FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
TRIANGULO DE AMOR BIZARRO 02.03.07 A Coruña PDF Imprimir Correo-e
CONCERTOS
Escrito por Sugar Kane   
Xoves, 08 de Marzo do 2007
Chuza!

tab

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

TRIANGULO DE AMOR BIZARRO
02.03.07
Mardi Gras (A Coruña)

De todas as bandas galegas surgidas nos últimos tempos, Triángulo de Amor Bizarro é sem dúvida uma das que mais e melhor se está a falar. A recente publicação do seu primeiro disco—mui esperado por todos os admiradores das suas primeiras maquetas—parece que cumpriu as expectativas e está a ter uma mui boa acolhida, sendo salientável a sua repercussão fora das fronteiras galegas.
Partindo desta situação entende-se que, passado menos de um mês da saída à venda do seu disco, o Mardi Gras se enchesse sem problemas a noite do concerto (e com dúzias de bilhetes vendidos antecipadamente) para alegria (suponho) do grupo e desgraça de mais de um que ficou à porta sem poder entrar.
Antes dos TAB actuou o duo galego Vale Tudo (guitarra e bateria) que oferecerom uma proposta em geral tranquila e introspectiva e um gosto por se distanciar das estruturas mais convencionais do rock. Infelizmente parece que boa parte do público não tinha demasiado interesse em seguir o concerto e, especialmente na parte final do mesmo, o barulho das conversas da gente fazia complicado atender à música como se merecia. Por sorte no myspace podemos ouvir alguns dos temas desta banda.
Depois dos Vale Tudo chegou o momento dos Triángulo de Amor Bizarro. Contrariamente aos seus predecessores, estes começarom a todo trapo e continuarom assim durante todo o concerto, practicamente sem dar trégua, ainda que isso significasse deixar de lado os momentos mais pausados do disco («Estrella azul de España» e «Para los seres atados»). Os ingredientes, tão clássicos como efectivos, os mesmos que foram usados por bandas como The Jesus and Mary Chain, Urusei Yatsura ou My Bloody Valentine. Guitarras contundentes, arrogância, barulho por um tubo e um ritmo que engancha desde o primeiro momento. E por suposto um feixe de canções por riba da média. Alegra ver como transportam fielmente ao directo toda a energia do seu disco, e demonstran desta forma que a cousa não foi só fruto do estúdio.
Se continuam por este caminho podem ser grandes. TAB é uma banda que merece ser seguida, e oxalá que podamos presenciar muitos mais concertos como este, para servidor o melhor que viu no que vai de ano. Ainda me zoam os ouvidos.

 

Comentarios (17)add
...
escrito por pacotolo , Marzo 09, 2007
que envexa, mgoa que non puiden ir :sigh
...
escrito por un mindungui , Marzo 13, 2007
me resulta dificil leer el comentario en esa suerte de idioma inventado en el que te expresas
un saludo
...
escrito por Roi , Marzo 13, 2007
un mindungui, xa hai que ser parvo para perder o tempo en provocacins no canto de falar de msica :sigh
...
escrito por Jota , Marzo 13, 2007
ah, benditos trolls, que sería da Rede sen eles smilies/smiley.gif
...
escrito por Sóc puta però el mindungui no , Marzo 13, 2007
M'agradaria molt que gent com el mindungui es dediquessin a ficar-se el dit en el cul i donar voltes enfront de la pantalla de l'ordinador per com aix no ⲩs possible doncs que deixi de molestar en aquesta web i es dediqui a masturbarse mirant webs de Ynestrillas i les seves afins. Aix s que ⭩s tolerncia.

Entens el que dic tocacollons?
...
escrito por Gustavo Harvey , Marzo 13, 2007
Querido un un mindungui aguardo que esse nome teu tenha significado no idioma no que ti falas porque eu por mais que reviso a web da RAE nom encontro tal palavra... ser que pensa o ladrom que so todos da sua condiᣧom?

Estamos aqu pra falar de msica nom pra determinar quem escreve de jeito correcto, � provvel que ningum seja perfeito e polo que vejo tu tampouco.... nem maiusculas, nem vᩭrgulas, nem acentos e inventando expressons nom reconhecidas na lingua de Cervantes.

Se nom gostas de como escreve o rapaz h milhons de webs que falam de msica no teu idioma e mesmo noutros inventados. Vamos a mim nom se me ocorreria entrar numha web que escrevera em cirậlico a dizer-lhes que nom entendo o que dizem... eles se entenderam, e ns tambm.

Mais um saudo!
...
escrito por Pixinguinha , Marzo 13, 2007
Non respondades s provocacins, non esquezades quen son os violentos!!!
...
escrito por rafa , Marzo 14, 2007
A lingua na que escrebe Sugar Kane está totalmente viva, se non na Galiza, si nos maís diversos recantos do mundo, protexida por unha normativa sólida, cun prestixio literario inigualábel con persoeiros coma Jorge Amado ou o mesmísimo Camoes... Casos diferentes son os inventos con gasosa coma o español de Galiza ("y luego, neno, no quedáramos en ir verlo?") ou, aínda que totalmente necesario, o galego normativo ("beirarrúa" ou "mércores"). Así que vaiamos asumindo a realidade e aplaudamos a fenomenal escolla do señor Sugar.
...
escrito por un mindungui , Marzo 14, 2007
Ni mi intención fué provocar, ni pretendo decirle a nadie el idioma en el que tiene que escribir. Para empezar empecé llamandome a mí mismo "mindungui" y no utilizando ni mayusculas ni signos de puntuación para ser yo el primero en incurrir en incorrecciones.
Si alguien vió cualquier atisbo de violencia en mi comentario, es que la tiene incrustada en la cabeza. Y esos son los cizañeros.
Y la sección de comentarios son eso...comentarios, y yo realicé el mío a cerca de lo incómodo que me había resultado leer la crítica del concierto. Yo no entré en una página en "cirílico" pero sí en gallego, y no me resultó ni facil ni agradable la lectura, y sentí la necesidad de expresarlo.
Si alguien cree que he hecho mal, que pierda cuidado que ya me cuidaré de comentar nunca nada más.

saludos
...
escrito por Pixinguinha , Marzo 14, 2007
Debe ser de fóra, si, porque o concepto de retranca non o ten "incrustado na cabeza". Que pouca terra e canta distancia cultural.
...
escrito por Vincent Jalo , Marzo 15, 2007
Non lle falta razón a mindungui no de que a primeira vez que se le o galego coa grafía histórica resulta complicado, simple consecuencia da educación castrada que recibimos.

O que senta mal é o do "idioma inventado", que si cheira a provocación ou cando menos a ignorancia porque calquera persoa que teña o bacharelato sabe que non hai unanimidade na norma do galego por moito que haxa unha escolla oficial.

Pois iso, que TAB se saen!
...
escrito por Sugar Kane , Marzo 18, 2007
Hi mindungui, I'm the one who wrote the review of this concert. I'm pleased to tell you that the language this article is written in is no other than Portuguese.

Since you appear to be Spanish (or at least fluent in that language) it seems very strange to me that you can't recognize the written text as Portuguese and I found it unpleasant to read that it's written in an invented language˻ :sigh

I wrote the text because I thought that people could be interested in it. It obviously wasn't my intention to annoy anyone.

AFAIK there are tons of Portuguese translators out there. This one might help you. It's very fast and easy to use (you can use it online).

However if you still can't read the article and you're really interested in it then please let me know and I'll try to translate it for you into another language that you can understand.

This applies to non-Spanish speakers as well, and that's why I'm writing this in English.

Best regards,

Sugar Kane
...
escrito por Vincent Jalo , Marzo 19, 2007
Sugar Kane, que malirmo que és!
Agora si que a fixeches boa, se ten dificuldades de leitura cun idioma romance non quero nen imaxinar o que lle vai custar poñerse cun de raiz xermánica :grin :grin :grin
...
escrito por conas , Marzo 23, 2007
sodes todos unha panda de nazis, pola esquerda e pola dereita. mesmo algn pensa que vai polo lado indo pola outra beirarra.

manda carallo
...
escrito por conas , Marzo 23, 2007
e non vos preocupedes en poñerme a caldo por escriber mal ou non querer entender o que puxen, non penso entrar eiquí nunca máis.

