FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
Cinema
CONTROL Anton Corbijn (2007) PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Vincent Jalo   
Mércores, 19 de Decembro do 2007
Chuza!
controlfilm

Hai bastantes casos de críticos musicais que remataron sendo grandes da música, coma Neil Tennant, o 50% de Pet Shop Boys. Tamén hai casos de críticos de cinema que remataron sendo grandes do séptimo arte, coma Truffaut ou Rohmer. O que nunca vira é un caso coma o de Anton Corbijn, un fotógrafo musical que se vai converter nun grande do cinema. Porque Control, a súa primeira longametraxe, é, por riba dun biopic sobre Ian Curtis, unha fita facturada coma só o poden facer os grandes.


Tags:  CONTROL ANTON CORBIJN JOY DIVISION IAN CURTIS
 
THIS IS ENGLAND Shane Meadows (2007) PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Vincent Jalo   
Venres, 16 de Novembro do 2007
Chuza!
thisisengland

THIS IS ENGLAND
Shane Meadows
(UK, 2007)

O xénero dos filmes de temática metamusical adoita agochar enormes perigos para o espectador pouco melómano. Hai bodrios da talla de 24 Hour Party People ou Sid & Nancy e hai clásicos coma Quadrophenia , Simpathy for the Devil ou The Doors. This is England, obra autobiográfica de Shane Meadows, fica a medio camiño entre as dúas categorías, quizais porque ten moito máis que ver co drama social británico que co xénero metamusical puro e duro, o que dende logo a fai moito máis asequíbel para os espectadores pouco iniciados na música pero afeitos ao cinema de Tony Richardson e Ken Loach. A esta virtude hai que engadirlle a de posuir unha banda sonora cunha morea de xoias da época -comezos dos 80s- con temas de bandas da tallas dos Specials, Soft Cell, Toots & the Maytals, UK Subs ou Dexy's Midnight Runners. 


Tags:  THIS IS ENGLAND SHANE MEADOWS THE SPECIALS TOOTS AND THE MAYTALS SOFT CELL UK SUBS SKINHEAD MOD SKA REGGAE OI! PUNK
 
ESPERANZA Chano Piñeiro (1986) PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Adrián Estévez   
Martes, 22 de Maio do 2007
Chuza!
esperanza
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
ESPERANZA
Chano Piñeiro
1986
 

Salvador é pai de familia. Na comunión do seu fillo, Manoliño, bebe en gran cantidade. A súa muller repróchallo cando colle o coche, pero el enfádase.  A vida segue. Antes de ir traballar, despois de comer, antes de durmir...  sempre visita o bar para tomar unha chiquita, un cubata, ou un brandy.  Esperanza, a súa muller, dálle a elexir, entre a familia ou a bebida, e marcha co fillo á casa da avoa. Ese día a Salvador dálle un mareo no choio, caendo desde gran altura, e o médico dille que debe deixar xa a bebida. Comeza terapia de grupo e a tomar pastillas. Esperanza volve a casa.
Hai un final aberto, deixando vía libre a un final feliz. Rodada nun ámbito urbano (nos edificios altos que se ven en Vigo ó chegar en tren), moi feo, de cemento. Nenos xogando na vía do tren, pintadas nas paredes, coches, obreiros... Moi distinto ó ambiente labrego e rural de Mamasunción. Unha constante na curta son os debuxos de Manoliño, o fillo, que nos serven para ver a súa visión do mundo. Ademais, polo que ve na casa, a súa educación vai mal encamiñada, malia os esforzos da nai.  Non me gustou nada a banda sonora. Unha música que non pegaba nin con cola.  Ben lla puido encargar aos resentidos, ou a siniestro total, que seguro que facían algo interesante, tendo en conta a temática e a época.  A obra foi encargada polo Concello de Vigo. Un panfleto contra o alcol, que tanto mal fai.



Tags:  CHANO PIÑEIRO
 
MAMASUNCION Chano Piñeiro (1984) PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Adrián Estévez   
Martes, 22 de Maio do 2007
Chuza!
mamasuncin
 
 
 
 
 
 
 
 
 
MAMASUNCION
Chano Piñeiro
1984
 
Asunción leva 40 anos agardando por noticias do fillo emigrado. Huraña, tódolos días vai ata a estafeta de correos, para volver sen nada. Pero un día recibe a desexada carta. Unha veciña lla le, decíndolle que o seu fillo está ben. Pero ela desconfía, e dálla ó borracho da aldea, que lle di a verdade. Seu fillo tiña pensado vir en breve, pero morreu.  Chega á aldea o alcalde, con parte da herdanza. Os veciños acosan a Asunción, pero esta queima os billetes.
Unha curta sen máis palabras cás necesarias. O que máis fala é un borracho de bo corazón, un dos poucos que le da aldea.  Hai moito silencio, ben acompañado dun son triste de gaitas antes da carta, e dunhas alegres guitarras despois. Amosa moi ben a realidade do rural na época franquista. O acontemento da chegada dun coche, o punto de encontro da estafeta de correos, a emigración como vía de escape, o duro traballo das anciás, a envexa da xente...  Moi sentimental, cun gran papel de Mamasunción. O seu rostro, curtido polos anos e as inclemencias do tempo, o di todo. Desde a tristeza ata a esperanza, e desde a ledicia ata a indiferencia, amosa un gran abano de posibilidades cunha diferencia mínima de expresión nas infinitas curvas da súa cara.


Tags:  CHANO PIÑEIRO
 
ENTREVISTA Paulino Viota PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Aurelio Castro   
Luns, 23 de Abril do 2007
Chuza!

