FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
HELLACOPTERS 20.09.2008 A Coruña
CONCERTOS
Escrito por Moncho Marinho   
Martes, 23 de Setembro do 2008
Chuza!
hellacopters
HELLACOPTERS
20.09.2008
Expocoruña (A Coruña)

Tour de despedida dos suecos con parada na Coruña. Unha das últimas oportunidades de ver os escandinavos antes da disolución definitiva. Houbo expectación, máis da que se esperaría, mesmo coincidindo en día e hora e a poucos metros, co concerto de Amaral. A tranquilidade dominou en todo momento, transcorrendo todo sen máis alteracións que as propias dun acontecemento desta caste. Mesmo nas posicións diante do escenario, o espazo era suficiente como para non sentirse afogado pola masa.
Abriron os noruegueses Bloodlights presentando o seu traballo homónimo. A nova formación do ex Gluecifer Captain Poon, entrou con ansia e querendo ofrecer espectáculo. Deficiencias propias ou alleas, o caso é que a súa actuación quedou desvirtuada pola mala calidade sonora. Unha batería moi potente que sobre pasaba os demais instrumentos, ademais das voces, escureceu uns temas que puideron dicir máis. Debullaron case todo o disco, comezando por Adiction e pasando por Bullshit on your mind ou Bloodlights. Só unha versión, New Rose dos Damned, único momento no que o público respondeu masivamente diante dos de Oslo. Captain Poon non esqueceu grazas a quen estaba alí, quen lle permitiu sacar adiante o novo proxecto e dar unha volta por Europa. Un tema dedicado aos seus padriños suecos, dúas peticións de “vivas!” para eles e non quitarlles ollo de encima por ver “se lles parece ben”, foron a nota rechamante desta actuación (...)


Tags:  HELLACOPTERS A CORUÑA
 
O NOVO DE FRANC3S, EN LIXA E PELUCHE
NOVAS
Escrito por Redacción Sono-Tone   
Luns, 22 de Setembro do 2008
Chuza!
franc3s

Franc3s estrean traballo -o seu primeiro disco longo- e como non podía ser doutro xeito fano nun formato verdadeiramente especial, unha edición limitada a 150 copias feitas a man pola propia banda na que cada exemplar é único, cun exterior en lixa serigrafiado polo artista Alberto Gende e un interior forrado de peluche, fechado a modo de libro cun parafuso.  O album contén os dez temas que gravaron este verán nos Estudos Abrigueiro ás ordes de Arturo Vaquero, incluindo "invasión" o seu primeiro tema en galego, nos que o trío máis ruidoso da escena galega con permiso de TAB continúa coa construcción do seu particular universo sonoro e lírico. Quen quera facerse con unha copia desta futura xoia de coleccionista poderá mercala por 10 euros en Discos Noni's (A Coruña), Cosmic Pop Club (Carballo), nos seus concertos ou mandando un email ao propio grupo: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
 

Tags:  FRANC3S ARTURO VAQUERO NOISE SHOEGAZE CARBALLO
 
AMPLA OFERTA FESTIVALEIRA PARA A FIN DE SEMANA
NOVAS
Escrito por Redacción Sono-Tone   
Venres, 19 de Setembro do 2008
Chuza!

meigasfora2008

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A piques de rematar o verao e a fevre festivaleira que invade o País nos últimos anos non cesa. Para non perderse, recollemos toda a información que nos proporcionan Komunikando e Malas Músicas da variada oferta para esta fin de semana:

FESTIVAL FERVESTEIRO

O Festival Fervesteiro, celebra a súa VI edición baixo o lema "Esteiro non se vende" con un impresionante programa que podedes consultar na web fervesteiro.org, ou aquí mesmo. Coma sempre, destacamos os concertos que serán o Sábado 20 de Setembro na Muralla de Bazán às 22:30hs. e nos que podemos ver a:

Ulträqäns
(Speed folk-A coruña), Os Chiquilicuatres + Os jalochos (Punk fol-Riveira), El viejo caracol (Rock fusion-Ferrol) e Infekzion de orina (Punk- A coruña). 

FESTIVAL MEIGAS FORA!

A Asociación Meigas Fora! organiza, mais um ano, em Poulo (Ordes), o que será a 5ª ediçom do seu festival.
Estes som os concertos dos dous dias:

Venres 19 a partir das 21:00hs.
Fistfukin Hostile

Disturbio

Sonora

Konflikto

Dakidarría

Vantroi

Sábado 20 a partir das 22:00hs.
Malandrómeda

Tarú e Os Paxaros Coiro

Os Sosios

La Durango Express

Acompañan os concertos, actividades como exhibición de graffiti e baile tradicional. A entrada é gratuita, e haberá zona de acampada e churrasco. Também haberá queimada de balde.

