FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
ATAQUE ESCAMPE PDF Imprimir Correo-e
ENTREVISTAS
Escrito por Zumbi dos Palmares   
Mércores, 18 de Abril do 2007
Índice de artigos
ATAQUE ESCAMPE
Páxina 2
Chuza!
ae_muro
 "OU SOMOS MÚSICA DE PROVINCIAS, OU SOMOS MÚSICA GALEGA, SE QUEREMOS SER MÚSICA GALEGA OS GRUPOS TEÑEN QUECHEGAR Á XENTE EN GALEGO"
 

Por Mario Regueira
A situación non deixa de resultarnos familiar a todos, aínda que miremos con certa desconfianza cara ao micrófono que acabo de poñer sobre a mesa. Cando cheguei estaban ensaiando o tema de Andrés do Barro que van versionar para o disco tributo. Aí pensei que algo comezaba a cambiar, ensaiando cun estudio de gravación en mente, cun equipo algo mellor que nos últimos anos... Despois vinos experimentando a sonoridade dun envase de xel baleiro e souben que a súa autenticidade nunca cedería a cousas tan nimias coma esa. Ataque Escampe segue fiel aos seus principios e á súa orixinalidade.
 

ST - Comecemos polo principio. Contádenos un pouco como xorde este proxecto chamado Ataque Escampe. 

Miguel - Nós entramos en contacto na facultade onde estudiabamos, en Filoloxía. Comezamos a reunirnos e pola graza de ter un grupo xuntabámonos e ensaiabamos con moita inxenuidade, pero tamén con bastantes pretensións. Durante o 2002 e 2003 fixemos algún concerto e algunha gravación, despois durante 2004 e 2005 dous dos membros, Roi e Samuel,  foron para Barcelona e houbo un pequeno parón. En 2006 retomamos a actividade e tivemos a sorte de gañar o Utopía Son no Café Uf. A partir de aí gravamos a maqueta, colléronnos na Rede Galega de Música en Vivo do IGAEM e xa fomos arrancando un pouco. 

Alex - De todos xeitos non fomos sempre a mesma formación, ao longo deses anos houbo outra xente que foi entrando e saindo do grupo segundo as circunstancias, nestes anos non fomos só nós os catro os formantes. 

ST - Nese sentido a disposición musical do grupo respondeu a unha planificación predeterminada, ou foi froito da casualidade? 

Miguel - Ao principio foi froito das circunstancias e do que sabiamos facer cada un, foi unha historia moi amateur. Despois de moitas hostias levadas fomos descubrindo que aínda así esa formación tiña o seu ponto de orixinalidade e que podía funcionar, entón fomos traballando para consolidar ese son particular. Hai xente que aínda non o acaba de entender pero iremos intentando meterllo polas orellas. 

Roi - Fixemos unha poética da necesidade. 

Miguel - Da necesidade facer virtude, esa foi a nosa máxima. 

ST - Que é exactamente "rock de serie b"? Porque pode pensarse que é unha etiqueta, pero tamén un xeito de desculparse. 

Samuel - Nós comezamos a tocar regularmente no 2005 e tiñamos unha actitude ante o público moi humilde, case rastrera. Nos concertos tiñamos que pedir desculpas porque saían mal, ben, non é que saisen mal, senón que había moi mal son. Nese sentido había que buscar unha etiqueta que nos desculpase e ao mesmo tempo convertese esa desculpa nunha certa elegancia, unha marca da casa que levar con orgullo. Non quere dicir tampouco que pretendamos tocar mal. 

ST - Fálase moito da vosa relación co punk. Que podedes dicir? Considerádesvos un grupo punk ou un grupo de rock acústico, como din outros? 

Alex - A nivel de actitude si que podemos estar perto do punk, pero loxicamente co son  en acústico é un pouco difícil conseguir esa proximidade a nivel musical. 

Miguel - De todos xeitos cando nace o punk nace como grupos que intentan facer as cousas por si mesmos con poucos medios, grupos underground, do estilo da Velvet ou de Iggy Pop. Despois ese estilo foise especializando con outros grupos de estilo máis machacón. Nós sentímonos máis próximos á primeira onda, a un estilo underground non cinxido necesariamente a un son concreto. 

ST - A primeira vez que gravastes nuns estudios da Radio Galega seica vos berraron porque dicían que non podiades facer a música que faciades sen un baixo. Pensades que realmente precisades un baixo? 

Alex - Textualmente dixeron que para ter un grupo de música había que ter máis disciplina que nun batallón de cabalería, que é unha frase que a min particularmente nunca se me esquecera. 

Samuel - En realidade non nos berraron, foi algo máis ou menos amábel, dunha certa amabilidade hipócrita. Daquela si que tiñamos baixo, pero non sabiamos tocar con el. 

Miguel - A inxenuidade demostrábase en que o que ía tocar o baixo preguntounos cando iamos coller o bus para a Radio Galega cales eran as cancións e como eran. Só ensaiáramos con el un día antes e nós intuiamos que aprendera todo porque non dixera nada, pero resulta que non sabía, nós tampouco... Iso foi perder o virgo musical nun estudio, e perdímolo dunha forma bastante traumática. 

Samuel - O que ía tocar o baixo era un bo músico, e nós dixemos: se é bo músico ten que coller as canción de contado. Pero claro, unha cousa é ser bo músico e outra ser un adiviño. Ese día baixamos a pé dende a Radio Galega, cun certo sentimento de humillación. Pero máis que a humillación o que tiñamos na mente era o ben que soaba o cachiño que chegaramos a gravar. Nunca nos volvimos oir con esa calidade de son. 

Roi - En calquera caso agora mesmo non sentimos a necesidade dun baixo, nen o botamos a faltar. 

ST - Lembramos que o voso primeiro éxito, a un nivel moi underground, foi unha curiosa versión en inglés do Xirarei de Xil Ríos. Fixéstela dende o respecto ou dende un certo chascarrillo? Cal é a vosa relación co que poderiamos chamar os crooners galegos, Xil Ríos, Andrés do Barro, ou mesmo Los Tamara? 

Alex - Nun principio si que foi un certo chascarrillo, pero co tempo adquirimos a consciencia de que aquilo era bastante loubábel. A fin de contas era música en galego, e foron os pioneiros, fosen como fosen. Hoxe en día témoslle moito respecto, tanto a Xil Ríos como aos demais. 

Samuel - É unha relación en certo sentido de antropofaxia, como a do modernismo brasileiro. Unha relación de aproveitamento, nen de parodia nen de crítica. Agora estamos facendo unha canción para o disco tributo a Andrés do Barro e facémolo dende o respecto. Gostamos da canción que escollemos e aínda que fagamos outra cousa e teñamos un son distinto, o certo é que a música de Andrés do Barro segue a ser algo que pode ser aproveitado. 

Roi - Eu creo que hai que reivindicar a estes crooners galegos. Antes víanse dun xeito paródico, aínda que na parodia sempre hai algo de homenaxe. Eran xente que nuns tempos moi difíciles se atreveron a cantar en galego, e está ben reivindicar ese pasado. Como di un vello dito galego: para ser orixinal hai que coñecer as orixes. 

ST - Despois de todo o que se ten falado, cales son as influencias musicais que recoñecedes? 

Alex - Ben, se non recoñecésemos a influencia de, por exemplo, Los Enemigos, estariamos mentindo. Co resto supoño que será máis ben unha cuestión de forma o que predomine, o lazo acústico. 

Miguel - Nós tentamos ser música popular cunhas letras máis ou menos intelixentes e irónicas, fuxindo da mística, da gran trascendencia e do máis sentimental. Podemos ser sentimentais pero dunha forma un pouco irónica. Iso é algo que está en toda a música popular, dende Gardel até Siniestro Total. 