 

paulino1

 

"Godard é o garda de tráfico do espectáculo”

 

 

Por aurelio Castro“
É un home que traballa só, e daquela está por forza nunha absoluta soidade. Mais non se trata dunha soidade calquera, é unha soidade extraordinariamente poboada. Non por soños, por pantasmas ou proxectos, senón por actos, cousas e mesmo persoas. Unha soidade múltiple, creadora”. Aquel home para quen sinalaba Gilles Deleuze, nunha entrevista de 1976, é Jean-Luc Godard. Vén de se editar agora no Estado español a peza que alumea, case contra o remate da súa obra, a viaxe do celuloide polos foxos do século XX: Historia(s) do cinema. “Non é que tatexe ao falar, é que fai tatexar a propia linguaxe. Polo xeral, só se é estranxeiro cando se fala noutra lingua. Neste caso trátase, ao contrario, de ser estranxeiro na lingua de un”, proseguía Deleuze. Apátrida do plano dominante, o realizador franco-suízo mirou de compoñer unha historia do cinematógrafo non en papel, coma nos Cahiers, senón a partir dos materiais que lle eran propios: imaxes e sons. Unha historia que tatexa, porque a luz do real colisiona e treme no ecrán.


Para desentrañar tal tentativa audiovisual, Paulino Viota achegouse ao CGAI e impartiu un dos seminarios de “Cero en conducta”. A súa historia podería contarse tamén dacabalo das Historia(s), de engadirmos o bisturí sinistro de Pilar Miró encol do filme estatal. Aquela primeira lexislatura do PSOE esnaquizou, mediante a estandarización produtiva, as posibilidades de quen aquí e acolá porfiaba en rodar como a primeira Nouvelle Vague, cun dólar no peto. Logo de asinar Contactos (1970), Con unllas e dentes (1978) e Corpo a corpo (1982), o realizador santanderino habitou un silencio fílmico que talvez o vídeo dixital daría rectificado agora. Con todo, trátase dun medio-silencio: non deixou de escribir e de falar sobre cinema, que resulta ao cabo outra maneira de facelo.


A morte de Henri Langlois, en 1977, impediulle co-asinar estas Historia(s) do cinema. Mais a lea de referencias fílmicas, non traduce a experiencia dun espectador da Cinemateca Francesa? Dun Jean-Luc Godard que, da man de Langlois, mirou Griffith, Rosellini e Rouch a un tempo.


Estou de acordo. E non sei se sabes que Godard, durante a súa época cinéfila, nos anos 50, adoitaba ver os filmes a cachos. Entraba na sala na metade da proxección, miraba unha escena e logo saía. Xa naquela altura practicou iso co que topamos nas Historia(s) do cinema: relacionar imaxes e reparar no fragmento máis ca no conxunto. Ao atenderes a unha escena soa –nós podémolo facer agora, co vídeo ou co dvd- das entendido os procedementos técnicos e estéticos segundo os que foi resolta, porque a trama, a fascinación polo que se conta, case sempre desvían esa atención. Amais, como Godard é talvez quen mellor matinou no cinema, quen mellor nolo referiu, esa teima por visionar anacos cadra coa súa actitude hipertécnica, hipercreadora no que atinxe aos propios procesos cinematográficos. Que ten a ver tamén, claro, con aquela enxurrada de filmes da Cinemateca e co gusto por non a dispoñer linealmente. Por se enfrontar a ela corpo a corpo.


histoires_du_cinemaE por seguila enredando. Se esta historia son Historia(s), non é só porque os filmes conteñan unha multitude de feitos, senón asemade porque cadaquén podería erguer a súa propia: axuntar subxectivamente todo ese colectivo de imaxes.


De feito facémolo decote, na cabeza. Un afeccionado ao cinema, mentres pasea e cavila –cando menos a min sucédeme-, realiza esa caste de asociacións. Un aceno de tal fita acórdalle o aceno dunha outra ou dun libro, ou dun feito real. En Historia(s) do cinema Godard gravou o que para nós resulta apenas unha experiencia cotián. É o propio do artista: virar ese mundo íntimo en obxecto de expresión, entregarllo aos demais.


Durante o curso do CGAI achegou unha nova categorización de cineastas que me parece, para arestora, máis vixente mesmo que aquela de Bazin, entre os que acreditaban na realidade (Stroheim) ou na montaxe (Einsenstein). Na súa, a diferenza era entre os realizadores que queren fundar novas imaxes, coma Angelopoulos ou Víctor Erice, e os que se apropian delas, coma Godard.


Son dúas maneiras de reaccionaren os cineastas de hoxe. Malia a que esa distinción podería aplicarse dende sempre. No caso dos pioneiros, semellaría que non se apropiaron de ren, ao non haber precedentes fílmicos. Mais por exemplo Griffith, a quen se lle atribúe a invención da montaxe paralela, da salvación no derradeiro minuto, coma en Intolerancia ou n´O nacemento dunha nación, tomou estes procedementos das novelas de Charles Dickens. É dicir, a vontade de apropiación percorreu toda a historia do cinema.