(e o meu galego oprimido tampouco)
...
escrito por conacho , Marzo 23, 2007
me descojono de risa con alguno que va de víctima en esta linea de discusión, si fueran nazis en este sitio ni hablarias, simplemente gasearian tu casa y acabarian contigo, es curioso lo idiotizados que estamos en el mundo gracias a totalizadores como rajoy y compañia que convierten a jovenes normales en trolls sin sentido común y faltos de cultura general para saber lo que era un nazi, de donde venia y a donde fueron o van. yo por mi parte me alegro de que no vuelvas a entrar nunca más por aquí porque esto es para hablar de música no de tus problemas de socialización, para eso ya están los psiquiatras.

adios nene que te vaya lindo (nene=mindungui o conas)
...
escrito por Sugar Kane , Marzo 23, 2007
Ok, visto que por fim alguém sacou o tema dos nazis vou falar da parte que me toca.

Isto é uma revista de música e estou aqui para falar de música.

Penso que a minha crítica do concerto era estritamente musical e para nada política ou linguística, e penso que no texto não insultei a ninguém nem tinha ganas de montar polemica.

Partindo disto, que entre alguém e diga de boas maneiras que lhe custa ler o meu texto... pois vale. Agora, que me diga que me invento os idiomas... pois entenderá que eu me moleste. E que mais gente se moleste também (ainda que eu não podo responder polo que digam os demais).

O dos nazis está fora de lugar. Aqui só se fala de música se ninguém saca outro tema.
Escrebe o teu Comentario
quote
bold
italicize
underline
strike
url
image
quote
quote
smile
wink
laugh
grin
angry
sad
shocked
cool
tongue
kiss
cry
+ pequeno | + grande

busy
Tags:  TRIANGULO DE AMOR BIZARRO MARDI GRAS A CORUÑA MUSHROOM PILLOW
 
< Ant.   Seg. >
 

COMENTADO RECENTEMENTE

CONTACTO
Boas, somos un grupo d santiago da Ponte Pedriña...
SEGUNDO EP DOS GROVE...
Xa vai sendo hora de que este grupo teña o recoñ...
GZ POP! A NOVA FORNA...
Precisamente por eso non se lle pode chamar POP, p...
IRIA ABOI
Pois iso que está moi boa
CONTACTO
ola. Son Xabier Mera. Gustaría de enviaros inform...
FRANC3S - Franc3s (G...
penso que o termo "bizarro" está demasiado sobado...
PRIMEIRO DISCO LONGO...
xa o puiden escoitar, as miñas felicitacións aos...
PRIMEIRO DISCO LONGO...
xenial, que ganas que lle tiña!
PROJECTO ['TREPJA], ...
flipante a música que se está facer na terra nos...
PROJECTO ['TREPJA], ...
mágoa que non quedaran Noise Project de primeiros...

NOVIDADES

  • 08:00 - 13.11.2008 NOVIDADES

    franc3s

     

     

     

     

     

     

    FRANC3S
    Franc3s
    (A regueifa, 2008)

    Cando o 18 de maio de 1980 Ian Curtis decide unilateralmente poñer fin á breve singradura musical de Joy Division pendurándose polo pescozo cunha corda, o deus máis escuro do Valhalla da música popular fixo vibrar dolosamente as súas cordas vocais, emitindo un berro nunha frecuencia tan aquelada que só os tímpanos cunha maior dose de bizarrismo tebroso puideron captalo. Ese berro multiplicouse en miles de ecos que espallaron interminabelmente a mensaxe de loito desa deidade pagán polos catro recunchos do planeta. Así, non podía ser doutro xeito, esa onda sonora vibrou por terras de Bergantiños, e a semente desa vibración áspera, sucia e arriscada agromou nos miolos de Alberto, María e Patuki (tamén chegou a Vilalba) para florecer en Franc3s.

    A evolución metastática destes individuos de fans incondicionais a parte infinitesimal do universo bizarro fica fosilizada no seu propio nome, tributo por triplicado á actriz Frances Farmer, á vocalista de The Vaselines Frances McKee e á artista circense Frances O´Connor. María coa batería, Alberto coa guitarra e coa voz e Patuky cos teclados non só homenaxean en cada distorsión a bandas como Surfin´ Bichos, Los Enemigos, The Cramps ou The Jesus and Mary Chain, senón que tratan de enchoupar a súa música das sensacións que lles transmiten as obras de, por exemplo, John Waters, William Burroughs ou Pollock.

    Franc3s decidiu por fin dar o grande chimpo ao LP logo de dúas maquetas receptoras de boas críticas e gabanzas a manchea. O seu primeiro disco, Franc3s, está composto por dez temas e foi editado por A Regueifa Plataforma baixo licenza de Creative Commons; pode baixarse de balde en www.aregueifa.net. Tamén se pode adquirir en soporte físico, nunha edición limitada e feita a man a base de papel de lixa e peluche, en Discos Noni´s (A Coruña) e Cosmic Pop Club (Carballo).

    Así que xa sabedes, amantes dos sons de ultratumba, do theremin, da escuridade, do veludo, da luz de neon reflectida nas pozas dunha cidade perdida,…, gozade todos do novo de Franc3s, e xa me contaredes.

    Comentarios (1)add
    franc3s rules
    escrito por Óscar , Novembro 14, 2008
    penso que o termo "bizarro" está demasiado sobado xa

    según a RAE:

    bizarro, rra.

    (De it. bizzarro, iracundo).


    1. adj. valiente (‖ esforzado).

    2. adj. Generoso, lucido, espléndido.



    FRANC3S molan trogollón!
    bicos pra eles
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 12:37 - 13.10.2008 NOVIDADES

    nouvelledemmemoria

     

     

     

     

     

     

     

     

    NOUVELLE CUISINE
    De memoria
    (Autoeditado, 2008)

    O “malo” de ter asinado xoias de pop tan perfecto como Aritmética polar ou Dos torres é a altura á que deixas o listón para vindeiros discos. Os herculinos Nouvelle Cuisine corrían o risco de ser vítimas da calidade que plasmaron no seu anterior disco, o encantador Autodictado. Por fortuna, os "cocinitas" non se enrrugaron e souberon partir do ponto onde o deixaron para elevalo aínda uns centímetros máis, coma uns Sergéis Bubka do pop con pértiga.

    Sen perder o seu xa característco estilo -algo ben dificil de conseguir nunha banda con dúas voces tan diferentes- percébese nos doce temas que fan parte deste De memoria un salto cualitativo na produción. Continúan a guisalo e comelo eles mesmos pero no estudo de gravación a experiencia nótase e este enriquecemento faise palpable tanto a nivel de arranxos coma da expansión na paleta de sons e instrumentos (acordeóns, rhodes, sintes...). O certo é que o son de Nouvelle Cuisine acada con este disco un novo grau de madurez xa que a incoporación de sintetizador e caixas de ritmos nalgúns temas e a falla de complexos para meter guitarras moito máis distorsionadas afástaos do típico e autolimitado son indie do que beben -La Buena Vida e La Habitación Roja- explorando novos territorios que a esta altura da película a verdade é que son de agradecer.

    E como non hai bon disco de POP -con maiúsculas- sen unha boa colección de singles, ahi están eles para deixarnos xemas coma Sintonia08, Comunicación no verbal, El imperio roto ou Seremos cajeras... mostras de pop clásico preciosista dese que che queda ecoando permanentemente na testa con só un par de escoitas. A verdade é que resulta incrible que estes talentosos chefs non atopasen unha discográfica que lles editara o disco, por moita crise da industria discográfica que haxa. Neste caso é evidente que xogou máis na súa contra a deslocalización con respeito ao epicentro dos que terían de ser os seus pretendentes. No indie estatal xa se sabe que fora de Madrid e Barcelona vai moito frío. Porén a xogada non lles saiu tan mal, mais ben ao contrario, autoeditando o disco por partida doble, tanto en formato digipack de xeito comercial coma nun formato máis exclusivo: unha camisola que se vende xunto con unha memoria USB con toda a súa discografía. Se non querían caldo, dúas cuncas. E nós, claro, tan felices cun caldo tan cheo de sustancia.

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 11:20 - 25.09.2008 NOVIDADES

     

     

     

     

     

     

    BLOC PARTY
    Intimacy
    (Wichita, 2008)

    A “alarma silenciosa” ca que catro rapaces do East London decidiron comunicarlle ao mundo a súa existencia non foi tal; resultou o estoupido xordo do primeiro foguete da alborada, que racha o silencio da moribunda noite e pronostica xoldra. A partires dese intre máxico pode gozarse ou non da festa, pero xa non sobrevive no interior dos participantes esa inicial sensación de sorpresa. A Weekend In The City convertiuse desde o seu lanzamento na primeira víctima das odiosas comparacións as que serán sometidos todos e cada un dos traballos que Bloc Party decida facer, aos que xa de saída se lles catalogará como “inferiores a Silent Alarm”. Kele Okereke na voz e na guitarra, Russell Lissack na guitarra, Gordon Moakes no baixo e nos coros e Matt Tong na batería conforman Bloc Party.

    Intimacy (Wichita Recordings, 2008), o seu terceiro traballo, veu a luz o pasado 21 de agosto no seu formato dixital, quedando desde entón pendurado na rede coa posibilidade de baixalo previo abono do prezo estipulado. Os interesados en adquirilo no seu formato físico deberán agardar ata o 28 de outubro; neste formato inclúense algúns cortes non presentes no dixital. O disco foi producido por Paul Epworth e Jacknife Lee, quenes xa colaboraran coa banda nos seus anteriores traballos (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 08:00 - 11.09.2008 NOVIDADES

    jugoplastika

     

     

     

     

     

     

     

     

    JUGOPLASTIKA
    The 6th is the 7
    (Astro Discos, 2008)

    Co dos revivals é mellor non chegar a última hora. De poder escoller, o ideal sería chegar cando a cousa xa despegou pero aínda non invade masivamente as páxinas da NME e derivados, entrando de cheo no momento álxido do hype. Como mal menor, non estaría mal ser dos primeiros, o que sexa con tal de non ser dos últimos en chegar. Porén, ser pioneiro na recuperción dun son pasado garante certa frescura e non soar clónico pero tamén ten a desvantaxe de que van ser outros os que desfruten do verdadeiro recoñecemento. Non se pode ter todo.

    E no caso de Jugoplastika dá a impresión de que é exactamente isto último o que lles vai pasar. Asi que é de xustiza reivindicalos dende xa coma iniciadores dun revival que aínda está por chegar, o do indie guitarreiro dos primeiros 90s, con ecos de radio universitaria americana, voces pouco afinadas e producións precarias de son garaxeiro. Porque no seu último album -The 6th is the 7- non hai banda da época que non faga acto de presenza dunha ou outra maneira nalgunha das once cancións que fan parte do disco, dende os Pixies a Weezer pasando por Pavement, Guided by Voices, e Grandaddy. Un traballo, por certo, maxistralmente producido por Paco Loco, que demostra ser un auténtico todoterreno, recreando perfectamente o son suxo dominado polas frecuencias medias tan característico daqueles tempos dando forma ao que probablemente é o disco galego máis xenuinamente americano de todos os tempos.

    Dubido que Kukoc, Perasovic e Radja escoitasen aos Pixies nos vestiarios pero o certo é que as coordenadas temporais deste novo son de Jugoplastika teñen perfecto sentido e danlle coherencia absoluta á estética do grupo. Iso si, só asimilable en todos os seus matices  polos que nacimos antes dos 80s, as novas xeracións van ter que agardar a que chegue o revival noventeiro -remastigado e actualizalo- para desfrutalo ao 100%. Sexa coma sexa, sempre poderemos dicer o de "pero se isto xa o facían Jugoplastika no 2008".

    Comentarios (1)add
    ...
    escrito por xoel , Setembro 15, 2008
    bluff
    bluff
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 06:52 - 02.09.2008 NOVIDADES

    death_cab_narrow_stairs

     

     

     

     

     

     

    DEATH CAB FOR CUTIE
    Narrow Stairs
    (Atlantic, 2008)

    Atópome de fronte e a máis de 200 km/h con Narrow Stairs; o choque é brutal, anaquiños de disonantes melodías dunha beleza inusual perforan diversos órganos do meu corpo e préñanme as vísceras dun sotaque agridoce de saudade. Atópome de fronte ante o sexto traballo da banda formada por Ben Gibbard, Chris Walla, Nicholas Harmer e Jason McGerr; atópome de fronte cunha auténtica delicia de comezo a fin, tanto no seu formulación como na súa execución, un río que nace e transcorre cara o mar entre meandros sinuosos e violentas fervenzas.

    Nace Narrow Stairs cun corte duns cinco minutos que lembra por veces á primeira canción de Plans, aquela Marching Bands of Manhattan que nos marabillara, aínda que esta posúe un ton máis sutil. Comeza amodo para ir acadando maior contundencia segundo pasa o tempo, apoiados sempre nun enorme baixo (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 11:34 - 12.05.2008 NOVIDADES

    esquios2gif

     

     

     

     

     

     

    ESQUIOS
    Un tipo normal
    (Autoeditado Distribuciones, 2008)

    Os estradenses Esquíos deron un xiro importante á banda con este Un tipo normal, o seu segundo disco longo. A incorporación de Miguel Castro na voz en sustitución de Fidel Castro -non sei se serán irmáns- marca en grande medida o seu novo son, moito máis punk-rock, case alonxado por completo das querencias metaleiras do seu debut. O certo é que o xiro parece moi meditado xa que a nova voz -moito máis axeitado para o punk-rock con maior carrega melódica que fan agora- dálle a Esquios un son moito máis actual.

    Pero non é a voz a única novidade desta nova etapa. Agora atopamos unha cota maior de temas cantados en galego e unhas letras, entre o social e o festeiro, que encaixan mellor co seu estilo e o seu público potencial. Especialmente agora que contan no seu repertorio con temasda forza de “A rapa” ou “Galiza festa rachada” -sen dúbida os dous singles máis potentes do disco- que prometen ser verdadeiros furacáns ao vivo, cuns retrousos deses que son carne de pogo. Dous temas, ademais, que incorporan un par de detalles -aire funk e sección de metais, o primeiro, e ritmo skatalítico, o segundo- que alén de demostrar a versatilidade dos novos Esquíos tamén van facer de efectivo anzol para atraer a novos siareiros á banda.

    Comentarios (1)add
    MOI BO GRUPO
    escrito por abel , Xuño 19, 2008
    Vinnos en directo e a verdade e que son a ostia, montanche unha festa que flipas e son cañeiros. Ali comprei este cd e gustoume moito, ademais e bastante variado, ten algun tema que non me acaba de chegar pero en xeral e un disco moi recomendable para os amantes do rock cañeiro
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 06:56 - 06.05.2008 NOVIDADES

    rem_-_accelerate

     

     

     

     

     

     

    REM
    Accelearte
    (Warner, 2008)

    Facía xa catro anos que a banda de Athens non daba sinais de vida; foi por aquel entón cando publicaron o deostado (inxustamente baixo o meu criterio) Around the Sun. Por fin en abril de 2008 saíu á luz Accelerate, anunciado polos iluminados e entendidos como “a volta as súas orixes”. ¿Pero iso non o fixeran xa con Monster? ¿non se volvera de novo a falar do mesmo cando saíron New Adventures in Hi-Fi e Up? en resumo, máis peras mentais de flipados ou pura estratexia de marketing por parte da Warner (ou ambas cousas, claro) (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario