|
CINEMA
|
|
Escrito por Marcos Nine
|
|
Martes, 20 de Febreiro do 2007 |
JEDN
Un Cineasta maldito
Está
de moda nos últimos tempos falar das orixes do cinema en Galiza. Tanto
é así que con asiduidade vemos en distintos xornais que en filmotecas
de medio mundo se van recuperando latas de película que ata o momento
ocupaban espazo no esquecemento colectivo quizais entre as bendas da
momia dalgún literato exiliado ou nun alpendre que os novos tempos
reconvertiron en nave industrial.
Así, ó nome de Carlos Velo, que
servía ata o momento para cubrir a “nada” atemporal entre a súa propia
existencia e a chegada de Carlos Piñeiro, Xavier Villaverde e Chano
Piñeiro, se lle poden engadir ultimamente os nomes de Juan Orol, Elixio
Gonzalez e probablemente, co tempo varios centos de figuras máis que
fundamentan a súa importancia, independentemente do talento, na
inexistencia de imaxes filmadas sobre o que acontecía nas nosas terras
desde o nacemento do cinema ata os anos 70 nos que un bo feixe de
cineastas tiveron que abrir camiño para dar orixe a un cinema propio.
Entre estas figuras de recente recuperación atópase a de José Ernesto
Diaz-Noriega Ruiz, JEDN. O cineasta, nado en Barcelona en 1912, de
familia ferrolana e afincado na Coruña a partires de finais dos 50, é
desas persoas que desde un punto de vista puramente cultural merecerían
beneración. Paralelamente ó seu traballo como funcionario de montes,
JEDN vai rodar en 8, Super-8 e 16 mm. máis de 20 películas entre 1935 e
1983. Case 50 anos de imaxes que van desde a constatación documental da
época que lle tocou vivir a unha visión naif, ó puro divertimento, ou o
tono retranqueiro, profundamente irónico ou incluso malévolo que o
autor deixou reflexado en varios dos seus filmes. Ademais, algunhas das
súas fitas indocumentadas, como “Mis Memorias”, “Noticiario Familiar”
ou “Noticiario Fax”, todas elas compostas por unha escolma de vivencias
familiares do autor entre 1940 ata mediados dos anos 50, certifican que
JEDN foi un dos pioneiros á hora de empregar o formato Super-8 en
España.
Unido a esto, JEDN vai ser o espello do nacemento do cinema galego a
comezos dos anos 70. “A figura aglutinante” como foi bautizado por
Matías Antolín, servirá de nexo de unión para que se xunten as novas
xeracións que pretenden dedicarse ó mundo do celuloide. Así, a casa de
JEDN pasa a convertirse nun local de reunión onde se proxectan filmes
traídos dos EE.UU., de imposible visionado durante a dictadura, e que
serán contemplados por directores como Antonio Simón, Miguel Gato,
Carlos Amil, Miguel Castelo ou Xavier Villaverde, entre outros, que
anos máis tarde serían os primeiros en facer cinema galego en 35 mm.
A obra de JEDN, dificilmente resumible pola súa amplitude e a súa
complexidade, caracterízase fundamentalmente por dous elementos: o
humor e a innovación. JEDN dominaba o humor en tódolos seus rexistros,
desde o máis superficial ó humor sarcástico e máis ferinte. Esta faceta
humorística, moi en sintonía coa de figuras como Berlanga, Mihura ou
Gómez de la Serna, en certos productos, vai facer de JEDN un home
recoñecido na súa época e a súa obra segue a que máis premios
cinematográficos acumula de tódalas feitas en Galiza.
Paralelamante, JEDN era un autor tecnicamente moi evolucionado que
usaba con mestría as trucaxes cinematográficas ó máis puro estilo de
Melies e anticipándose en varias décadas a recursos estilísticos que
temos asimilados actualmente pero que eran absolutamente novedosos
cando el os empregou por primeira vez.
O filme máis recoñecido de JEDN é “El cine amateur” de 1965, unha curta
de 3 minutos e medio no que a ritmo de couplé o autor nos narra unha
especie de manual de instruccións para convertirse en cineasta. Sen
embargo, o filme que quizais resume con máis eficacia cal é a
personalidade e o estilo de JEDN sexa unha producción feita por encargo
que o autor titulou como: “Al Nasr Altair”.