Certamente, eu sinalaba para os cineastas de hoxe. E a situación contemporánea no ámbito da arte, coma en calquera outro nas nosas opulentas sociedades occidentais, é de saturación, de abastanza. Hai libros, cedés, devedés, internet, emule, en fin, unha chea de estímulos que a miúdo, como a publicidade, utilizan formas rebaixadas de arte. Estamos hoxe, sobre todo hoxe co réxime do espectáculo, somesos a un barullo de signos. Daquela, creo que Víctor Erice ten razón, que a nosa loita consiste en non esvaermos nesta desorde, en manter unha miga do noso “eu”. No territorio cinematográfico, cumpriría tentar imaxes, planos ou filmes enteiros que non se recibisen coma unha amálgama de clixés, que estabelecesen novas relacións alén da preguiza cultural. Acórdame a derradeira fita de Fellini, A voz da lúa, que resulta moi caótica, pero na que un personaxe di contra o remate: “Se calásemos un pouco, se fixésemos un silencio, se cadra daríamos pensado un chisco”. Lembro tamén cando coñecín a José Luís Guerín, moi do estilo severo de Erice ou Bresson. Comentoume que viña de ver O proceso de Xohana de Arco e que xa non miraría máis filmes aquela semana. Talvez fose unha boutade, pero ese ascetismo, esa insubmisión, esa querenza por deixar que só unhas imaxes me traballen durante un tempo, interesoume moito. Como facemos coa comida lixo, no ámbito artístico habería que probar dietas, rexeitar toda esta inflación audiovisual.


cuerpoacu2A estratexia de Godard efectúa este afastamento?


O chamativo de Godard é que achou a solución contraria. Converteuse no administrador deste caos. No garda de tráfico do espectáculo. El tamén selecciona, de certo. Como dixera alguén verbo das Historia(s) do cinema, “seiscentos filmes e ningunha falla de gusto”. E tamén é un home que se pechou. Cando coñece a Anne Marie Mieville van os dous vivir a Grenoble, que debe ser de grande como A Coruña. Crearon un estudo de vídeo e montaron series de televisión: Francia volta reviravolta, Seis veces dous. Logo liscaron outra vez a Rolle, un pobo moi pequeno á beira de Suíza. Coido que foi no soto deste novo fogar onde realizou as Historia(s). Non por acaso, Godard é un cineasta que se retirou fisicamente -cousa que non fixo Guerín, por certo, que aínda vive en Barcelona-. Mais por outra banda, asumiu esta bulimia de signos coma trazo contemporáneo. Neste senso, a súa práctica é máis actual, saída do que temos. Se ben, tampouco deixou de escoller os alimentos.


Hai unha postura inmanente a este dioivo de signos?


Non sei se “inmanencia” é a palabra axeitada. Trata si, de traballar a partir desa realidade, mentres que os outros a rexeitan. Inscribe ese tumulto na súa obra, ao xeito de collage, porque resulta fulcral. E quer da maneira que Erice ou que Godard, cando menos cómpre formular este problema. O que non vale é grabar inconscientemente, de costas a tal fervenza.


Na obra de Godard asistimos ao desvío permanente de obxectos culturais, de enunciados, de títulos ou frases que se arrincaron dun contexto de seu. Mais este xogo, non vén a radicalizar os procedementos do cinematógrafo? Ao cabo, cando os Lumière rodaron a un obreiro saíndo da fábrica, foi para inserilo nunha fita.


É alleo e facémolo propio, é meirande e reducímolo á dimensión que precisa o noso filme. Certo. Gordard utiliza, creo que coma ninguén, os dous recursos sobranceiros do cinema, que son rodar e montar. En Historia(s) do cinema rodou apenas, pero montou moito. Eisenstein aseguraba que se dá a montaxe en todas as artes. Póñoche por caso As meninas de Velázquez, nas que hai un can, un anano, unha infanta, un espello, todo pintado nunha orde, posto en relación. Tamén engadía Einsenstein que onde se expresa absolutamente a montaxe é no cinema. Paréceme unha idea con engado, a do cinema coma compendio de todas as artes. Se cadra o S.XXI desenvolve unha creación de arte con imaxes e sons, con imaxes e voces, palabras, poemas –quita se queres a palabra “cinema” e pon “audiovisual”-. Ao celuloide perténcelle a montaxe e daquela, a operación godardiana que consiste en xeralizala, en amplificala cara a todas as direccións, non é impropia.


Sobre todo ética?


Depende de como se faga.


Pero para Godard...


Si, para Godard a ética ten que presidir a cousa. Non se pode facer cinema sen unha vocación ética.

 

 

 

curso_paulino_viota

 

 

Nunha entrevista con Serge Daney, da que aparecen anacos nas Historia(s) do cinema, afirmaba que da “política de autor” defendida nos Cahiers, el quedou coa política mentres Truffaut deu en preferir o autor. Amais da súa etapa maoísta, foi por construír formas que pensan?


Estes filmes recentes, A nosa música ou mesmo as Historia(s), para min responden a unha transfiguración, ao tránsito do político ao ético. As fitas de Godard son cada vez menos políticas. Hai madia leva, unha dimensión política, mais o quid agora é un equilibrio entre o individuo e mais a esfera pública. Cadora impórtalle menos a persoa que se adscribe, como a que pensa por si propia, a que procura unha ética sobre si. Cando atope estas forzas éticas, entón si, poderá incorporarse á sociedade e actuar. El seguramente é moi crítico cos anos Mao, aínda que non o exprese directamente.


Porén, nunca houbo renuncia respecto daquela etapa. Semella máis ben un camiño andado, tras o que xurde unha outra postura complementaria.


Mais xa non está nin aí nin na etapa Karina, senón nunha terceira cousa, ou cuarta, porque o último período é tan longo... Primeiro temos unha época mítica, na década dos 80: Paixón, verbo dos grandes mitos da pintura; Nome Carme, sobre a personaxe da ópera de Bisset; Saúdote, María, a respecto dunha virxe; Nouvelle Vague, sobre o eterno retorno. E logo vén o Godard dedicado á historia do cinema e do S. XX: Os nenos que van a Rusia, Alemaña ano cero, Forever Mozart. Habería mesmo unha quinta: os anos de crítico nos Cahiers. Na de arestora, que será tamén a derradeira –vai xa maior-, o ser humano é o responsábel. De certo, o político segue a ser moi importante, aínda que sempre baixo a obriga de non caer en mitoloxías externas, en ideoloxías que arrastren multitudes.


histoires_du_cinema2Comezamos dicindo que Historia(s) do cinema traduce a un Godard espectador. Ao tempo, a súa xeración foi a primeira que no Estado español, por motivos históricos, criou unha cinefilia. Mesmo ás veces, unha “cinefilia lectora”.