FESTIVAL REPERKUSION

O 19, 20 e 21 de setembro son as datas escollidas para celebrar a sexta edición de Reperkusión. O lugar, Allariz, un enclave natural que se atopa na provincia de Ourense. Nesta ocasión o festival recupera o espírito de rúa co que se orixinou, levando actividades e espectáculos fóra dos recintos habituais.

Xa se confirmou o cartel deste ano, con concertos, djs e actuacións de rúa para todos os gustos, en Komunikando.net, destacamos as actuación de:

  • Venres 19
    O Sonoro Maxín, Tonino Carotone, Los Delinqüentes, ...
  • Sábado 20
    Eiquinos Jazz Quartet, A Magnifique Band dos homes sen medo, Roy Paci & Aretuska, La Troba Kung-Fú, Bodega Bodega, Iratxo, ...
  • Domingo 21
    Sacha na Horta, Phantom Club, Miñor Swing, Vichelocrego, ...


Durante os 3 dias poderemos desfrutar dos espectáculos de Pista 5, Teatro Babaluva, Bumtaka Perkusión, Dj Capuzzi e Señorita X, Circo Express e Camilo Clown.

FESTIVAL XIRIA POP

Xa quenta motores o festival Xiria Pop deste ano 2008, que terá lugar como sempre en Carballo, concretamente na cervexaría Dublín (R/Fomento, nº25) os días venres 19 e sábado 20 de setembro; existe a posibilidade de mercar un billete diario a un prezo de 10 €, ou adquirir un abono para os dous días a 15 €.

O día 19 abriranse as portas do festival ás 22:00 horas co directos de Ben Vaughn, un compositor, produtor e artista discográfico norteamericano responsábel, entre outras cousas, do primeiro álbum gravado enteiramente no interior dun coche. A continuación será a quenda no escenario do Xiria Pop das bandas Ross, Bubblegum e Quant.

Para o día 20 estaba previsto nun principio o prato forte do evento, consistente na actuación de The Zombies, pero esta tivo que suspenderse por problemas persoais do seu líder Colin Blunstone. En breve a organización anunciará o nome da banda que os vai sustituir. Ese mesmo sábado, tamén a partires das dez da noite, tódolos presentes na sala da capital bergantiñá poderán gozar dos concertos dos británicos Ducks Deluxe (no que é a única oportunidade que teremos de poder velos en directo no estado español), The Meows, The Cheeks e The Loveless Cousins. Unha oferta variada e gorentosa, excusa dabondo para pasarnos por Carballo esta fin de semana.

Fontes: Komunikando.net e Malas Músicas


Tags:  FERVESTEIRO MEIGAS FORA REPERKUSION XIRIA POP
 
ABRE AS SUAS PORTAS ACENTRAL FOLQUE
NOVAS
Escrito por Redacción Sono-Tone   
Xoves, 18 de Setembro do 2008
Chuza!

acentral_web_verticalTras a incertidume do último ano, abre as súas portas aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Tras o éxito do desaparecido Conservatorio de Música Tradicional e Folque nunha andaina de sete anos na súa sé de Lalín, o equipo de produción e docente volve á fronte para botar a andar este novo centro ubicado no barrio de Vista Alegre de Santiago de Compostela. As oficinas administrativas estarán na Rúa Salvadas 22, baixo e as aulas impartiranse na Escola de Altos Estudos Musicais no Parque de Vista Alegre.

Neste curso impartiranse aulas de: Canto (Guadi Galego), Gaita (Edelmiro Fernández), Acordeón diatónico (Pedro Pascual), Frautas e requinta (Roberto Sala), Percusión Tradicional (Francisco EstévezChuco‘), Sanfona (Óscar Fernández), Linguaxe Musical (Benxamín Otero), e Historia da música popular galega (Ramóm Pinheiro) aos que se lle suma a materia de Violino impartida por Quim Farinha.

O equipo de aCentral Folque garantirá a continuidade de proxectos complementarios ao ensino regular en Santiago de Compostela cos cursos monógraficos, intensivos de verán  e encontros internacionais de instrumentos. O prazo de prematrícula comezará o luns 15 de setembro e pechará o 1 de outubro. A matrícula formalizarase durante o mes de outubro.

http://www.folque.com/


Tags:  ACENTRAL FOLQUE UGIA PEDREIRA
 
CHEGAL O SINSAL DE OUTONO
NOVAS
Escrito por Redacción Sono-Tone   
Xoves, 18 de Setembro do 2008
Chuza!


A estación máis completa da sexta edición do Festival SINSAL xa está en marcha. Logo do descanso estival, a actividade volve a este encontro de referencia para a música popular contemporánea en Galicia e faino, para empezar, con dous convidados de luxo. O norteamericano Vic Chesnutt, un músico extraordinario nun dos momentos máis doces da súa carreira, como demostra o xenial North Star Deserter (Constellation, 2008), undécimo traballo na súa discografía, ha ser o encargado de estrear a nova programación este mesmo venres no auditorio do Centro Cultural Caixanova. O concerto, que empezará ás 21 horas, completarano os seus compatriotas Elf Power -no video- procedentes de Athens (Georgia), primeiro interpretando algunhas das cancións da súa xa delongada traxectoria e máis tarde como banda de acompañamento de Chesnutt. As entradas, ao prezo de 10 euros e por vez primeira non numeradas, o mesmo que os abonos para todas as actuacións da estación, que custan 25 euros, están xa á venda na billeteira electrónica de Caixanova (www.caixanova.es) e no teléfono 902 504 500.

Logo de Chesnutt e Elf Power, o outono SINSAL viaxa até Australia da man dos tres instrumentistas privilexiados que integran The Necks. Con catorce discos propios ás costas e máis de 200 colaboracións en proxectos alleos, do pop ao jazz de vangarda nun amplísimo abano de rexistros, Chris Abrahams (piano), Tony Bruck (batería) e Lloyd Swanton (baixo) seguen a ser inclasificábeis. Post-jazz ou post-rock, depende de quen o enuncie, dise a miúdo que o deste trío é o que acontece na música experimental cando o experimento, o que sexa, funciona. Dub, krautrock, minimalismo, pop ou ambient, non hai maneira de etiquetar a un grupo único, tan disciplinado como heterodoxo, que é capaz de tocar coma unha orquestra de vinte músicos sobre un escenario. A proba, o vindeiro sábado 25 de outubro, a partir das 21 horas, no auditorio do Centro Cultural Caixanova. A entrada, 10 euros.

E para pechar a estación, o festival recupera un dos seus espazos emblemáticos, a pequena sala de concertos do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (Marco), con dúas propostas case antagónicas. Dunha banda, as atmosferas medievais que Pantaleimon, seudónimo da británica Andria Degens, constrúe cos seus instrumentos de corda, dende o dulcimer á mandola octavada. Do outro, a experiencia límite de Lightning Bolt, ou o que é o mesmo, o tratadismo ruidista dos norteamericanos Brian Gibson e Brian Chippendale, dous investigadores nalgún lugar da encrucillada entre Sun Ra, Captain Beefheart e o hardcore. A cita, no Marco, o vindeiro 24 de novembro, ás 20.30 horas. A entrada, 12 euros.

VIC CHESNUTT + ELF POWER

Auditorio do Centro Cultural Caixanova

Venres 19 de setembro, ás 21 horas. 10 euros


THE NECKS

Auditorio do Centro Cultural Caixanova

Sábado 25 de outubro, ás 21 horas. 10 euros


PANTALEIMON + LIGHTNING BOLT

Museo Marco

Luns 24 de novembro, ás 20.30 horas. 12 euros

www.festival.sinsalaudio.org


Tags:  SINSAL VIGO ELF POWER VIC CHESNUTT THE NECKS
 
MONTERROSO, SITIO DISTINTO
NOVAS
Escrito por Redacción Sono-Tone   
Mércores, 17 de Setembro do 2008
Chuza!

O Teixo organiza en colaboración coa mocidade de Monterroso o Festival Sitio Distinto que este ano será o 27 de setembro e coincidirá coas festas do pobo. Entre outros cabe destacar as actuacións dos Tres Trebóns, Nadadora, Galegoz, Ataque Escampe, Leo i Arremecaghona, Novedades Carmiña, Xenro e Nemetos. Ademáis tamen haberá actuación de Maxia e Malabares, pechando o fin de festa cos DJs Monofase, R. Ninit e Jairo.

Tags:  MONTERROSO O TEIXO ATAQUE ESCAMPE NADADORA OS TRES TREBONS GALEGOZ O LEO I ARREMECAGHONA NOVEDADES CARMINHA NEMETOS XENRO
 
PRIMEIRO TRABALLO DE ZORA GABBARA
NOVAS
Escrito por Redacción Sono-Tone   
Martes, 16 de Setembro do 2008
Chuza!

 

 

 

 

 

 

 

Os ribadeenses ZORA GABBARA estrean SONGS FOR JUBAL no netlabel A Regueifa, un primeiro EP no que Héctor Peña e Miguel Anxo Fernández deixan constancia do seu amor polo rock e o folk acústico de raigame americana na liña de xente coma Mark Lanegan, Will Oldham, Micah P. Hinson, Lambchop ou Elvis Perkins. O disco está editado baixo licenza Copyleft e pode ser descargado de balde en www.aregueifa.net.


Tags:  ZORA GABBARA RIBADEO A REGUEIFA
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 43 - 49 de 330
 

COMENTADO RECENTEMENTE

GZ POP! A NOVA FORNA...
Precisamente por eso non se lle pode chamar POP, p...
IRIA ABOI
Pois iso que está moi boa
CONTACTO
ola. Son Xabier Mera. Gustaría de enviaros inform...
FRANC3S - Franc3s (G...
penso que o termo "bizarro" está demasiado sobado...
PRIMEIRO DISCO LONGO...
xa o puiden escoitar, as miñas felicitacións aos...
PRIMEIRO DISCO LONGO...
xenial, que ganas que lle tiña!
PROJECTO ['TREPJA], ...
flipante a música que se está facer na terra nos...
PROJECTO ['TREPJA], ...
mágoa que non quedaran Noise Project de primeiros...
GZ POP! A NOVA FORNA...
queramos que si, queramos que non, todo que se sex...
GZ POP! A NOVA FORNA...
Chámanlle GZ POP a un disco con cancións de grup...

NOVIDADES

  • 08:00 - 13.11.2008 NOVIDADES

    franc3s

     

     

     

     

     

     

    FRANC3S
    Franc3s
    (A regueifa, 2008)

    Cando o 18 de maio de 1980 Ian Curtis decide unilateralmente poñer fin á breve singradura musical de Joy Division pendurándose polo pescozo cunha corda, o deus máis escuro do Valhalla da música popular fixo vibrar dolosamente as súas cordas vocais, emitindo un berro nunha frecuencia tan aquelada que só os tímpanos cunha maior dose de bizarrismo tebroso puideron captalo. Ese berro multiplicouse en miles de ecos que espallaron interminabelmente a mensaxe de loito desa deidade pagán polos catro recunchos do planeta. Así, non podía ser doutro xeito, esa onda sonora vibrou por terras de Bergantiños, e a semente desa vibración áspera, sucia e arriscada agromou nos miolos de Alberto, María e Patuki (tamén chegou a Vilalba) para florecer en Franc3s.

    A evolución metastática destes individuos de fans incondicionais a parte infinitesimal do universo bizarro fica fosilizada no seu propio nome, tributo por triplicado á actriz Frances Farmer, á vocalista de The Vaselines Frances McKee e á artista circense Frances O´Connor. María coa batería, Alberto coa guitarra e coa voz e Patuky cos teclados non só homenaxean en cada distorsión a bandas como Surfin´ Bichos, Los Enemigos, The Cramps ou The Jesus and Mary Chain, senón que tratan de enchoupar a súa música das sensacións que lles transmiten as obras de, por exemplo, John Waters, William Burroughs ou Pollock.

    Franc3s decidiu por fin dar o grande chimpo ao LP logo de dúas maquetas receptoras de boas críticas e gabanzas a manchea. O seu primeiro disco, Franc3s, está composto por dez temas e foi editado por A Regueifa Plataforma baixo licenza de Creative Commons; pode baixarse de balde en www.aregueifa.net. Tamén se pode adquirir en soporte físico, nunha edición limitada e feita a man a base de papel de lixa e peluche, en Discos Noni´s (A Coruña) e Cosmic Pop Club (Carballo).

    Así que xa sabedes, amantes dos sons de ultratumba, do theremin, da escuridade, do veludo, da luz de neon reflectida nas pozas dunha cidade perdida,…, gozade todos do novo de Franc3s, e xa me contaredes.

    Ler máis...
  • 12:37 - 13.10.2008 NOVIDADES

    nouvelledemmemoria

     

     

     

     

     

     

     

     

    NOUVELLE CUISINE
    De memoria
    (Autoeditado, 2008)

    O “malo” de ter asinado xoias de pop tan perfecto como Aritmética polar ou Dos torres é a altura á que deixas o listón para vindeiros discos. Os herculinos Nouvelle Cuisine corrían o risco de ser vítimas da calidade que plasmaron no seu anterior disco, o encantador Autodictado. Por fortuna, os "cocinitas" non se enrrugaron e souberon partir do ponto onde o deixaron para elevalo aínda uns centímetros máis, coma uns Sergéis Bubka do pop con pértiga.

    Sen perder o seu xa característco estilo -algo ben dificil de conseguir nunha banda con dúas voces tan diferentes- percébese nos doce temas que fan parte deste De memoria un salto cualitativo na produción. Continúan a guisalo e comelo eles mesmos pero no estudo de gravación a experiencia nótase e este enriquecemento faise palpable tanto a nivel de arranxos coma da expansión na paleta de sons e instrumentos (acordeóns, rhodes, sintes...). O certo é que o son de Nouvelle Cuisine acada con este disco un novo grau de madurez xa que a incoporación de sintetizador e caixas de ritmos nalgúns temas e a falla de complexos para meter guitarras moito máis distorsionadas afástaos do típico e autolimitado son indie do que beben -La Buena Vida e La Habitación Roja- explorando novos territorios que a esta altura da película a verdade é que son de agradecer.

    E como non hai bon disco de POP -con maiúsculas- sen unha boa colección de singles, ahi están eles para deixarnos xemas coma Sintonia08, Comunicación no verbal, El imperio roto ou Seremos cajeras... mostras de pop clásico preciosista dese que che queda ecoando permanentemente na testa con só un par de escoitas. A verdade é que resulta incrible que estes talentosos chefs non atopasen unha discográfica que lles editara o disco, por moita crise da industria discográfica que haxa. Neste caso é evidente que xogou máis na súa contra a deslocalización con respeito ao epicentro dos que terían de ser os seus pretendentes. No indie estatal xa se sabe que fora de Madrid e Barcelona vai moito frío. Porén a xogada non lles saiu tan mal, mais ben ao contrario, autoeditando o disco por partida doble, tanto en formato digipack de xeito comercial coma nun formato máis exclusivo: unha camisola que se vende xunto con unha memoria USB con toda a súa discografía. Se non querían caldo, dúas cuncas. E nós, claro, tan felices cun caldo tan cheo de sustancia.

    Ler máis...
  • 11:20 - 25.09.2008 NOVIDADES

     

     

     

     

     

     

    BLOC PARTY
    Intimacy
    (Wichita, 2008)

    A “alarma silenciosa” ca que catro rapaces do East London decidiron comunicarlle ao mundo a súa existencia non foi tal; resultou o estoupido xordo do primeiro foguete da alborada, que racha o silencio da moribunda noite e pronostica xoldra. A partires dese intre máxico pode gozarse ou non da festa, pero xa non sobrevive no interior dos participantes esa inicial sensación de sorpresa. A Weekend In The City convertiuse desde o seu lanzamento na primeira víctima das odiosas comparacións as que serán sometidos todos e cada un dos traballos que Bloc Party decida facer, aos que xa de saída se lles catalogará como “inferiores a Silent Alarm”. Kele Okereke na voz e na guitarra, Russell Lissack na guitarra, Gordon Moakes no baixo e nos coros e Matt Tong na batería conforman Bloc Party.

    Intimacy (Wichita Recordings, 2008), o seu terceiro traballo, veu a luz o pasado 21 de agosto no seu formato dixital, quedando desde entón pendurado na rede coa posibilidade de baixalo previo abono do prezo estipulado. Os interesados en adquirilo no seu formato físico deberán agardar ata o 28 de outubro; neste formato inclúense algúns cortes non presentes no dixital. O disco foi producido por Paul Epworth e Jacknife Lee, quenes xa colaboraran coa banda nos seus anteriores traballos (...)

    Ler máis...
  • 08:00 - 11.09.2008 NOVIDADES

    jugoplastika

     

     

     

     

     

     

     

     

    JUGOPLASTIKA
    The 6th is the 7
    (Astro Discos, 2008)

    Co dos revivals é mellor non chegar a última hora. De poder escoller, o ideal sería chegar cando a cousa xa despegou pero aínda non invade masivamente as páxinas da NME e derivados, entrando de cheo no momento álxido do hype. Como mal menor, non estaría mal ser dos primeiros, o que sexa con tal de non ser dos últimos en chegar. Porén, ser pioneiro na recuperción dun son pasado garante certa frescura e non soar clónico pero tamén ten a desvantaxe de que van ser outros os que desfruten do verdadeiro recoñecemento. Non se pode ter todo.

    E no caso de Jugoplastika dá a impresión de que é exactamente isto último o que lles vai pasar. Asi que é de xustiza reivindicalos dende xa coma iniciadores dun revival que aínda está por chegar, o do indie guitarreiro dos primeiros 90s, con ecos de radio universitaria americana, voces pouco afinadas e producións precarias de son garaxeiro. Porque no seu último album -The 6th is the 7- non hai banda da época que non faga acto de presenza dunha ou outra maneira nalgunha das once cancións que fan parte do disco, dende os Pixies a Weezer pasando por Pavement, Guided by Voices, e Grandaddy. Un traballo, por certo, maxistralmente producido por Paco Loco, que demostra ser un auténtico todoterreno, recreando perfectamente o son suxo dominado polas frecuencias medias tan característico daqueles tempos dando forma ao que probablemente é o disco galego máis xenuinamente americano de todos os tempos.

    Dubido que Kukoc, Perasovic e Radja escoitasen aos Pixies nos vestiarios pero o certo é que as coordenadas temporais deste novo son de Jugoplastika teñen perfecto sentido e danlle coherencia absoluta á estética do grupo. Iso si, só asimilable en todos os seus matices  polos que nacimos antes dos 80s, as novas xeracións van ter que agardar a que chegue o revival noventeiro -remastigado e actualizalo- para desfrutalo ao 100%. Sexa coma sexa, sempre poderemos dicer o de "pero se isto xa o facían Jugoplastika no 2008".

    Ler máis...
  • 06:52 - 02.09.2008 NOVIDADES

    death_cab_narrow_stairs

     

     

     

     

     

     

    DEATH CAB FOR CUTIE
    Narrow Stairs
    (Atlantic, 2008)

    Atópome de fronte e a máis de 200 km/h con Narrow Stairs; o choque é brutal, anaquiños de disonantes melodías dunha beleza inusual perforan diversos órganos do meu corpo e préñanme as vísceras dun sotaque agridoce de saudade. Atópome de fronte ante o sexto traballo da banda formada por Ben Gibbard, Chris Walla, Nicholas Harmer e Jason McGerr; atópome de fronte cunha auténtica delicia de comezo a fin, tanto no seu formulación como na súa execución, un río que nace e transcorre cara o mar entre meandros sinuosos e violentas fervenzas.

    Nace Narrow Stairs cun corte duns cinco minutos que lembra por veces á primeira canción de Plans, aquela Marching Bands of Manhattan que nos marabillara, aínda que esta posúe un ton máis sutil. Comeza amodo para ir acadando maior contundencia segundo pasa o tempo, apoiados sempre nun enorme baixo (...)

    Ler máis...
  • 11:34 - 12.05.2008 NOVIDADES

    esquios2gif

     

     

     

     

     

     

    ESQUIOS
    Un tipo normal
    (Autoeditado Distribuciones, 2008)

    Os estradenses Esquíos deron un xiro importante á banda con este Un tipo normal, o seu segundo disco longo. A incorporación de Miguel Castro na voz en sustitución de Fidel Castro -non sei se serán irmáns- marca en grande medida o seu novo son, moito máis punk-rock, case alonxado por completo das querencias metaleiras do seu debut. O certo é que o xiro parece moi meditado xa que a nova voz -moito máis axeitado para o punk-rock con maior carrega melódica que fan agora- dálle a Esquios un son moito máis actual.

    Pero non é a voz a única novidade desta nova etapa. Agora atopamos unha cota maior de temas cantados en galego e unhas letras, entre o social e o festeiro, que encaixan mellor co seu estilo e o seu público potencial. Especialmente agora que contan no seu repertorio con temasda forza de “A rapa” ou “Galiza festa rachada” -sen dúbida os dous singles máis potentes do disco- que prometen ser verdadeiros furacáns ao vivo, cuns retrousos deses que son carne de pogo. Dous temas, ademais, que incorporan un par de detalles -aire funk e sección de metais, o primeiro, e ritmo skatalítico, o segundo- que alén de demostrar a versatilidade dos novos Esquíos tamén van facer de efectivo anzol para atraer a novos siareiros á banda.

    Ler máis...
  • 06:56 - 06.05.2008 NOVIDADES

    rem_-_accelerate

     

     

     

     

     

     

    REM
    Accelearte
    (Warner, 2008)

    Facía xa catro anos que a banda de Athens non daba sinais de vida; foi por aquel entón cando publicaron o deostado (inxustamente baixo o meu criterio) Around the Sun. Por fin en abril de 2008 saíu á luz Accelerate, anunciado polos iluminados e entendidos como “a volta as súas orixes”. ¿Pero iso non o fixeran xa con Monster? ¿non se volvera de novo a falar do mesmo cando saíron New Adventures in Hi-Fi e Up? en resumo, máis peras mentais de flipados ou pura estratexia de marketing por parte da Warner (ou ambas cousas, claro) (...)

    Ler máis...
  • 11:53 - 17.04.2008 NOVIDADES

    deluxe-reconstruccion2

     

     

     

     

     

     

    DELUXE
    Reconstrucción
    (Virgin, 2008)

    Reconstrucción é o quinto disco do coruñés Xoel López, que saíu á luz o pasado 18 de marzo, aproximadamente un ano despois do lanzamento de Fin de un Viaje Infinito, o seu anterior traballo. O álbum ofrécenos dez temas inéditos e cinco remesturas das cancións que foi publicando mes a mes en internet ao longo do 2007. A primeira edición desta Reconstrucción, limitada ás súas 5.000 primeiras copias, traerá a maiores un DVD que inclúe imaxes en directo do Piano Bar Sessions, os tres vídeos de Fin de un Viaje Infinito e parte do concerto (unha hora e media) que Xoel ofreceu o 24 de novembro de 2007 en La Riviera, acompañado de xente como Josele Santiago, Eva Amaral e Juan Aguirre de Amaral, Amaro Ferreiro, Eladio Santos ou Julián López do programa Muchachada Nui. No audio deste DVD inclúense quince temas máis, compostos por versións acústicas, maquetas, as tres “cancións do mes” non incluídas no CD e catro temas do directo en La Riviera (...)

    Ler máis...
  • 16:56 - 07.04.2008 NOVIDADES

    nyp_culebra

     

     

     

     

     

     

     

     
    NIÑO Y PISTOLA
    Culebra
    (Astro Discos, 2008)

    Na historia da música galega contemporánea hai poucos referentes de bandas da terra que conseguiran un son tan xenuinamente británico coma Niño y Pistola. Teríamos que viaxar tres décadas atrás e lembrar a Queimada, os que no seu tempo foron chamados os Beatles galegos. A verdade é que a tarefa non é sinxela, porque acadar un son auténtico non é só a composición e o estilo, hai un factor fundamental ao que damos moita menos importancia da que ten no resultado final: a pronuncia. Noutros paises coma Portugal ou Suecia teñen ben claro que se escolles cantar nun idioma alleo coma é o ingles compre que o fagas coma se tiveras nascido en Oxford. non queda outra. Bandas coma X-wife ou Mando Diao poderían pasar por nativas das illas perfectamente, sen dúbida un factor decisivo na súa boa difusión internacional. É moi doado rir das míticas vesións de “In the ghetto” de El Príncipe Gitano ou “Acuarius” de Raphael e despois non ter nengún problema en montar un grupo e cantar en ingles de taxista de Benidorm (...)

    Ler máis...
  • 09:25 - 03.04.2008 NOVIDADES

    ataque_escampe_galicia_mierda
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    ATAQUE ESCAMPE
    Galicia es una mierda
    (A Regueifa Discos, 2008)
     
    Tras un debate non demasiado desputado no seu blogue, a banda de Vistalegre decidiu seguir as voces da maioría e bautizar o seu novo traballo co nome máis provocador posíbel. Habería que facer memoria e mentar por enésima vez a Os Resentidos para atopar un caso similar na música galega, e mesmo así a distancia entre as dúas bandas é abismal, e non só polas décadas que lles pasaron aos de Vigo polo lombo. A provocación que ladra dende a carátula do disco ten un aquel máis definido da que trouxo o carro da Movida. Sempre houbo teóricos que defenderon o valor revolucionario do humor, especialmente no noso país, que ten como tótem a un humorista e que se caracteriza por ser o reino da retranca.

    O disco de Ataque Escampe explota precisamente ese matiz que vai máis alá da simple provocación, e que ao tempo segue a fuxir das verdades profundas. Podemos velo no tema que dá nome ao disco (“todos os traumas xa chos escoitei/pero ti es ben parvo tamén”), en Serafín, o anxo salvador que traerá o final feliz ás diatribas do país, e nos Tres cantos a Lenin, anaina de tintes amorosos que acaba fundindo a súa última frase (“a miseria da vida”) co himno soviético. Precisamente á nostalxia irónica da guerra fría e do esplendor socialista súmase a Akira Toriyama, máximo icono da xeración Songoku, para persistir no toque xeracional que xa viramos no traballo anterior (...)

    Ler máis...

CLASICOS

  • 09:47 - 01.02.2008 CLASICOS

    r.e.m.-outoftime

     

     

     

     

     

     

    REM
    Out of Time
    (1991)

     

    O “Automatic For The People” é para os críticos o ‘Miño’ de R.E.M., pois é o disco que lles garantiu un posto na historia do rock, pero antes tivo que vir o ‘Sil’ en forma de “Out Of Time”, o álbume que os situou definitivamente no mapa. Antes de 1991 eran un grupo grande, mais non tiñan o estatus de recoñecemento unánime e fama mundial que hoxe posúen Michael Stipe e compañía. É un estrano caso, compartido agora mesmo só con Bruce Springsteen, no que a corrente principal e a alternativa están completamente de acordo (...)

    Ler máis...
  • 17:34 - 23.01.2008 CLASICOS

    adriapunti

     

     

     

     

     

     

    ADRIA PUNTI
    Pepalallarga
    (Picap, 1998)

    Adrià Puntí reta compositiva e interpretativamente a Bunburys, Calamaros, e demais tipos que se nomeen rockeiros, máis ou menos coñecidos, que se lle queiran enfrontar; de feito Bunbury, nunha das súas mellores cancións, Sí, comparte autoría co gironí. O catalán é un avantaxado do denominado rock’n’cat, pronunciar o seu nome entre os músicos da súa terra causa reverencia malia que as veces resulte exasperante pola súa extravagancia, polos seus excesos, o caótico discurso ou a falta de profesionalidade nalgún dos seus directos. O poeta Pau Gener di del: «é capaz de todo, canta, escribe, compón como ninguén», e sentenza, «é o mellor de todos.» A escoita dos seus discos confirma estas palabras; separado da súa banda, Umpah-Pah, Adrìa Puntí leva gravados tres Pepalallarga (1998), L’hora del Pati (1999) e María (2002), que establecen unha especie de progresión, de sons máis eléctricos a instrumentacións máis acústicas. O que se mantén incuestionable en todos eles son os textos: irónicos, íntimos, amorosos, cómicos, de gran fondo poético —mágoa de non telos atopados por internet para comprender perfectamente as súas verbas escritas en català gironí (...)

    Ler máis...
  • 11:02 - 09.01.2008 CLASICOS

    migala

     

     

     

     

     

     

    MIGALA
    Restos de un incendio
    (Acuarela, 2002)

    Editado en marzo de 2002, Restos de un incendio é, aínda que non o pareza pola súa magnífica unidade estrutural, unha compilación de dez cancións regravadas por Migala para seren dotadas dun son máis poderoso e de diferentes arranxos instrumentais. Pero o que nesas novas sesións de gravación se produciu foi un disco abraiante, denso, cadencioso e sideral; un bálsamo sonoro. Nel a voz funciona harmonicamente como unha pista máis de son que se mestura con tensas guitarras eléctricas, suaves melodías acústicas, harmónicas, percusións, acordeóns, teclados, programacións, e mesmo cun sample instrumental do Soy rebelde de Jeannette. As verbas, ademais, doces e emocionalmente líricas, acompañan á perfección as atmosferas creadas, agochando nalgún dos versos alusións ó Catro cuartetos de Eliot e ó Libro dos anxos de Rilke (...)

    Ler máis...
  • 07:43 - 29.11.2007 CLASICOS

    the_beat

     

     

     

     

     

     

    THE ENGLISH BEAT
    I just can’t stop it
    (1980)

    Hai anos, un agudo Fermín Muguruza recriminaba ao pop estatal a súa dimisión da política emancipadora. Se a Movida madrileña non excedeu a condición superestrutural do trunfo posmoderno, a imposición neoliberal arribou neste territorio da man usufructuaria das siglas PSOE. A contrarrevolución gañou a guerra de posicións e, entrementres, unha esquerda desartellada –agás en Euskal Herria: Kortatu- pairaba como agardando o derrubamento dos réximes en Europa do Leste. O abismo que afasta Seguridad Social de The Specials era o que se abría entre a península Ibérica e os outros Ocidentes.

    Ler máis...
  • 08:00 - 22.11.2007 CLASICOS

    nin_rosmar
     

     

     

     

     

     

    SUSO VAAMONDE
    Nin rosmar un laído
    (Fonomusic, 1977)

    Que mellor ocasión para revisar este clásico absoluto da música galega que agora que se cumpren trinta anos da súa gravación no Teatro-Cine Veiga de Moaña, un tempo que nos dá a perpectiva suficiente como para valorar aínda máis este noso Live at Budokan patrio, dándose ademais a circuntancia de ser o primeiro disco galego gravado ao vivo tal coma se entenden hoxe en día, en concerto. Ademais é o único disco dos catro que editou nos 70s este mod metido a cantautor que está reeditado en CD polo que constitúe unha inmellorábel tarxeta de apresentacíon para as novas xeracións que descoñezan a súa obra.

    Ler máis...

AS DEZ DE

APENINO

IRIA ABOI

VIDEOCLIPS DE AQUI E DE ACOLA

ATAQUE ESCAMPE - Serafín

  GLASVEGAS - Geraldine

NOVAS

OSCAR VILARIÑO PRESENTA HERRN
Martes, 02 de Decembro do 2008  
NOVAS DATAS AO VIVO DE SWEET OBLIVION BAND
Luns, 01 de Decembro do 2008  
KOMUNIKANDO ENTREGA O PREMIO FESTIVALEIR@ 2008
Xoves, 27 de Novembro do 2008  
NADADORA, ANFITRIONS NO FESTIVAL MULLERES ARTE+PARTE
Mércores, 26 de Novembro do 2008  
SOM DO GALPOM EDITARÁ O SEU PRIMEIRO LP EN PRIMAVERA
Luns, 24 de Novembro do 2008  
MINIXIRA DE MARFUL POLA PENINSULA
Xoves, 20 de Novembro do 2008  
THE HOMENS, XA A CATRO E NA CASA
Mércores, 19 de Novembro do 2008  
CONCERTO DE ANIVERSARIO DE DAKIDARRIA
Martes, 18 de Novembro do 2008  
Máis novas