FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
PET SHOP BOYS Behaviour (1990) PDF Imprimir Correo-e
CLASICOS
Escrito por Luis Soto   
Mércores, 06 de Xuño do 2007
Chuza!
petshopbeh
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
PET SHOP BOYS
Behaviour
1990
 
Facer unha revisión dos Pet Shop Boys non é nada doado. Trátase duns artistas que teñen xerado moita xenreira ao longo dos anos. A súa imaxe, vista dende a lonxanía e a falta de interese, é a dun grupo de tecno-pop sen maiores aspiracións, hedonista e simple. Sen embargo –e cada vez máis- son da opinión de que Neil Tennant e Chris Lowe pertencen a esa caste de músicos que están por riba das barreiras de xénero. É decir; podéche non gustar o rock dos 60-70, pero has de respetar á Velvet e aos Stooges; no rock duro están Motorhead e AC/DC, no punk os Pistols e os Clash… Salvando moitas distancias, os Pet Shop Boys son o exemplo perfecto de dúo con sintetizadores que trascende coas súas cancións prexuízos de clase musical, ese tipo de pensamentos excluíntes que tantos grupos nos deixan sen descubrir ata que somos máis maduros. E se hai un disco no que se superan todas as barreiras, ese é ‘Behavior’ (...)
Gran parte da motivación para acometer este artigo é a recente saída do documental ‘A Life In Pop’. Nel, os Pet Shop Boys amosan os seus argumentos, sólidos e intelixentes, para axudar a comprender o porque da súa poética, da súa forma de facer as cousas. Tamén axudan os comentarios doutras estrelas, que levan a valorar a grandeza do sinxelo. E lémbranos que ‘Being Boring’ é un dos mellares temas que xamáis ten editado a industria discográfica británica. Mais ‘Behavior’ é moito máis.
Á altura de 1990 os Pet Shop Boys xa publicaran un bo número de ‘hit singles’ absolutamente definitivos, determinantes na evolución da música de baile branca: de ‘West End Girls’ a ‘Left To My Own Devices’, de ‘Suburbia’ a ‘It´s a Sin’, de ‘Rent’ a ‘Domino Dancing’. Faltaba a concepción dun LP completo, sen mácula de principio a fin. No tempo de descanso entre as súas primeiras actuacións en directo –os Pet Shop Boys eran tan atípicos que non xiraron polo mundo adiante ata catro anos despois do seu primeiro éxito- Neil e Chris artellaron un álbume decisivo, sempre ao tanto do que sucedía ao seu redor e máis alá da sensación de lixeireza que podían dar algúns dos seus precedentes. A morte dun amigo íntimo do vocalista e letrista, a caída do Muro de Berlín, os músicos de rock ‘progres’ pero baleiros, o poso dunha educación católica e, por suposto, as relacións humanas son os temas do disco.
O primeiro tema é verdadeiramente o principio de todo. ‘Being Boring’ son sete minutos de perfección pop, o gran single da época, o que mellor captou o espírito do seu tempo. Trata sobre todo o que é importante: a vida, a morte, os soños, a ambición, a fama, a amizade, o amor, a nostalxia… Partindo do recordo dun amigo morto, Neil Tennant fai unha reflexión profunda tras outra por riba dun manto de ricos ‘beats’ acompañados dunha preciosa melodía. Para o recordo eterno quedan liñas coma “Nunca soñei que cegaría a ser / a criatura que sempre quixen ser / pero sempre pensei, máis alá dos soños/ que ti estarías nalgún lugar comigo”. Hai ata certo sentemento de culpa por ser un o que triunfou e outro o que quedou no camiño por mor da SIDA. Cando remata a canción un síntese tristemente reconfortado. Coma os Smiths, os Pet Shop Boys combinan o tráxico co cómico, só que á inversa. Onde os Smiths aparentan miseria hai moito de alegría de vivir. E onde os Pet Shop Boys presentanse como seres despreocupados hai historias realmente duras.
Neste mesmo senso opera ‘This Must Be The Place I Waited Years To Leave’. Melancólica sen ser sórdida, parece unha continuación temática de ‘It´s a Sin’. Tennant retorna aos seus anos de colegial nunha institución católica e se acompaña das guitarras de Johnny Marr, que simplemente deixan caer a súa sinatura.
De aí en diante, ‘Behavior’ debátese entre a balada de ‘striptease’ emocional e as composicións máis ‘marchosas’, pero con predominio do primeiro bloque. A este pertencen ‘Only The Wind’, ‘To Face The Truth’, ‘Nervously’ e ‘Jealousy’. Todas elas examinan momentos de relacións interpersonais invitando ao recollemento. Non hai lugar para o cinismo. Tampouco en ‘My October Symphony’, un tema que aborda a fin da Unión Soviética dende a perspectiva dun compositor clásico confuso ante o desmoronamento do sistema de valores no que baseaba a súa obra.
Os tres temas puramente Pet Shop Boys do disco, os que preparan para o posterior ‘Very’ son o primeiro single, ‘So Hard’, a emotiva ‘The End Of The World’ e o ataque frontal a Bono de U2 ‘How Can You Expect To be Taken Seriously?. E é que en ocasións o pop abertamente ‘mainstream’ amosa ser bastante máis serio que o rock que se pretende alternativo.
‘Behavior’ permanece dentro da carreira dos Pet Shop Boys coma un fito difícil de igualar, especialmente a partir do ano 1999, no que a produción do dúo baixa alarmantemente de calidade. Quizáis non sexa este o mellor momento para reivindicar as figuras de Neil Tennant e Chris Lowe, pero escoitar ‘Behavior’ nunca lle ven mal a ninguén. Nin sequera ao máis acérrimo seguidor do garaxe australiano ou ao amante do ska de pura cepa. Está por riba de calqueira división.
Comentarios (3)add
...
escrito por Joe Hill jr. , Xuño 07, 2007
Máis discos que reflicten o 'sprit du temp' no triunfo da posmodernidade: 'Haus der luge', de Einsturzende Neubauten; 'The Internationale', de Billy Bragg [...]
...
escrito por Vincent Jalo , Xuño 07, 2007
non te imaxino escoitando aos PSB, amigo Hill. Trabcome? :p
...
escrito por Joe Hill jr. , Xuño 08, 2007
Non te trabucas, comandante Jalo, non.
Escrebe o teu Comentario
quote
bold
italicize
underline
strike
url
image
quote
quote
smile
wink
laugh
grin
angry
sad
shocked
cool
tongue
kiss
cry
+ pequeno | + grande

