FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
6PM 11.05.07 Compostela PDF Imprimir Correo-e
CONCERTOS
Escrito por Mr. Jones   
Venres, 25 de Maio do 2007
Chuza!

6pm

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
6PM
11.05.07
Sala Capitol (Compostela)

6pm son dous rapaces de 26 anos que se coñeceron en 2003 no Conservatorio de Compostela. Comezo lembrando isto por varios motivos. En primeiro lugar porque os álbums gravados até agora por Iván e Raúl están á altura dos mellores traballos editados por calquera dos proxectos de Ben Gibbard (The Postal Service ou Death Cab for a Cutie). 6pm demostraron que en Galicia pódese facer música cun nivel de calidade e orixinalidade que lles permitiría triunfar nos circuítos independentes anglosaxóns (...)

Digo tamén que 6pm son dous, só dous, porque sigo preguntándome como son capaces de levar ao directo a riqueza sonora dos seus discos. Os concertos de 6pm incorporan guitarra, baixo, teclados e batería, pero tamén trompeta e acordeón, ademais dos máxicos pedais. E unha cousa que chama a atención: 6pm é un grupo democrático: os seus dous integrantes intercambian constantemente os papeis, ambos tocan baixo, guitarra e teclados.
Pluralidade instrumental e multitude de matices para un concerto emocionante, por riba da perfección sonora das súas gravacións. Por poñer unha chata, Iván e Raúl aínda precisan rodarse máis en directo, para realizar con máis naturalidade eses cambios continuos de instrumentos. Para 6pm, máis que para calquera outro grupo galego, o ceo e o límite. Polo de agora, a xente segue preguntándose: ¿pero de verdade son de aquí? É bo sinal. De momento repetirán este mes no Primavera Sound (única banda do país, xunto con TAB).
Comentarios (22)add
...
escrito por Joe Hill jr. , Maio 25, 2007
Orixinalidade, o que se di orixinalidade...
...
escrito por Gustavo Harvey , Maio 25, 2007
Eu pergunto-me que é originalidade? Já postos... Sonic Youth foram originais? Mesmo Bob Dylan é original? suponho que o único realmente original foi o que bateu um pau contra o chão da sua caverna e pensou que aquilo tinha ritmo... de facto pensou que sera isto? vou-lhe chamar ritmo (unga unga) esse foi original... magoa que nom fora galego, penso que era de Gondwana e daquela nom havia estudos de gravaçom.... 6pm são a banda mais original e anovadora da Galiza toda, só e preciso olhar um dos seus concertos pra se dar de conta, polo menos eu nunca vim cousa tal... e mira que tenho visto cousas smilies/smiley.gif
...
escrito por Joe Hill jr. , Maio 27, 2007
En calquera caso, se orixinais eran os da caverna e o pau, 6PM non o son. Dylan fixo avanzar a tradicin nacional do seu pas/naci㭳n/patria/lugar; 6PM (ou Tringulo de Amor Bizarro, por acaso) contriben con algo co que non contribuậsen outros xa hai tempo noutras partes -GB/USA/Madrid, nomeadamente-? Escptico, non falo de gustos -adoro a Wilco, revivalistas de postn-.
...
escrito por Gustavo Harvey , Maio 28, 2007
Evidentemente hoje nom existe nada original. Além disso se resulta que temos que ficar na sacro-santa tradiçom nazional pois teremos logo que ficar todo o dia a tocar a gaita neste país/naçom/pátria/lugar. Eles são originais pra estar onde estão... ainda que por desgraça seja baseando-nos no principio de "no país dos cegos o torto é o rei". Eu tampouco falo de gostos, falo de evoluir; algo que na Galiza nom é mui bem mirado. smilies/wink.gif
...
escrito por Vincent Jalo , Maio 28, 2007
"6pm são a banda mais original e anovadora da Galiza toda"

xusto despois de Fanny + Alexander, claro está smilies/wink.gif
...
escrito por Joe Hill jr. , Maio 28, 2007
A tradición nacional deste país/nación/patria/lugar non se conforma unicamente de gaitas, non é?
...
escrito por Vincent Jalo , Maio 28, 2007
está claro que non! o chascarraschás na botella de anis El Mono e o repenique coas culleres de café teñen unha relevancia case maior que a gaita na tradición nacional-popular smilies/wink.gif

o cal me recorda que os ourensáns Apeiron -que facían ritmos cos botes de Nesquick- son sen dúbida o grupo máis orixinal e innovador que pariu esta terra dende os sacrosantos Resentidos. He dicho smilies/wink.gif

Para os que escoitastes aínda o seu único disco: http://www.muzikalia.com/leerd...rencia=319
...
escrito por Tululo Tres , Maio 29, 2007
Escoitarse, escóitanse, non o vou negar, pero que supoñana algo orixinal ou minimamente renovador é moito dicir.

Tomar un estilo concreto que leva máis de quince anos por ai fora e facer todas as cancións polo seu patrón pode ter certo valor cando esas cancións realmente teñan un valor, pero témome que non é o caso.

A partir do terceiro tema estaba aburrido apoiado na barra da Capitol. E aínda que non fose o seu mellor día, a proposta de Niño y Pistola resulta moito máis interesante.
...
escrito por quereas , Maio 30, 2007
menos mal que a música a fan os músicos; o certo é que comeza a ser pouco orixinal xulgar as cousas pola súa orixinalidade; as raíces do pop son moitas, algunha caerá por aquí...
...
escrito por Calros , Maio 31, 2007
Serán innovadores, pero o inglés que teñen é para mandalos a un intensivo con Muzzy. Esas faltas!
...
escrito por chuchu , Maio 31, 2007
tululo tres dixit: "...pode ter certo valor cando esas cancins realmente tean un valor..." para orixinal t㱩moste a ti...qu carallo queres decir??
e mesmo tempo que raz鳳n ts... cando ests calado.
...
escrito por Tululo Tres , Xuño 01, 2007
Ben, vouno simplifar a ver se as es capaz de entendelo.

6PM non soan mal, pero as sas canci�ns non aportan absolutamente nada.
...
escrito por Charly , Xuño 01, 2007
Esto apesta a sinverguencera envidiosa de pronstico grave.
"absolutamente nada" pintas tu aki. :p
...
escrito por Tululo Tres , Xuño 03, 2007
Se toda crítica negativa vai ser recibida co típico "isto é envidia", "a ver que facías ti" ou outras chorradas varias non sei para que carallo sirven as reseñas e os foros de discusión.

Non envexo a música de 6PM, simplemente discrepo da adulación que se lles profesa por estes lares.
...
escrito por Gustavo Harvey , Xuño 04, 2007
Debatamos logo... a quem temos que adular dentro da música galega pola sua grande aportaçom ou por ser um elemento inovador ou o que seja que faga que um grupo seja do teu agrado ou nom...

Postos a pensar.... nom me aporta nada ninguém, nem Niño y Pistola... No Lights soa a qualquer cançom de Damon Albarn, This Shit Again soa a Muse sem distorçom... e poderia seguir. Entom me diga como catalogamos o que é escuitável neste mundo de nuestro señor!
...
escrito por Tululo Tres , Xuño 07, 2007
Ista discusión comezou pola suposta orixinalidade da proposta de 6PM, a cal non son capaz de ver ningures (epígonos de epígonos, como dixo sabiamente un amigo). A única proposta realmente orixinal que se citou nesta discusión é (coincido con Vincent Jalo) a de Apeiron.

Niño e Pistola orixinais? Home non, pero como xa sinalei a súa proposta resúltame interesante. Son un grupo de gran talento melódico capaces de elaborar grandes temas como "Anyway (That's OK)" ou "Song 74", así como reelaborar un tema como "Dancing Queen" imprimíndolle a súa personalidade musical.

En canto a 6PM, como xa dixen paréceme que teñen un bo son. Conseguen unha atmósfera interesante, pero non acaban de despegar por culpa dunhas cancións rutinarias.