Conmoveume tanto cando dicía nun capítulo das Historia(s): “O verdadeiro cinema era outro, estaba noutra parte, era o cinema que non viamos. Era Mary Duncan en Torrentes humanos, non é certo, Jean-George Auriol? Era Outubro, non é certo, Jay Leida? Era Amencer, non é certo, Lotte Eisner?”. Estes críticos que menciona foron un pouco coma os seus pais. Talvez non coñecese en persoa a Leida, pero si a Auriol e a Eisner. Emocióname moito porque eu, cando era apenas un mociño de provincias en Santander –fun para Madrid aos 21 anos-, nin sequera tiña filmoteca. O meu caso foi ben diferente ao de Godard, que cando menos viviu nun ámbito de liberdade, no París de posguerra. Mirei O acoirazado Potenkim en Madrid, na casa dalguén, grazas a unha copia clandestina de 16 mm, como se fose unha heroicidade. Amencer vina moi tarde, tamén. O de ser un tolo do cinema veume coas revistas que había naquela altura, Film ideal e Nuestro cine. Falaban de filmes do pasado ou de festivais aos que non tiña acceso. E claro, producía moita ansiedade, non era agradábel. Exactamente o contrario que agora: a precariedade fronte á bulimia. A miña xeración educouse no cinema coas fitas nortamericanas, que así e todo eran moi boas: o último Ford, o último Hichcock, Robert Aldrich, Nicholas Ray. Medrei con iso e coa sensación tan amargue de que o verdadeiro cinema andaba noutra parte. Con todo, tivemos sorte, porque esa situación deunos un gran devezo por aprender. Velaquí a paradoxa.


Ler sobre un filme xa era unha maneira de crealo?


Inventabamos os filmes, todo o tempo. Eu imaxinei centos, mesmo os de Godard. E logo, cando á fin os miraba, descubría cousas distintas. Ou non, porque ás veces o artigo era tan bo e mesturabas datos de aquí e de acolá e facías tal esforzo coa imaxinación...


Asemade, a propia práctica cinematográfica da súa xeración veuse interrompida nos anos 80. Que aconteceu?


Era moi difícil apañar os cartos, lidar co eterno raquitismo industrial do cinema español. Rodei dous filmes con moitos atracos. Con unllas e dentes non obtivo boa recadación, pero a seguinte, Corpo a corpo, puido amortizarse –aínda que o meu pai houbo de poñer algún peso na produción-. Case todos faciamos cousiñas baratas, con produtores independentes. E daquela chegou o PSOE e estabeleceu unha política moi clara: quería filmes de gran orzamento, con moi boa factura técnica e para o gran público. En definitiva, quería hixenizar o cinema español. Foi un tremendo erro, porque gran público non o había e agás algún éxito contado, como A colmea de Mario Camus, salientaron os fracasos. Miraron logo de rectificar en parte, cando Méndez-Leite ou Miguel Marías ocuparon a Dirección Xeral de Cinema. Marías, por caso, declarou publicamente que o paradigma era Eric Rohmer, que é tanto como dicilo todo: fitas baratas, a miúdo en 16 mm, cun equipo pequeno. Non acadou tal propósito, por desavinzas co ministro. Ao tempo, adoitaban pedir directores de “probada calidade”. Algúns, coma Gutiérrez Aragón ou o propio Camus, si que o eran. Mais tamén apareceu por alí moito compadre, non mellor que os que quedaramos fóra.


Contareiche unha anécdota de Fernando Fernán Gómez, que resume ben a historia. El ía traballar nun filme con Ricardo Franco, Os restos do naufraxio, para o que non daban atopado os cartos. Seica un día chegou Ricardo que rebentaba de ledicia: conseguira á fin a financiación. Aquel suceso deixara a Fernán Gómez moi abraiado: “se tanta satisfacción causa o facer un filme, máis que o propia proceso de facelo e o seu resultado, é que as cousas non son o que teñen de ser”. Se o 90% dos teus azos físicos e intelectuais, da túa tensión emocional, están dedicados á cuestión económica, daquela tes o 10% para a parte artística. A fita ha de ser mala, moi probablemente. Como eu viña de ter dúas experiencias espantosas, con catro cans, baixo o novo réxime de Pilar Miró decidín renderme. Nin sequera acudindo a meu pai axuntaría diñeiro abondo.


A oportunidade para proseguer aquel amateurismo fica agora na tecnoloxía doméstica? Mesmo Erice realizou cunha cámara dixital a súa última fita, La mort rouge.


Sen dúbida. Gustei moito de La mort rouge. Eu síntome vello de máis, pero é o que cómpre. Non volver á domesticidade, senón a unha rebeldía mediante formatos domésticos. Tamén eu probaría, se non estivese tan só en Santander. Non estou pechado a tal oportunidade, mais preciso de xente ao meu redor. De vivir en Madrid ou en Barcelona, noutra cidade, tentaría facer cinema neses termos, enredar outra volta con imaxes e sons. Mais animo a calquera persoa, a quen ti coñezas, a traballar por esta senda.


