a tempada de concertos da NASA. Trátase dunha das bandas revelación deste ano na escena indie. A súa actuación estará precedida polos Dirty Socks, unha novísima banda compostelán. Organiza e promove A Reixa.
Co inicio da tempada chegan tamén algunhas novidades importantes. En primeiro lugar, novo horario: a NASA abrirá as portas ás 21,00h. e pechará ás 00,30h. As actuacións comezarán normalmente ás 21,30h. Por outro lado, a partir de xa A Reixa tomará ao seu cargo o ambigú da NASA, profundizando na complicidade establecida nos últimos anos. Boa música e mellor ambiente para antes e despois do espectáculo.
 
www.salanasa.com

Tags:  NASA THE BLOWS DETOUR
 
FANNY + ALEXANDER ESTREAN WEB
NOVAS
Escrito por Redacción Sono-Tone   
Venres, 26 de Setembro do 2008
Chuza!

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Fanny + Alexander estrean www.fannyalexander.net, nova web oficial do grupo en formato blog con todas as novidades arredor da banda. Ademáis, este domingo teñen doble cita nas "galegas": na Radio Galega en Aberto por Reformas, onde falarán do seu vindeiro disco e á noite na TVG en Onda Curta onde se emitirá unha das pezas de NEMO, unha curtametraxe dirixida por Miguel Mariño e Ariadna Camiño que mostra como dez pintores galegos crean as súas obras, sendo Fanny + Alexander esponsables da banda sonora de cinco desas dez pezas.
 

Tags:  FANNY + ALEXANDER A REGUEIFA
 
THE HOMENS E SNATCH EN CORCUBION
NOVAS
Escrito por Redacción Sono-Tone   
Venres, 26 de Setembro do 2008
Chuza!

  

 

 

 

 

 
 

De festa en festa. E dende Ferrol Vello, até Corcubión, en pleno corazón da Costa da Morte. The Homens acudirán ás Festas das Mercedes este sábado 27, onde tocarán na praza de Castelao. Por certo que The Homens veñen de estrear merchandising, novas camisolas que porán á venda nos seus concertos.

SÁBADO 27- Festas das Mercedes

Praza de Castelao (CORCUBIÓN)

The Homens + Snatch

www.thehomens.com

astelao na compañ  Snatch


Tags:  THE HOMENS SNATCH CORCUBION
 
BLOC PARTY Intimacy (UK)
NOVIDADES
Escrito por Vacorinho   
Xoves, 25 de Setembro do 2008
Chuza!

 

 

 

 

 

 

BLOC PARTY
Intimacy
(Wichita, 2008)

A “alarma silenciosa” ca que catro rapaces do East London decidiron comunicarlle ao mundo a súa existencia non foi tal; resultou o estoupido xordo do primeiro foguete da alborada, que racha o silencio da moribunda noite e pronostica xoldra. A partires dese intre máxico pode gozarse ou non da festa, pero xa non sobrevive no interior dos participantes esa inicial sensación de sorpresa. A Weekend In The City convertiuse desde o seu lanzamento na primeira víctima das odiosas comparacións as que serán sometidos todos e cada un dos traballos que Bloc Party decida facer, aos que xa de saída se lles catalogará como “inferiores a Silent Alarm”. Kele Okereke na voz e na guitarra, Russell Lissack na guitarra, Gordon Moakes no baixo e nos coros e Matt Tong na batería conforman Bloc Party.

Intimacy (Wichita Recordings, 2008), o seu terceiro traballo, veu a luz o pasado 21 de agosto no seu formato dixital, quedando desde entón pendurado na rede coa posibilidade de baixalo previo abono do prezo estipulado. Os interesados en adquirilo no seu formato físico deberán agardar ata o 28 de outubro; neste formato inclúense algúns cortes non presentes no dixital. O disco foi producido por Paul Epworth e Jacknife Lee, quenes xa colaboraran coa banda nos seus anteriores traballos (...)


