FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
ENTREVISTA: MOONDOGS BLUES PARTY PDF Imprimir Correo-e
Cualificación dos usuarios: / 0
Escrito por Besbe   
Martes, 17 de Xuño do 2008
Chuza!
moondogs2

"GUSTARIAME TER COMPOSTO CALQUERA DAS CANCIONS DO FOREVER CHANGES DE LOVE"

Distribuidos a través de kerfmusic.com en Canadá, gañadores do premio Talentos 2007, coa canción Childhood Soul incluída nun recopilatorio de música Creative Commons da man de Jorge Pinto, finalistas do Azkena Rock Festival, incluídos nos concertos de Festas Demoscópicas organizadas por Mondosonoro, representantes de Galicia no Midem 2008 de Cannes e semifinalistas da International Songwritting Competition tendo como xurado ao mesmísimo Tom Waits... Aínda non teñen un disco comercial editado e a banda liderada por Javier Prado xa posúe un curriculum envexable. E todo grazas a esa xoia en forma de trece cancións titulada O cadelo lunático e un contundente directo en forma de septeto con sección de metais incluida. No futuro dos Moondogs Blues Party "the sky is the limit", que cantaba Tom Petty. Alá foi a nosa compañeira Besbe na pescuda de máis información canina e isto foi o que lle contou Javier Prado:


Tags:  MOONDOGS BLUES PARTY O CADELO LUNATICO JAVIER PRADO
 
ENTREVISTA: NIÑO Y PISTOLA PDF Imprimir Correo-e
Cualificación dos usuarios: / 0
Escrito por Besbe   
Mércores, 21 de Maio do 2008
Chuza!
nypculebra22-web

"ESTE NOVO DISCO E UN POUCO MAIS SERIO, MAIS DENSO, MAIS ROCK"

Niño y Pistola foron unha das grandes sopresas de 2006 co seu album de debut Como un maldito guisante. Agora veñen de editar o seu segundo disco, Culebra, desta vez da man do mítico selo Astro Discos, reponsábel nos 90s do nacemento do Xixón Sound. A nosa compañeira Besbe puido falar con eles e isto é o que lle contaron este catro encantadores reptís do Val Miñor:


Tags:  NIÑO Y PISTOLA ASTRO DISCOS
 
ENTREVISTA: ALDDAO PDF Imprimir Correo-e
Cualificación dos usuarios: / 0
Escrito por Besbe   
Mércores, 05 de Marzo do 2008
Chuza!
alddao2

 

"CONCORDAMOS BASTANTE NOS NOSOS GUSTOS MUSICAIS, E CANDO NON É ASÍ, NON SUPÓN UN PROBLEMA, SENÓN QUE ENRIQUECE A COUSA."


Lucía Aldao e Diego Delgado son alDDao, un novo son electrónico que hipnotiza e que veñen a encher eses ocos que aínda quedan neste tipo de música. A nosa compañeira Besbe puido falar con eles e isto é o que lle contaron:

Tags:  ALDDAO LUCIA ALDAO ELECTRONICA JOY DIVISION LEONARD COHEN VELVET UNDERGROUND JJ CALE
 
ENTREVISTA: AMARO FERREIRO PDF Imprimir Correo-e
Cualificación dos usuarios: / 0
Escrito por Ana Abad de Larriva   
Mércores, 13 de Febreiro do 2008
Chuza!
amaro1 

“É A BOMBA QUE QUEDEN SÓ UN PAR DE COPIAS DA PRIMEIRA EDICIÓN; TEREI QUE FABRICAR MÁIS!”

Cando entrevistei por primeira vez a Amaro, en xullo do ano pasado, para o Faro de Vigo, a xente preguntábame quen era Amaro. Amaro Ferreiro. Ah, o irmán de Iván Ferreiro? Daquela, a piques de sacar o seu disco debut “Laciudaddelasagujas”, xa promocionándoo con pequenos concertos, el dicía que iso era unha motivación extra. E naquelas actuacións convencinme de que Amaro era unha persoa dunha grandísima creatividade. Que daría que falar. Agora, coa perspectiva que dan estes meses de rodaxe do seu traballo, reafírmome. Debut. Pop. Contradición. Un bo disco ten letras de calidade. Atributos dos que “Sentimentiras”, “NoIr” e demais temas amarianos poden presumir. Un traballo óptimo conta con colaboracións de luxo. A presenza de Eva Amaral, Miguel Leiva, Xoel López, Deluxe, e compañía dá fe disto. E precisa dunha voz que lle achegue personalidade ás pezas. A de Amaro cumpre de sobra estes requisitos. Só faltan uns bos directos, algo que se constata sinxelamente nas actuacións do vigués, e un grupo cohesionado de fans. Coido que Amaro pode contar tamén con isto. Ata ten unha ouveadora oficial. A típica chica que derrama os vídeos dos concertos cos seus alaridos desatados. Quixen comprobar se aqueles soños e inquedanzas previos á saída do disco se cumpriran. E coa sinxeleza e sinceridade que o caracterizan, Amaro fixo unha análise moi persoal do acontecido durante este tempo e de cales serán os seus próximos pasos. Todo nos gusta de ti, pero incluído tú (...)


Tags:  AMARO FERREIRO LA CIUDAD DE LAS AGUJAS
 
ENTREVISTA: GRUPOH PDF Imprimir Correo-e
Cualificación dos usuarios: / 0
Escrito por Vincent Jalo   
Mércores, 30 de Xaneiro do 2008
Chuza!
grupohb

“A GALITRÓNICA TEN ALGO DE ELECTROPOP E ALGO DE PUNK, ALGO DE MUSICA TRADICIONAL E ALGO DE FOLK; É ESPONTÁNEA E AUTOMÁTICA, BUSCA QUE A XENTE BAILE NOS CONCERTOS” 

  
Que a música galega en xeral e a cantada en galego en particular goza de boa saúde xa non colle a ninguén por sorpresa. Porén, certos estilos e sensibilidades aínda están a coller pulo polo que sempre é unha ledicia achar novas propostas que vaian enchendo eses baleiros. Os lucenses Grupoh chegan dispostos a facernos mover a base de electro pop en galego e moita retranca. Aínda que non fomos quen de descubrir quen se agocha tras as máscaras de loita libre e os babies, si que puidemos entrevistalos e isto é o que nos contaron:

Tags:  GRUPOH LUGO ELECTRO POP
 
ENTREVISTA: IRIBARNES PDF Imprimir Correo-e
Cualificación dos usuarios: / 0
Escrito por Vincent Jalo   
Xoves, 29 de Novembro do 2007
Chuza!
iribarnesmardi

"UTILIZAMOS OS CONCERTOS PARA ABDUCIR E INTRODUCIR A MENSAXE IRIBARNE NAS CONCIENCIAS TERRESTRES"

A mediados de 2006 o trío intergaláctico IRIBARNES editou o seu primeiro disco, Planeta Iribarne. Dende entón non deixaron de percorrer o país abducindo coa súa música a canto incauto se interpuña nos seus perversos plans de dominación da Terra. Hai uns días Sono-Tone decidiu arriscar a vida dun dos seus redactores e envialo en misión de intelixencia. Esta é toda a información que puido sacar destas encantadoras criaturas do espazo exterior.

Tags:  IRIBARNES PUNK ROCK SURF JIMENEZ DEL OSO FUMADORA SR. ANIDO
 
<< Inicio < Ant. 1 2 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 26 de 35
 

COMENTADO RECENTEMENTE

GZ POP! A NOVA FORNA...
Precisamente por eso non se lle pode chamar POP, p...
IRIA ABOI
Pois iso que está moi boa
CONTACTO
ola. Son Xabier Mera. Gustaría de enviaros inform...
FRANC3S - Franc3s (G...
penso que o termo "bizarro" está demasiado sobado...
PRIMEIRO DISCO LONGO...
xa o puiden escoitar, as miñas felicitacións aos...
PRIMEIRO DISCO LONGO...
xenial, que ganas que lle tiña!
PROJECTO ['TREPJA], ...
flipante a música que se está facer na terra nos...
PROJECTO ['TREPJA], ...
mágoa que non quedaran Noise Project de primeiros...
GZ POP! A NOVA FORNA...
queramos que si, queramos que non, todo que se sex...
GZ POP! A NOVA FORNA...
Chámanlle GZ POP a un disco con cancións de grup...

NOVIDADES

  • 08:00 - 13.11.2008 NOVIDADES

    franc3s

     

     

     

     

     

     

    FRANC3S
    Franc3s
    (A regueifa, 2008)

    Cando o 18 de maio de 1980 Ian Curtis decide unilateralmente poñer fin á breve singradura musical de Joy Division pendurándose polo pescozo cunha corda, o deus máis escuro do Valhalla da música popular fixo vibrar dolosamente as súas cordas vocais, emitindo un berro nunha frecuencia tan aquelada que só os tímpanos cunha maior dose de bizarrismo tebroso puideron captalo. Ese berro multiplicouse en miles de ecos que espallaron interminabelmente a mensaxe de loito desa deidade pagán polos catro recunchos do planeta. Así, non podía ser doutro xeito, esa onda sonora vibrou por terras de Bergantiños, e a semente desa vibración áspera, sucia e arriscada agromou nos miolos de Alberto, María e Patuki (tamén chegou a Vilalba) para florecer en Franc3s.

    A evolución metastática destes individuos de fans incondicionais a parte infinitesimal do universo bizarro fica fosilizada no seu propio nome, tributo por triplicado á actriz Frances Farmer, á vocalista de The Vaselines Frances McKee e á artista circense Frances O´Connor. María coa batería, Alberto coa guitarra e coa voz e Patuky cos teclados non só homenaxean en cada distorsión a bandas como Surfin´ Bichos, Los Enemigos, The Cramps ou The Jesus and Mary Chain, senón que tratan de enchoupar a súa música das sensacións que lles transmiten as obras de, por exemplo, John Waters, William Burroughs ou Pollock.

    Franc3s decidiu por fin dar o grande chimpo ao LP logo de dúas maquetas receptoras de boas críticas e gabanzas a manchea. O seu primeiro disco, Franc3s, está composto por dez temas e foi editado por A Regueifa Plataforma baixo licenza de Creative Commons; pode baixarse de balde en www.aregueifa.net. Tamén se pode adquirir en soporte físico, nunha edición limitada e feita a man a base de papel de lixa e peluche, en Discos Noni´s (A Coruña) e Cosmic Pop Club (Carballo).

    Así que xa sabedes, amantes dos sons de ultratumba, do theremin, da escuridade, do veludo, da luz de neon reflectida nas pozas dunha cidade perdida,…, gozade todos do novo de Franc3s, e xa me contaredes.

    Ler máis...
  • 12:37 - 13.10.2008 NOVIDADES

    nouvelledemmemoria

     

     

     

     

     

     

     

     

    NOUVELLE CUISINE
    De memoria
    (Autoeditado, 2008)

    O “malo” de ter asinado xoias de pop tan perfecto como Aritmética polar ou Dos torres é a altura á que deixas o listón para vindeiros discos. Os herculinos Nouvelle Cuisine corrían o risco de ser vítimas da calidade que plasmaron no seu anterior disco, o encantador Autodictado. Por fortuna, os "cocinitas" non se enrrugaron e souberon partir do ponto onde o deixaron para elevalo aínda uns centímetros máis, coma uns Sergéis Bubka do pop con pértiga.

    Sen perder o seu xa característco estilo -algo ben dificil de conseguir nunha banda con dúas voces tan diferentes- percébese nos doce temas que fan parte deste De memoria un salto cualitativo na produción. Continúan a guisalo e comelo eles mesmos pero no estudo de gravación a experiencia nótase e este enriquecemento faise palpable tanto a nivel de arranxos coma da expansión na paleta de sons e instrumentos (acordeóns, rhodes, sintes...). O certo é que o son de Nouvelle Cuisine acada con este disco un novo grau de madurez xa que a incoporación de sintetizador e caixas de ritmos nalgúns temas e a falla de complexos para meter guitarras moito máis distorsionadas afástaos do típico e autolimitado son indie do que beben -La Buena Vida e La Habitación Roja- explorando novos territorios que a esta altura da película a verdade é que son de agradecer.

    E como non hai bon disco de POP -con maiúsculas- sen unha boa colección de singles, ahi están eles para deixarnos xemas coma Sintonia08, Comunicación no verbal, El imperio roto ou Seremos cajeras... mostras de pop clásico preciosista dese que che queda ecoando permanentemente na testa con só un par de escoitas. A verdade é que resulta incrible que estes talentosos chefs non atopasen unha discográfica que lles editara o disco, por moita crise da industria discográfica que haxa. Neste caso é evidente que xogou máis na súa contra a deslocalización con respeito ao epicentro dos que terían de ser os seus pretendentes. No indie estatal xa se sabe que fora de Madrid e Barcelona vai moito frío. Porén a xogada non lles saiu tan mal, mais ben ao contrario, autoeditando o disco por partida doble, tanto en formato digipack de xeito comercial coma nun formato máis exclusivo: unha camisola que se vende xunto con unha memoria USB con toda a súa discografía. Se non querían caldo, dúas cuncas. E nós, claro, tan felices cun caldo tan cheo de sustancia.

    Ler máis...
  • 11:20 - 25.09.2008 NOVIDADES

     

     

     

     

     

     

    BLOC PARTY
    Intimacy
    (Wichita, 2008)

    A “alarma silenciosa” ca que catro rapaces do East London decidiron comunicarlle ao mundo a súa existencia non foi tal; resultou o estoupido xordo do primeiro foguete da alborada, que racha o silencio da moribunda noite e pronostica xoldra. A partires dese intre máxico pode gozarse ou non da festa, pero xa non sobrevive no interior dos participantes esa inicial sensación de sorpresa. A Weekend In The City convertiuse desde o seu lanzamento na primeira víctima das odiosas comparacións as que serán sometidos todos e cada un dos traballos que Bloc Party decida facer, aos que xa de saída se lles catalogará como “inferiores a Silent Alarm”. Kele Okereke na voz e na guitarra, Russell Lissack na guitarra, Gordon Moakes no baixo e nos coros e Matt Tong na batería conforman Bloc Party.

    Intimacy (Wichita Recordings, 2008), o seu terceiro traballo, veu a luz o pasado 21 de agosto no seu formato dixital, quedando desde entón pendurado na rede coa posibilidade de baixalo previo abono do prezo estipulado. Os interesados en adquirilo no seu formato físico deberán agardar ata o 28 de outubro; neste formato inclúense algúns cortes non presentes no dixital. O disco foi producido por Paul Epworth e Jacknife Lee, quenes xa colaboraran coa banda nos seus anteriores traballos (...)

    Ler máis...
  • 08:00 - 11.09.2008 NOVIDADES

    jugoplastika

     

     

     

     

     

     

     

     

    JUGOPLASTIKA
    The 6th is the 7
    (Astro Discos, 2008)

    Co dos revivals é mellor non chegar a última hora. De poder escoller, o ideal sería chegar cando a cousa xa despegou pero aínda non invade masivamente as páxinas da NME e derivados, entrando de cheo no momento álxido do hype. Como mal menor, non estaría mal ser dos primeiros, o que sexa con tal de non ser dos últimos en chegar. Porén, ser pioneiro na recuperción dun son pasado garante certa frescura e non soar clónico pero tamén ten a desvantaxe de que van ser outros os que desfruten do verdadeiro recoñecemento. Non se pode ter todo.

    E no caso de Jugoplastika dá a impresión de que é exactamente isto último o que lles vai pasar. Asi que é de xustiza reivindicalos dende xa coma iniciadores dun revival que aínda está por chegar, o do indie guitarreiro dos primeiros 90s, con ecos de radio universitaria americana, voces pouco afinadas e producións precarias de son garaxeiro. Porque no seu último album -The 6th is the 7- non hai banda da época que non faga acto de presenza dunha ou outra maneira nalgunha das once cancións que fan parte do disco, dende os Pixies a Weezer pasando por Pavement, Guided by Voices, e Grandaddy. Un traballo, por certo, maxistralmente producido por Paco Loco, que demostra ser un auténtico todoterreno, recreando perfectamente o son suxo dominado polas frecuencias medias tan característico daqueles tempos dando forma ao que probablemente é o disco galego máis xenuinamente americano de todos os tempos.

    Dubido que Kukoc, Perasovic e Radja escoitasen aos Pixies nos vestiarios pero o certo é que as coordenadas temporais deste novo son de Jugoplastika teñen perfecto sentido e danlle coherencia absoluta á estética do grupo. Iso si, só asimilable en todos os seus matices  polos que nacimos antes dos 80s, as novas xeracións van ter que agardar a que chegue o revival noventeiro -remastigado e actualizalo- para desfrutalo ao 100%. Sexa coma sexa, sempre poderemos dicer o de "pero se isto xa o facían Jugoplastika no 2008".

    Ler máis...
  • 06:52 - 02.09.2008 NOVIDADES

    death_cab_narrow_stairs

     

     

     

     

     

     

    DEATH CAB FOR CUTIE
    Narrow Stairs
    (Atlantic, 2008)

    Atópome de fronte e a máis de 200 km/h con Narrow Stairs; o choque é brutal, anaquiños de disonantes melodías dunha beleza inusual perforan diversos órganos do meu corpo e préñanme as vísceras dun sotaque agridoce de saudade. Atópome de fronte ante o sexto traballo da banda formada por Ben Gibbard, Chris Walla, Nicholas Harmer e Jason McGerr; atópome de fronte cunha auténtica delicia de comezo a fin, tanto no seu formulación como na súa execución, un río que nace e transcorre cara o mar entre meandros sinuosos e violentas fervenzas.

    Nace Narrow Stairs cun corte duns cinco minutos que lembra por veces á primeira canción de Plans, aquela Marching Bands of Manhattan que nos marabillara, aínda que esta posúe un ton máis sutil. Comeza amodo para ir acadando maior contundencia segundo pasa o tempo, apoiados sempre nun enorme baixo (...)

    Ler máis...
  • 11:34 - 12.05.2008 NOVIDADES

    esquios2gif

     

     

     

     

     

     

    ESQUIOS
    Un tipo normal
    (Autoeditado Distribuciones, 2008)

    Os estradenses Esquíos deron un xiro importante á banda con este Un tipo normal, o seu segundo disco longo. A incorporación de Miguel Castro na voz en sustitución de Fidel Castro -non sei se serán irmáns- marca en grande medida o seu novo son, moito máis punk-rock, case alonxado por completo das querencias metaleiras do seu debut. O certo é que o xiro parece moi meditado xa que a nova voz -moito máis axeitado para o punk-rock con maior carrega melódica que fan agora- dálle a Esquios un son moito máis actual.

    Pero non é a voz a única novidade desta nova etapa. Agora atopamos unha cota maior de temas cantados en galego e unhas letras, entre o social e o festeiro, que encaixan mellor co seu estilo e o seu público potencial. Especialmente agora que contan no seu repertorio con temasda forza de “A rapa” ou “Galiza festa rachada” -sen dúbida os dous singles máis potentes do disco- que prometen ser verdadeiros furacáns ao vivo, cuns retrousos deses que son carne de pogo. Dous temas, ademais, que incorporan un par de detalles -aire funk e sección de metais, o primeiro, e ritmo skatalítico, o segundo- que alén de demostrar a versatilidade dos novos Esquíos tamén van facer de efectivo anzol para atraer a novos siareiros á banda.

    Ler máis...
  • 06:56 - 06.05.2008 NOVIDADES

    rem_-_accelerate

     

     

     

     

     

     

    REM
    Accelearte
    (Warner, 2008)

    Facía xa catro anos que a banda de Athens non daba sinais de vida; foi por aquel entón cando publicaron o deostado (inxustamente baixo o meu criterio) Around the Sun. Por fin en abril de 2008 saíu á luz Accelerate, anunciado polos iluminados e entendidos como “a volta as súas orixes”. ¿Pero iso non o fixeran xa con Monster? ¿non se volvera de novo a falar do mesmo cando saíron New Adventures in Hi-Fi e Up? en resumo, máis peras mentais de flipados ou pura estratexia de marketing por parte da Warner (ou ambas cousas, claro) (...)

    Ler máis...
  • 11:53 - 17.04.2008 NOVIDADES

    deluxe-reconstruccion2

     

     

     

     

     

     

    DELUXE
    Reconstrucción
    (Virgin, 2008)

    Reconstrucción é o quinto disco do coruñés Xoel López, que saíu á luz o pasado 18 de marzo, aproximadamente un ano despois do lanzamento de Fin de un Viaje Infinito, o seu anterior traballo. O álbum ofrécenos dez temas inéditos e cinco remesturas das cancións que foi publicando mes a mes en internet ao longo do 2007. A primeira edición desta Reconstrucción, limitada ás súas 5.000 primeiras copias, traerá a maiores un DVD que inclúe imaxes en directo do Piano Bar Sessions, os tres vídeos de Fin de un Viaje Infinito e parte do concerto (unha hora e media) que Xoel ofreceu o 24 de novembro de 2007 en La Riviera, acompañado de xente como Josele Santiago, Eva Amaral e Juan Aguirre de Amaral, Amaro Ferreiro, Eladio Santos ou Julián López do programa Muchachada Nui. No audio deste DVD inclúense quince temas máis, compostos por versións acústicas, maquetas, as tres “cancións do mes” non incluídas no CD e catro temas do directo en La Riviera (...)

    Ler máis...
  • 16:56 - 07.04.2008 NOVIDADES

    nyp_culebra

     

     

     

     

     

     

     

     
    NIÑO Y PISTOLA
    Culebra
    (Astro Discos, 2008)

    Na historia da música galega contemporánea hai poucos referentes de bandas da terra que conseguiran un son tan xenuinamente británico coma Niño y Pistola. Teríamos que viaxar tres décadas atrás e lembrar a Queimada, os que no seu tempo foron chamados os Beatles galegos. A verdade é que a tarefa non é sinxela, porque acadar un son auténtico non é só a composición e o estilo, hai un factor fundamental ao que damos moita menos importancia da que ten no resultado final: a pronuncia. Noutros paises coma Portugal ou Suecia teñen ben claro que se escolles cantar nun idioma alleo coma é o ingles compre que o fagas coma se tiveras nascido en Oxford. non queda outra. Bandas coma X-wife ou Mando Diao poderían pasar por nativas das illas perfectamente, sen dúbida un factor decisivo na súa boa difusión internacional. É moi doado rir das míticas vesións de “In the ghetto” de El Príncipe Gitano ou “Acuarius” de Raphael e despois non ter nengún problema en montar un grupo e cantar en ingles de taxista de Benidorm (...)

    Ler máis...
  • 09:25 - 03.04.2008 NOVIDADES

    ataque_escampe_galicia_mierda
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    ATAQUE ESCAMPE
    Galicia es una mierda
    (A Regueifa Discos, 2008)
     
    Tras un debate non demasiado desputado no seu blogue, a banda de Vistalegre decidiu seguir as voces da maioría e bautizar o seu novo traballo co nome máis provocador posíbel. Habería que facer memoria e mentar por enésima vez a Os Resentidos para atopar un caso similar na música galega, e mesmo así a distancia entre as dúas bandas é abismal, e non só polas décadas que lles pasaron aos de Vigo polo lombo. A provocación que ladra dende a carátula do disco ten un aquel máis definido da que trouxo o carro da Movida. Sempre houbo teóricos que defenderon o valor revolucionario do humor, especialmente no noso país, que ten como tótem a un humorista e que se caracteriza por ser o reino da retranca.

    O disco de Ataque Escampe explota precisamente ese matiz que vai máis alá da simple provocación, e que ao tempo segue a fuxir das verdades profundas. Podemos velo no tema que dá nome ao disco (“todos os traumas xa chos escoitei/pero ti es ben parvo tamén”), en Serafín, o anxo salvador que traerá o final feliz ás diatribas do país, e nos Tres cantos a Lenin, anaina de tintes amorosos que acaba fundindo a súa última frase (“a miseria da vida”) co himno soviético. Precisamente á nostalxia irónica da guerra fría e do esplendor socialista súmase a Akira Toriyama, máximo icono da xeración Songoku, para persistir no toque xeracional que xa viramos no traballo anterior (...)

    Ler máis...

CLASICOS

  • 09:47 - 01.02.2008 CLASICOS

    r.e.m.-outoftime

     

     

     

     

     

     

    REM
    Out of Time
    (1991)

     

    O “Automatic For The People” é para os críticos o ‘Miño’ de R.E.M., pois é o disco que lles garantiu un posto na historia do rock, pero antes tivo que vir o ‘Sil’ en forma de “Out Of Time”, o álbume que os situou definitivamente no mapa. Antes de 1991 eran un grupo grande, mais non tiñan o estatus de recoñecemento unánime e fama mundial que hoxe posúen Michael Stipe e compañía. É un estrano caso, compartido agora mesmo só con Bruce Springsteen, no que a corrente principal e a alternativa están completamente de acordo (...)

    Ler máis...
  • 17:34 - 23.01.2008 CLASICOS

    adriapunti

     

     

     

     

     

     

    ADRIA PUNTI
    Pepalallarga
    (Picap, 1998)

    Adrià Puntí reta compositiva e interpretativamente a Bunburys, Calamaros, e demais tipos que se nomeen rockeiros, máis ou menos coñecidos, que se lle queiran enfrontar; de feito Bunbury, nunha das súas mellores cancións, Sí, comparte autoría co gironí. O catalán é un avantaxado do denominado rock’n’cat, pronunciar o seu nome entre os músicos da súa terra causa reverencia malia que as veces resulte exasperante pola súa extravagancia, polos seus excesos, o caótico discurso ou a falta de profesionalidade nalgún dos seus directos. O poeta Pau Gener di del: «é capaz de todo, canta, escribe, compón como ninguén», e sentenza, «é o mellor de todos.» A escoita dos seus discos confirma estas palabras; separado da súa banda, Umpah-Pah, Adrìa Puntí leva gravados tres Pepalallarga (1998), L’hora del Pati (1999) e María (2002), que establecen unha especie de progresión, de sons máis eléctricos a instrumentacións máis acústicas. O que se mantén incuestionable en todos eles son os textos: irónicos, íntimos, amorosos, cómicos, de gran fondo poético —mágoa de non telos atopados por internet para comprender perfectamente as súas verbas escritas en català gironí (...)

    Ler máis...
  • 11:02 - 09.01.2008 CLASICOS

    migala

     

     

     

     

     

     

    MIGALA
    Restos de un incendio
    (Acuarela, 2002)

    Editado en marzo de 2002, Restos de un incendio é, aínda que non o pareza pola súa magnífica unidade estrutural, unha compilación de dez cancións regravadas por Migala para seren dotadas dun son máis poderoso e de diferentes arranxos instrumentais. Pero o que nesas novas sesións de gravación se produciu foi un disco abraiante, denso, cadencioso e sideral; un bálsamo sonoro. Nel a voz funciona harmonicamente como unha pista máis de son que se mestura con tensas guitarras eléctricas, suaves melodías acústicas, harmónicas, percusións, acordeóns, teclados, programacións, e mesmo cun sample instrumental do Soy rebelde de Jeannette. As verbas, ademais, doces e emocionalmente líricas, acompañan á perfección as atmosferas creadas, agochando nalgún dos versos alusións ó Catro cuartetos de Eliot e ó Libro dos anxos de Rilke (...)

    Ler máis...
  • 07:43 - 29.11.2007 CLASICOS

    the_beat

     

     

     

     

     

     

    THE ENGLISH BEAT
    I just can’t stop it
    (1980)

    Hai anos, un agudo Fermín Muguruza recriminaba ao pop estatal a súa dimisión da política emancipadora. Se a Movida madrileña non excedeu a condición superestrutural do trunfo posmoderno, a imposición neoliberal arribou neste territorio da man usufructuaria das siglas PSOE. A contrarrevolución gañou a guerra de posicións e, entrementres, unha esquerda desartellada –agás en Euskal Herria: Kortatu- pairaba como agardando o derrubamento dos réximes en Europa do Leste. O abismo que afasta Seguridad Social de The Specials era o que se abría entre a península Ibérica e os outros Ocidentes.

    Ler máis...
  • 08:00 - 22.11.2007 CLASICOS

    nin_rosmar
     

     

     

     

     

     

    SUSO VAAMONDE
    Nin rosmar un laído
    (Fonomusic, 1977)

    Que mellor ocasión para revisar este clásico absoluto da música galega que agora que se cumpren trinta anos da súa gravación no Teatro-Cine Veiga de Moaña, un tempo que nos dá a perpectiva suficiente como para valorar aínda máis este noso Live at Budokan patrio, dándose ademais a circuntancia de ser o primeiro disco galego gravado ao vivo tal coma se entenden hoxe en día, en concerto. Ademais é o único disco dos catro que editou nos 70s este mod metido a cantautor que está reeditado en CD polo que constitúe unha inmellorábel tarxeta de apresentacíon para as novas xeracións que descoñezan a súa obra.

    Ler máis...

AS DEZ DE

APENINO

IRIA ABOI

VIDEOCLIPS DE AQUI E DE ACOLA

ATAQUE ESCAMPE - Serafín

  GLASVEGAS - Geraldine

NOVAS

OSCAR VILARIÑO PRESENTA HERRN
Martes, 02 de Decembro do 2008  
NOVAS DATAS AO VIVO DE SWEET OBLIVION BAND
Luns, 01 de Decembro do 2008  
KOMUNIKANDO ENTREGA O PREMIO FESTIVALEIR@ 2008
Xoves, 27 de Novembro do 2008  
NADADORA, ANFITRIONS NO FESTIVAL MULLERES ARTE+PARTE
Mércores, 26 de Novembro do 2008  
SOM DO GALPOM EDITARÁ O SEU PRIMEIRO LP EN PRIMAVERA
Luns, 24 de Novembro do 2008  
MINIXIRA DE MARFUL POLA PENINSULA
Xoves, 20 de Novembro do 2008  
THE HOMENS, XA A CATRO E NA CASA
Mércores, 19 de Novembro do 2008  
CONCERTO DE ANIVERSARIO DE DAKIDARRIA
Martes, 18 de Novembro do 2008  
Máis novas