busy
Tags:  PET SHOP BOYS TECHNO-POP
 
< Ant.   Seg. >
 

COMENTADO RECENTEMENTE

CONTACTO
Boas, somos un grupo d santiago da Ponte Pedriña...
SEGUNDO EP DOS GROVE...
Xa vai sendo hora de que este grupo teña o recoñ...
GZ POP! A NOVA FORNA...
Precisamente por eso non se lle pode chamar POP, p...
IRIA ABOI
Pois iso que está moi boa
CONTACTO
ola. Son Xabier Mera. Gustaría de enviaros inform...
FRANC3S - Franc3s (G...
penso que o termo "bizarro" está demasiado sobado...
PRIMEIRO DISCO LONGO...
xa o puiden escoitar, as miñas felicitacións aos...
PRIMEIRO DISCO LONGO...
xenial, que ganas que lle tiña!
PROJECTO ['TREPJA], ...
flipante a música que se está facer na terra nos...
PROJECTO ['TREPJA], ...
mágoa que non quedaran Noise Project de primeiros...

NOVIDADES

  • 08:00 - 13.11.2008 NOVIDADES

    franc3s

     

     

     

     

     

     

    FRANC3S
    Franc3s
    (A regueifa, 2008)

    Cando o 18 de maio de 1980 Ian Curtis decide unilateralmente poñer fin á breve singradura musical de Joy Division pendurándose polo pescozo cunha corda, o deus máis escuro do Valhalla da música popular fixo vibrar dolosamente as súas cordas vocais, emitindo un berro nunha frecuencia tan aquelada que só os tímpanos cunha maior dose de bizarrismo tebroso puideron captalo. Ese berro multiplicouse en miles de ecos que espallaron interminabelmente a mensaxe de loito desa deidade pagán polos catro recunchos do planeta. Así, non podía ser doutro xeito, esa onda sonora vibrou por terras de Bergantiños, e a semente desa vibración áspera, sucia e arriscada agromou nos miolos de Alberto, María e Patuki (tamén chegou a Vilalba) para florecer en Franc3s.

    A evolución metastática destes individuos de fans incondicionais a parte infinitesimal do universo bizarro fica fosilizada no seu propio nome, tributo por triplicado á actriz Frances Farmer, á vocalista de The Vaselines Frances McKee e á artista circense Frances O´Connor. María coa batería, Alberto coa guitarra e coa voz e Patuky cos teclados non só homenaxean en cada distorsión a bandas como Surfin´ Bichos, Los Enemigos, The Cramps ou The Jesus and Mary Chain, senón que tratan de enchoupar a súa música das sensacións que lles transmiten as obras de, por exemplo, John Waters, William Burroughs ou Pollock.

    Franc3s decidiu por fin dar o grande chimpo ao LP logo de dúas maquetas receptoras de boas críticas e gabanzas a manchea. O seu primeiro disco, Franc3s, está composto por dez temas e foi editado por A Regueifa Plataforma baixo licenza de Creative Commons; pode baixarse de balde en www.aregueifa.net. Tamén se pode adquirir en soporte físico, nunha edición limitada e feita a man a base de papel de lixa e peluche, en Discos Noni´s (A Coruña) e Cosmic Pop Club (Carballo).

    Así que xa sabedes, amantes dos sons de ultratumba, do theremin, da escuridade, do veludo, da luz de neon reflectida nas pozas dunha cidade perdida,…, gozade todos do novo de Franc3s, e xa me contaredes.

    Comentarios (1)add
    franc3s rules
    escrito por Óscar , Novembro 14, 2008
    penso que o termo "bizarro" está demasiado sobado xa

    según a RAE:

    bizarro, rra.

    (De it. bizzarro, iracundo).


    1. adj. valiente (‖ esforzado).

    2. adj. Generoso, lucido, espléndido.



    FRANC3S molan trogollón!
    bicos pra eles
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 12:37 - 13.10.2008 NOVIDADES

    nouvelledemmemoria

     

     

     

     

     

     

     

     

    NOUVELLE CUISINE
    De memoria
    (Autoeditado, 2008)

    O “malo” de ter asinado xoias de pop tan perfecto como Aritmética polar ou Dos torres é a altura á que deixas o listón para vindeiros discos. Os herculinos Nouvelle Cuisine corrían o risco de ser vítimas da calidade que plasmaron no seu anterior disco, o encantador Autodictado. Por fortuna, os "cocinitas" non se enrrugaron e souberon partir do ponto onde o deixaron para elevalo aínda uns centímetros máis, coma uns Sergéis Bubka do pop con pértiga.

    Sen perder o seu xa característco estilo -algo ben dificil de conseguir nunha banda con dúas voces tan diferentes- percébese nos doce temas que fan parte deste De memoria un salto cualitativo na produción. Continúan a guisalo e comelo eles mesmos pero no estudo de gravación a experiencia nótase e este enriquecemento faise palpable tanto a nivel de arranxos coma da expansión na paleta de sons e instrumentos (acordeóns, rhodes, sintes...). O certo é que o son de Nouvelle Cuisine acada con este disco un novo grau de madurez xa que a incoporación de sintetizador e caixas de ritmos nalgúns temas e a falla de complexos para meter guitarras moito máis distorsionadas afástaos do típico e autolimitado son indie do que beben -La Buena Vida e La Habitación Roja- explorando novos territorios que a esta altura da película a verdade é que son de agradecer.