Tags:  BLOC PARTY INTIMACY
 
COMEZA O FESTIVAL MUNDO DZ
NOVAS
Escrito por Redacción Sono-Tone   
Xoves, 25 de Setembro do 2008
Chuza!
mundodz
XOVES 25 

Proxeccion do documental 'SCRATCH'   as 21:30h no local da Asociación Cultural DZ

VENRES 26

a partires das 23:00h no local da A.C. DZ
LOS RUINES (garage rock - Cerdido)  www.myspace.com/losruines
SPINAL WINS (punk rock - Ribeira)  www.spinalwins.com
THE CAÑAS (rock especial - San Sadurniño)  www.myspace.com/thecanhas
MIKE DJ

SÁBADO 27

13:00h Sesión Vermú polas ruas e bares de San Sadurniñó con OS JALOCHOS de Ribeira (a charanga mais Punkchi!!)
15:00h Xantar Popular diante do local da A.C.DZ
16:00h Obradoiros para nenos cos grupos de animación ECOS DO SUR e MESTURA (no local da A.C. DZ)
18:00h Teatro: A Familia Crowley presenta... CASEI CON UN VAMPIRO!!!  (na casa da cultura de San Sadurniño)
20:00h GUITAR HERO (no local da A.C.DZ)

Concertos na explanada do colexio público (2 escearios)  Entrada + CD 5€  (Voluntaria!!)

22:30h THE ARRADIOS  (rock - San Sadurniño)   www.myspace.com/thearradios
23:00h  SOM DO GALPOM (rap reggae funk - Santiago D.C.)  www.somdogalpom.com
24:00h  BLK SONS (world music - San Sadurniño)
0:30h   SWEET OBLIVION BAND (grunge - San Sadurniño)  www.myspace.com/sweetoblivionband
1:30h   THE HARRY NAVISSON BAND (bluegrass fusion - Fene)  www.myspace.com/harrynavissonband
2:00h  LAMATUMBÁ www.lamatumba.com
4:00h  TU MINI DJS  (indie/electro/rock - Vigo)  www.myspace.com/tuminidjs    (no local da A.C.DZ)


Tags:  MUNDO DZ LAMATUMBA SWEET OBLIVION BAND SOM DO GALPOM LOS RUINES THE CAÑAS SPINAL TWINS SAN SADURNIÑO
 
QUANT E BOY ELLIOT NA CIDADE DAS BURGAS ESTE SABADO
NOVAS
Escrito por Redacción Sono-Tone   
Mércores, 24 de Setembro do 2008
Chuza!
boyquant
http://www.myspace.com/quantmusic

Tags:  QUANT BOY ELLIOT POWER POP ACTION ROCK CLUB
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 36 - 42 de 330
 

COMENTADO RECENTEMENTE

GZ POP! A NOVA FORNA...
Precisamente por eso non se lle pode chamar POP, p...
IRIA ABOI
Pois iso que está moi boa
CONTACTO
ola. Son Xabier Mera. Gustaría de enviaros inform...
FRANC3S - Franc3s (G...
penso que o termo "bizarro" está demasiado sobado...
PRIMEIRO DISCO LONGO...
xa o puiden escoitar, as miñas felicitacións aos...
PRIMEIRO DISCO LONGO...
xenial, que ganas que lle tiña!
PROJECTO ['TREPJA], ...
flipante a música que se está facer na terra nos...
PROJECTO ['TREPJA], ...
mágoa que non quedaran Noise Project de primeiros...
GZ POP! A NOVA FORNA...
queramos que si, queramos que non, todo que se sex...
GZ POP! A NOVA FORNA...
Chámanlle GZ POP a un disco con cancións de grup...

NOVIDADES

  • 08:00 - 13.11.2008 NOVIDADES

    franc3s

     

     

     

     

     

     

    FRANC3S
    Franc3s
    (A regueifa, 2008)

    Cando o 18 de maio de 1980 Ian Curtis decide unilateralmente poñer fin á breve singradura musical de Joy Division pendurándose polo pescozo cunha corda, o deus máis escuro do Valhalla da música popular fixo vibrar dolosamente as súas cordas vocais, emitindo un berro nunha frecuencia tan aquelada que só os tímpanos cunha maior dose de bizarrismo tebroso puideron captalo. Ese berro multiplicouse en miles de ecos que espallaron interminabelmente a mensaxe de loito desa deidade pagán polos catro recunchos do planeta. Así, non podía ser doutro xeito, esa onda sonora vibrou por terras de Bergantiños, e a semente desa vibración áspera, sucia e arriscada agromou nos miolos de Alberto, María e Patuki (tamén chegou a Vilalba) para florecer en Franc3s.