Tags:  PAULINO VIOTA GODARD
 
AINDA HA PASTORES? Jorge Pelicano (2006) PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Marcos Nine   
Luns, 26 de Marzo do 2007
Chuza!

pastores

 

 

 

 

 

 

 
AINDA HA PASTORES?
Jorge Pelicano
2006 

A pasada semana demos unha voltiña por Play-Doc , o festival internacional de documentais de Tui do que agardamos que teña continuidade no futuro non só polo atractivas que poidan resultar as produccións que se proxectan senón pola notable afluencia de público que fai de Play-Doc un escaparate máis que apetecible para ensinar os traballos.

Na xornada do pasado xoves puidemos ver algunhas propostas interesantes. A xornada comezou con “Bs. As.” de Alberte Pagán que remataría gañando o premio “Foco Galicia” que otorgou por primeira vez o Consorcio Audiovisual de Galicia . A continuación puidemos ver a curtametraxe lituana “Uku Ukai” de Audrius Stonys da que cabe destacar o preciosismo das imaxes e a cadencia narrativa coa que se reflexan os sentimentos e vivencias dos ancians protagonistas. Un estilo similar ó de “Uku Ukai”  vímolo tamén na curtametraxe galega “O tempo dos Bullós” de Chus Domínguez quen logra facer un fermoso retrato naturalista da serra do Caurel tinxida de branco e negro.

Sen embargo, o que nos pareceu o mellor da xornada chegou ó final do día coa proxección de “Ainda há pastores?”    do realizador portugués Jorge Pelicano que remataría facendose co premio “Atlántico”. En pouco máis de 70 minutos, Pelicano é quen de facernos entrar no mundo de Casais de Folgosinho, un lugar que como dí a sinopse do documental, nin sequera é un lugar, non hai luz, nin auga, nin rúas, só existe a magnificencia das montañas da Serra da Estrela que o rodean. Neste entorno hostil que antano era frecuentado por moitos pastores, é onde ten lugar a historia de Herminio, un mozo de 27 anos que resiste como un dos únicos 10 pastores que todavía viven na Serra da Estrela. Con estes mimbres, Jorge Pelícano narra un fermoso relato cargado de humanidade onde quedan patentes as dificultades de convivencia entre os novos tempos e tradicións que, pese a ser esquecidas pola poboación urbana, seguen a constituir o medio de vida dalgunhas persoas.

O máis destacable do filme e o coidado polos pequenos detalles. O cotidiano, o que ás veces nos parece minúsculo, serve nesta ocasión para que cheguemos a entender a personalidade de Herminio ó que rematamos adorando ó identificalo como alguén próximo, honesto, real e que pese a tódalas dificultades vémolo cheo de paixón.

Como único punto crítico, non chegou a convencernos a utilización da voz en off que en moitos momentos chegou a parecernos prescindible. Sen embargo a narración está tan ben fiada e as persoaxes gañán tanto a nosa simpatía que calquer defecto formal queda diluído ante a frescura e vitalidade que desprende o filme.

Para quen queira máis información pode consultar o blog do filme ou ver o trailer do mesmo. É altamente recomendable.  


Tags:  AINDA HA PASTORES? PORTUGAL DOCUMENTAL
 
 

COMENTADO RECENTEMENTE

GZ POP! A NOVA FORNA...
Precisamente por eso non se lle pode chamar POP, p...
IRIA ABOI
Pois iso que está moi boa
CONTACTO
ola. Son Xabier Mera. Gustaría de enviaros inform...
FRANC3S - Franc3s (G...
penso que o termo "bizarro" está demasiado sobado...
PRIMEIRO DISCO LONGO...
xa o puiden escoitar, as miñas felicitacións aos...
PRIMEIRO DISCO LONGO...
xenial, que ganas que lle tiña!
PROJECTO ['TREPJA], ...
flipante a música que se está facer na terra nos...
PROJECTO ['TREPJA], ...
mágoa que non quedaran Noise Project de primeiros...
GZ POP! A NOVA FORNA...
queramos que si, queramos que non, todo que se sex...
GZ POP! A NOVA FORNA...
Chámanlle GZ POP a un disco con cancións de grup...

NOVIDADES

  • 08:00 - 13.11.2008 NOVIDADES

    franc3s

     

     

     

     

     

     

    FRANC3S
    Franc3s
    (A regueifa, 2008)

    Cando o 18 de maio de 1980 Ian Curtis decide unilateralmente poñer fin á breve singradura musical de Joy Division pendurándose polo pescozo cunha corda, o deus máis escuro do Valhalla da música popular fixo vibrar dolosamente as súas cordas vocais, emitindo un berro nunha frecuencia tan aquelada que só os tímpanos cunha maior dose de bizarrismo tebroso puideron captalo. Ese berro multiplicouse en miles de ecos que espallaron interminabelmente a mensaxe de loito desa deidade pagán polos catro recunchos do planeta. Así, non podía ser doutro xeito, esa onda sonora vibrou por terras de Bergantiños, e a semente desa vibración áspera, sucia e arriscada agromou nos miolos de Alberto, María e Patuki (tamén chegou a Vilalba) para florecer en Franc3s.

    A evolución metastática destes individuos de fans incondicionais a parte infinitesimal do universo bizarro fica fosilizada no seu propio nome, tributo por triplicado á actriz Frances Farmer, á vocalista de The Vaselines Frances McKee e á artista circense Frances O´Connor. María coa batería, Alberto coa guitarra e coa voz e Patuky cos teclados non só homenaxean en cada distorsión a bandas como Surfin´ Bichos, Los Enemigos, The Cramps ou The Jesus and Mary Chain, senón que tratan de enchoupar a súa música das sensacións que lles transmiten as obras de, por exemplo, John Waters, William Burroughs ou Pollock.

    Franc3s decidiu por fin dar o grande chimpo ao LP logo de dúas maquetas receptoras de boas críticas e gabanzas a manchea. O seu primeiro disco, Franc3s, está composto por dez temas e foi editado por A Regueifa Plataforma baixo licenza de Creative Commons; pode baixarse de balde en www.aregueifa.net. Tamén se pode adquirir en soporte físico, nunha edición limitada e feita a man a base de papel de lixa e peluche, en Discos Noni´s (A Coruña) e Cosmic Pop Club (Carballo).

    Así que xa sabedes, amantes dos sons de ultratumba, do theremin, da escuridade, do veludo, da luz de neon reflectida nas pozas dunha cidade perdida,…, gozade todos do novo de Franc3s, e xa me contaredes.

    Ler máis...
  • 12:37 - 13.10.2008 NOVIDADES

    nouvelledemmemoria

     

     

     

     

     

     

     

     

    NOUVELLE CUISINE
    De memoria
    (Autoeditado, 2008)

    O “malo” de ter asinado xoias de pop tan perfecto como Aritmética polar ou Dos torres é a altura á que deixas o listón para vindeiros discos. Os herculinos Nouvelle Cuisine corrían o risco de ser vítimas da calidade que plasmaron no seu anterior disco, o encantador Autodictado. Por fortuna, os "cocinitas" non se enrrugaron e souberon partir do ponto onde o deixaron para elevalo aínda uns centímetros máis, coma uns Sergéis Bubka do pop con pértiga.

    Sen perder o seu xa característco estilo -algo ben dificil de conseguir nunha banda con dúas voces tan diferentes- percébese nos doce temas que fan parte deste De memoria un salto cualitativo na produción. Continúan a guisalo e comelo eles mesmos pero no estudo de gravación a experiencia nótase e este enriquecemento faise palpable tanto a nivel de arranxos coma da expansión na paleta de sons e instrumentos (acordeóns, rhodes, sintes...). O certo é que o son de Nouvelle Cuisine acada con este disco un novo grau de madurez xa que a incoporación de sintetizador e caixas de ritmos nalgúns temas e a falla de complexos para meter guitarras moito máis distorsionadas afástaos do típico e autolimitado son indie do que beben -La Buena Vida e La Habitación Roja- explorando novos territorios que a esta altura da película a verdade é que son de agradecer.

    E como non hai bon disco de POP -con maiúsculas- sen unha boa colección de singles, ahi están eles para deixarnos xemas coma Sintonia08, Comunicación no verbal, El imperio roto ou Seremos cajeras... mostras de pop clásico preciosista dese que che queda ecoando permanentemente na testa con só un par de escoitas. A verdade é que resulta incrible que estes talentosos chefs non atopasen unha discográfica que lles editara o disco, por moita crise da industria discográfica que haxa. Neste caso é evidente que xogou máis na súa contra a deslocalización con respeito ao epicentro dos que terían de ser os seus pretendentes. No indie estatal xa se sabe que fora de Madrid e Barcelona vai moito frío. Porén a xogada non lles saiu tan mal, mais ben ao contrario, autoeditando o disco por partida doble, tanto en formato digipack de xeito comercial coma nun formato máis exclusivo: unha camisola que se vende xunto con unha memoria USB con toda a súa discografía. Se non querían caldo, dúas cuncas. E nós, claro, tan felices cun caldo tan cheo de sustancia.

    Ler máis...
  • 11:20 - 25.09.2008 NOVIDADES

     

     

     

     

     

     

    BLOC PARTY
    Intimacy
    (Wichita, 2008)

    A “alarma silenciosa” ca que catro rapaces do East London decidiron comunicarlle ao mundo a súa existencia non foi tal; resultou o estoupido xordo do primeiro foguete da alborada, que racha o silencio da moribunda noite e pronostica xoldra. A partires dese intre máxico pode gozarse ou non da festa, pero xa non sobrevive no interior dos participantes esa inicial sensación de sorpresa. A Weekend In The City convertiuse desde o seu lanzamento na primeira víctima das odiosas comparacións as que serán sometidos todos e cada un dos traballos que Bloc Party decida facer, aos que xa de saída se lles catalogará como “inferiores a Silent Alarm”. Kele Okereke na voz e na guitarra, Russell Lissack na guitarra, Gordon Moakes no baixo e nos coros e Matt Tong na batería conforman Bloc Party.

    Intimacy (Wichita Recordings, 2008), o seu terceiro traballo, veu a luz o pasado 21 de agosto no seu formato dixital, quedando desde entón pendurado na rede coa posibilidade de baixalo previo abono do prezo estipulado. Os interesados en adquirilo no seu formato físico deberán agardar ata o 28 de outubro; neste formato inclúense algúns cortes non presentes no dixital. O disco foi producido por Paul Epworth e Jacknife Lee, quenes xa colaboraran coa banda nos seus anteriores traballos (...)

    Ler máis...
  • 08:00 - 11.09.2008 NOVIDADES

    jugoplastika

     

     

     

     

     

     

     

     

    JUGOPLASTIKA
    The 6th is the 7
    (Astro Discos, 2008)

    Co dos revivals é mellor non chegar a última hora. De poder escoller, o ideal sería chegar cando a cousa xa despegou pero aínda non invade masivamente as páxinas da NME e derivados, entrando de cheo no momento álxido do hype. Como mal menor, non estaría mal ser dos primeiros, o que sexa con tal de non ser dos últimos en chegar. Porén, ser pioneiro na recuperción dun son pasado garante certa frescura e non soar clónico pero tamén ten a desvantaxe de que van ser outros os que desfruten do verdadeiro recoñecemento. Non se pode ter todo.

    E no caso de Jugoplastika dá a impresión de que é exactamente isto último o que lles vai pasar. Asi que é de xustiza reivindicalos dende xa coma iniciadores dun revival que aínda está por chegar, o do indie guitarreiro dos primeiros 90s, con ecos de radio universitaria americana, voces pouco afinadas e producións precarias de son garaxeiro. Porque no seu último album -The 6th is the 7- non hai banda da época que non faga acto de presenza dunha ou outra maneira nalgunha das once cancións que fan parte do disco, dende os Pixies a Weezer pasando por Pavement, Guided by Voices, e Grandaddy. Un traballo, por certo, maxistralmente producido por Paco Loco, que demostra ser un auténtico todoterreno, recreando perfectamente o son suxo dominado polas frecuencias medias tan característico daqueles tempos dando forma ao que probablemente é o disco galego máis xenuinamente americano de todos os tempos.

    Dubido que Kukoc, Perasovic e Radja escoitasen aos Pixies nos vestiarios pero o certo é que as coordenadas temporais deste novo son de Jugoplastika teñen perfecto sentido e danlle coherencia absoluta á estética do grupo. Iso si, só asimilable en todos os seus matices  polos que nacimos antes dos 80s, as novas xeracións van ter que agardar a que chegue o revival noventeiro -remastigado e actualizalo- para desfrutalo ao 100%. Sexa coma sexa, sempre poderemos dicer o de "pero se isto xa o facían Jugoplastika no 2008".

    Ler máis...
  • 06:52 - 02.09.2008 NOVIDADES

    death_cab_narrow_stairs

     

     

     

     

     

     

    DEATH CAB FOR CUTIE
    Narrow Stairs
    (Atlantic, 2008)

    Atópome de fronte e a máis de 200 km/h con Narrow Stairs; o choque é brutal, anaquiños de disonantes melodías dunha beleza inusual perforan diversos órganos do meu corpo e préñanme as vísceras dun sotaque agridoce de saudade. Atópome de fronte ante o sexto traballo da banda formada por Ben Gibbard, Chris Walla, Nicholas Harmer e Jason McGerr; atópome de fronte cunha auténtica delicia de comezo a fin, tanto no seu formulación como na súa execución, un río que nace e transcorre cara o mar entre meandros sinuosos e violentas fervenzas.

    Nace Narrow Stairs cun corte duns cinco minutos que lembra por veces á primeira canción de Plans, aquela Marching Bands of Manhattan que nos marabillara, aínda que esta posúe un ton máis sutil. Comeza amodo para ir acadando maior contundencia segundo pasa o tempo, apoiados sempre nun enorme baixo (...)

    Ler máis...
  • 11:34 - 12.05.2008 NOVIDADES

    esquios2gif

     

     

     

     

     

     

    ESQUIOS
    Un tipo normal
    (Autoeditado Distribuciones, 2008)

    Os estradenses Esquíos deron un xiro importante á banda con este Un tipo normal, o seu segundo disco longo. A incorporación de Miguel Castro na voz en sustitución de Fidel Castro -non sei se serán irmáns- marca en grande medida o seu novo son, moito máis punk-rock, case alonxado por completo das querencias metaleiras do seu debut. O certo é que o xiro parece moi meditado xa que a nova voz -moito máis axeitado para o punk-rock con maior carrega melódica que fan agora- dálle a Esquios un son moito máis actual.

    Pero non é a voz a única novidade desta nova etapa. Agora atopamos unha cota maior de temas cantados en galego e unhas letras, entre o social e o festeiro, que encaixan mellor co seu estilo e o seu público potencial. Especialmente agora que contan no seu repertorio con temasda forza de “A rapa” ou “Galiza festa rachada” -sen dúbida os dous singles máis potentes do disco- que prometen ser verdadeiros furacáns ao vivo, cuns retrousos deses que son carne de pogo. Dous temas, ademais, que incorporan un par de detalles -aire funk e sección de metais, o primeiro, e ritmo skatalítico, o segundo- que alén de demostrar a versatilidade dos novos Esquíos tamén van facer de efectivo anzol para atraer a novos siareiros á banda.

    Ler máis...
  • 06:56 - 06.05.2008 NOVIDADES

    rem_-_accelerate

     

     

     

     

     

     

    REM
    Accelearte
    (Warner, 2008)

    Facía xa catro anos que a banda de Athens non daba sinais de vida; foi por aquel entón cando publicaron o deostado (inxustamente baixo o meu criterio) Around the Sun. Por fin en abril de 2008 saíu á luz Accelerate, anunciado polos iluminados e entendidos como “a volta as súas orixes”. ¿Pero iso non o fixeran xa con Monster? ¿non se volvera de novo a falar do mesmo cando saíron New Adventures in Hi-Fi e Up? en resumo, máis peras mentais de flipados ou pura estratexia de marketing por parte da Warner (ou ambas cousas, claro) (...)

    Ler máis...
  • 11:53 - 17.04.2008 NOVIDADES

    deluxe-reconstruccion2

     

     

     

     

     

     

    DELUXE
    Reconstrucción
    (Virgin, 2008)

    Reconstrucción é o quinto disco do coruñés Xoel López, que saíu á luz o pasado 18 de marzo, aproximadamente un ano despois do lanzamento de Fin de un Viaje Infinito, o seu anterior traballo. O álbum ofrécenos dez temas inéditos e cinco remesturas das cancións que foi publicando mes a mes en internet ao longo do 2007. A primeira edición desta Reconstrucción, limitada ás súas 5.000 primeiras copias, traerá a maiores un DVD que inclúe imaxes en directo do Piano Bar Sessions, os tres vídeos de Fin de un Viaje Infinito e parte do concerto (unha hora e media) que Xoel ofreceu o 24 de novembro de 2007 en La Riviera, acompañado de xente como Josele Santiago, Eva Amaral e Juan Aguirre de Amaral, Amaro Ferreiro, Eladio Santos ou Julián López do programa Muchachada Nui. No audio deste DVD inclúense quince temas máis, compostos por versións acústicas, maquetas, as tres “cancións do mes” non incluídas no CD e catro temas do directo en La Riviera (...)

    Ler máis...
  • 16:56 - 07.04.2008 NOVIDADES

    nyp_culebra

     

     

     

     

     

     

     

     
    NIÑO Y PISTOLA
    Culebra
    (Astro Discos, 2008)

    Na historia da música galega contemporánea hai poucos referentes de bandas da terra que conseguiran un son tan xenuinamente británico coma Niño y Pistola. Teríamos que viaxar tres décadas atrás e lembrar a Queimada, os que no seu tempo foron chamados os Beatles galegos. A verdade é que a tarefa non é sinxela, porque acadar un son auténtico non é só a composición e o estilo, hai un factor fundamental ao que damos moita menos importancia da que ten no resultado final: a pronuncia. Noutros paises coma Portugal ou Suecia teñen ben claro que se escolles cantar nun idioma alleo coma é o ingles compre que o fagas coma se tiveras nascido en Oxford. non queda outra. Bandas coma X-wife ou Mando Diao poderían pasar por nativas das illas perfectamente, sen dúbida un factor decisivo na súa boa difusión internacional. É moi doado rir das míticas vesións de “In the ghetto” de El Príncipe Gitano ou “Acuarius” de Raphael e despois non ter nengún problema en montar un grupo e cantar en ingles de taxista de Benidorm (...)

    Ler máis...
  • 09:25 - 03.04.2008 NOVIDADES

    ataque_escampe_galicia_mierda
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    ATAQUE ESCAMPE
    Galicia es una mierda
    (A Regueifa Discos, 2008)
     
    Tras un debate non demasiado desputado no seu blogue, a banda de Vistalegre decidiu seguir as voces da maioría e bautizar o seu novo traballo co nome máis provocador posíbel. Habería que facer memoria e mentar por enésima vez a Os Resentidos para atopar un caso similar na música galega, e mesmo así a distancia entre as dúas bandas é abismal, e non só polas décadas que lles pasaron aos de Vigo polo lombo. A provocación que ladra dende a carátula do disco ten un aquel máis definido da que trouxo o carro da Movida. Sempre houbo teóricos que defenderon o valor revolucionario do humor, especialmente no noso país, que ten como tótem a un humorista e que se caracteriza por ser o reino da retranca.

    O disco de Ataque Escampe explota precisamente ese matiz que vai máis alá da simple provocación, e que ao tempo segue a fuxir das verdades profundas. Podemos velo no tema que dá nome ao disco (“todos os traumas xa chos escoitei/pero ti es ben parvo tamén”), en Serafín, o anxo salvador que traerá o final feliz ás diatribas do país, e nos Tres cantos a Lenin, anaina de tintes amorosos que acaba fundindo a súa última frase (“a miseria da vida”) co himno soviético. Precisamente á nostalxia irónica da guerra fría e do esplendor socialista súmase a Akira Toriyama, máximo icono da xeración Songoku, para persistir no toque xeracional que xa viramos no traballo anterior (...)

    Ler máis...

CLASICOS

  • 09:47 - 01.02.2008 CLASICOS

    r.e.m.-outoftime

     

     

     

     

     

     

    REM
    Out of Time
    (1991)

     

    O “Automatic For The People” é para os críticos o ‘Miño’ de R.E.M., pois é o disco que lles garantiu un posto na historia do rock, pero antes tivo que vir o ‘Sil’ en forma de “Out Of Time”, o álbume que os situou definitivamente no mapa. Antes de 1991 eran un grupo grande, mais non tiñan o estatus de recoñecemento unánime e fama mundial que hoxe posúen Michael Stipe e compañía. É un estrano caso, compartido agora mesmo só con Bruce Springsteen, no que a corrente principal e a alternativa están completamente de acordo (...)

    Ler máis...
  • 17:34 - 23.01.2008 CLASICOS

    adriapunti

     

     

     

     

     

     

    ADRIA PUNTI
    Pepalallarga
    (Picap, 1998)

    Adrià Puntí reta compositiva e interpretativamente a Bunburys, Calamaros, e demais tipos que se nomeen rockeiros, máis ou menos coñecidos, que se lle queiran enfrontar; de feito Bunbury, nunha das súas mellores cancións, Sí, comparte autoría co gironí. O catalán é un avantaxado do denominado rock’n’cat, pronunciar o seu nome entre os músicos da súa terra causa reverencia malia que as veces resulte exasperante pola súa extravagancia, polos seus excesos, o caótico discurso ou a falta de profesionalidade nalgún dos seus directos. O poeta Pau Gener di del: «é capaz de todo, canta, escribe, compón como ninguén», e sentenza, «é o mellor de todos.» A escoita dos seus discos confirma estas palabras; separado da súa banda, Umpah-Pah, Adrìa Puntí leva gravados tres Pepalallarga (1998), L’hora del Pati (1999) e María (2002), que establecen unha especie de progresión, de sons máis eléctricos a instrumentacións máis acústicas. O que se mantén incuestionable en todos eles son os textos: irónicos, íntimos, amorosos, cómicos, de gran fondo poético —mágoa de non telos atopados por internet para comprender perfectamente as súas verbas escritas en català gironí (...)

    Ler máis...
  • 11:02 - 09.01.2008 CLASICOS

    migala

     

     

     

     

      </