FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
As 10
APENINO PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Besbe   
Mércores, 30 de Xullo do 2008
Chuza!
apenino
 
APENINO
Marco Maril comezou a súa andaina musical no protoindie galego dos 90s con Hemisferio Izquierdo, no seo da mítica La Familia Feliz, pasando posteriormente por Fulsomes e Dar Ful Ful. Dende 2003 está adicado ao seu proxecto persoal, Apenino, do que editou en 2007 o segundo disco longo, "Un rayo de sol".
 
1. Round & Round (New Order)
"Technique" paréceme un disco imprescindible para entende-lo significado da palabra pop. Encántanme tódalas súas cancións, supoño que dependendo do día elixiría unha distinta, pero creo que a que máis veces elixiría sería esta. Melodías, programacións, liñas de baixo... moita frescura.

2. La leyenda del tiempo (Camarón)
Camarón é un deses poucos personaxes que van máis aló de estilos ou etiquetas. A súa voz paréceme simplemente emocionante e esta canción non deixa de soar moitas veces na miña cabeza. Abre o seu disco máis polémico, denostado no seu día por puristas e que non tardou en convertirse nun dos seus discos máis apreciados. Esta é unha bulería maravillosa, moi barroca e psicodélica nos seus arranxos. "El sueño va sobre el tiempo flotando como un velero, nadie puede abrir semillas en el corazón del sueño".

3. Teenage riot (Sonic Youth)
Descubrín esta canción ós 17 anos, así que sobran comentarios sobre o que representou para min. O disco "Daydream nation" foi o meu primeiro contacto con Sonic Youth e, naquel momento, parecíame o máis emocionante que escoitara nunca.

4. You should be all murdered (Another sunny day)

O selo Sarah Records foi outro dos meus grandes descobrementos no seu día, e Another Sunny Day o meu grupo fetiche. Alí estaban o meu admirado Harvey Williams e Bob Wratten, compoñendo perlas como esta ou "Rio" que todavía me fan suspirar. A melancolía do pop elevada á máxima potencia.

5. Una décima de segundo (Nacha Pop)
De Nacha Pop quédome coas cancións de Antonio Vega, ca súa mezcla de oscuridade e intimismo. A liña de piano, tan sinxela pero especial, e a letra desta canción aínda me fan tremer.

6. Wouldn't it be nice (Beach Boys)
Un clásico imprescindible para min que abre un disco máxico, referente de tantas e tantas cousas que pasaron (e seguen pasando) despois. Pop colosal, cheo de colorido e melodías. Se Brian Wilson xogara ó fútbol chamaríase Pelé.

7. I'll be your mirror (The Velvet Underground)
Outro clásico da miña banda clásica favorita, moi influinte na miña forma de entender a música e moitas outras cousas. A voz e a forma de cantar de Nico, a sinxela liña de guitarra apoiada casi exclusivamente por unha pandereta, a forma de describri-lo amor. Encántame tocar esta canción co meu ukulele, foi a primeira canción que aprendín a tocar na guitarra... e xa pasaron algúns anos.

8. You and me and the moon (Magnetic Fields)

E casi tan imposible que unha canción de Stephin Merrit non aparezca nesta lista como difícil me resulta elixir unha única canción preferida dentro de toda a súa discografía. Se elixo esta quizás é polo cariño especial que lle teño a ese disco ("Get Lost") e a esta canción en concreto. Bicos de verán, Brian Wilson, miradas, noites sen parar de bailar... Encántame a súa forma de tratalo amor, xa sea posible, imposible, dulce ou amargo. Stephin Merrit, ademáis, ten moita culpa de que me fixara no ukulele e que acabara mercando un.

9. Indicios (Carlos Berlanga)
Aínda que os seus éxitos máis populares os escribiu con Nacho Canut, a súa carreira en solitario sempre me pareceu fascinante, como esta canción que abre o seu disco máis imprescindible. Carlos Berlanga era un dandy, un romántico, un letrista irrepetible, moitas veces ácido e sarcástico como ninguén, dominaba a linguaxe do pop coma poucos.

10. Sleight of hand (Disco Inferno)
Non podo calcular cantas veces debín escoitar "Technicolour", cargado de misterio, repleto de pequenos detalles, de grandes melodías, de moito colorido e moita oscuridade a un tempo. Un disco máxico, que para min segue a conservarse así. Cacharrería minúscula.

Tags:  APENINO
 
IRIA ABOI PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Besbe   
Mércores, 09 de Xullo do 2008
Chuza!

iria_aboi 

 

 

 

  

Iria Aboi Ferradás (nada en Marín en 1982) é secretaria xeral de Galiza Nova. Estas son as dez músicas da súa vida:
  • 1.Led Zepellin - Starway to heaven Abro con esta canción, aínda que podían ser outras, porque representa un estilo musical que me gusta dende moi pequena. Todo comezou con este grupo a raíz de que meu pai trouxera tres cintas de Hungría no ano 1989. A partir de aí comezáronme a gustar e isto marcou os meus gustos musicais. Gardo aquelas cintas como o mellor tesouro, porque agora uso os CD´s que comprei en canto tiven cartos.
  • 2.Os Cempés - Que non volvan Esta canción coñecina a raíz da catástrofe do Prestige por parte dun grupo que por desgraza se separou hai pouco e unha das súas últimas actuacións foi na miña parroquia. Esta canción describe o traballo daquelas e daqueles que gañan a vida no mar, que non mellorou moito dende entón, e sobre todo simboliza toda a mobilización social pola dignidade de Galiza agrupada en torno a Nunca Máis.
  • 3.Mike Oldfield - Secrets and Far above the clouds Teño que confesar que non me acordo moi ben como o coñecín, pero nunha etapa da miña vida escoitábao moitísimo porque sempre descubría algo nas súas composicións. Un ano polo Nadal, meu pai buscara por moitísimas tendas de Pontevedra uns traballos anteriores en solitario e finalmente nunha tiveran que encargalos a Madrid. Cando tiña novo disco procuraba facerme con el. Unha delas serviu como sintonía de campaña do BNG e dos actos públicos da organización e pode que este feito influira dalgunha forma en min, porque este tipo de actos sempre me emocionaban moito.
  • 4.The Fray - How to save a life é unha canción moi actual que fala de cómo salvar unha vida. Non sei porque a escollo, quizais polo seu contido porque me recorda a un primo meu. Foi das veces que máis impactada quedei pola morte dalguén querido. Non é unha canción espectacular pero cando a escoito penso bastante sobre a miña vida.
  • 5.Braveheart - Sons of Scotland esta canción pertence á banda sonora dunha das películas que máis me gusta pois trata da loita de Escocia pola súa soberanía. O feito de que exista unha semellanza moi grande con Galiza, mesmo unha identificación coa nosa historia e realidade actual, explican esta escolla aínda que tamén confeso que sempre fun unha apaixoada do periodo medieval.
  • 6.Silvio – La Maza Esta é unha de tantas cancións del que me gustan e que conservo tamén en cinta de escoitala no coche con miña nai. A última vez que o vin foi en Pontevedra e é espectacular en directo. O malo de escoitar a Silvio é que me recorda que teño un desexo pendente dende moi pequena de viaxar a Cuba antes de que morra Fidel.
  • 7.José Afonso - Cantigas de Maio Esta é a escolla do cantor da liberdade por excelencia. É todo un símbolo en Portugal. De pequena no coche había unha única cinta vermella del, con dúas cancións cortadas, que pedía que puxeran nas viaxes longas. Despois de ir a Portugal cada verán dende pequena achegueime moito máis á súa musica e a toda a sociedade portuguesa.
  • 8.Fuxan os ventos - Cara a liberdade Este é un dos grupos que mellor retratou a realidade do noso pobo. O pasado verán no festival de Pardiñas foi a primeira vez que tiven consciencia de velos en directo, ainda que miña nai e meu pai digan que de nena me levaran a miralos, e a verdade é que todo o mundo debería de ter esa posibilidade porque transmiten orgullo polo noso país en cada unha das súas notas e letras.
  • 9.Diplomáticos de Monte Alto - Nordés en colaboración con Mercedes Peón; Esta é unha escolla que representaría a unha serie de grupos galegos que penso que marcaron a varias xeracións de mozas e mozos e por suposto tamén a min. Neste caso concreto gústanme porque ademais tocaban na festa da Arenga, que todos os anos organizamos a víspera do día da patria galega en Santiago e teño moi bos recordos. Ademais de ser auténticos son un exemplo deses grupos galegos que dignificaron a nosa música e que se foron abrindo paso nun momento onde non tiñan demasiado apoio.
  • 10.Zeca Baleiro, Chico Cesar, Lenine - O mundo Recoméndolle a calquera galega ou galego que faga unha redescuberta da música feita na lusofonía (Brasil, Cabo Verde, Angola, Portugal, Timor…) eu son unha apaixonada dela e creo que ese é parte do mundo ao que non debemos virar as costas dende Galiza e que debemos valorizar. Esta é a miña escolla persoal para que comecedes.

Tags:  IRIA ABOI
 
RUBEN PARDIÑAS PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Besbe   
Xoves, 03 de Xullo do 2008
Chuza!
rubenpardias

Rubén Pardiñas (Vigo, 1976) é Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. En 2007 escribiu e dirixiu a longametraxe documental Fronteiras, traballo que acadou o Premio Xpréssate en Tui ao mellor proxecto documental no II Festival Internacional de Documentais de Tui Play-Doc ´06, emitido pola Televisión de Galicia e seleccionado no Festival Internacional de Cine de Xixón, o Cineuropa de Santiago de Compostela ou Documenta Madrid ´08, entre oturos. En 2008, tamén para a TVG, escribiu e dirixiu o documental A terceira póla. Na actualidade traballa como guionista de publicidade e proxectos museográficos para a produtora madrileña Pasacana Films, coa que prepara a longametraxe documental Gaiteiro!. Estas son as dez músicas da súa vida:

Tags:  RUBEN PARDIÑAS
 
SECHU SENDE PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Besbe   
Xoves, 05 de Xuño do 2008
Chuza!
sechu_sende

Xosé Luís González Sende
(Padrón, 1972), máis coñecido como Séchu Sende, escritor galego que se iniciou como poeta vinculado ao Colectivo Poético Serán Vencello, formando parte da xeración dos 90 e que máis tarde se revelou tamén como un dos narradores de principios do século XXI. Foi un dos fundadores do proxecto editorial Letras de Cal, no que publica o seu primeiro libro Odiseas en 1998. En 2003 gaña o Premio Blanco Amor coa obra Orixe. O seu último libro é o conxunto de relatos curtos Made in Galiza (2007), que recibiu o Premio Anxel Casal ao Mellor Libro do Ano, concedido pola Asociación de Editores Galegos. Tamén é domador de pulgas no Circo de Pulgas Carruselo, máis coñecido como Galiza Pulgas Circus. Estas son as dez músicas da súa vida: 

 

1. A música de Pippi Langstrumpf, a original ou a do grupo punk WIZO, entrou-me fondo. Essa rapaza que guiava o coche com os pés e tinha um pai pirata sempre me molou. E a música contagiou um virus libertário para o que nom dou atopado remédio.

2. Adios rios, adios fontes, a clásica de Amancio Prada ou o machuco de Vincent Jalo, é umha cançom que me emocionou, especialmente de neno. Eu é que nacim em Padrom, e a Rosalía de pedra que hai no paseo do Espolom sempre me marcou. Aos cinco anos pensava que umha escultura tam grande só podia ser dum romano ou dumha romana. Pareceu-me Xúlio César até que alguém me explicou que era umha poeta. E que significava isso.

3. De Gabriel o Pensador, Até quando!, por insubmiso, rebelde, supervitaminante e mineralizante.

4. The Wall, de Pink Floid, porque um dia em primeiro de bacharelato puxo um espelho diante de mim: horror!!! eu só era um aluno na cadea de produçom!!!. E ajudou-me a ver que eu, de veras, era diferente. E liberou-me um pouquinho, umha miguinha.

5. Com Franco Battiato,  Nomadi, quando estou no Courel lixando madeira ou picando na terra, tenho passado momentos de verdadeira tranquilidade e paz. Galiza nom se Vende!

6. Sex Please é um grupo de colegas que o passado nadal se juntou para fazer música e me chamarom para ler algum poema. Eu lim uns poemas de Xan Castro, um amigo do Colectivo Poético Serám Vencello, e com a música e o ruído, foi como voltar a estar com o Xan quince anos despois. Está em youtube. Kyus mola.

7. A banda sonora do Prestige, especialmente a Década Prestigiosa, entrando na Porta do Sol na capital do Império Pequeno, com centos de milheiros de galegos e galegas a ritmo techno: Unos pequeños hilillos! Es una verghuensa, es una verghuensa..., es, es, es una verghuensa!

8. Infanta Elena, um clásico sobre umha das espabiladas da monarquia espanhola, é o meu tema preferido d´Os da Ria,  dous dos meus génios favoritos do humor internacional: Lijó e Meixide.

9.E desde Karral, qualquer tema de Esterko, um punk-rock que fende as penas e abre caminho!

10. E, como nom, toda essa música popular, de sobremesa, licor de ervas, e culher na botelha de anis: o mix Carolina descalzinha pola area chovendo miudinho fazendo mil diabluras.


Tags:  SECHU SENDE ORIXE ODISEAS MADE IN GALIZA
 
ROSA ENRIQUEZ PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Besbe   
Venres, 16 de Maio do 2008
Chuza!
rosa_enriquez
ROSA ENRIQUEZ
Rosa Enríquez é profesora de franćes no IES Macías o Namorado de Padrón. Colabora como articulista en La Región e en revistas literarias como Xistral, Dorna, A Casa da Gramática, Ólisbos e Leña Verde. En 2005 obtivo o Premio Francisco Añón do Consello de Outes polo poemario Nas aforas. Rosa é de Valdeorras e publica o blog Valdeorosa. Vestíbulo da devastación (ed. Espiral Maior) é o seu primeiro libro individual que ve a luz e estes son os dez temas da súa vida:
 

1º- No woman no cry, de Bob Marley
O meu primeiro contacto con Marley foi máis ou menos aos once anos. Estaba a pasar o verán na aldea do meu pai, San Martiño do Bolo, coa miña irmá. Lémbrame sempre á sombra dos salgueiros e o sabor do tabaco. 

2º-The logical son, de Supertramp
Sempre sonaba pola mañá, na cadea musical dun rapaz francés que tiña un equipo musical alucinante. Ata as vellas de San Martiño tomaban o café con leite escoitando o Logical son! 

3º-Theme from Star Trek, version de Universal Robot Band (1978)
Non seguín a serie no seu día así que esta canción chegoume tarde. Pero nunca é tarde para disfrutar do que a unha lle gusta así que ando aínda flipada con esa melodía invasora que parece que se mete por todas partes do corpo. A min, polo menos, parécemo. 

4º-Lettin’it loose de Heatwave(1982)
Descubrín esta canción nun serán enchoupado de amor. Vai xa para cinco anos. Creo que é divertida e fresca. Sempre que a escoito dame por cantala a toda voz. 

5º-Peter gunn, de Henry Manzini(1960)
Directamente xenial. Lémbrame a panteira rosa e sempre a escoito ao volume máximo. Ideal para pasar a aspiradora. 

6º-Corner of the earth, de Jamiroquai (2001)
Estou algo pillada polo cantante. Debo dicilo. Gústame o seu sombreiro de plumas e como salta nos concertos! Amais, sempre que escoito o Corner… penso no Abastos e naquel verán do 2003, tan especialmente cálido e quente para min.  

7º-Get down on it, de Kool and the Gang (1981)
Tiña doce anos e un primo que conducía coma un tolo polas corredoiras das terras do Bolo ao ritmo dese Get down on it, berrando. Iamos cinco no vehículo e eu andaba algo asustada, con ganas de chegar ao encoro de Prada e parar de correr. Lémbrame pois esta canción a tolería preadolescente de querer ser guay. 

8º-What’s going on, de Marvin Gaye (non sei o ano)
Fascíname este tío e adoro esta canción. Ideal para facer as camas, darse un baño e fumar. Recoñezo que teño unha relación interesada con Marvin Gaye, axúdame a recoller a casa! 

9º-Smooth operador, de Sade (anos 80)
Sempre que escoito esta marabilla sensual penso na discoteca de A Rúa, nos anos oitenta, nas miñas primeiras incursións niso dos ligues, disfrazada de “chica mayor”… 

10º- Xa de cachondeo e para rir un pouco, teño un título magnífico que me trae unha chea de lembranzas do insólito cura de San Martiño, Don Jesús, que desafinaba moito e unicamente sabía a canción Señor, has venido a la orilla…
Eu e outros rapaces máis matabámonos a berrar para cantar máis alto que a señora Pepa, unha que quería ser a voz máis destacada na misa. Foi o máis divertido e interesante que sentín nese ámbito dourado e eclesial


Tags:  ROSA ENRIQUEZ VESTIBULO DA DEVASTACION
 
NARF PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Besbe   
Mércores, 30 de Abril do 2008
Chuza!
narf_10

NARF
Fran Pérez "Narf" é un dos músicos máis veteranos da escena galega, sendo peza chave a finais dos 80s coma membro de Os Quinindiolas e Nicho Barullo, nos 90s na Psicofónica de Conxo e no novo século co seu proxecto en solitario NARF. Polo seu vencello co grupo teatral Chévere ten desenvolvido tamén unha importante carreira compositiva de músicas para o teatro. Hai uns meses saiu o seu segundo disco en solitario, Tótem.
 
1 Tomorrow never knows .The Beatles
Unha das mellores cancións dos Beatles ao meu modo de ver.É un cuadro abstracto máis que unha canción, e ten a virtude de xuntar espléndidamente a linguaxe do pop con outra máis propia de músicos como Stockhausen, Cage ou Berio. Foron épocas de mentalidade experimental , e eu diría que tanto no público como nos propios artistas.Como curiosidade direi que con "Nicho Varullo" gravamos unha versión desta canción pero nunca chegou a editarse.

2 Art school. The Jam
A enerxía desta canción, e en xeral de todo o disco "In the city" é contaxiante. Adoro o "cabreo" de Paul Weller cantando e tocando a guitarra como se fose unha machada."Os Kinindiola" rendiron homenaxe a esta canción con "Algo hai que comer"

3 London calling. The Clash
Os clash fixeron unha obra mestra con ese disco e con esta canción e non hai máis que decir. Un dos mellores temas de sempre.

4 Dolly Dagger. Jimmy Hendrix.
A música de Hendrix é como un manantial , como se todas as súas cancións fosen unha soa gran canción inesgotavel. A súa obra é un circulo eléctrico, un ovni ( obxecto voador non igualado) que aínda anda flotando por ahí. Esta parte do círculo, Dolly Dagger, é unha maravilla.

5 Sitting on the dock of the bay . Otis Redding
Escoitar a voz de Otis Redding cantando esta canción é un regalo dos deuses, (que lle deron tempo a acabala pouco antes de levalo con eles). Hai un estado de ánimo na propia alma da canción que é universal, porque apostaría a que todos nos temos sentido así algunha vez, e non importa nada non entender a letra.

6 San Franciscan nights. Eric Bourdon
Unha xoia pouco coñecida do león de Newcastle. Sorprendentemente simple e evocadora. Eri Bourdon ten un montón de cancións espectaculares máis alá dos Animals orixinais: Sky Pilot, Monterrey, Anything, A walk down by the sea, Spill the wine, White houses....

7 Tropicalia . Caetano Veloso

Unha canción antiga emblemática do movemento tropicalista. Xa no ano 68 estaban os brasileiros con moito camiño andado para que a súa música tradicional se misturase libremente coas correntes do rock e do pop. Seguramente esta non é a mellor canción de Caetano Veloso , pero é unha das miñas favoritas por representar a chave de moito do que veu despois.

8 Soko thinka Ali Farka Touré

Podía ter escollido calquer outra canción do gran Alí Farka Touré, porque o que conta para mín é o son característico e inconfundible que el desenvolveu coa súa guitarra a partir da súa tradición, e da súa apertura ao mundo. Como pasa con Hendrix, para mín a súa música é un río caudaloso que continúa a fluir e a influir na música actual.

9 Sorrow, tears & blood. Fela Kuti

Un tema clásico de Fela Kuti, creador do afrobeat. Unha figura profundamente comprometida ca xusticia social e a liberdade, e un músico xenial. Esta canción é bo exemplo de ambalas dúas cousas. Por certo, é curioso pero o concepto de repetición na música africana e completamente oposto na súa raíz e no seu sentido ao concepto de loop mecánico , porque o caso , para o estilo afro, é precisamente dar vida propia a cada nota que soa . Esa é a base do groove.

10 Life on Mars? David Bowie

Algúns discos de Bowie,( Hunky Dory, Space Odity, Ziggy Stardust ...) influíronme moito cando comencei a compor música para teatro , porque realmente é moi teatral, pero ten a mestría de non ser excesivo ou paródico. .. Life on mars? é un dos temas máis exuberantes e melodramáticos do Bowie "Glam", e ao mesmo tempo elegante e sinceiro. E vaia orquestación...

Tags:  NARF FRAN PEREZ PSICOFONICA DE CONXO QUININDIOLAS NICHO BARULLO
 
 

COMENTADO RECENTEMENTE

GZ POP! A NOVA FORNA...
Precisamente por eso non se lle pode chamar POP, p...
IRIA ABOI
Pois iso que está moi boa
CONTACTO
ola. Son Xabier Mera. Gustaría de enviaros inform...
FRANC3S - Franc3s (G...
penso que o termo "bizarro" está demasiado sobado...
PRIMEIRO DISCO LONGO...
xa o puiden escoitar, as miñas felicitacións aos...
PRIMEIRO DISCO LONGO...
xenial, que ganas que lle tiña!
PROJECTO ['TREPJA], ...
flipante a música que se está facer na terra nos...
PROJECTO ['TREPJA], ...
mágoa que non quedaran Noise Project de primeiros...
GZ POP! A NOVA FORNA...
queramos que si, queramos que non, todo que se sex...
GZ POP! A NOVA FORNA...
Chámanlle GZ POP a un disco con cancións de grup...

NOVIDADES

  • 08:00 - 13.11.2008 NOVIDADES

    franc3s

     

     

     

     

     

     

    FRANC3S
    Franc3s
    (A regueifa, 2008)

    Cando o 18 de maio de 1980 Ian Curtis decide unilateralmente poñer fin á breve singradura musical de Joy Division pendurándose polo pescozo cunha corda, o deus máis escuro do Valhalla da música popular fixo vibrar dolosamente as súas cordas vocais, emitindo un berro nunha frecuencia tan aquelada que só os tímpanos cunha maior dose de bizarrismo tebroso puideron captalo. Ese berro multiplicouse en miles de ecos que espallaron interminabelmente a mensaxe de loito desa deidade pagán polos catro recunchos do planeta. Así, non podía ser doutro xeito, esa onda sonora vibrou por terras de Bergantiños, e a semente desa vibración áspera, sucia e arriscada agromou nos miolos de Alberto, María e Patuki (tamén chegou a Vilalba) para florecer en Franc3s.

    A evolución metastática destes individuos de fans incondicionais a parte infinitesimal do universo bizarro fica fosilizada no seu propio nome, tributo por triplicado á actriz Frances Farmer, á vocalista de The Vaselines Frances McKee e á artista circense Frances O´Connor. María coa batería, Alberto coa guitarra e coa voz e Patuky cos teclados non só homenaxean en cada distorsión a bandas como Surfin´ Bichos, Los Enemigos, The Cramps ou The Jesus and Mary Chain, senón que tratan de enchoupar a súa música das sensacións que lles transmiten as obras de, por exemplo, John Waters, William Burroughs ou Pollock.

    Franc3s decidiu por fin dar o grande chimpo ao LP logo de dúas maquetas receptoras de boas críticas e gabanzas a manchea. O seu primeiro disco, Franc3s, está composto por dez temas e foi editado por A Regueifa Plataforma baixo licenza de Creative Commons; pode baixarse de balde en www.aregueifa.net. Tamén se pode adquirir en soporte físico, nunha edición limitada e feita a man a base de papel de lixa e peluche, en Discos Noni´s (A Coruña) e Cosmic Pop Club (Carballo).

    Así que xa sabedes, amantes dos sons de ultratumba, do theremin, da escuridade, do veludo, da luz de neon reflectida nas pozas dunha cidade perdida,…, gozade todos do novo de Franc3s, e xa me contaredes.

    Ler máis...
  • 12:37 - 13.10.2008 NOVIDADES

    nouvelledemmemoria

     

     

     

     

     

     

     

     

    NOUVELLE CUISINE
    De memoria
    (Autoeditado, 2008)

    O “malo” de ter asinado xoias de pop tan perfecto como Aritmética polar ou Dos torres é a altura á que deixas o listón para vindeiros discos. Os herculinos Nouvelle Cuisine corrían o risco de ser vítimas da calidade que plasmaron no seu anterior disco, o encantador Autodictado. Por fortuna, os "cocinitas" non se enrrugaron e souberon partir do ponto onde o deixaron para elevalo aínda uns centímetros máis, coma uns Sergéis Bubka do pop con pértiga.

    Sen perder o seu xa característco estilo -algo ben dificil de conseguir nunha banda con dúas voces tan diferentes- percébese nos doce temas que fan parte deste De memoria un salto cualitativo na produción. Continúan a guisalo e comelo eles mesmos pero no estudo de gravación a experiencia nótase e este enriquecemento faise palpable tanto a nivel de arranxos coma da expansión na paleta de sons e instrumentos (acordeóns, rhodes, sintes...). O certo é que o son de Nouvelle Cuisine acada con este disco un novo grau de madurez xa que a incoporación de sintetizador e caixas de ritmos nalgúns temas e a falla de complexos para meter guitarras moito máis distorsionadas afástaos do típico e autolimitado son indie do que beben -La Buena Vida e La Habitación Roja- explorando novos territorios que a esta altura da película a verdade é que son de agradecer.

    E como non hai bon disco de POP -con maiúsculas- sen unha boa colección de singles, ahi están eles para deixarnos xemas coma Sintonia08, Comunicación no verbal, El imperio roto ou Seremos cajeras... mostras de pop clásico preciosista dese que che queda ecoando permanentemente na testa con só un par de escoitas. A verdade é que resulta incrible que estes talentosos chefs non atopasen unha discográfica que lles editara o disco, por moita crise da industria discográfica que haxa. Neste caso é evidente que xogou máis na súa contra a deslocalización con respeito ao epicentro dos que terían de ser os seus pretendentes. No indie estatal xa se sabe que fora de Madrid e Barcelona vai moito frío. Porén a xogada non lles saiu tan mal, mais ben ao contrario, autoeditando o disco por partida doble, tanto en formato digipack de xeito comercial coma nun formato máis exclusivo: unha camisola que se vende xunto con unha memoria USB con toda a súa discografía. Se non querían caldo, dúas cuncas. E nós, claro, tan felices cun caldo tan cheo de sustancia.

    Ler máis...
  • 11:20 - 25.09.2008 NOVIDADES

     

     

     

     

     

     

    BLOC PARTY
    Intimacy
    (Wichita, 2008)

    A “alarma silenciosa” ca que catro rapaces do East London decidiron comunicarlle ao mundo a súa existencia non foi tal; resultou o estoupido xordo do primeiro foguete da alborada, que racha o silencio da moribunda noite e pronostica xoldra. A partires dese intre máxico pode gozarse ou non da festa, pero xa non sobrevive no interior dos participantes esa inicial sensación de sorpresa. A Weekend In The City convertiuse desde o seu lanzamento na primeira víctima das odiosas comparacións as que serán sometidos todos e cada un dos traballos que Bloc Party decida facer, aos que xa de saída se lles catalogará como “inferiores a Silent Alarm”. Kele Okereke na voz e na guitarra, Russell Lissack na guitarra, Gordon Moakes no baixo e nos coros e Matt Tong na batería conforman Bloc Party.

    Intimacy (Wichita Recordings, 2008), o seu terceiro traballo, veu a luz o pasado 21 de agosto no seu formato dixital, quedando desde entón pendurado na rede coa posibilidade de baixalo previo abono do prezo estipulado. Os interesados en adquirilo no seu formato físico deberán agardar ata o 28 de outubro; neste formato inclúense algúns cortes non presentes no dixital. O disco foi producido por Paul Epworth e Jacknife Lee, quenes xa colaboraran coa banda nos seus anteriores traballos (...)

    Ler máis...
  • 08:00 - 11.09.2008 NOVIDADES

    jugoplastika

     

     

     

     

     

     

     

     

    JUGOPLASTIKA
    The 6th is the 7
    (Astro Discos, 2008)

    Co dos revivals é mellor non chegar a última hora. De poder escoller, o ideal sería chegar cando a cousa xa despegou pero aínda non invade masivamente as páxinas da NME e derivados, entrando de cheo no momento álxido do hype. Como mal menor, non estaría mal ser dos primeiros, o que sexa con tal de non ser dos últimos en chegar. Porén, ser pioneiro na recuperción dun son pasado garante certa frescura e non soar clónico pero tamén ten a desvantaxe de que van ser outros os que desfruten do verdadeiro recoñecemento. Non se pode ter todo.

    E no caso de Jugoplastika dá a impresión de que é exactamente isto último o que lles vai pasar. Asi que é de xustiza reivindicalos dende xa coma iniciadores dun revival que aínda está por chegar, o do indie guitarreiro dos primeiros 90s, con ecos de radio universitaria americana, voces pouco afinadas e producións precarias de son garaxeiro. Porque no seu último album -The 6th is the 7- non hai banda da época que non faga acto de presenza dunha ou outra maneira nalgunha das once cancións que fan parte do disco, dende os Pixies a Weezer pasando por Pavement, Guided by Voices, e Grandaddy. Un traballo, por certo, maxistralmente producido por Paco Loco, que demostra ser un auténtico todoterreno, recreando perfectamente o son suxo dominado polas frecuencias medias tan característico daqueles tempos dando forma ao que probablemente é o disco galego máis xenuinamente americano de todos os tempos.

    Dubido que Kukoc, Perasovic e Radja escoitasen aos Pixies nos vestiarios pero o certo é que as coordenadas temporais deste novo son de Jugoplastika teñen perfecto sentido e danlle coherencia absoluta á estética do grupo. Iso si, só asimilable en todos os seus matices  polos que nacimos antes dos 80s, as novas xeracións van ter que agardar a que chegue o revival noventeiro -remastigado e actualizalo- para desfrutalo ao 100%. Sexa coma sexa, sempre poderemos dicer o de "pero se isto xa o facían Jugoplastika no 2008".

    Ler máis...
  • 06:52 - 02.09.2008 NOVIDADES

    death_cab_narrow_stairs

     

     

     

     

     

     

    DEATH CAB FOR CUTIE
    Narrow Stairs
    (Atlantic, 2008)

    Atópome de fronte e a máis de 200 km/h con Narrow Stairs; o choque é brutal, anaquiños de disonantes melodías dunha beleza inusual perforan diversos órganos do meu corpo e préñanme as vísceras dun sotaque agridoce de saudade. Atópome de fronte ante o sexto traballo da banda formada por Ben Gibbard, Chris Walla, Nicholas Harmer e Jason McGerr; atópome de fronte cunha auténtica delicia de comezo a fin, tanto no seu formulación como na súa execución, un río que nace e transcorre cara o mar entre meandros sinuosos e violentas fervenzas.

    Nace Narrow Stairs cun corte duns cinco minutos que lembra por veces á primeira canción de Plans, aquela Marching Bands of Manhattan que nos marabillara, aínda que esta posúe un ton máis sutil. Comeza amodo para ir acadando maior contundencia segundo pasa o tempo, apoiados sempre nun enorme baixo (...)

    Ler máis...
  • 11:34 - 12.05.2008 NOVIDADES

    esquios2gif

     

     

     

     

     

     

    ESQUIOS
    Un tipo normal
    (Autoeditado Distribuciones, 2008)

    Os estradenses Esquíos deron un xiro importante á banda con este Un tipo normal, o seu segundo disco longo. A incorporación de Miguel Castro na voz en sustitución de Fidel Castro -non sei se serán irmáns- marca en grande medida o seu novo son, moito máis punk-rock, case alonxado por completo das querencias metaleiras do seu debut. O certo é que o xiro parece moi meditado xa que a nova voz -moito máis axeitado para o punk-rock con maior carrega melódica que fan agora- dálle a Esquios un son moito máis actual.

    Pero non é a voz a única novidade desta nova etapa. Agora atopamos unha cota maior de temas cantados en galego e unhas letras, entre o social e o festeiro, que encaixan mellor co seu estilo e o seu público potencial. Especialmente agora que contan no seu repertorio con temasda forza de “A rapa” ou “Galiza festa rachada” -sen dúbida os dous singles máis potentes do disco- que prometen ser verdadeiros furacáns ao vivo, cuns retrousos deses que son carne de pogo. Dous temas, ademais, que incorporan un par de detalles -aire funk e sección de metais, o primeiro, e ritmo skatalítico, o segundo- que alén de demostrar a versatilidade dos novos Esquíos tamén van facer de efectivo anzol para atraer a novos siareiros á banda.

    Ler máis...
  • 06:56 - 06.05.2008 NOVIDADES

    rem_-_accelerate

     

     

     

     

     

     

    REM
    Accelearte
    (Warner, 2008)

    Facía xa catro anos que a banda de Athens non daba sinais de vida; foi por aquel entón cando publicaron o deostado (inxustamente baixo o meu criterio) Around the Sun. Por fin en abril de 2008 saíu á luz Accelerate, anunciado polos iluminados e entendidos como “a volta as súas orixes”. ¿Pero iso non o fixeran xa con Monster? ¿non se volvera de novo a falar do mesmo cando saíron New Adventures in Hi-Fi e Up? en resumo, máis peras mentais de flipados ou pura estratexia de marketing por parte da Warner (ou ambas cousas, claro) (...)

    Ler máis...
  • 11:53 - 17.04.2008 NOVIDADES

    deluxe-reconstruccion2

     

     

     

     

     

     

    DELUXE
    Reconstrucción
    (Virgin, 2008)

    Reconstrucción é o quinto disco do coruñés Xoel López, que saíu á luz o pasado 18 de marzo, aproximadamente un ano despois do lanzamento de Fin de un Viaje Infinito, o seu anterior traballo. O álbum ofrécenos dez temas inéditos e cinco remesturas das cancións que foi publicando mes a mes en internet ao longo do 2007. A primeira edición desta Reconstrucción, limitada ás súas 5.000 primeiras copias, traerá a maiores un DVD que inclúe imaxes en directo do Piano Bar Sessions, os tres vídeos de Fin de un Viaje Infinito e parte do concerto (unha hora e media) que Xoel ofreceu o 24 de novembro de 2007 en La Riviera, acompañado de xente como Josele Santiago, Eva Amaral e Juan Aguirre de Amaral, Amaro Ferreiro, Eladio Santos ou Julián López do programa Muchachada Nui. No audio deste DVD inclúense quince temas máis, compostos por versións acústicas, maquetas, as tres “cancións do mes” non incluídas no CD e catro temas do directo en La Riviera (...)

    Ler máis...
  • 16:56 - 07.04.2008 NOVIDADES

    nyp_culebra

     

     

     

     

     

     

     

     
    NIÑO Y PISTOLA
    Culebra
    (Astro Discos, 2008)

    Na historia da música galega contemporánea hai poucos referentes de bandas da terra que conseguiran un son tan xenuinamente británico coma Niño y Pistola. Teríamos que viaxar tres décadas atrás e lembrar a Queimada, os que no seu tempo foron chamados os Beatles galegos. A verdade é que a tarefa non é sinxela, porque acadar un son auténtico non é só a composición e o estilo, hai un factor fundamental ao que damos moita menos importancia da que ten no resultado final: a pronuncia. Noutros paises coma Portugal ou Suecia teñen ben claro que se escolles cantar nun idioma alleo coma é o ingles compre que o fagas coma se tiveras nascido en Oxford. non queda outra. Bandas coma X-wife ou Mando Diao poderían pasar por nativas das illas perfectamente, sen dúbida un factor decisivo na súa boa difusión internacional. É moi doado rir das míticas vesións de “In the ghetto” de El Príncipe Gitano ou “Acuarius” de Raphael e despois non ter nengún problema en montar un grupo e cantar en ingles de taxista de Benidorm (...)

    Ler máis...
  • 09:25 - 03.04.2008 NOVIDADES

    ataque_escampe_galicia_mierda
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    ATAQUE ESCAMPE
    Galicia es una mierda
    (A Regueifa Discos, 2008)
     
    Tras un debate non demasiado desputado no seu blogue, a banda de Vistalegre decidiu seguir as voces da maioría e bautizar o seu novo traballo co nome máis provocador posíbel. Habería que facer memoria e mentar por enésima vez a Os Resentidos para atopar un caso similar na música galega, e mesmo así a distancia entre as dúas bandas é abismal, e non só polas décadas que lles pasaron aos de Vigo polo lombo. A provocación que ladra dende a carátula do disco ten un aquel máis definido da que trouxo o carro da Movida. Sempre houbo teóricos que defenderon o valor revolucionario do humor, especialmente no noso país, que ten como tótem a un humorista e que se caracteriza por ser o reino da retranca.

    O disco de Ataque Escampe explota precisamente ese matiz que vai máis alá da simple provocación, e que ao tempo segue a fuxir das verdades profundas. Podemos velo no tema que dá nome ao disco (“todos os traumas xa chos escoitei/pero ti es ben parvo tamén”), en Serafín, o anxo salvador que traerá o final feliz ás diatribas do país, e nos Tres cantos a Lenin, anaina de tintes amorosos que acaba fundindo a súa última frase (“a miseria da vida”) co himno soviético. Precisamente á nostalxia irónica da guerra fría e do esplendor socialista súmase a Akira Toriyama, máximo icono da xeración Songoku, para persistir no toque xeracional que xa viramos no traballo anterior (...)

    Ler máis...

CLASICOS

  • 09:47 - 01.02.2008 CLASICOS

    r.e.m.-outoftime

     

     

     

     

     

     

    REM
    Out of Time
    (1991)

     

    O “Automatic For The People” é para os críticos o ‘Miño’ de R.E.M., pois é o disco que lles garantiu un posto na historia do rock, pero antes tivo que vir o ‘Sil’ en forma de “Out Of Time”, o álbume que os situou definitivamente no mapa. Antes de 1991 eran un grupo grande, mais non tiñan o estatus de recoñecemento unánime e fama mundial que hoxe posúen Michael Stipe e compañía. É un estrano caso, compartido agora mesmo só con Bruce Springsteen, no que a corrente principal e a alternativa están completamente de acordo (...)

    Ler máis...
  • 17:34 - 23.01.2008 CLASICOS

    adriapunti

     

     

     

     

     

     

    ADRIA PUNTI
    Pepalallarga
    (Picap, 1998)

    Adrià Puntí reta compositiva e interpretativamente a Bunburys, Calamaros, e demais tipos que se nomeen rockeiros, máis ou menos coñecidos, que se lle queiran enfrontar; de feito Bunbury, nunha das súas mellores cancións, Sí, comparte autoría co gironí. O catalán é un avantaxado do denominado rock’n’cat, pronunciar o seu nome entre os músicos da súa terra causa reverencia malia que as veces resulte exasperante pola súa extravagancia, polos seus excesos, o caótico discurso ou a falta de profesionalidade nalgún dos seus directos. O poeta Pau Gener di del: «é capaz de todo, canta, escribe, compón como ninguén», e sentenza, «é o mellor de todos.» A escoita dos seus discos confirma estas palabras; separado da súa banda, Umpah-Pah, Adrìa Puntí leva gravados tres Pepalallarga (1998), L’hora del Pati (1999) e María (2002), que establecen unha especie de progresión, de sons máis eléctricos a instrumentacións máis acústicas. O que se mantén incuestionable en todos eles son os textos: irónicos, íntimos, amorosos, cómicos, de gran fondo poético —mágoa de non telos atopados por internet para comprender perfectamente as súas verbas escritas en català gironí (...)

    Ler máis...
  • 11:02 - 09.01.2008 CLASICOS

    migala

     

     

     

     

     

     

    MIGALA
    Restos de un incendio
    (Acuarela, 2002)

    Editado en marzo de 2002, Restos de un incendio é, aínda que non o pareza pola súa magnífica unidade estrutural, unha compilación de dez cancións regravadas por Migala para seren dotadas dun son máis poderoso e de diferentes arranxos instrumentais. Pero o que nesas novas sesións de gravación se produciu foi un disco abraiante, denso, cadencioso e sideral; un bálsamo sonoro. Nel a voz funciona harmonicamente como unha pista máis de son que se mestura con tensas guitarras eléctricas, suaves melodías acústicas, harmónicas, percusións, acordeóns, teclados, programacións, e mesmo cun sample instrumental do Soy rebelde de Jeannette. As verbas, ademais, doces e emocionalmente líricas, acompañan á perfección as atmosferas creadas, agochando nalgún dos versos alusións ó Catro cuartetos de Eliot e ó Libro dos anxos de Rilke (...)

    Ler máis...
  • 07:43 - 29.11.2007 CLASICOS

    the_beat

     

     

     

     

     

     

    THE ENGLISH BEAT
    I just can’t stop it
    (1980)

    Hai anos, un agudo Fermín Muguruza recriminaba ao pop estatal a súa dimisión da política emancipadora. Se a Movida madrileña non excedeu a condición superestrutural do trunfo posmoderno, a imposición neoliberal arribou neste territorio da man usufructuaria das siglas PSOE. A contrarrevolución gañou a guerra de posicións e, entrementres, unha esquerda desartellada –agás en Euskal Herria: Kortatu- pairaba como agardando o derrubamento dos réximes en Europa do Leste. O abismo que afasta Seguridad Social de The Specials era o que se abría entre a península Ibérica e os outros Ocidentes.

    Ler máis...
  • 08:00 - 22.11.2007 CLASICOS

    nin_rosmar
     

     

     

     

     

     

    SUSO VAAMONDE
    Nin rosmar un laído
    (Fonomusic, 1977)

    Que mellor ocasión para revisar este clásico absoluto da música galega que agora que se cumpren trinta anos da súa gravación no Teatro-Cine Veiga de Moaña, un tempo que nos dá a perpectiva suficiente como para valorar aínda máis este noso Live at Budokan patrio, dándose ademais a circuntancia de ser o primeiro disco galego gravado ao vivo tal coma se entenden hoxe en día, en concerto. Ademais é o único disco dos catro que editou nos 70s este mod metido a cantautor que está reeditado en CD polo que constitúe unha inmellorábel tarxeta de apresentacíon para as novas xeracións que descoñezan a súa obra.

    Ler máis...

AS DEZ DE