Este filme, que data de 1969 conta a historia dun Tenente de aviación
que a vila de Carballo nomea fillo predilecto con vistas a que Franco
lle concedese ser Ministro. JEDN collerá os actos celebrados na vila
para sacalos totalmente de contexto. Introducirá anuncios publicitarios
no medio dos discursos, meterá en boca das personaxes frases por eles
non pronunciadas e usará a música dos Beatles para compoñerlle unha
canción ó Tenente. O resultado é un filme absolutamente delirante que
deixa en evidencia as barbaridades do discurso franquista ó tempo que
ensina cal era o panorama dunha vila galega case na década dos 70.
O filme conta cun amplo historial xudicial, estivo perdido durante
bastantes anos e pese a estar actualmente recuperado foi proxectado por
última vez en 1986 cando en Carballo decidiron homenaxear a JEDN.
Agardemos que o vindeiro ano 2007, cando se cumplen 5 anos da morte de
José Ernensto Diaz-Noriega, teñamos a oportunidade de disfrutar desde e
doutros dos seus filmes.
 Tags: JEDN |
|
NOVIDADES
-
08:00 - 13.11.2008
NOVIDADES
FRANC3S
Franc3s
(A regueifa, 2008)
Cando o 18 de maio de 1980 Ian Curtis decide unilateralmente poñer fin á breve singradura musical de Joy Division
pendurándose polo pescozo cunha corda, o deus máis escuro do Valhalla
da música popular fixo vibrar dolosamente as súas cordas vocais,
emitindo un berro nunha frecuencia tan aquelada que só os tímpanos
cunha maior dose de bizarrismo tebroso puideron captalo. Ese
berro multiplicouse en miles de ecos que espallaron interminabelmente a
mensaxe de loito desa deidade pagán polos catro recunchos do planeta.
Así, non podía ser doutro xeito, esa onda sonora vibrou por terras de Bergantiños, e a semente desa vibración áspera, sucia e arriscada agromou nos miolos de Alberto, María e Patuki (tamén chegou a Vilalba) para florecer en Franc3s.
A
evolución metastática destes individuos de fans incondicionais a parte
infinitesimal do universo bizarro fica fosilizada no seu propio nome,
tributo por triplicado á actriz Frances Farmer, á vocalista de The Vaselines Frances McKee e á artista circense Frances O´Connor. María coa batería, Alberto coa guitarra e coa voz e Patuky cos teclados non só homenaxean en cada distorsión a bandas como Surfin´ Bichos, Los Enemigos, The Cramps ou The Jesus and Mary Chain, senón que tratan de enchoupar a súa música das sensacións que lles transmiten as obras de, por exemplo, John Waters, William Burroughs ou Pollock.
Franc3s decidiu por fin dar o grande chimpo ao LP logo de dúas maquetas receptoras de boas críticas e gabanzas a manchea. O seu primeiro disco, Franc3s, está composto por dez temas e foi editado por A Regueifa Plataforma baixo licenza de Creative Commons; pode baixarse de balde en www.aregueifa.net. Tamén se pode adquirir en soporte físico, nunha edición limitada e feita a man a base de papel de lixa e peluche, en Discos Noni´s (A Coruña) e Cosmic Pop Club (Carballo).
Así que xa sabedes, amantes dos sons de ultratumba, do theremin, da escuridade, do veludo, da luz de neon reflectida nas pozas dunha cidade perdida,…, gozade todos do novo de Franc3s, e xa me contaredes.
Ler máis...
-
12:37 - 13.10.2008
NOVIDADES
NOUVELLE CUISINE
De memoria
(Autoeditado, 2008)
O “malo” de ter asinado xoias de pop tan perfecto como Aritmética polar ou Dos torres é a altura
á que deixas o listón para vindeiros discos. Os
herculinos Nouvelle Cuisine corrían o risco de ser vítimas
da calidade que plasmaron no seu anterior disco, o encantador
Autodictado. Por fortuna, os "cocinitas" non se enrrugaron e souberon
partir do ponto onde o deixaron para elevalo aínda uns
centímetros máis, coma uns Sergéis Bubka do pop con pértiga.
Sen perder o seu xa característco
estilo -algo ben dificil de conseguir nunha banda con dúas voces tan diferentes-
percébese nos doce temas que fan parte deste De memoria un
salto cualitativo na produción. Continúan a guisalo e
comelo eles mesmos pero no estudo de gravación a experiencia
nótase e este enriquecemento faise palpable tanto a nivel de
arranxos coma da expansión na paleta de sons e instrumentos (acordeóns, rhodes, sintes...).
O certo é que o son de Nouvelle Cuisine acada con este disco
un novo grau de madurez xa que a incoporación de sintetizador
e caixas de ritmos nalgúns temas e a falla de complexos para
meter guitarras moito máis distorsionadas afástaos do
típico e autolimitado son indie do que beben -La Buena Vida e La Habitación
Roja- explorando novos territorios que a esta altura da película
a verdade é que son de agradecer.
E como non hai bon disco de POP -con maiúsculas- sen unha boa colección de singles, ahi están eles para deixarnos xemas coma Sintonia08, Comunicación no verbal, El imperio roto ou Seremos cajeras... mostras de pop clásico preciosista dese que che queda ecoando permanentemente na testa con só un par de escoitas. A verdade é que resulta incrible que estes talentosos chefs non atopasen unha discográfica que lles editara o disco, por moita crise da industria discográfica que haxa. Neste caso é evidente que xogou máis na súa contra a deslocalización con respeito ao epicentro dos que terían de ser os seus pretendentes. No indie estatal xa se sabe que fora de Madrid e Barcelona vai moito frío. Porén a xogada non lles saiu tan mal, mais ben ao contrario, autoeditando o disco por partida doble, tanto en formato digipack de xeito comercial coma nun formato máis exclusivo: unha camisola que se vende xunto con unha memoria USB con toda a súa discografía. Se non querían caldo, dúas cuncas. E nós, claro, tan felices cun caldo tan cheo de sustancia.
Ler máis...
-
11:20 - 25.09.2008
NOVIDADES
BLOC PARTY
Intimacy
(Wichita, 2008)
A “alarma silenciosa” ca que catro rapaces do East London
decidiron comunicarlle ao mundo a súa existencia non foi tal; resultou
o estoupido xordo do primeiro foguete da alborada, que racha o silencio
da moribunda noite e pronostica xoldra. A partires dese intre máxico
pode gozarse ou non da festa, pero xa non sobrevive no interior dos
participantes esa inicial sensación de sorpresa. A Weekend In The City
convertiuse desde o seu lanzamento na primeira víctima das odiosas
comparacións as que serán sometidos todos e cada un dos traballos que Bloc Party decida facer, aos que xa de saída se lles catalogará como “inferiores a Silent Alarm”. Kele Okereke na voz e na guitarra, Russell Lissack na guitarra, Gordon Moakes no baixo e nos coros e Matt Tong na batería conforman Bloc Party.
Intimacy (Wichita Recordings, 2008), o seu terceiro traballo, veu a luz o pasado 21 de agosto
no seu formato dixital, quedando desde entón pendurado na rede coa
posibilidade de baixalo previo abono do prezo estipulado. Os
interesados en adquirilo no seu formato físico deberán agardar ata o 28 de outubro; neste formato inclúense algúns cortes non presentes no dixital. O disco foi producido por Paul Epworth e Jacknife Lee, quenes xa colaboraran coa banda nos seus anteriores traballos (...)
Ler máis...
-
08:00 - 11.09.2008
NOVIDADES
JUGOPLASTIKA
The 6th is the 7
(Astro Discos, 2008)
Co dos revivals é mellor
non chegar a última hora. De poder escoller, o ideal sería chegar cando a cousa xa despegou pero aínda non invade
masivamente as páxinas da NME e derivados, entrando de cheo no
momento álxido do hype. Como mal menor, non estaría mal
ser dos primeiros, o que sexa con tal de non ser dos últimos
en chegar. Porén, ser pioneiro na recuperción dun son pasado garante certa frescura e non soar clónico pero tamén ten a
desvantaxe de que van ser outros os que desfruten do verdadeiro
recoñecemento. Non se pode ter todo.
E no caso de Jugoplastika dá a impresión de que é exactamente isto último o que lles vai pasar. Asi que é
de xustiza reivindicalos dende xa coma iniciadores dun revival que
aínda está por chegar, o do indie guitarreiro dos
primeiros 90s, con ecos de radio universitaria americana, voces pouco afinadas e producións
precarias de son garaxeiro. Porque no seu último album -The
6th is the 7- non hai banda da época que non faga
acto de presenza dunha ou outra maneira nalgunha das once cancións
que fan parte do disco, dende os Pixies a Weezer pasando por
Pavement, Guided by Voices, e Grandaddy. Un traballo, por certo, maxistralmente
producido por Paco Loco, que demostra ser un auténtico
todoterreno, recreando perfectamente o son suxo dominado polas
frecuencias medias tan característico daqueles tempos dando forma ao que probablemente é o disco galego máis xenuinamente americano de todos os tempos.
Dubido que Kukoc,
Perasovic e Radja escoitasen aos Pixies nos vestiarios pero o certo
é que as coordenadas temporais deste novo son de Jugoplastika teñen
perfecto sentido e danlle coherencia absoluta á estética
do grupo. Iso si, só asimilable en todos os seus matices polos que nacimos
antes dos 80s, as novas xeracións van ter que agardar a que chegue o revival noventeiro -remastigado e actualizalo- para desfrutalo ao 100%. Sexa coma sexa, sempre poderemos dicer o de "pero se isto xa o facían Jugoplastika no 2008".
Ler máis...
-
06:52 - 02.09.2008
NOVIDADES
DEATH CAB FOR CUTIE
Narrow Stairs
(Atlantic, 2008)
Atópome de fronte e a máis de 200 km/h con Narrow Stairs;
o choque é brutal, anaquiños de disonantes melodías dunha beleza
inusual perforan diversos órganos do meu corpo e préñanme as vísceras
dun sotaque agridoce de saudade. Atópome de fronte ante o sexto traballo da banda formada por Ben Gibbard, Chris Walla, Nicholas Harmer e Jason McGerr;
atópome de fronte cunha auténtica delicia de comezo a fin, tanto no seu
formulación como na súa execución, un río que nace e transcorre cara o
mar entre meandros sinuosos e violentas fervenzas.
Nace Narrow Stairs cun corte duns cinco minutos que lembra por veces á primeira canción de Plans, aquela Marching Bands of Manhattan
que nos marabillara, aínda que esta posúe un ton máis sutil. Comeza
amodo para ir acadando maior contundencia segundo pasa o tempo,
apoiados sempre nun enorme baixo (...)
Ler máis...
-
11:34 - 12.05.2008
NOVIDADES
ESQUIOS
Un tipo normal
(Autoeditado Distribuciones, 2008)
Os estradenses Esquíos
deron un xiro importante á banda con este Un tipo normal, o
seu segundo disco longo. A incorporación de Miguel Castro na
voz en sustitución de Fidel Castro -non sei se serán
irmáns- marca en grande medida o seu novo son, moito máis
punk-rock, case alonxado por completo das querencias metaleiras do
seu debut. O certo é que o xiro parece moi meditado xa que a
nova voz -moito máis axeitado para o punk-rock con maior
carrega melódica que fan agora- dálle a Esquios un son
moito máis actual.
Pero non é a voz a
única novidade desta nova etapa. Agora atopamos unha cota
maior de temas cantados en galego e unhas letras, entre o social e o
festeiro, que encaixan mellor co seu estilo e o seu público
potencial. Especialmente agora que contan no seu repertorio con
temasda forza de “A rapa” ou “Galiza festa rachada” -sen
dúbida os dous singles máis potentes do disco- que
prometen ser verdadeiros furacáns ao vivo, cuns retrousos
deses que son carne de pogo. Dous temas, ademais, que incorporan un
par de detalles -aire funk e sección de metais, o primeiro, e
ritmo skatalítico, o segundo- que alén de demostrar a
versatilidade dos novos Esquíos tamén van facer de
efectivo anzol para atraer a novos siareiros á banda.
Ler máis...
-
06:56 - 06.05.2008
NOVIDADES
REM
Accelearte
(Warner, 2008)
Facía xa catro anos que a banda de Athens non daba sinais de vida; foi por aquel entón cando publicaron o deostado (inxustamente baixo o meu criterio) Around the Sun. Por fin en abril de 2008 saíu á luz Accelerate, anunciado polos iluminados e entendidos como “a volta as súas orixes”. ¿Pero iso non o fixeran xa con Monster? ¿non se volvera de novo a falar do mesmo cando saíron New Adventures in Hi-Fi e Up? en resumo, máis peras mentais de flipados ou pura estratexia de marketing por parte da Warner (ou ambas cousas, claro) (...)
Ler máis...
-
11:53 - 17.04.2008
NOVIDADES
DELUXE
Reconstrucción
(Virgin, 2008)
Reconstrucción é o quinto disco do coruñés Xoel López, que saíu á luz o pasado 18 de marzo, aproximadamente un ano despois do lanzamento de Fin de un Viaje Infinito, o seu anterior traballo. O álbum ofrécenos dez temas inéditos e cinco remesturas das cancións
que foi publicando mes a mes en internet ao longo do 2007. A primeira
edición desta Reconstrucción, limitada ás súas 5.000 primeiras copias, traerá a maiores un DVD que inclúe imax |
según a RAE:
bizarro, rra.
(De it. bizzarro, iracundo).
1. adj. valiente (‖ esforzado).
2. adj. Generoso, lucido, espléndido.
FRANC3S molan trogollón!
bicos pra eles