"ESTE NOVO DISCO E UN POUCO MAIS SERIO, MAIS DENSO, MAIS ROCK"
Niño y Pistola foron unha das grandes sopresas de 2006 co seu album de debut Como un maldito guisante. Agora veñen de editar o seu segundo disco, Culebra, desta vez da man do mítico selo Astro Discos, reponsábel nos 90s do nacemento do Xixón Sound. A nosa compañeira Besbe puido falar con eles e isto é o que lle contaron este catro encantadores reptís do Val Miñor:
Como era o conto do batería
manco? Que foi o que pasou neste disco, rebeláronse o batería e amotináronse
as guitarras eléctricas?
(Quique) Como
lle sucedía a Rocío Durcal
na cancion “Paquirri era gay” dos Movidas, agora
o bateria é un ciborg e ten un brazo de titanio.
(Moncho)
Unha das palabras clave en NYP
é o bombo, por usalo o por deixalo de usar.
(manolito) O que queriamos
dende que pensamos en grabar outra vez era evolucionar, facer un segundo
disco cun son diferente pero que aínda así cheirase a NYP.(Alvaro)...e
por outra banda conseguir ter un son mais potente, con máis corpo,
cara os concertos.
E falando dos arranxos que
fixestes, que é un kazoo? De onde provén
a idea de utilizalo?
(Quique) O
Kazoo ou mirlitón é un instrumento musical simple da familia
dos membranófonos; ainda que a primeira
frase da definición debería ser “non hai que soplar, ostia”. É
un instrumento que costa 0,60 € e que na Rockdelux
confundiron con un saxo tenor. Cágatelorito.
(manolito) O usamos por unha
banda por falta de presuposto, e por outra para que se note a nosa falta
de presuposto e a xente diga “que riquiños estes que non teñen cartos
para trompetas e usan kazoos”
(Alvaro) De
todos modos ademais do kazoo hai más instrumentos extra no disco, pinceladas
de sitar, algún teclado, etc. Intentamos aportarlle “cor” ao disco
a través de empregar diferentes instrumentos.
Culebra sigue a liña
de Como un maldito guisante, tedes medo de encasillarvos no
“isto soa como The Beatles”, “isto semella british” ou tanto
vos ten?
(Moncho) Ningún.
É un pracer que nos mencionen ós Beatles.
(manolito) Facemos a música
que nos gusta, a que escoitamos e o seguiremos a facer mentres duremos.
Culebra segue a liña do Guisante, pero é diferente. O
Guisante é máis inmediato, máis naif, máis pop... Culebra
é un pouco máis serio, máis denso, máis rock.
Destes co estribillo perfecto?
(Moncho) Si.
Pero ímolo distribuindo intelixentemente ó longo de tódalas nosas
canciós, senon a nosa carreira sería moi curta.
Con arranxos e todo continúa
sendo un disco moi agradable de escoitar, refléxase na música o voso
xeito de ser ou á hora da verdade a música e o carácter non van da
man?
(manolito) Se cadra nos somos
máis simpáticos que a nosa música, por exemplo, mira as respostas
de Quique:
(Quique) Wagner
era nazi.
(Moncho) ...sempre
hai restos do caracter do artista no traballo que realiza, a música
non deixa de ser unha forma máis de expresión.
(Alvaro) De
todos modos esa relación debe estar en segundo plano, se tratas de
buscala ou de afastarte dela desnaturalizas o proceso e corres o perigo
de estar atrapado polo teu personaxe. Hai que fuxir da impostura.
Se
Como un maldito guistante foi editado por Mulberry Records,
Culebra chéganos da man de Astro Discos e xa que estamos falando
de Culebra, contádenos algo sobre a canción
Mulberry fields.
(manolito) Mulberry
foi o selo que apostou por nós nun primeiro momento. As circunstancias
leváronnos a cambiar de selo, pero nunca esqueceremos á xente que
nos empurrou no principio, por iso fixemos esta canción.
O último ano con
Como un maldito guisante, percorrestes practicamente toda Galicia
e España, como foi a acollida e que concerto lembrades con máis cariño.
(Alvaro) A
acollida foi estupenda. Ser dun pobo afastado dos centros neurálxicos
onde suceden as cousas e conseguir editar un disco que funcione, verte
tocando a centos de quilómetros, que a xente lle guste o que fas, que
saiba as cancións, etc, é moi emocionante.
(Quique) Un
dos concertos no que o pasamos mellor, e coido que o público tamén,
foi no Costello en Madrid. E o dic-esprait moi rico tamén.
(Moncho) Esa
noite tocabamos con Russian Red, e quedamos abraiados com ela...
Aparte da merecida homenaxe
que supuxo o disco homenaxe a Andrés do Barro, iso de ver a gran variedade
de músicos que hai actualmente en Galicia, que vos fixo pensar persoalmente
a vós? Como vos tomastes o proxecto?
(Moncho) Encantados
de que nos invitaran a participar no disco homenaxe e de poder facer
a versión dunha canción coma O Tren.
(manolito) Aparte diso, o proxecto
fixo ver que hai moita xente facendo cousas en Galiza, moitas ideas,
moitas ganas, e iso é o mellor que pode pasar.
O Tren de Andrés
do Barro xa forma parte do voso repertorio, que outras versións ademáis
de Dancing Queen
vos gusta tocar?
(Moncho) Pois
tocamos Blue, de The Jayhawks que nos gusta moito. Tamén
solíamos comezar os concertos o ano pasado cunha version dunha das
primeiras canciós de Neil Young
que se chama I’ve waiting for you.
(manolito) ...No Surprises
de Radiohead...
(Quique) Nos
ensaios tocamos moito a de La Union de “cabalgando en la
pasioooon” que a canta Álvaro.
Agora andan moi de moda
as colaboracións entre distintos grupos e cantantes, de poder facer
unha, con quen sería? (Tanto a nivel internacional como máis local)
(manolito) Eu tocaría con
Kula Shaker, Neil Young
ou Ben Harper, sen pensalo nin un minuto.
(Alvaro) Postos
a pedir eu chamaría a Tom Petty
para que tocase con nos ou a Nick Cave
para que fixese unha das súas voces de botar unha bronca.
(Moncho) Con
Rufus Wainwright, sección de cordas, ventos, e unha chea de músicos.
(Quique) Eu,
a nivel internacional, con Rihanna (ela, ela é) e local
con O Parga (el baile del tio pio)
Por que tardou tanto
Culebra en saír? Xa estabamos agardándoo
para setembro e tivéstenos en ascuas ata este ano.
(Quique) Iso
digo eu
(Alvaro) O
disco plantexámolo para primeiros de ano pero retrasouse un pouco debido
á disponibilidade da fábrica.
(manolito) ...e incompetencias
varias.
Cal é a canción favorita
de cada un do disco e por que?
(manolito) Science of Sleep,
polo ton psicodélico, pola historia que conta da película de Michel
Gondry e polo subidón do final.
(Quique)
Moon and Sun. Un clásico no repertorio de Niño y Pistola
que foi gañando cos anos. (m)
é a canción máis vella do disco, coido que ten 10 anos!!!
(Alvaro)
Gone to Liverpool, ten unha melodía luminosa, bo ritmo e
un final con kazoos e voces moi divertido.
(Moncho) A
segunda do disco, Getting Cold. É unha canción inspira certa
incertidumbre todo o tempo e fai que che pique algunha parte do corpo.
Non é broma.
Culebra
é un nome tan inquietante como de primeiras pode semellar Niño y Pistola,
por que Culebra?
(manolito) Nun concerto na
Illa de Arousa, había un home un tanto pasado que se chamaba Selu que
intentou ligar con todas as mozas da nosa pandilla, pero elas pasaban
del. Cando cansou de tentalo marchou rosmando, e a medio camiño deu
vota e gritoulle a Raquel que bailaba coma tola, “Culebra!”
e aí quedou.
Aquí en Galiza, os distintos
grupos están sacando videoclips: Nadadora, Franc3s, The Homens, 6pm
e vos fixestes o mesmo con Song 74.
Tedes pensado facer algún con algunha canción de
Culebra?
(Moncho) Si
temos pensadas varias ideas pero ainda hai que materializalo todo, así
que haberá que esperar un cacho ata que chegue o video
En que emisora encaixaría
máis Niño y Pistola: na galega (Radio Oceánica incluída) nos 40
principais, Radio3, M-80 ou Cadena Dial?
(Quique) Nunha
de humor, como a COPE
(Alvaro) Para
nós a emisora de referencia é Radio3, pero dende Radio Galega
sempre nos tratan moi ben.
Sei que participastes
na BSO de “Las dos vidas de Ernesto Pena” de Maragota Produccións,
como surxiu o proxecto? Quedáronvos ganas de facer unha colaboración
semellante?
(Quique) Coñeciamos
a Eduardo, director vocacional e contable profesional, como o protagonista
da curta. Escoitara Como Un Maldito Guisante e propúxonos
facerlle a BSO a curta na que estaba a traballar. Foi a única vez que
fixemos algo parecido e repetiríamos con gusto.
(manolito) En realidade o que
fixo ese traballo foi Quique, que malia tocar a batería en NYP é o
típico guitarrista multi-instrumentista.
Falando de curtas, películas
e films, duas preguntas encadeadas: fostes ver
Pradolongo e que ten de relación a vosa canción
The science of sleep coa película homónima de Michel Gondry?
(manolito) Non fomos ver Pradolongo.
A letra de Science of Sleep
sae das situacións que hai na película de Michel Gondry, que
vin o ano pasado no cine e me deixou abraiado... gustaríanos facerlle
chegar a canción ao Michel
para tentar demostrarlle o que nos chegou a gustar.
Tivestes moito éxito a
nivel nacional co anterior disco, había presión á hora de sacar
Culebra? Como está quedando a axenda de concertos?
(Alvaro) Eramos
conscientes de que a bula que se concede a un grupo novel non se repite
nun segundo disco. De tódolos xeitos non hai que ser excesivamente
consciente dun mesmo, ou das posibles opinións exteriores, xa que pode
levarte a facer cousas máis porque se espera que as fagas que por que
saian de modo natural.
(manolito) ...seguimos a facer
o que nos gusta e cando nos apetece. A axenda foi unha pena, porque
o disco tiña que ter saído moito antes, e tiñamos programados moitos
concertos pola península que houbo que cancelar. Agora vamos centrarnos
en Galicia, ata a fin do verán, entón iremos pola meseta e iso...
Falabamos antes de emisoras
de radio e respecto a Radio 3, a Jesús Ordovás preguntábanlle na
revista GPS como cría que ía rematar a industria musical ante o auxe
de internet cos myspace etc como medio de difusión. El poñía como
exemplo a TAB (Triángulo de Amor Bizarro), que os grupos rematarían
vivindo dos seus concertos. Vos como o vedes? Considerádesvos xa profesionais
no ámbito musical?
(manolito) Non somos profesionais
no sentido de que non vivimos da música. Gustaríanos, pero o certo
é que cada un de nós ten o seu traballo, e a música está no noso
tempo de lecer.
(Quique) de
feito a música danos para pagar a gasolina da furgoneta e as copas
do día do concerto, que non é pouco.
(Alvaro) É
inevitable e está ben que sexa así. Fronte aos mensaxes apocalípticos
das discográficas e das entidades de xestión de dereitos advertindo
de que a piratería está rematando coa música non hai máis que ver
como se multiplica o número de grupos, concertos en salas e festivais
ao cabo do ano. A cantidade de diñeiro que entra no negocio da música
é o mesmo, pero distribúese de diferente forma.
(Moncho) Ademáis
de todo isto, o diñeiro para os grupos normais, non superverntas, sempre
estivo nos concertos.
Nos seus tempos falouse
moito da movida viguesa, agora como vedes Vigo?
(manolito) Hai moito movemento
en toda Galicia, pero se cadra eu elixiría Vigo como representante
de todo isto que está a pasar...
(Alvaro) A
actividade musical de Vigo é enorme para unha cidade pequena como é.
Que teña dúas salas como a Iguana, e a Fábrica, ademais
das novas Breogain e Mondo, programando concertos todas
as fins de semana durante todo o ano, dá idea do interese pola música
en directo. A gratuidade da música gravada fai que tome máis valor
un espectáculo único coma é un directo.
Música que vos gustaría
escoitar se saídes de marcha e unha ruta de discotecas, tascas, pubs
e bares galegos a recomendar.
(Quique) A
canción “Give Me Hope” de Eddie Grant
facendo a conga e tomándome unha copa no Tony´s Guitar
de Vigo. Momento perfecto.
E con esta última recomenda,
a desfrutar Culebra.
 Tags: NIÑO Y PISTOLA ASTRO DISCOS |
según a RAE:
bizarro, rra.
(De it. bizzarro, iracundo).
1. adj. valiente (‖ esforzado).
2. adj. Generoso, lucido, espléndido.
FRANC3S molan trogollón!
bicos pra eles