    A evolución metastática destes individuos de fans incondicionais a parte infinitesimal do universo bizarro fica fosilizada no seu propio nome, tributo por triplicado á actriz Frances Farmer, á vocalista de The Vaselines Frances McKee e á artista circense Frances O´Connor. María coa batería, Alberto coa guitarra e coa voz e Patuky cos teclados non só homenaxean en cada distorsión a bandas como Surfin´ Bichos, Los Enemigos, The Cramps ou The Jesus and Mary Chain, senón que tratan de enchoupar a súa música das sensacións que lles transmiten as obras de, por exemplo, John Waters, William Burroughs ou Pollock.

    Franc3s decidiu por fin dar o grande chimpo ao LP logo de dúas maquetas receptoras de boas críticas e gabanzas a manchea. O seu primeiro disco, Franc3s, está composto por dez temas e foi editado por A Regueifa Plataforma baixo licenza de Creative Commons; pode baixarse de balde en www.aregueifa.net. Tamén se pode adquirir en soporte físico, nunha edición limitada e feita a man a base de papel de lixa e peluche, en Discos Noni´s (A Coruña) e Cosmic Pop Club (Carballo).

    Así que xa sabedes, amantes dos sons de ultratumba, do theremin, da escuridade, do veludo, da luz de neon reflectida nas pozas dunha cidade perdida,…, gozade todos do novo de Franc3s, e xa me contaredes.

    Ler máis...
  • 12:37 - 13.10.2008 NOVIDADES

    nouvelledemmemoria

     

     

     

     

     

     

     

     

    NOUVELLE CUISINE
    De memoria
    (Autoeditado, 2008)

    O “malo” de ter asinado xoias de pop tan perfecto como Aritmética polar ou Dos torres é a altura á que deixas o listón para vindeiros discos. Os herculinos Nouvelle Cuisine corrían o risco de ser vítimas da calidade que plasmaron no seu anterior disco, o encantador Autodictado. Por fortuna, os "cocinitas" non se enrrugaron e souberon partir do ponto onde o deixaron para elevalo aínda uns centímetros máis, coma uns Sergéis Bubka do pop con pértiga.

    Sen perder o seu xa característco estilo -algo ben dificil de conseguir nunha banda con dúas voces tan diferentes- percébese nos doce temas que fan parte deste De memoria un salto cualitativo na produción. Continúan a guisalo e comelo eles mesmos pero no estudo de gravación a experiencia nótase e este enriquecemento faise palpable tanto a nivel de arranxos coma da expansión na paleta de sons e instrumentos (acordeóns, rhodes, sintes...). O certo é que o son de Nouvelle Cuisine acada con este disco un novo grau de madurez xa que a incoporación de sintetizador e caixas de ritmos nalgúns temas e a falla de complexos para meter guitarras moito máis distorsionadas afástaos do típico e autolimitado son indie do que beben -La Buena Vida e La Habitación Roja- explorando novos territorios que a esta altura da película a verdade é que son de agradecer.

    E como non hai bon disco de POP -con maiúsculas- sen unha boa colección de singles, ahi están eles para deixarnos xemas coma Sintonia08, Comunicación no verbal, El imperio roto ou Seremos cajeras... mostras de pop clásico preciosista dese que che queda ecoando permanentemente na testa con só un par de escoitas. A verdade é que resulta incrible que estes talentosos chefs non atopasen unha discográfica que lles editara o disco, por moita crise da industria discográfica que haxa. Neste caso é evidente que xogou máis na súa contra a deslocalización con respeito ao epicentro dos que terían de ser os seus pretendentes. No indie estatal xa se sabe que fora de Madrid e Barcelona vai moito frío. Porén a xogada non lles saiu tan mal, mais ben ao contrario, autoeditando o disco por partida doble, tanto en formato digipack de xeito comercial coma nun formato máis exclusivo: unha camisola que se vende xunto con unha memoria USB con toda a súa discografía. Se non querían caldo, dúas cuncas. E nós, claro, tan felices cun caldo tan cheo de sustancia.

    Ler máis...
  • 11:20 - 25.09.2008 NOVIDADES

     

     

     

     

     

     

    BLOC PARTY
    Intimacy
    (Wichita, 2008)

    A “alarma silenciosa” ca que catro rapaces do East London decidiron comunicarlle ao mundo a súa existencia non foi tal; resultou o estoupido xordo do primeiro foguete da alborada, que racha o silencio da moribunda noite e pronostica xoldra. A partires dese intre máxico pode gozarse ou non da festa, pero xa non sobrevive no interior dos participantes esa inicial sensación de sorpresa. A Weekend In The City convertiuse desde o seu lanzamento na primeira víctima das odiosas comparacións as que serán sometidos todos e cada un dos traballos que Bloc Party decida facer, aos que xa de saída se lles catalogará como “inferiores a Silent Alarm”. Kele Okereke na voz e na guitarra, Russell Lissack na guitarra, Gordon Moakes no baixo e nos coros e Matt Tong na batería conforman Bloc Party.

    Intimacy (Wichita Recordings, 2008), o seu terceiro traballo, veu a luz o pasado 21 de agosto no seu formato dixital, quedando desde entón pendurado na rede coa posibilidade de baixalo previo abono do prezo estipulado. Os interesados en adquirilo no seu formato físico deberán agardar ata o 28 de outubro; neste formato inclúense algúns cortes non presentes no dixital. O disco foi producido por Paul Epworth e Jacknife Lee, quenes xa colaboraran coa banda nos seus anteriores traballos (...)

    Ler máis...
  • 08:00 - 11.09.2008 NOVIDADES

    jugoplastika

     

     

     

     

     

     

     

     

    JUGOPLASTIKA
    The 6th is the 7
    (Astro Discos, 2008)

    Co dos revivals é mellor non chegar a última hora. De poder escoller, o ideal sería chegar cando a cousa xa despegou pero aínda non invade masivamente as páxinas da NME e derivados, entrando de cheo no momento álxido do hype. Como mal menor, non estaría mal ser dos primeiros, o que sexa con tal de non ser dos últimos en chegar. Porén, ser pioneiro na recuperción dun son pasado garante certa frescura e non soar clónico pero tamén ten a desvantaxe de que van ser outros os que desfruten do verdadeiro recoñecemento. Non se pode ter todo.

    E no caso de Jugoplastika dá a impresión de que é exactamente isto último o que lles vai pasar. Asi que é de xustiza reivindicalos dende xa coma iniciadores dun revival que aínda está por chegar, o do indie guitarreiro dos primeiros 90s, con ecos de radio universitaria americana, voces pouco afinadas e producións precarias de son garaxeiro. Porque no seu último album -The 6th is the 7- non hai banda da época que non faga acto de presenza dunha ou outra maneira nalgunha das once cancións que fan parte do disco, dende os Pixies a Weezer pasando por Pavement, Guided by Voices, e Grandaddy. Un traballo, por certo, maxistralmente producido por Paco Loco, que demostra ser un auténtico todoterreno, recreando perfectamente o son suxo dominado polas frecuencias medias tan característico daqueles tempos dando forma ao que probablemente é o disco galego máis xenuinamente americano de todos os tempos.

    Dubido que Kukoc, Perasovic e Radja escoitasen aos Pixies nos vestiarios pero o certo é que as coordenadas temporais deste novo son de Jugoplastika teñen perfecto sentido e danlle coherencia absoluta á estética do grupo. Iso si, só asimilable en todos os seus matices  polos que nacimos antes dos 80s, as novas xeracións van ter que agardar a que chegue o revival noventeiro -remastigado e actualizalo- para desfrutalo ao 100%. Sexa coma sexa, sempre poderemos dicer o de "pero se isto xa o facían Jugoplastika no 2008".

    Ler máis...
  • 06:52 - 02.09.2008 NOVIDADES

    death_cab_narrow_stairs

     

     

     

     

     

     

    DEATH CAB FOR CUTIE
    Narrow Stairs
    (Atlantic, 2008)

    Atópome de fronte e a máis de 200 km/h con Narrow Stairs; o choque é brutal, anaquiños de disonantes melodías dunha beleza inusual perforan diversos órganos do meu corpo e préñanme as vísceras dun sotaque agridoce de saudade. Atópome de fronte ante o sexto traballo da banda formada por Ben Gibbard, Chris Walla, Nicholas Harmer e Jason McGerr; atópome de fronte cunha auténtica delicia de comezo a fin, tanto no seu formulación como na súa execución, un río que nace e transcorre cara o mar entre meandros sinuosos e violentas fervenzas.

    Nace Narrow Stairs cun corte duns cinco minutos que lembra por veces á primeira canción de Plans, aquela Marching Bands of Manhattan que nos marabillara, aínda que esta posúe un ton máis sutil. Comeza amodo para ir acadando maior contundencia segundo pasa o tempo, apoiados sempre nun enorme baixo (...)

    Ler máis...
  • 11:34 - 12.05.2008 NOVIDADES

    esquios2gif

     

     

     

     

     

     

    ESQUIOS
    Un tipo normal
    (Autoeditado Distribuciones, 2008)

    Os estradenses Esquíos deron un xiro importante á banda con este Un tipo normal, o seu segundo disco longo. A incorporación de Miguel Castro na voz en sustitución de Fidel Castro -non sei se serán irmáns- marca en grande medida o seu novo son, moito máis punk-rock, case alonxado por completo das querencias metaleiras do seu debut. O certo é que o xiro parece moi meditado xa que a nova voz -moito máis axeitado para o punk-rock con maior carrega melódica que fan agora- dálle a Esquios un son moito máis actual.

    Pero non é a voz a única novidade desta nova etapa. Agora atopamos unha cota maior de temas cantados en galego e unhas letras, entre o social e o festeiro, que encaixan mellor co seu estilo e o seu público potencial. Especialmente agora que contan no seu repertorio con temasda forza de “A rapa” ou “Galiza festa rachada” -sen dúbida os dous singles máis potentes do disco- que prometen ser verdadeiros furacáns ao vivo, cuns retrousos deses que son carne de pogo. Dous temas, ademais, que incorporan un par de detalles -aire funk e sección de metais, o primeiro, e ritmo skatalítico, o segundo- que alén de demostrar a versatilidade dos novos Esquíos tamén van facer de efectivo anzol para atraer a novos siareiros á banda.

    Ler máis...
  • 06:56 - 06.05.2008 NOVIDADES

    rem_-_accelerate

     

     

     

     

     

     

    REM
    Accelearte
    (Warner, 2008)

    Facía xa catro anos que a banda de Athens non daba sinais de vida; foi por aquel entón cando publicaron o deostado (inxustamente baixo o meu criterio) Around the Sun. Por fin en abril de 2008 saíu á luz Accelerate, anunciado polos iluminados e entendidos como “a volta as súas orixes”. ¿Pero iso non o fixeran xa con Monster? ¿non se volvera de novo a falar do mesmo cando saíron New Adventures in Hi-Fi e Up? en resumo, máis peras mentais de flipados ou pura estratexia de marketing por parte da Warner (ou ambas cousas, claro) (...)

    Ler máis...
  • 11:53 - 17.04.2008 NOVIDADES

    deluxe-reconstruccion2

     

     

     

     

     

     

    DELUXE
    Reconstrucción
    (Virgin, 2008)

    Reconstrucción é o quinto disco do coruñés Xoel López, que saíu á luz o pasado 18 de marzo, aproximadamente un ano despois do lanzamento de Fin de un Viaje Infinito, o seu anterior traballo. O álbum ofrécenos dez temas inéditos e cinco remesturas das cancións que foi publicando mes a mes en internet ao longo do 2007. A primeira edición desta Reconstrucción, limitada ás súas 5.000 primeiras copias, traerá a maiores un DVD que inclúe imaxes en directo do Piano Bar Sessions, os tres vídeos de Fin de un Viaje Infinito e parte do concerto (unha hora e media) que Xoel ofreceu o 24 de novembro de 2007 en La Riviera, acompañado de xente como Josele Santiago, Eva Amaral e Juan Aguirre de Amaral, Amaro Ferreiro, Eladio Santos ou Julián López do programa Muchachada Nui. No audio deste DVD inclúense quince temas máis, compostos por versións acústicas, maquetas, as tres “cancións do mes” non incluídas no CD e catro temas do directo en La Riviera (...)

    Ler máis...
  • 16:56 - 07.04.2008 NOVIDADES

    nyp_culebra

     

     

     

     

     

     

     

     
    NIÑO Y PISTOLA
    Culebra
    (Astro Discos, 2008)

    Na historia da música galega contemporánea hai poucos referentes de bandas da terra que conseguiran un son tan xenuinamente británico coma Niño y Pistola. Teríamos que viaxar tres décadas atrás e lembrar a Queimada, os que no seu tempo foron chamados os Beatles galegos. A verdade é que a tarefa non é sinxela, porque acadar un son auténtico non é só a composición e o estilo, hai un factor fundamental ao que damos moita menos importancia da que ten no resultado final: a pronuncia. Noutros paises coma Portugal ou Suecia teñen ben claro que se escolles cantar nun idioma alleo coma é o ingles compre que o fagas coma se tiveras nascido en Oxford. non queda outra. Bandas coma X-wife ou Mando Diao poderían pasar por nativas das illas perfectamente, sen dúbida un factor decisivo na súa boa difusión internacional. É moi doado rir das míticas vesións de “In the ghetto” de El Príncipe Gitano ou “Acuarius” de Raphael e despois non ter nengún problema en montar un grupo e cantar en ingles de taxista de Benidorm (...)

    Ler máis...
  • 09:25 - 03.04.2008 NOVIDADES

    ataque_escampe_galicia_mierda
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    ATAQUE ESCAMPE
    Galicia es una mierda
    (A Regueifa Discos, 2008)
     
    Tras un debate non demasiado desputado no seu blogue, a banda de Vistalegre decidiu seguir as voces da maioría e bautizar o seu novo traballo co nome máis provocador posíbel. Habería que facer memoria e mentar por enésima vez a Os Resentidos para atopar un caso similar na música galega, e mesmo así a distancia entre as dúas bandas é abismal, e non só polas décadas que lles pasaron aos de Vigo polo lombo. A provocación que ladra dende a carátula do disco ten un aquel máis definido da que trouxo o carro da Movida. Sempre houbo teóricos que defenderon o valor revolucionario do humor, especialmente no noso país, que ten como tótem a un humorista e que se caracteriza por ser o reino da retranca.

    O disco de Ataque Escampe explota precisamente ese matiz que vai máis alá da simple provocación, e que ao tempo segue a fuxir das verdades profundas. Podemos velo no tema que dá nome ao disco (“todos os traumas xa chos escoitei/pero ti es ben parvo tamén”), en Serafín, o anxo salvador que traerá o final feliz ás diatribas do país, e nos Tres cantos a Lenin, anaina de tintes amorosos que acaba fundindo a súa última frase (“a miseria da vida”) co himno soviético. Precisamente á nostalxia irónica da guerra fría e do esplendor socialista súmase a Akira Toriyama, máximo icono da xeración Songoku, para persistir no toque xeracional que xa viramos no traballo anterior (...)

    Ler máis...

CLASICOS

  • 09:47 - 01.02.2008 CLASICOS

    r.e.m.-outoftime

     

     

     

     

     

     

    REM
    Out of Time
    (1991)

     

    O “Automatic For The People” é para os críticos o ‘Miño’ de R.E.M., pois é o disco que lles garantiu un posto na historia do rock, pero antes tivo que vir o ‘Sil’ en forma de “Out Of Time”, o álbume que os situou definitivamente no mapa. Antes de 1991 eran un grupo grande, mais non tiñan o estatus de recoñecemento unánime e fama mundial que hoxe posúen Michael Stipe e compañía. É un estrano caso, compartido agora mesmo só con Bruce Springsteen, no que a corrente principal e a alternativa están completamente de acordo (...)

    Ler máis...
  • 17:34 - 23.01.2008 CLASICOS

    adriapunti

     

     

     

     

     

     

    ADRIA PUNTI
    Pepalallarga
    (Picap, 1998)

    Adrià Puntí reta compositiva e interpretativamente a Bunburys, Calamaros, e demais tipos que se nomeen rockeiros, máis ou menos coñecidos, que se lle queiran enfrontar; de feito Bunbury, nunha das súas mellores cancións, Sí, comparte autoría co gironí. O catalán é un avantaxado do denominado rock’n’cat, pronunciar o seu nome entre os músicos da súa terra causa reverencia malia que as veces resulte exasperante pola súa extravagancia, polos seus excesos, o caótico discurso ou a falta de profesionalidade nalgún dos seus directos. O poeta Pau Gener di del: «é capaz de todo, canta, escribe, compón como ninguén», e sentenza, «é o mellor de todos.» A escoita dos seus discos confirma estas palabras; separado da súa banda, Umpah-Pah, Adrìa Puntí leva gravados tres Pepalallarga (1998), L’hora del Pati (1999) e María (2002), que establecen unha especie de progresión, de sons máis eléctricos a instrumentacións máis acústicas. O que se mantén incuestionable en todos eles son os textos: irónicos, íntimos, amorosos, cómicos, de gran fondo poético —mágoa de non telos atopados por internet para comprender perfectamente as súas verbas escritas en català gironí (...)

    Ler máis...
  • 11:02 - 09.01.2008 CLASICOS

    migala

     

     

     

     

     

     

    MIGALA
    Restos de un incendio
    (Acuarela, 2002)

    Editado en marzo de 2002, Restos de un incendio é, aínda que non o pareza pola súa magnífica unidade estrutural, unha compilación de dez cancións regravadas por Migala para seren dotadas dun son máis poderoso e de diferentes arranxos instrumentais. Pero o que nesas novas sesións de gravación se produciu foi un disco abraiante, denso, cadencioso e sideral; un bálsamo sonoro. Nel a voz funciona harmonicamente como unha pista máis de son que se mestura con tensas guitarras eléctricas, suaves melodías acústicas, harmónicas, percusións, acordeóns, teclados, programacións, e mesmo cun sample instrumental do Soy rebelde de Jeannette. As verbas, ademais, doces e emocionalmente líricas, acompañan á perfección as atmosferas creadas, agochando nalgún dos versos alusións ó Catro cuartetos de Eliot e ó Libro dos anxos de Rilke (...)

    Ler máis...
  • 07:43 - 29.11.2007 CLASICOS

    the_beat

     

     

     

     

     

     

    THE ENGLISH BEAT
    I just can’t stop it
    (1980)

    Hai anos, un agudo Fermín Muguruza recriminaba ao pop estatal a súa dimisión da política emancipadora. Se a Movida madrileña non excedeu a condición superestrutural do trunfo posmoderno, a imposición neoliberal arribou neste territorio da man usufructuaria das siglas PSOE. A contrarrevolución gañou a guerra de posicións e, entrementres, unha esquerda desartellada –agás en Euskal Herria: Kortatu- pairaba como agardando o derrubamento dos réximes en Europa do Leste. O abismo que afasta Seguridad Social de The Specials era o que se abría entre a península Ibérica e os outros Ocidentes.

    Ler máis...
  • 08:00 - 22.11.2007 CLASICOS

    nin_rosmar
     

     

     

     

     

     

    SUSO VAAMONDE
    Nin rosmar un laído
    (Fonomusic, 1977)

    Que mellor ocasión para revisar este clásico absoluto da música galega que agora que se cumpren trinta anos da súa gravación no Teatro-Cine Veiga de Moaña, un tempo que nos dá a perpectiva suficiente como para valorar aínda máis este noso Live at Budokan patrio, dándose ademais a circuntancia de ser o primeiro disco galego gravado ao vivo tal coma se entenden hoxe en día, en concerto. Ademais é o único disco dos catro que editou nos 70s este mod metido a cantautor que está reeditado en CD polo que constitúe unha inmellorábel tarxeta de apresentacíon para as novas xeracións que descoñezan a súa obra.

    Ler máis...

AS DEZ DE

APENINO

IRIA ABOI

VIDEOCLIPS DE AQUI E DE ACOLA

ATAQUE ESCAMPE - Serafín

  GLASVEGAS - Geraldine

NOVAS

OSCAR VILARIÑO PRESENTA HERRN
Martes, 02 de Decembro do 2008  
NOVAS DATAS AO VIVO DE SWEET OBLIVION BAND
Luns, 01 de Decembro do 2008  
KOMUNIKANDO ENTREGA O PREMIO FESTIVALEIR@ 2008
Xoves, 27 de Novembro do 2008  
NADADORA, ANFITRIONS NO FESTIVAL MULLERES ARTE+PARTE
Mércores, 26 de Novembro do 2008  
SOM DO GALPOM EDITARÁ O SEU PRIMEIRO LP EN PRIMAVERA
Luns, 24 de Novembro do 2008  
MINIXIRA DE MARFUL POLA PENINSULA
Xoves, 20 de Novembro do 2008  
THE HOMENS, XA A CATRO E NA CASA
Mércores, 19 de Novembro do 2008  
CONCERTO DE ANIVERSARIO DE DAKIDARRIA
Martes, 18 de Novembro do 2008  
Máis novas