O que non consigo entender é por que carallo temos que adular a alguen dende estas páxinas.
...
escrito por gustavo harvey , Xuño 08, 2007
A mim os 6pm nom me pareceram originais na sua música do mesmo jeito que outros muitos grupos (nomeei a Niño y Pistola por ser teu exemplo, nom por que nom goste deles) mas quando os vim em concerto mudei de ideia porque nunca vira umha proposta assim... consequentemente pensei... que originais! Adular? Eu nom adulo, ainda assim... se adulara tampouco passaria nada... adular nom é mau... adorar, é provável que sim. Do mesmo jeito que gosto de que nas páginas desta revista se adule a Projecto Mourente, a The Homens, A Catpeople, a Niño y Pistola ou a Triángulo de Amor Bizarro.

Por outro lado Tululo Tres, nom estou criticando a tua opinom. É mui possível que tenhas raçom e os teus argumentos são de peso... mesmo eu gostava também de Apeiron até que o outro dia vim a um do grupo sair a fazer o "bufón" num programa da tv... nom sei se era Buenafuente ou outro assim. :p

Suponho que desde a sonotone se peca de optimismo e de ganas de ter o nosso próprio star system... pra depois poder botar pestes de eles. Eu prefiro que aqui estejamos a discutir de 6pm/Niño y pistola que de Los Planetas/Surfin Bichos. smilies/wink.gif

Saudos!
...
escrito por Gerry Adams , Xuño 08, 2007
Concordo moito no de preferir non discutir de Los Planetas / Surfin' Bicho...
...
escrito por Vincent Jalo , Xuño 08, 2007
hostias, explica eso do bufn en Buenafuente que flipo. Un dos de Apeiron? E que facia? ests seguro de que era de Apeiron?
...
escrito por Vincent Jalo , Xuño 08, 2007
e xa me esquencía, eu creo que 6PM teñen tantas e tan boas cancións coma NyP, o que pasa é que o bosque electrónico-ambiental que as decora igual non deixa ver as árbores. Pero estou seguro de que se algún día fan un acústico conquistarían a ese sector da audiencia con alerxia ao silicio smilies/smiley.gif

Aínda vai ter que vir un Señor Coconut a versionalos para que cheguen a todas as audiencias coma lle psou a Kraftwerk :grin
...
escrito por Tululo Tres , Xuño 08, 2007
De alerxia ó silicio nada de nada (síntoo, dinme por aludido).

Eu non teño ningún tipo e problema coa música electrónica, pseudo-electrónica, tecno-pop , indietrónica (ainda que esta provócame máis escepticismo), trip-hop, etc...

E para que non se diga, unha recomendación: m.n.h.o., galego de nacimento afincado en Barcelona e practicante do breakcore máis bruto.
...
escrito por Tululo Tres , Xuño 08, 2007
E sí, o de Buenafuente era o guitarrista de Apeiron, pero o que faga cadaquén co seu tempo libre non lle quita ningún mérito ó "Todo Sigue Intacto" (total, cinco anos sen sacar o novo disco, non me extraña que se aburran...)
Escrebe o teu Comentario
quote
bold
italicize
underline
strike
url
image
quote
quote
smile
wink
laugh
grin
angry
sad
shocked
cool
tongue
kiss
cry
+ pequeno | + grande

busy
Tags:  6PM INDIETRONICA
 
< Ant.   Seg. >
 

COMENTADO RECENTEMENTE

CONTACTO
Boas, somos un grupo d santiago da Ponte Pedriña...
SEGUNDO EP DOS GROVE...
Xa vai sendo hora de que este grupo teña o recoñ...
GZ POP! A NOVA FORNA...
Precisamente por eso non se lle pode chamar POP, p...
IRIA ABOI
Pois iso que está moi boa
CONTACTO
ola. Son Xabier Mera. Gustaría de enviaros inform...
FRANC3S - Franc3s (G...
penso que o termo "bizarro" está demasiado sobado...
PRIMEIRO DISCO LONGO...
xa o puiden escoitar, as miñas felicitacións aos...
PRIMEIRO DISCO LONGO...
xenial, que ganas que lle tiña!
PROJECTO ['TREPJA], ...
flipante a música que se está facer na terra nos...
PROJECTO ['TREPJA], ...
mágoa que non quedaran Noise Project de primeiros...

NOVIDADES

  • 08:00 - 13.11.2008 NOVIDADES

    franc3s

     

     

     

     

     

     

    FRANC3S
    Franc3s
    (A regueifa, 2008)

    Cando o 18 de maio de 1980 Ian Curtis decide unilateralmente poñer fin á breve singradura musical de Joy Division pendurándose polo pescozo cunha corda, o deus máis escuro do Valhalla da música popular fixo vibrar dolosamente as súas cordas vocais, emitindo un berro nunha frecuencia tan aquelada que só os tímpanos cunha maior dose de bizarrismo tebroso puideron captalo. Ese berro multiplicouse en miles de ecos que espallaron interminabelmente a mensaxe de loito desa deidade pagán polos catro recunchos do planeta. Así, non podía ser doutro xeito, esa onda sonora vibrou por terras de Bergantiños, e a semente desa vibración áspera, sucia e arriscada agromou nos miolos de Alberto, María e Patuki (tamén chegou a Vilalba) para florecer en Franc3s.

    A evolución metastática destes individuos de fans incondicionais a parte infinitesimal do universo bizarro fica fosilizada no seu propio nome, tributo por triplicado á actriz Frances Farmer, á vocalista de The Vaselines Frances McKee e á artista circense Frances O´Connor. María coa batería, Alberto coa guitarra e coa voz e Patuky cos teclados non só homenaxean en cada distorsión a bandas como Surfin´ Bichos, Los Enemigos, The Cramps ou The Jesus and Mary Chain, senón que tratan de enchoupar a súa música das sensacións que lles transmiten as obras de, por exemplo, John Waters, William Burroughs ou Pollock.

    Franc3s decidiu por fin dar o grande chimpo ao LP logo de dúas maquetas receptoras de boas críticas e gabanzas a manchea. O seu primeiro disco, Franc3s, está composto por dez temas e foi editado por A Regueifa Plataforma baixo licenza de Creative Commons; pode baixarse de balde en www.aregueifa.net. Tamén se pode adquirir en soporte físico, nunha edición limitada e feita a man a base de papel de lixa e peluche, en Discos Noni´s (A Coruña) e Cosmic Pop Club (Carballo).

    Así que xa sabedes, amantes dos sons de ultratumba, do theremin, da escuridade, do veludo, da luz de neon reflectida nas pozas dunha cidade perdida,…, gozade todos do novo de Franc3s, e xa me contaredes.

    Comentarios (1)add
    franc3s rules
    escrito por Óscar , Novembro 14, 2008
    penso que o termo "bizarro" está demasiado sobado xa

    según a RAE:

    bizarro, rra.

    (De it. bizzarro, iracundo).


    1. adj. valiente (‖ esforzado).

    2. adj. Generoso, lucido, espléndido.



    FRANC3S molan trogollón!
    bicos pra eles
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 12:37 - 13.10.2008 NOVIDADES

    nouvelledemmemoria

     

     

     

     

     

     

     

     

    NOUVELLE CUISINE
    De memoria
    (Autoeditado, 2008)

    O “malo” de ter asinado xoias de pop tan perfecto como Aritmética polar ou Dos torres é a altura á que deixas o listón para vindeiros discos. Os herculinos Nouvelle Cuisine corrían o risco de ser vítimas da calidade que plasmaron no seu anterior disco, o encantador Autodictado. Por fortuna, os "cocinitas" non se enrrugaron e souberon partir do ponto onde o deixaron para elevalo aínda uns centímetros máis, coma uns Sergéis Bubka do pop con pértiga.

    Sen perder o seu xa característco estilo -algo ben dificil de conseguir nunha banda con dúas voces tan diferentes- percébese nos doce temas que fan parte deste De memoria un salto cualitativo na produción. Continúan a guisalo e comelo eles mesmos pero no estudo de gravación a experiencia nótase e este enriquecemento faise palpable tanto a nivel de arranxos coma da expansión na paleta de sons e instrumentos (acordeóns, rhodes, sintes...). O certo é que o son de Nouvelle Cuisine acada con este disco un novo grau de madurez xa que a incoporación de sintetizador e caixas de ritmos nalgúns temas e a falla de complexos para meter guitarras moito máis distorsionadas afástaos do típico e autolimitado son indie do que beben -La Buena Vida e La Habitación Roja- explorando novos territorios que a esta altura da película a verdade é que son de agradecer.

    E como non hai bon disco de POP -con maiúsculas- sen unha boa colección de singles, ahi están eles para deixarnos xemas coma Sintonia08, Comunicación no verbal, El imperio roto ou Seremos cajeras... mostras de pop clásico preciosista dese que che queda ecoando permanentemente na testa con só un par de escoitas. A verdade é que resulta incrible que estes talentosos chefs non atopasen unha discográfica que lles editara o disco, por moita crise da industria discográfica que haxa. Neste caso é evidente que xogou máis na súa contra a deslocalización con respeito ao epicentro dos que terían de ser os seus pretendentes. No indie estatal xa se sabe que fora de Madrid e Barcelona vai moito frío. Porén a xogada non lles saiu tan mal, mais ben ao contrario, autoeditando o disco por partida doble, tanto en formato digipack de xeito comercial coma nun formato máis exclusivo: unha camisola que se vende xunto con unha memoria USB con toda a súa discografía. Se non querían caldo, dúas cuncas. E nós, claro, tan felices cun caldo tan cheo de sustancia.

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 11:20 - 25.09.2008 NOVIDADES

     

     

     

     

     

     

    BLOC PARTY
    Intimacy
    (Wichita, 2008)

    A “alarma silenciosa” ca que catro rapaces do East London decidiron comunicarlle ao mundo a súa existencia non foi tal; resultou o estoupido xordo do primeiro foguete da alborada, que racha o silencio da moribunda noite e pronostica xoldra. A partires dese intre máxico pode gozarse ou non da festa, pero xa non sobrevive no interior dos participantes esa inicial sensación de sorpresa. A Weekend In The City convertiuse desde o seu lanzamento na primeira víctima das odiosas comparacións as que serán sometidos todos e cada un dos traballos que Bloc Party decida facer, aos que xa de saída se lles catalogará como “inferiores a Silent Alarm”. Kele Okereke na voz e na guitarra, Russell Lissack na guitarra, Gordon Moakes no baixo e nos coros e Matt Tong na batería conforman Bloc Party.

    Intimacy (Wichita Recordings, 2008), o seu terceiro traballo, veu a luz o pasado 21 de agosto no seu formato dixital, quedando desde entón pendurado na rede coa posibilidade de baixalo previo abono do prezo estipulado. Os interesados en adquirilo no seu formato físico deberán agardar ata o 28 de outubro; neste formato inclúense algúns cortes non presentes no dixital. O disco foi producido por Paul Epworth e Jacknife Lee, quenes xa colaboraran coa banda nos seus anteriores traballos (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 08:00 - 11.09.2008 NOVIDADES

    jugoplastika

     

     

     

     

     

     

     

     

    JUGOPLASTIKA
    The 6th is the 7
    (Astro Discos, 2008)

    Co dos revivals é mellor non chegar a última hora. De poder escoller, o ideal sería chegar cando a cousa xa despegou pero aínda non invade masivamente as páxinas da NME e derivados, entrando de cheo no momento álxido do hype. Como mal menor, non estaría mal ser dos primeiros, o que sexa con tal de non ser dos últimos en chegar. Porén, ser pioneiro na recuperción dun son pasado garante certa frescura e non soar clónico pero tamén ten a desvantaxe de que van ser outros os que desfruten do verdadeiro recoñecemento. Non se pode ter todo.

    E no caso de Jugoplastika dá a impresión de que é exactamente isto último o que lles vai pasar. Asi que é de xustiza reivindicalos dende xa coma iniciadores dun revival que aínda está por chegar, o do indie guitarreiro dos primeiros 90s, con ecos de radio universitaria americana, voces pouco afinadas e producións precarias de son garaxeiro. Porque no seu último album -The 6th is the 7- non hai banda da época que non faga acto de presenza dunha ou outra maneira nalgunha das once cancións que fan parte do disco, dende os Pixies a Weezer pasando por Pavement, Guided by Voices, e Grandaddy. Un traballo, por certo, maxistralmente producido por Paco Loco, que demostra ser un auténtico todoterreno, recreando perfectamente o son suxo dominado polas frecuencias medias tan característico daqueles tempos dando forma ao que probablemente é o disco galego máis xenuinamente americano de todos os tempos.

    Dubido que Kukoc, Perasovic e Radja escoitasen aos Pixies nos vestiarios pero o certo é que as coordenadas temporais deste novo son de Jugoplastika teñen perfecto sentido e danlle coherencia absoluta á estética do grupo. Iso si, só asimilable en todos os seus matices  polos que nacimos antes dos 80s, as novas xeracións van ter que agardar a que chegue o revival noventeiro -remastigado e actualizalo- para desfrutalo ao 100%. Sexa coma sexa, sempre poderemos dicer o de "pero se isto xa o facían Jugoplastika no 2008".

    Comentarios (1)add
    ...
    escrito por xoel , Setembro 15, 2008
    bluff
    bluff
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 06:52 - 02.09.2008 NOVIDADES

    death_cab_narrow_stairs

     

     

     

     

     

     

    DEATH CAB FOR CUTIE
    Narrow Stairs
    (Atlantic, 2008)

    Atópome de fronte e a máis de 200 km/h con Narrow Stairs; o choque é brutal, anaquiños de disonantes melodías dunha beleza inusual perforan diversos órganos do meu corpo e préñanme as vísceras dun sotaque agridoce de saudade. Atópome de fronte ante o sexto traballo da banda formada por Ben Gibbard, Chris Walla, Nicholas Harmer e Jason McGerr; atópome de fronte cunha auténtica delicia de comezo a fin, tanto no seu formulación como na súa execución, un río que nace e transcorre cara o mar entre meandros sinuosos e violentas fervenzas.

    Nace Narrow Stairs cun corte duns cinco minutos que lembra por veces á primeira canción de Plans, aquela Marching Bands of Manhattan que nos marabillara, aínda que esta posúe un ton máis sutil. Comeza amodo para ir acadando maior contundencia segundo pasa o tempo, apoiados sempre nun enorme baixo (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 11:34 - 12.05.2008 NOVIDADES

    esquios2gif

     

     

     

     

     

     

    ESQUIOS
    Un tipo normal
    (Autoeditado Distribuciones, 2008)

    Os estradenses Esquíos deron un xiro importante á banda con este Un tipo normal, o seu segundo disco longo. A incorporación de Miguel Castro na voz en sustitución de Fidel Castro -non sei se serán irmáns- marca en grande medida o seu novo son, moito máis punk-rock, case alonxado por completo das querencias metaleiras do seu debut. O certo é que o xiro parece moi meditado xa que a nova voz -moito máis axeitado para o punk-rock con maior carrega melódica que fan agora- dálle a Esquios un son moito máis actual.

    Pero non é a voz a única novidade desta nova etapa. Agora atopamos unha cota maior de temas cantados en galego e unhas letras, entre o social e o festeiro, que encaixan mellor co seu estilo e o seu público potencial. Especialmente agora que contan no seu repertorio con temasda forza de “A rapa” ou “Galiza festa rachada” -sen dúbida os dous singles máis potentes do disco- que prometen ser verdadeiros furacáns ao vivo, cuns retrousos deses que son carne de pogo. Dous temas, ademais, que incorporan un par de detalles -aire funk e sección de metais, o primeiro, e ritmo skatalítico, o segundo- que alén de demostrar a versatilidade dos novos Esquíos tamén van facer de efectivo anzol para atraer a novos siareiros á banda.

    Comentarios (1)add
    MOI BO GRUPO
    escrito por abel , Xuño 19, 2008
    Vinnos en directo e a verdade e que son a ostia, montanche unha festa que flipas e son cañeiros. Ali comprei este cd e gustoume moito, ademais e bastante variado, ten algun tema que non me acaba de chegar pero en xeral e un disco moi recomendable para os amantes do rock cañeiro
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 06:56 - 06.05.2008 NOVIDADES