Samuel - Houbo unha época na que procurabamos grupos que se nos semellasen. Cada vez que oiamos algo que fose rock acústico, ou algo que tivese violín, como cando descubrimos a Louise Attaque, iamos collendo cousas de aí. Agora cando se fala da nosa semellanza con grupos como Violent Femmes e outros grupos tamén tratamos de aproveitala. Algúns inflúen polo feito de ser acústicos, outros pola instrumentación, outros na semellanza coa voz de Alex... 

Miguel - É difícil atopar influencias. Non só pola instrumentación, os xéneros que tocamos van dende o bolero, até o tango, o rock, o punk... é unha especie de refrito, aínda que a actitude teña sempre un fondo irónico. A propia actitude de mesturar todos os xéneros ten un fondo de ironía. Tamén está aí o feito de que nacimos como un grupo sen grandes pretensións, non pensabamos que ninguén nos fose escoitar, entón faciamos as cousas á nosa maneira, con total liberdade, sen cinxirnos a un estilo concreto. 



 
< Ant.   Seg. >
 

COMENTADO RECENTEMENTE

CONTACTO
Boas, somos un grupo d santiago da Ponte Pedriña...
SEGUNDO EP DOS GROVE...
Xa vai sendo hora de que este grupo teña o recoñ...
GZ POP! A NOVA FORNA...
Precisamente por eso non se lle pode chamar POP, p...
IRIA ABOI
Pois iso que está moi boa
CONTACTO
ola. Son Xabier Mera. Gustaría de enviaros inform...
FRANC3S - Franc3s (G...
penso que o termo "bizarro" está demasiado sobado...
PRIMEIRO DISCO LONGO...
xa o puiden escoitar, as miñas felicitacións aos...
PRIMEIRO DISCO LONGO...
xenial, que ganas que lle tiña!
PROJECTO ['TREPJA], ...
flipante a música que se está facer na terra nos...
PROJECTO ['TREPJA], ...
mágoa que non quedaran Noise Project de primeiros...

NOVIDADES

  • 08:00 - 13.11.2008 NOVIDADES

    franc3s

     

     

     

     

     

     

    FRANC3S
    Franc3s
    (A regueifa, 2008)

    Cando o 18 de maio de 1980 Ian Curtis decide unilateralmente poñer fin á breve singradura musical de Joy Division pendurándose polo pescozo cunha corda, o deus máis escuro do Valhalla da música popular fixo vibrar dolosamente as súas cordas vocais, emitindo un berro nunha frecuencia tan aquelada que só os tímpanos cunha maior dose de bizarrismo tebroso puideron captalo. Ese berro multiplicouse en miles de ecos que espallaron interminabelmente a mensaxe de loito desa deidade pagán polos catro recunchos do planeta. Así, non podía ser doutro xeito, esa onda sonora vibrou por terras de Bergantiños, e a semente desa vibración áspera, sucia e arriscada agromou nos miolos de Alberto, María e Patuki (tamén chegou a Vilalba) para florecer en Franc3s.

    A evolución metastática destes individuos de fans incondicionais a parte infinitesimal do universo bizarro fica fosilizada no seu propio nome, tributo por triplicado á actriz Frances Farmer, á vocalista de The Vaselines Frances McKee e á artista circense Frances O´Connor. María coa batería, Alberto coa guitarra e coa voz e Patuky cos teclados non só homenaxean en cada distorsión a bandas como Surfin´ Bichos, Los Enemigos, The Cramps ou The Jesus and Mary Chain, senón que tratan de enchoupar a súa música das sensacións que lles transmiten as obras de, por exemplo, John Waters, William Burroughs ou Pollock.

    Franc3s decidiu por fin dar o grande chimpo ao LP logo de dúas maquetas receptoras de boas críticas e gabanzas a manchea. O seu primeiro disco, Franc3s, está composto por dez temas e foi editado por A Regueifa Plataforma baixo licenza de Creative Commons; pode baixarse de balde en www.aregueifa.net. Tamén se pode adquirir en soporte físico, nunha edición limitada e feita a man a base de papel de lixa e peluche, en Discos Noni´s (A Coruña) e Cosmic Pop Club (Carballo).

    Así que xa sabedes, amantes dos sons de ultratumba, do theremin, da escuridade, do veludo, da luz de neon reflectida nas pozas dunha cidade perdida,…, gozade todos do novo de Franc3s, e xa me contaredes.

    Comentarios (1)add
    franc3s rules
    escrito por Óscar , Novembro 14, 2008
    penso que o termo "bizarro" está demasiado sobado xa

    según a RAE:

    bizarro, rra.

    (De it. bizzarro, iracundo).


    1. adj. valiente (‖ esforzado).

    2. adj. Generoso, lucido, espléndido.



    FRANC3S molan trogollón!
    bicos pra eles
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 12:37 - 13.10.2008 NOVIDADES

    nouvelledemmemoria

     

     

     

     

     

     

     

     

    NOUVELLE CUISINE
    De memoria
    (Autoeditado, 2008)

    O “malo” de ter asinado xoias de pop tan perfecto como Aritmética polar ou Dos torres é a altura á que deixas o listón para vindeiros discos. Os herculinos Nouvelle Cuisine corrían o risco de ser vítimas da calidade que plasmaron no seu anterior disco, o encantador Autodictado. Por fortuna, os "cocinitas" non se enrrugaron e souberon partir do ponto onde o deixaron para elevalo aínda uns centímetros máis, coma uns Sergéis Bubka do pop con pértiga.

    Sen perder o seu xa característco estilo -algo ben dificil de conseguir nunha banda con dúas voces tan diferentes- percébese nos doce temas que fan parte deste De memoria un salto cualitativo na produción. Continúan a guisalo e comelo eles mesmos pero no estudo de gravación a experiencia nótase e este enriquecemento faise palpable tanto a nivel de arranxos coma da expansión na paleta de sons e instrumentos (acordeóns, rhodes, sintes...). O certo é que o son de Nouvelle Cuisine acada con este disco un novo grau de madurez xa que a incoporación de sintetizador e caixas de ritmos nalgúns temas e a falla de complexos para meter guitarras moito máis distorsionadas afástaos do típico e autolimitado son indie do que beben -La Buena Vida e La Habitación Roja- explorando novos territorios que a esta altura da película a verdade é que son de agradecer.

    E como non hai bon disco de POP -con maiúsculas- sen unha boa colección de singles, ahi están eles para deixarnos xemas coma Sintonia08, Comunicación no verbal, El imperio roto ou Seremos cajeras... mostras de pop clásico preciosista dese que che queda ecoando permanentemente na testa con só un par de escoitas. A verdade é que resulta incrible que estes talentosos chefs non atopasen unha discográfica que lles editara o disco, por moita crise da industria discográfica que haxa. Neste caso é evidente que xogou máis na súa contra a deslocalización con respeito ao epicentro dos que terían de ser os seus pretendentes. No indie estatal xa se sabe que fora de Madrid e Barcelona vai moito frío. Porén a xogada non lles saiu tan mal, mais ben ao contrario, autoeditando o disco por partida doble, tanto en formato digipack de xeito comercial coma nun formato máis exclusivo: unha camisola que se vende xunto con unha memoria USB con toda a súa discografía. Se non querían caldo, dúas cuncas. E nós, claro, tan felices cun caldo tan cheo de sustancia.

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 11:20 - 25.09.2008 NOVIDADES

     

     

     

     

     

     

    BLOC PARTY
    Intimacy
    (Wichita, 2008)

    A “alarma silenciosa” ca que catro rapaces do East London decidiron comunicarlle ao mundo a súa existencia non foi tal; resultou o estoupido xordo do primeiro foguete da alborada, que racha o silencio da moribunda noite e pronostica xoldra. A partires dese intre máxico pode gozarse ou non da festa, pero xa non sobrevive no interior dos participantes esa inicial sensación de sorpresa. A Weekend In The City convertiuse desde o seu lanzamento na primeira víctima das odiosas comparacións as que serán sometidos todos e cada un dos traballos que Bloc Party decida facer, aos que xa de saída se lles catalogará como “inferiores a Silent Alarm”. Kele Okereke na voz e na guitarra, Russell Lissack na guitarra, Gordon Moakes no baixo e nos coros e Matt Tong na batería conforman Bloc Party.

    Intimacy (Wichita Recordings, 2008), o seu terceiro traballo, veu a luz o pasado 21 de agosto no seu formato dixital, quedando desde entón pendurado na rede coa posibilidade de baixalo previo abono do prezo estipulado. Os interesados en adquirilo no seu formato físico deberán agardar ata o 28 de outubro; neste formato inclúense algúns cortes non presentes no dixital. O disco foi producido por Paul Epworth e Jacknife Lee, quenes xa colaboraran coa banda nos seus anteriores traballos (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 08:00 - 11.09.2008 NOVIDADES

    jugoplastika

     

     

     

     

     

     

     

     

    JUGOPLASTIKA
    The 6th is the 7
    (Astro Discos, 2008)

    Co dos revivals é mellor non chegar a última hora. De poder escoller, o ideal sería chegar cando a cousa xa despegou pero aínda non invade masivamente as páxinas da NME e derivados, entrando de cheo no momento álxido do hype. Como mal menor, non estaría mal ser dos primeiros, o que sexa con tal de non ser dos últimos en chegar. Porén, ser pioneiro na recuperción dun son pasado garante certa frescura e non soar clónico pero tamén ten a desvantaxe de que van ser outros os que desfruten do verdadeiro recoñecemento. Non se pode ter todo.

    E no caso de Jugoplastika dá a impresión de que é exactamente isto último o que lles vai pasar. Asi que é de xustiza reivindicalos dende xa coma iniciadores dun revival que aínda está por chegar, o do indie guitarreiro dos primeiros 90s, con ecos de radio universitaria americana, voces pouco afinadas e producións precarias de son garaxeiro. Porque no seu último album -The 6th is the 7- non hai banda da época que non faga acto de presenza dunha ou outra maneira nalgunha das once cancións que fan parte do disco, dende os Pixies a Weezer pasando por Pavement, Guided by Voices, e Grandaddy. Un traballo, por certo, maxistralmente producido por Paco Loco, que demostra ser un auténtico todoterreno, recreando perfectamente o son suxo dominado polas frecuencias medias tan característico daqueles tempos dando forma ao que probablemente é o disco galego máis xenuinamente americano de todos os tempos.

    Dubido que Kukoc, Perasovic e Radja escoitasen aos Pixies nos vestiarios pero o certo é que as coordenadas temporais deste novo son de Jugoplastika teñen perfecto sentido e danlle coherencia absoluta á estética do grupo. Iso si, só asimilable en todos os seus matices  polos que nacimos antes dos 80s, as novas xeracións van ter que agardar a que chegue o revival noventeiro -remastigado e actualizalo- para desfrutalo ao 100%. Sexa coma sexa, sempre poderemos dicer o de "pero se isto xa o facían Jugoplastika no 2008".

    Comentarios (1)add
    ...
    escrito por xoel , Setembro 15, 2008
    bluff
    bluff
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 06:52 - 02.09.2008 NOVIDADES

    death_cab_narrow_stairs

     

     

     

     

     

     

    DEATH CAB FOR CUTIE
    Narrow Stairs
    (Atlantic, 2008)

    Atópome de fronte e a máis de 200 km/h con Narrow Stairs; o choque é brutal, anaquiños de disonantes melodías dunha beleza inusual perforan diversos órganos do meu corpo e préñanme as vísceras dun sotaque agridoce de saudade. Atópome de fronte ante o sexto traballo da banda formada por Ben Gibbard, Chris Walla, Nicholas Harmer e Jason McGerr; atópome de fronte cunha auténtica delicia de comezo a fin, tanto no seu formulación como na súa execución, un río que nace e transcorre cara o mar entre meandros sinuosos e violentas fervenzas.

    Nace Narrow Stairs cun corte duns cinco minutos que lembra por veces á primeira canción de Plans, aquela Marching Bands of Manhattan que nos marabillara, aínda que esta posúe un ton máis sutil. Comeza amodo para ir acadando maior contundencia segundo pasa o tempo, apoiados sempre nun enorme baixo (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 11:34 - 12.05.2008 NOVIDADES

    esquios2gif

     

     

     

     

     

     

    ESQUIOS
    Un tipo normal
    (Autoeditado Distribuciones, 2008)

    Os estradenses Esquíos deron un xiro importante á banda con este Un tipo normal, o seu segundo disco longo. A incorporación de Miguel Castro na voz en sustitución de Fidel Castro -non sei se serán irmáns- marca en grande medida o seu novo son, moito máis punk-rock, case alonxado por completo das querencias metaleiras do seu debut. O certo é que o xiro parece moi meditado xa que a nova voz -moito máis axeitado para o punk-rock con maior carrega melódica que fan agora- dálle a Esquios un son moito máis actual.

    Pero non é a voz a única novidade desta nova etapa. Agora atopamos unha cota maior de temas cantados en galego e unhas letras, entre o social e o festeiro, que encaixan mellor co seu estilo e o seu público potencial. Especialmente agora que contan no seu repertorio con temasda forza de “A rapa” ou “Galiza festa rachada” -sen dúbida os dous singles máis potentes do disco- que prometen ser verdadeiros furacáns ao vivo, cuns retrousos deses que son carne de pogo. Dous temas, ademais, que incorporan un par de detalles -aire funk e sección de metais, o primeiro, e ritmo skatalítico, o segundo- que alén de demostrar a versatilidade dos novos Esquíos tamén van facer de efectivo anzol para atraer a novos siareiros á banda.

    Comentarios (1)add
    MOI BO GRUPO
    escrito por abel , Xuño 19, 2008
    Vinnos en directo e a verdade e que son a ostia, montanche unha festa que flipas e son cañeiros. Ali comprei este cd e gustoume moito, ademais e bastante variado, ten algun tema que non me acaba de chegar pero en xeral e un disco moi recomendable para os amantes do rock cañeiro
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 06:56 - 06.05.2008 NOVIDADES

    rem_-_accelerate

     

     

     

     

     

     

    REM
    Accelearte
    (Warner, 2008)

    Facía xa catro anos que a banda de Athens non daba sinais de vida; foi por aquel entón cando publicaron o deostado (inxustamente baixo o meu criterio) Around the Sun. Por fin en abril de 2008 saíu á luz Accelerate, anunciado polos iluminados e entendidos como “a volta as súas orixes”. ¿Pero iso non o fixeran xa con Monster? ¿non se volvera de novo a falar do mesmo cando saíron New Adventures in Hi-Fi e Up? en resumo, máis peras mentais de flipados ou pura estratexia de marketing por parte da Warner (ou ambas cousas, claro) (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 11:53 - 17.04.2008 NOVIDADES

    deluxe-reconstruccion2

     

     

     

     

     

     

    DELUXE
    Reconstrucción
    (Virgin, 2008)

    Reconstrucción é o quinto disco do coruñés Xoel López, que saíu á luz o pasado 18 de marzo, aproximadamente un ano despois do lanzamento de Fin de un Viaje Infinito, o seu anterior traballo. O álbum ofrécenos dez temas inéditos e cinco remesturas das cancións que foi publicando mes a mes en internet ao longo do 2007. A primeira edición desta Reconstrucción, limitada ás súas 5.000 primeiras copias, traerá a maiores un DVD que inclúe imaxes en directo do Piano Bar Sessions, os tres vídeos de Fin de un Viaje Infinito e parte do concerto (unha hora e media) que Xoel ofreceu o 24 de novembro de 2007 en La Riviera, acompañado de xente como Josele Santiago, Eva Amaral e Juan Aguirre de Amaral, Amaro Ferreiro, Eladio Santos ou Julián López do programa Muchachada Nui. No audio deste DVD inclúense quince temas máis, compostos por versións acústicas, maquetas, as tres “cancións do mes” non incluídas no CD e catro temas do directo en La Riviera (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario