FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
SUSO VAAMONDE Nin rosmar un laído (1977) PDF Imprimir Correo-e
CLASICOS
Escrito por Vincent Jalo   
Xoves, 22 de Novembro do 2007
Chuza!

nin_rosmar
 

 

 

 

 

 

SUSO VAAMONDE
Nin rosmar un laído
(Fonomusic, 1977)

Que mellor ocasión para revisar este clásico absoluto da música galega que agora que se cumpren trinta anos da súa gravación no Teatro-Cine Veiga de Moaña, un tempo que nos dá a perpectiva suficiente como para valorar aínda máis este noso Live at Budokan patrio, dándose ademais a circuntancia de ser o primeiro disco galego gravado ao vivo tal coma se entenden hoxe en día, en concerto. Ademais é o único disco dos catro que editou nos 70s este mod metido a cantautor que está reeditado en CD polo que constitúe unha inmellorábel tarxeta de apresentacíon para as novas xeracións que descoñezan a súa obra.

A verdade é que eran poucos os songwriters estatais dos 70s que escribian as súas propias letras e Voces Ceibes non eran excepción, os 11 temas que fan parte deste Nin rosmar un laído son unha viaxe polo mellor da poesía galega do século XX, con letras baseadas en poemas de xigantes da talla de Celso Emilio Ferreiro, Darío Xohán Cabana ou Manuel María. Unha tradición lírica que se perdeu nos 80s -mataríaa Reixa coas súas maxistrais letras?- e sería importante recuperar para devolver a poesía galega á xente, ao povo, ao lugar que lle corresponde, empregando a mellor ferramenta posíbel, a música. Deixémonos de desexos e centrémonos no disco.

Acompañado de integrantes de Fuxan os Ventos e Verbas Xeitosas, xunto con novas promesas nesa altura coma Pilocha, o de Pontecaldelas repasou aquela histórica noite os temas máis coñecidos do seu única LP até a data, o inencontrábel Loitando de 1973 -se o vedes non o deixedes escapar- estreando tamén novas cancións coma Terra Chá, Vestida de Aldraxe ou Alfonso Daniel R. Castelao, pezas que rematarían sendo cos anos auténticos hinos populares pero que xa na propia gravación do 77 soan a clásico enfeitizador. Porque se algo lle sobra a este disco é maxia. Coma os bons discos ao vivo -tomando o At Folsom Prison de Johnny Cash coma cumio do xénero- captura perfectamente o ambiente que se respiraba nesa inesquencíbel noite de outono no Morrazo, a mestura de emoción e tensión polo risco de prohibición do recital, a entrada dos grises en tromba repartindo bolachas, algo tan habitual na época. De feito se escoitamos o disco enteiro cos ollos fechados é ben doado transportarse a 1977 e imaxinarse no público -coas longas barbas de rigor- cantando cada verso, apludindo até que doen as mans, deixándose levar pola poesía e a música e chegando ao éxtase santateresiano co retrouso de Alfonso Daniel R. Castelao e os berros de Uah!.

Este disco -imprescindíbel en calquera fonoteca que se preze a carón do Live Songs de Leonard Cohen e o Dream Letter: Live in London de Tim Buckley- ven ser unha inmellorábel polaroid non só do xenio do finado Suso Vaamonde senon dunha época que no político e no musical resultou apaixoante. Unha fervenza que recolle con grande realismo esta gravación para fortuna de todos aqueles que nascimos un par de décadas despois do que gostariamos.

Comentarios (3)add
...
escrito por Stephen Merrit , Novembro 22, 2007
é interesante o que comentas de Cohen e Buckley, que aqui dáse moito o de flipar con Nick Drake e desprezar a Amancio Prada...
...
escrito por Cabuxa , Novembro 22, 2007
moito teño eu cantado Compañeiro Daniel ben cargado de LKs no Tarasca, que tempos...
...
escrito por minmesmo , Febreiro 11, 2008
Coño, ¡Pau Gasol!
Escrebe o teu Comentario
quote
bold
italicize
underline
strike
url
image
quote
quote
smile
wink
laugh
grin
angry
sad
shocked
cool
tongue
kiss
cry
+ pequeno | + grande

busy
Tags:  SUSO VAAMONDE VOCES CEIBES
 
< Ant.   Seg. >
 

COMENTADO RECENTEMENTE

CONTACTO
Boas, somos un grupo d santiago da Ponte Pedriña...
SEGUNDO EP DOS GROVE...
Xa vai sendo hora de que este grupo teña o recoñ...
GZ POP! A NOVA FORNA...
Precisamente por eso non se lle pode chamar POP, p...
IRIA ABOI
Pois iso que está moi boa
CONTACTO
ola. Son Xabier Mera. Gustaría de enviaros inform...
FRANC3S - Franc3s (G...
penso que o termo "bizarro" está demasiado sobado...
PRIMEIRO DISCO LONGO...
xa o puiden escoitar, as miñas felicitacións aos...
PRIMEIRO DISCO LONGO...
xenial, que ganas que lle tiña!
PROJECTO ['TREPJA], ...
flipante a música que se está facer na terra nos...
PROJECTO ['TREPJA], ...
mágoa que non quedaran Noise Project de primeiros...

NOVIDADES

  • 08:00 - 13.11.2008 NOVIDADES

    franc3s

     

     

     

     

     

     

    FRANC3S
    Franc3s
    (A regueifa, 2008)

    Cando o 18 de maio de 1980 Ian Curtis decide unilateralmente poñer fin á breve singradura musical de Joy Division pendurándose polo pescozo cunha corda, o deus máis escuro do Valhalla da música popular fixo vibrar dolosamente as súas cordas vocais, emitindo un berro nunha frecuencia tan aquelada que só os tímpanos cunha maior dose de bizarrismo tebroso puideron captalo. Ese berro multiplicouse en miles de ecos que espallaron interminabelmente a mensaxe de loito desa deidade pagán polos catro recunchos do planeta. Así, non podía ser doutro xeito, esa onda sonora vibrou por terras de Bergantiños, e a semente desa vibración áspera, sucia e arriscada agromou nos miolos de Alberto, María e Patuki (tamén chegou a Vilalba) para florecer en Franc3s.

    A evolución metastática destes individuos de fans incondicionais a parte infinitesimal do universo bizarro fica fosilizada no seu propio nome, tributo por triplicado á actriz Frances Farmer, á vocalista de The Vaselines Frances McKee e á artista circense Frances O´Connor. María coa batería, Alberto coa guitarra e coa voz e Patuky cos teclados non só homenaxean en cada distorsión a bandas como Surfin´ Bichos, Los Enemigos, The Cramps ou The Jesus and Mary Chain, senón que tratan de enchoupar a súa música das sensacións que lles transmiten as obras de, por exemplo, John Waters, William Burroughs ou Pollock.

    Franc3s decidiu por fin dar o grande chimpo ao LP logo de dúas maquetas receptoras de boas críticas e gabanzas a manchea. O seu primeiro disco, Franc3s, está composto por dez temas e foi editado por A Regueifa Plataforma baixo licenza de Creative Commons; pode baixarse de balde en www.aregueifa.net. Tamén se pode adquirir en soporte físico, nunha edición limitada e feita a man a base de papel de lixa e peluche, en Discos Noni´s (A Coruña) e Cosmic Pop Club (Carballo).

    Así que xa sabedes, amantes dos sons de ultratumba, do theremin, da escuridade, do veludo, da luz de neon reflectida nas pozas dunha cidade perdida,…, gozade todos do novo de Franc3s, e xa me contaredes.

    Comentarios (1)add
    franc3s rules
    escrito por Óscar , Novembro 14, 2008
    penso que o termo "bizarro" está demasiado sobado xa

    según a RAE:

    bizarro, rra.

    (De it. bizzarro, iracundo).


    1. adj. valiente (‖ esforzado).

    2. adj. Generoso, lucido, espléndido.



    FRANC3S molan trogollón!
    bicos pra eles
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 12:37 - 13.10.2008 NOVIDADES

    nouvelledemmemoria

     

     

     

     

     

     

     

     

    NOUVELLE CUISINE
    De memoria
    (Autoeditado, 2008)

    O “malo” de ter asinado xoias de pop tan perfecto como Aritmética polar ou Dos torres é a altura á que deixas o listón para vindeiros discos. Os herculinos Nouvelle Cuisine corrían o risco de ser vítimas da calidade que plasmaron no seu anterior disco, o encantador Autodictado. Por fortuna, os "cocinitas" non se enrrugaron e souberon partir do ponto onde o deixaron para elevalo aínda uns centímetros máis, coma uns Sergéis Bubka do pop con pértiga.

    Sen perder o seu xa característco estilo -algo ben dificil de conseguir nunha banda con dúas voces tan diferentes- percébese nos doce temas que fan parte deste De memoria un salto cualitativo na produción. Continúan a guisalo e comelo eles mesmos pero no estudo de gravación a experiencia nótase e este enriquecemento faise palpable tanto a nivel de arranxos coma da expansión na paleta de sons e instrumentos (acordeóns, rhodes, sintes...). O certo é que o son de Nouvelle Cuisine acada con este disco un novo grau de madurez xa que a incoporación de sintetizador e caixas de ritmos nalgúns temas e a falla de complexos para meter guitarras moito máis distorsionadas afástaos do típico e autolimitado son indie do que beben -La Buena Vida e La Habitación Roja- explorando novos territorios que a esta altura da película a verdade é que son de agradecer.

    E como non hai bon disco de POP -con maiúsculas- sen unha boa colección de singles, ahi están eles para deixarnos xemas coma Sintonia08, Comunicación no verbal, El imperio roto ou Seremos cajeras... mostras de pop clásico preciosista dese que che queda ecoando permanentemente na testa con só un par de escoitas. A verdade é que resulta incrible que estes talentosos chefs non atopasen unha discográfica que lles editara o disco, por moita crise da industria discográfica que haxa. Neste caso é evidente que xogou máis na súa contra a deslocalización con respeito ao epicentro dos que terían de ser os seus pretendentes. No indie estatal xa se sabe que fora de Madrid e Barcelona vai moito frío. Porén a xogada non lles saiu tan mal, mais ben ao contrario, autoeditando o disco por partida doble, tanto en formato digipack de xeito comercial coma nun formato máis exclusivo: unha camisola que se vende xunto con unha memoria USB con toda a súa discografía. Se non querían caldo, dúas cuncas. E nós, claro, tan felices cun caldo tan cheo de sustancia.

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 11:20 - 25.09.2008 NOVIDADES

     

     

     

     

     

     

    BLOC PARTY
    Intimacy
    (Wichita, 2008)

    A “alarma silenciosa” ca que catro rapaces do East London decidiron comunicarlle ao mundo a súa existencia non foi tal; resultou o estoupido xordo do primeiro foguete da alborada, que racha o silencio da moribunda noite e pronostica xoldra. A partires dese intre máxico pode gozarse ou non da festa, pero xa non sobrevive no interior dos participantes esa inicial sensación de sorpresa. A Weekend In The City convertiuse desde o seu lanzamento na primeira víctima das odiosas comparacións as que serán sometidos todos e cada un dos traballos que Bloc Party decida facer, aos que xa de saída se lles catalogará como “inferiores a Silent Alarm”. Kele Okereke na voz e na guitarra, Russell Lissack na guitarra, Gordon Moakes no baixo e nos coros e Matt Tong na batería conforman Bloc Party.

    Intimacy (Wichita Recordings, 2008), o seu terceiro traballo, veu a luz o pasado 21 de agosto no seu formato dixital, quedando desde entón pendurado na rede coa posibilidade de baixalo previo abono do prezo estipulado. Os interesados en adquirilo no seu formato físico deberán agardar ata o 28 de outubro; neste formato inclúense algúns cortes non presentes no dixital. O disco foi producido por Paul Epworth e Jacknife Lee, quenes xa colaboraran coa banda nos seus anteriores traballos (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 08:00 - 11.09.2008 NOVIDADES

    jugoplastika

     

     

     

     

     

     

     

     

    JUGOPLASTIKA
    The 6th is the 7
    (Astro Discos, 2008)

    Co dos revivals é mellor non chegar a última hora. De poder escoller, o ideal sería chegar cando a cousa xa despegou pero aínda non invade masivamente as páxinas da NME e derivados, entrando de cheo no momento álxido do hype. Como mal menor, non estaría mal ser dos primeiros, o que sexa con tal de non ser dos últimos en chegar. Porén, ser pioneiro na recuperción dun son pasado garante certa frescura e non soar clónico pero tamén ten a desvantaxe de que van ser outros os que desfruten do verdadeiro recoñecemento. Non se pode ter todo.

    E no caso de Jugoplastika dá a impresión de que é exactamente isto último o que lles vai pasar. Asi que é de xustiza reivindicalos dende xa coma iniciadores dun revival que aínda está por chegar, o do indie guitarreiro dos primeiros 90s, con ecos de radio universitaria americana, voces pouco afinadas e producións precarias de son garaxeiro. Porque no seu último album -The 6th is the 7- non hai banda da época que non faga acto de presenza dunha ou outra maneira nalgunha das once cancións que fan parte do disco, dende os Pixies a Weezer pasando por Pavement, Guided by Voices, e Grandaddy. Un traballo, por certo, maxistralmente producido por Paco Loco, que demostra ser un auténtico todoterreno, recreando perfectamente o son suxo dominado polas frecuencias medias tan característico daqueles tempos dando forma ao que probablemente é o disco galego máis xenuinamente americano de todos os tempos.

    Dubido que Kukoc, Perasovic e Radja escoitasen aos Pixies nos vestiarios pero o certo é que as coordenadas temporais deste novo son de Jugoplastika teñen perfecto sentido e danlle coherencia absoluta á estética do grupo. Iso si, só asimilable en todos os seus matices  polos que nacimos antes dos 80s, as novas xeracións van ter que agardar a que chegue o revival noventeiro -remastigado e actualizalo- para desfrutalo ao 100%. Sexa coma sexa, sempre poderemos dicer o de "pero se isto xa o facían Jugoplastika no 2008".

    Comentarios (1)add
    ...
    escrito por xoel , Setembro 15, 2008
    bluff
    bluff
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 06:52 - 02.09.2008 NOVIDADES

    death_cab_narrow_stairs

     

     

     

     

     

     

    DEATH CAB FOR CUTIE
    Narrow Stairs
    (Atlantic, 2008)

    Atópome de fronte e a máis de 200 km/h con Narrow Stairs; o choque é brutal, anaquiños de disonantes melodías dunha beleza inusual perforan diversos órganos do meu corpo e préñanme as vísceras dun sotaque agridoce de saudade. Atópome de fronte ante o sexto traballo da banda formada por Ben Gibbard, Chris Walla, Nicholas Harmer e Jason McGerr; atópome de fronte cunha auténtica delicia de comezo a fin, tanto no seu formulación como na súa execución, un río que nace e transcorre cara o mar entre meandros sinuosos e violentas fervenzas.

    Nace Narrow Stairs cun corte duns cinco minutos que lembra por veces á primeira canción de Plans, aquela Marching Bands of Manhattan que nos marabillara, aínda que esta posúe un ton máis sutil. Comeza amodo para ir acadando maior contundencia segundo pasa o tempo, apoiados sempre nun enorme baixo (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 11:34 - 12.05.2008 NOVIDADES

    esquios2gif

     

     

     

     

     

     

    ESQUIOS
    Un tipo normal
    (Autoeditado Distribuciones, 2008)

    Os estradenses Esquíos deron un xiro importante á banda con este Un tipo normal, o seu segundo disco longo. A incorporación de Miguel Castro na voz en sustitución de Fidel Castro -non sei se serán irmáns- marca en grande medida o seu novo son, moito máis punk-rock, case alonxado por completo das querencias metaleiras do seu debut. O certo é que o xiro parece moi meditado xa que a nova voz -moito máis axeitado para o punk-rock con maior carrega melódica que fan agora- dálle a Esquios un son moito máis actual.

    Pero non é a voz a única novidade desta nova etapa. Agora atopamos unha cota maior de temas cantados en galego e unhas letras, entre o social e o festeiro, que encaixan mellor co seu estilo e o seu público potencial. Especialmente agora que contan no seu repertorio con temasda forza de “A rapa” ou “Galiza festa rachada” -sen dúbida os dous singles máis potentes do disco- que prometen ser verdadeiros furacáns ao vivo, cuns retrousos deses que son carne de pogo. Dous temas, ademais, que incorporan un par de detalles -aire funk e sección de metais, o primeiro, e ritmo skatalítico, o segundo- que alén de demostrar a versatilidade dos novos Esquíos tamén van facer de efectivo anzol para atraer a novos siareiros á banda.

    Comentarios (1)add
    MOI BO GRUPO
    escrito por abel , Xuño 19, 2008
    Vinnos en directo e a verdade e que son a ostia, montanche unha festa que flipas e son cañeiros. Ali comprei este cd e gustoume moito, ademais e bastante variado, ten algun tema que non me acaba de chegar pero en xeral e un disco moi recomendable para os amantes do rock cañeiro
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 06:56 - 06.05.2008 NOVIDADES

    rem_-_accelerate

     

     

     

     

     

     

    REM
    Accelearte
    (Warner, 2008)

    Facía xa catro anos que a banda de Athens non daba sinais de vida; foi por aquel entón cando publicaron o deostado (inxustamente baixo o meu criterio) Around the Sun. Por fin en abril de 2008 saíu á luz Accelerate, anunciado polos iluminados e entendidos como “a volta as súas orixes”. ¿Pero iso non o fixeran xa con Monster? ¿non se volvera de novo a falar do mesmo cando saíron New Adventures in Hi-Fi e Up? en resumo, máis peras mentais de flipados ou pura estratexia de marketing por parte da Warner (ou ambas cousas, claro) (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 11:53 - 17.04.2008 NOVIDADES

    deluxe-reconstruccion2

     

     

     

     

     

     

    DELUXE
    Reconstrucción
    (Virgin, 2008)

    Reconstrucción é o quinto disco do coruñés Xoel López, que saíu á luz o pasado 18 de marzo, aproximadamente un ano despois do lanzamento de Fin de un Viaje Infinito, o seu anterior traballo. O álbum ofr&e