    E como non hai bon disco de POP -con maiúsculas- sen unha boa colección de singles, ahi están eles para deixarnos xemas coma Sintonia08, Comunicación no verbal, El imperio roto ou Seremos cajeras... mostras de pop clásico preciosista dese que che queda ecoando permanentemente na testa con só un par de escoitas. A verdade é que resulta incrible que estes talentosos chefs non atopasen unha discográfica que lles editara o disco, por moita crise da industria discográfica que haxa. Neste caso é evidente que xogou máis na súa contra a deslocalización con respeito ao epicentro dos que terían de ser os seus pretendentes. No indie estatal xa se sabe que fora de Madrid e Barcelona vai moito frío. Porén a xogada non lles saiu tan mal, mais ben ao contrario, autoeditando o disco por partida doble, tanto en formato digipack de xeito comercial coma nun formato máis exclusivo: unha camisola que se vende xunto con unha memoria USB con toda a súa discografía. Se non querían caldo, dúas cuncas. E nós, claro, tan felices cun caldo tan cheo de sustancia.

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 11:20 - 25.09.2008 NOVIDADES

     

     

     

     

     

     

    BLOC PARTY
    Intimacy
    (Wichita, 2008)

    A “alarma silenciosa” ca que catro rapaces do East London decidiron comunicarlle ao mundo a súa existencia non foi tal; resultou o estoupido xordo do primeiro foguete da alborada, que racha o silencio da moribunda noite e pronostica xoldra. A partires dese intre máxico pode gozarse ou non da festa, pero xa non sobrevive no interior dos participantes esa inicial sensación de sorpresa. A Weekend In The City convertiuse desde o seu lanzamento na primeira víctima das odiosas comparacións as que serán sometidos todos e cada un dos traballos que Bloc Party decida facer, aos que xa de saída se lles catalogará como “inferiores a Silent Alarm”. Kele Okereke na voz e na guitarra, Russell Lissack na guitarra, Gordon Moakes no baixo e nos coros e Matt Tong na batería conforman Bloc Party.

    Intimacy (Wichita Recordings, 2008), o seu terceiro traballo, veu a luz o pasado 21 de agosto no seu formato dixital, quedando desde entón pendurado na rede coa posibilidade de baixalo previo abono do prezo estipulado. Os interesados en adquirilo no seu formato físico deberán agardar ata o 28 de outubro; neste formato inclúense algúns cortes non presentes no dixital. O disco foi producido por Paul Epworth e Jacknife Lee, quenes xa colaboraran coa banda nos seus anteriores traballos (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 08:00 - 11.09.2008 NOVIDADES

    jugoplastika

     

     

     

     

     

     

     

     

    JUGOPLASTIKA
    The 6th is the 7
    (Astro Discos, 2008)

    Co dos revivals é mellor non chegar a última hora. De poder escoller, o ideal sería chegar cando a cousa xa despegou pero aínda non invade masivamente as páxinas da NME e derivados, entrando de cheo no momento álxido do hype. Como mal menor, non estaría mal ser dos primeiros, o que sexa con tal de non ser dos últimos en chegar. Porén, ser pioneiro na recuperción dun son pasado garante certa frescura e non soar clónico pero tamén ten a desvantaxe de que van ser outros os que desfruten do verdadeiro recoñecemento. Non se pode ter todo.

    E no caso de Jugoplastika dá a impresión de que é exactamente isto último o que lles vai pasar. Asi que é de xustiza reivindicalos dende xa coma iniciadores dun revival que aínda está por chegar, o do indie guitarreiro dos primeiros 90s, con ecos de radio universitaria americana, voces pouco afinadas e producións precarias de son garaxeiro. Porque no seu último album -The 6th is the 7- non hai banda da época que non faga acto de presenza dunha ou outra maneira nalgunha das once cancións que fan parte do disco, dende os Pixies a Weezer pasando por Pavement, Guided by Voices, e Grandaddy. Un traballo, por certo, maxistralmente producido por Paco Loco, que demostra ser un auténtico todoterreno, recreando perfectamente o son suxo dominado polas frecuencias medias tan característico daqueles tempos dando forma ao que probablemente é o disco galego máis xenuinamente americano de todos os tempos.

    Dubido que Kukoc, Perasovic e Radja escoitasen aos Pixies nos vestiarios pero o certo é que as coordenadas temporais deste novo son de Jugoplastika teñen perfecto sentido e danlle coherencia absoluta á estética do grupo. Iso si, só asimilable en todos os seus matices  polos que nacimos antes dos 80s, as novas xeracións van ter que agardar a que chegue o revival noventeiro -remastigado e actualizalo- para desfrutalo ao 100%. Sexa coma sexa, sempre poderemos dicer o de "pero se isto xa o facían Jugoplastika no 2008".

    Comentarios (1)add
    ...
    escrito por xoel , Setembro 15, 2008
    bluff
    bluff
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 06:52 - 02.09.2008 NOVIDADES

    death_cab_narrow_stairs

     

     

     

     

     

     

    DEATH CAB FOR CUTIE
    Narrow Stairs
    (Atlantic, 2008)

    Atópome de fronte e a máis de 200 km/h con Narrow Stairs; o choque é brutal, anaquiños de disonantes melodías dunha beleza inusual perforan diversos órganos do meu corpo e préñanme as vísceras dun sotaque agridoce de saudade. Atópome de fronte ante o sexto traballo da banda formada por Ben Gibbard, Chris Walla, Nicholas Harmer e Jason McGerr; atópome de fronte cunha auténtica delicia de comezo a fin, tanto no seu formulación como na súa execución, un río que nace e transcorre cara o mar entre meandros sinuosos e violentas fervenzas.

    Nace Narrow Stairs cun corte duns cinco minutos que lembra por veces á primeira canción de Plans, aquela Marching Bands of Manhattan que nos marabillara, aínda que esta posúe un ton máis sutil. Comeza amodo para ir acadando maior contundencia segundo pasa o tempo, apoiados sempre nun enorme baixo (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 11:34 - 12.05.2008 NOVIDADES

    esquios2gif

     

     

     

     

     

     

    ESQUIOS
    Un tipo normal
    (Autoeditado Distribuciones, 2008)

    Os estradenses Esquíos deron un xiro importante á banda con este Un tipo normal, o seu segundo disco longo. A incorporación de Miguel Castro na voz en sustitución de Fidel Castro -non sei se serán irmáns- marca en grande medida o seu novo son, moito máis punk-rock, case alonxado por completo das querencias metaleiras do seu debut. O certo é que o xiro parece moi meditado xa que a nova voz -moito máis axeitado para o punk-rock con maior carrega melódica que fan agora- dálle a Esquios un son moito máis actual.

    Pero non é a voz a única novidade desta nova etapa. Agora atopamos unha cota maior de temas cantados en galego e unhas letras, entre o social e o festeiro, que encaixan mellor co seu estilo e o seu público potencial. Especialmente agora que contan no seu repertorio con temasda forza de “A rapa” ou “Galiza festa rachada” -sen dúbida os dous singles máis potentes do disco- que prometen ser verdadeiros furacáns ao vivo, cuns retrousos deses que son carne de pogo. Dous temas, ademais, que incorporan un par de detalles -aire funk e sección de metais, o primeiro, e ritmo skatalítico, o segundo- que alén de demostrar a versatilidade dos novos Esquíos tamén van facer de efectivo anzol para atraer a novos siareiros á banda.

    Comentarios (1)add
    MOI BO GRUPO
    escrito por abel , Xuño 19, 2008
    Vinnos en directo e a verdade e que son a ostia, montanche unha festa que flipas e son cañeiros. Ali comprei este cd e gustoume moito, ademais e bastante variado, ten algun tema que non me acaba de chegar pero en xeral e un disco moi recomendable para os amantes do rock cañeiro
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 06:56 - 06.05.2008 NOVIDADES

    rem_-_accelerate

     

     

     

     

     

     

    REM
    Accelearte
    (Warner, 2008)

    Facía xa catro anos que a banda de Athens non daba sinais de vida; foi por aquel entón cando publicaron o deostado (inxustamente baixo o meu criterio) Around the Sun. Por fin en abril de 2008 saíu á luz Accelerate, anunciado polos iluminados e entendidos como “a volta as súas orixes”. ¿Pero iso non o fixeran xa con Monster? ¿non se volvera de novo a falar do mesmo cando saíron New Adventures in Hi-Fi e Up? en resumo, máis peras mentais de flipados ou pura estratexia de marketing por parte da Warner (ou ambas cousas, claro) (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno |