FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
MEQUETREFE PDF Imprimir Correo-e
ENTREVISTAS
Escrito por Vincent Jalo   
Martes, 17 de Xullo do 2007
Chuza!
mequetrefe1
"A MIÑA MÚSICA AÍNDA QUE TEÑA ALGÚN TOQUE PSICODÉLICO E NALGÚNS ASPECTOS PODA SER POUCO COMERCIAL NON DEIXA DE SER MÚSICA ROCK"
 
 
 
Xan Quiroga é o home que se agocha baixo os lentes de plástico, o bigode de entroido, o mono zul de traballo e as guedellas á carbonara. Ven de editar o seu primeiro EP baixo o alcume de Mequetrefe no netlabel Alg-a e tras a boa acollida que está a receber a súa música xa anda argallando o seu asalto aos escenarios. Sono-Tone puido falar co da Fonsagrada e isto é o que nos contou.
Como foron os teus inicios no da música, estiveches nalgún grupo antes de lanzarte en solitario?
 
Pois eu levo facendo música dende fai 9 anos máis ou menos. Empecei cun teclado Yamaha co que podía grabar 4 pistas e grababa todo nunha grabadora desas de man bastante cutre. Despois empecei a meter a guitarra eléctrica pero sin ampli nin nada, a pelo directamente, coa axuda dunha pequena mesa de mezclas, a verdade e que era un sonido totalmente lo-fi pero tiña o seu punto. Todo cambiou cando me comprei un ordenador e empecei a traballar cunha versión moi vella de cubase e empecei a facer unha música máis electrónica con influencias dos Chemical Brothers, The Sabres of Paradise ou Air. Foi fai 2 ou 3 anos cando xa me decantei polo rock, por chamarlle de algunha maneira ó que fago, sobre todo pola facilidade que hai agora para grabar as guitarras no ordenador porque antes era unha tarea bastante complicada. Toda a música que fixen sempre foi instrumental ata fai 4 meses que me decidín a cantar, mais que nada porque as cancións instrumentais quedábanme algo sosas sin voces.

Como deches o salto, pasando de ser un músico de habitación a poñer a túa música no myspace? Tiñas medo da reacción da xente e de aí o de aparecer sempre disfarzado nas fotos?

Pois o tema é que puxen internet no piso fai 5 meses e entereime do rollo Myspace e enseguida colguei o tema "wahwah" para ver que pasaba e vin que a miña música gustaba mais do que eu pensaba e enseguida me puxen as pilas para acabar uns temas que tiña empezados e así ata hoxe. A verdade e que o do Myspace é moi forte porque en cuestión practicamente de días vin como a miña música era escoitada por min e por catro amigos meus e de repente un tio de Michigan mandávame unha mensaxe decindo que lle molaban as miñas cancións, a verdade é que os primeiros días si que me tiña un pouco flipado o tema do maiespeis. Agora non me imaxino un mundo sin Myspace, je, je.
O de disfrazarme e ir con estas pintas é máis que nada porque me divirte moito e un pouco por facer algo diferente porque estou bastante aburrido de ver a maioría dos grupos posando nas fotos e todos vestidos da mesma forma co seu uniforme "indie" e poñendo cara de "que guai son"

Poderemos ver e coñecer algún día ao home que se agocha trás o bigode, os lentes e os spaguettis ou xa é un personaxe con vida propia que trascendeu ao músico?

Home, non considero a mequetrefe como un alter-ego meu nin nada polo estilo, de feito a min encantaríame levar sempre esas pintas porque son algo paiasete e gústame moito facer o "tonto" e gústame tomar a vida un pouco a coña e non tomarme moi en serio a min mesmo. De feito a canción "The people don´t smile" trata un pouco desto, de que a veces vou andando pola rúa e vexo a moita xente que vai moi seria, ou mirando ó chan, ou que van con moita prisa sabe dios a donde e penso o guai que sería que a xente fora pola rúa cantando ou silvando ou todos disfrazados facendo o paiaso (é unha boa idea para un videoclip)

mequetrefe2
O teu primeiro EP foi editado recentemente polo netlabel Alg-a, selo cun público natural orientado á vangarda musical. Que tal acollida está a ter?

A verdade é que a acollida está sendo bastante boa, a páxina de Alg-a está tendo bastantes visitas e o e.p. ten mais de 400 descargas.

E entre o público menos especializado?

Entre o público menos especializado tamén está tendo boa acollida, porque a pesar de ser editado polo colectivo Alg-a que é de carácter bastante vangardista, a miña música aínda que teña algún toque sicodélico e en algúns aspectos pode ser pouco comercial non deixa de ser música rock e penso que as canción non requiren moitas escoitas para que entren ben.

O EP producichelo ti mesmo na casa, como foi o proceso de gravación? Tocaches ti todos os instrumentos?

O EP fíxeno enteiramente na casa e toquei eu todos os instrumentos: guitarra, baixo, sintes virtuais e ata unha zanfoña virtual que soa en "Fire walk with me"
O proceso de gravación foi largo pero divertido. Excepto a canción "Wahwah" que a grabei en dúas tardes medio improvisando, os outros 3 temas traballeinos moito ata chegar ó resultado final. A verdade é que a miña formar de gravar é algo caótica porque casi nunca teño a estructura da canción feita, vou gravando por trozos e pouco a pouco vou añadindo o que se me ocurre, sei como empeza a canción pero non teño nin idea de como vai acabar, porque non me baso na típica estructura estrofa-estribillo-estrofa-estribillo, a veces empezo cun acorde de guitarra ou cun loop de bateria ou unha linea de baixo, eso si, as voces sempre as meto ó final porque é o que máis pereza me da e intento encaixalas o mellor que podo. Ademais son un flipado da producción e moi perfeccionista xa que meto moitos efectos nas cancións pero é un proceso moi divertido, podo pasarme horas e horas diante do ordenador argallando, facendo e desfacendo

Como está configurado o teu homestudio? Que instalación básica recomendarías aos leitores de Sono-Tone interesados en iniciarse na gravación caseira?

Pois o meu homestudio agora mesmo creo que está bastante ben equipado despois de varios anos pulíndome os aforros. Eu recoméndolle á xente que queira facer música na súa casa que se equipe cun ordenador, calquera dos que hai no mercado actualmente cun mínimo de 1000 MB de Ram, si pode ser 2000, mellor, cun disco duro grande, sobre todo si van grabar moito audio e si van usar moita cantidade de samples,unha boa tarxeta de sonido: actualmente existe unha variedade inmensa de tarxetas de sonido de calidade profesional, que teñen unhos bos drivers ASIO a moi bos prezos e por suposto uns bos monitores, imprescindibles para o traballo de producción e para masterizar
No meu homestudio a parte do dito tamén teño un teclado-controlador Midi, un simulador de amplis para guitarras, un simulador de amplis para o baixo, unha mesa de mezclas, un micro, unha guitarra eléctrica, un baixo e o software que utilizo tanto para grabar, producción, postproducción e masterización é o Sonar 6.0 que recomendo a todo o mundo

E que consellos lles darías?

Sobre todo moita paciencia, si hai que gravar unha guitarra 15 veces ata que sone ben pois faise e si hai que votarse unha tarde enteira para buscar un efecto chulo ou un sonido molón pois tamén. Curiosamente agora que existen maís medios ca nunca para facer música ultimamente paréceme que hai demasiados grupos que soan igual, debe de ser que todos usan o ProTools, je, je

Tes pensado levar os temas de Mequetrefe ao directo? Como sería a posta en escena?

Pois si, a verdade é que teño moitas gañas de tocar en directo. Para os concertos mequetrefe vaise convertir en trio xa que me acompañarán dous amiguetes que por suposto irán disfrazados e tamén haberá espaguetis, como non, e versións dos Flaming Lips e Broken Social Scene

Como ves a saúde da escena galega? Que grupos son os que máis che convencen ou cres qeu tes máis que ver?

En Galiza agora mesmo hai moi bos grupos e de todos os estilos que eso tamén é moi bon e os que máis me gustan son Franc3s, Jimenez del Oso, Los Iribarnes, 6PM, Diosketecrew, Trampoline, Noise project, as miñas amigas do Myspace as Matagharis que van dar moito que falar e sobre todo Triángulo de Amor Bizarro que xa se saen do mapa, o seu disco xa me parece un clásico do rock mundial

Limos por aí que vai aparecer un tema teu nun compilatorio alemán. Como foi que chegou o son Mequetrefe a terras teutonas?

O do copilatorio alemán si que me deixou flipado,  os da web alemana Machtdose mandáronme unha mensaxe no Myspace decíndome que elexían a canción "The people don´t smile" para o copilatorio que sacan do mes de Xullo. Supoño que me coñecerían a través da cominidade Net-Label, xa que os de Alg-a están moi metidos nese mundo. Pero mola eso de que a un alemán lle mola a música dun tipo de A Fonsagrada!!!

E o da NME, como foi?

O da NME foi so que me apuntei a sección que teñen na súa web para novas bandas. Hai que promocionarse ata en Inglaterra si fai falla!!!!!!!!!!!!!!

O universo Mequetrefe bebe en grande medida dos 80's e 90's –de Biriukov a Twin Peaks, pasando por Spacemen 3 e Fugazi-, veste identificado coa escena musical actual ou és dos que renega do eterno revival que estamos a viver asegurando que calquera tempo pasado foi mellor? Que grupos actuais son dignos de admiración mequetrefista?

A verdade é que escoito música de todas as épocas porque boa música faise sempre pero a música que máis me mola seguramente sexa dos 90, de finais dos 80 principios dos 90 gústame moito grupos que mezclaban rock con música electrónica ou de baile como Jesus Jones, Happy Mondays, Pop Will Eat Itself, Soup Dragons. Pero nos 90 foi cando decubrin a maioría da música que escoito, sobre todo nos primeiros 90 houbo unha cantidade de bos grupos e bos discos alucinante.
Sen dúbida para a min a gran banda son os Flaming Lips, son todo un exemplo de creatividade, imaxinación, coherencia e intelixencia facendo música, incluso o último disco que tivo algunha mala crítica dalle mil voltas ós discos que sacan algúns grupos que están de moda agora e que en teoría son os máis guais. Tamén escoito ultimamente a Drive by Truckers, Rollerskater Skinny, The Go Team!, Broken Social Scene, Butthole Surfers ou Sun Dial e de grupos españois parécenme boísimos os últimos discos de Schwarz e 12Twelve

Cando poderemos desfrutar de novas composicións do Mequetrefe? Que plans tes nese sentido para o que resta de 2007?

Pois xa esta semana espero colgar no Myspace un novo tema "Spaguetti's rain", unha oda sicodélica-bailable ó mundo espaguetil e nas próximas semanas vou ir colgando novos temas e esperando que se den as circunstancias axeitadas para empezar a facer algún concerto
 
Comentarios (0)add
Escrebe o teu Comentario
quote
bold
italicize
underline
strike
url
image
quote
quote
smile
wink
laugh
grin
angry
sad
shocked
cool
tongue
kiss
cry
+ pequeno | + grande

busy
Tags:  MEQUETREFE
 
< Ant.   Seg. >
 

COMENTADO RECENTEMENTE

CONTACTO
Boas, somos un grupo d santiago da Ponte Pedriña...
SEGUNDO EP DOS GROVE...
Xa vai sendo hora de que este grupo teña o recoñ...
GZ POP! A NOVA FORNA...
Precisamente por eso non se lle pode chamar POP, p...
IRIA ABOI
Pois iso que está moi boa
CONTACTO
ola. Son Xabier Mera. Gustaría de enviaros inform...
FRANC3S - Franc3s (G...
penso que o termo "bizarro" está demasiado sobado...
PRIMEIRO DISCO LONGO...
xa o puiden escoitar, as miñas felicitacións aos...
PRIMEIRO DISCO LONGO...
xenial, que ganas que lle tiña!
PROJECTO ['TREPJA], ...
flipante a música que se está facer na terra nos...
PROJECTO ['TREPJA], ...
mágoa que non quedaran Noise Project de primeiros...

NOVIDADES

  • 08:00 - 13.11.2008 NOVIDADES

    franc3s

     

     

     

     

     

     

    FRANC3S
    Franc3s
    (A regueifa, 2008)

    Cando o 18 de maio de 1980 Ian Curtis decide unilateralmente poñer fin á breve singradura musical de Joy Division pendurándose polo pescozo cunha corda, o deus máis escuro do Valhalla da música popular fixo vibrar dolosamente as súas cordas vocais, emitindo un berro nunha frecuencia tan aquelada que só os tímpanos cunha maior dose de bizarrismo tebroso puideron captalo. Ese berro multiplicouse en miles de ecos que espallaron interminabelmente a mensaxe de loito desa deidade pagán polos catro recunchos do planeta. Así, non podía ser doutro xeito, esa onda sonora vibrou por terras de Bergantiños, e a semente desa vibración áspera, sucia e arriscada agromou nos miolos de Alberto, María e Patuki (tamén chegou a Vilalba) para florecer en Franc3s.

    A evolución metastática destes individuos de fans incondicionais a parte infinitesimal do universo bizarro fica fosilizada no seu propio nome, tributo por triplicado á actriz Frances Farmer, á vocalista de The Vaselines Frances McKee e á artista circense Frances O´Connor. María coa batería, Alberto coa guitarra e coa voz e Patuky cos teclados non só homenaxean en cada distorsión a bandas como Surfin´ Bichos, Los Enemigos, The Cramps ou The Jesus and Mary Chain, senón que tratan de enchoupar a súa música das sensacións que lles transmiten as obras de, por exemplo, John Waters, William Burroughs ou Pollock.

    Franc3s decidiu por fin dar o grande chimpo ao LP logo de dúas maquetas receptoras de boas críticas e gabanzas a manchea. O seu primeiro disco, Franc3s, está composto por dez temas e foi editado por A Regueifa Plataforma baixo licenza de Creative Commons; pode baixarse de balde en www.aregueifa.net. Tamén se pode adquirir en soporte físico, nunha edición limitada e feita a man a base de papel de lixa e peluche, en Discos Noni´s (A Coruña) e Cosmic Pop Club (Carballo).

    Así que xa sabedes, amantes dos sons de ultratumba, do theremin, da escuridade, do veludo, da luz de neon reflectida nas pozas dunha cidade perdida,…, gozade todos do novo de Franc3s, e xa me contaredes.

    Comentarios (1)add
    franc3s rules
    escrito por Óscar , Novembro 14, 2008
    penso que o termo "bizarro" está demasiado sobado xa

    según a RAE:

    bizarro, rra.

    (De it. bizzarro, iracundo).


    1. adj. valiente (‖ esforzado).

    2. adj. Generoso, lucido, espléndido.



    FRANC3S molan trogollón!
    bicos pra eles
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 12:37 - 13.10.2008 NOVIDADES

    nouvelledemmemoria

     

     

     

     

     

     

     

     

    NOUVELLE CUISINE
    De memoria
    (Autoeditado, 2008)

    O “malo” de ter asinado xoias de pop tan perfecto como Aritmética polar ou Dos torres é a altura á que deixas o listón para vindeiros discos. Os herculinos Nouvelle Cuisine corrían o risco de ser vítimas da calidade que plasmaron no seu anterior disco, o encantador Autodictado. Por fortuna, os "cocinitas" non se enrrugaron e souberon partir do ponto onde o deixaron para elevalo aínda uns centímetros máis, coma uns Sergéis Bubka do pop con pértiga.

    Sen perder o seu xa característco estilo -algo ben dificil de conseguir nunha banda con dúas voces tan diferentes- percébese nos doce temas que fan parte deste De memoria un salto cualitativo na produción. Continúan a guisalo e comelo eles mesmos pero no estudo de gravación a experiencia nótase e este enriquecemento faise palpable tanto a nivel de arranxos coma da expansión na paleta de sons e instrumentos (acordeóns, rhodes, sintes...). O certo é que o son de Nouvelle Cuisine acada con este disco un novo grau de madurez xa que a incoporación de sintetizador e caixas de ritmos nalgúns temas e a falla de complexos para meter guitarras moito máis distorsionadas afástaos do típico e autolimitado son indie do que beben -La Buena Vida e La Habitación Roja- explorando novos territorios que a esta altura da película a verdade é que son de agradecer.

    E como non hai bon disco de POP -con maiúsculas- sen unha boa colección de singles, ahi están eles para deixarnos xemas coma Sintonia08, Comunicación no verbal, El imperio roto ou Seremos cajeras... mostras de pop clásico preciosista dese que che queda ecoando permanentemente na testa con só un par de escoitas. A verdade é que resulta incrible que estes talentosos chefs non atopasen unha discográfica que lles editara o disco, por moita crise da industria discográfica que haxa. Neste caso é evidente que xogou máis na súa contra a deslocalización con respeito ao epicentro dos que terían de ser os seus pretendentes. No indie estatal xa se sabe que fora de Madrid e Barcelona vai moito frío. Porén a xogada non lles saiu tan mal, mais ben ao contrario, autoeditando o disco por partida doble, tanto en formato digipack de xeito comercial coma nun formato máis exclusivo: unha camisola que se vende xunto con unha memoria USB con toda a súa discografía. Se non querían caldo, dúas cuncas. E nós, claro, tan felices cun caldo tan cheo de sustancia.

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 11:20 - 25.09.2008 NOVIDADES

     

     

     

     

     

     

    BLOC PARTY
    Intimacy
    (Wichita, 2008)

    A “alarma silenciosa” ca que catro rapaces do East London decidiron comunicarlle ao mundo a súa existencia non foi tal; resultou o estoupido xordo do primeiro foguete da alborada, que racha o silencio da moribunda noite e pronostica xoldra. A partires dese intre máxico pode gozarse ou non da festa, pero xa non sobrevive no interior dos participantes esa inicial sensación de sorpresa. A Weekend In The City convertiuse desde o seu lanzamento na primeira víctima das odiosas comparacións as que serán sometidos todos e cada un dos traballos que Bloc Party decida facer, aos que xa de saída se lles catalogará como “inferiores a Silent Alarm”. Kele Okereke na voz e na guitarra, Russell Lissack na guitarra, Gordon Moakes no baixo e nos coros e Matt Tong na batería conforman Bloc Party.

    Intimacy (Wichita Recordings, 2008), o seu terceiro traballo, veu a luz o pasado 21 de agosto no seu formato dixital, quedando desde entón pendurado na rede coa posibilidade de baixalo previo abono do prezo estipulado. Os interesados en adquirilo no seu formato físico deberán agardar ata o 28 de outubro; neste formato inclúense algúns cortes non presentes no dixital. O disco foi producido por Paul Epworth e Jacknife Lee, quenes xa colaboraran coa banda nos seus anteriores traballos (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 08:00 - 11.09.2008 NOVIDADES

    jugoplastika

     

     

     

     

     

     

     

     

    JUGOPLASTIKA
    The 6th is the 7
    (Astro Discos, 2008)

    Co dos revivals é mellor non chegar a última hora. De poder escoller, o ideal sería chegar cando a cousa xa despegou pero aínda non invade masivamente as páxinas da NME e derivados, entrando de cheo no momento álxido do hype. Como mal menor, non estaría mal ser dos primeiros, o que sexa con tal de non ser dos últimos en chegar. Porén, ser pioneiro na recuperción dun son pasado garante certa frescura e non soar clónico pero tamén ten a desvantaxe de que van ser outros os que desfruten do verdadeiro recoñecemento. Non se pode ter todo.

    E no caso de Jugoplastika dá a impresión de que é exactamente isto último o que lles vai pasar. Asi que é de xustiza reivindicalos dende xa coma iniciadores dun revival que aínda está por chegar, o do indie guitarreiro dos primeiros 90s, con ecos de radio universitaria americana, voces pouco afinadas e producións precarias de son garaxeiro. Porque no seu último album -The 6th is the 7- non hai banda da época que non faga acto de presenza dunha ou outra maneira nalgunha das once cancións que fan parte do disco, dende os Pixies a Weezer pasando por Pavement, Guided by Voices, e Grandaddy. Un traballo, por certo, maxistralmente producido por Paco Loco, que demostra ser un auténtico todoterreno, recreando perfectamente o son suxo dominado polas frecuencias medias tan característico daqueles tempos dando forma ao que probablemente é o disco galego máis xenuinamente americano de todos os tempos.

    Dubido que Kukoc, Perasovic e Radja escoitasen aos Pixies nos vestiarios pero o certo é que as coordenadas temporais deste novo son de Jugoplastika teñen perfecto sentido e danlle coherencia absoluta á estética do grupo. Iso si, só asimilable en todos os seus matices  polos que nacimos antes dos 80s, as novas xeracións van ter que agardar a que chegue o revival noventeiro -remastigado e actualizalo- para desfrutalo ao 100%. Sexa coma sexa, sempre poderemos dicer o de "pero se isto xa o facían Jugoplastika no 2008".

    Comentarios (1)add
    ...
    escrito por xoel , Setembro 15, 2008
    bluff
    bluff
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 06:52 - 02.09.2008 NOVIDADES

    death_cab_narrow_stairs

     

     

     

     

     

     

    DEATH CAB FOR CUTIE
    Narrow Stairs
    (Atlantic, 2008)

    Atópome de fronte e a máis de 200 km/h con Narrow Stairs; o choque é brutal, anaquiños de disonantes melodías dunha beleza inusual perforan diversos órganos do meu corpo e préñanme as vísceras dun sotaque agridoce de saudade. Atópome de fronte ante o sexto traballo da banda formada por Ben Gibbard, Chris Walla, Nicholas Harmer e Jason McGerr; atópome de fronte cunha auténtica delicia de comezo a fin, tanto no seu formulación como na súa execución, un río que nace e transcorre cara o mar entre meandros sinuosos e violentas fervenzas.

    Nace Narrow Stairs cun corte duns cinco minutos que lembra por veces á primeira canción de Plans, aquela Marching Bands of Manhattan que nos marabillara, aínda que esta posúe un ton máis sutil. Comeza amodo para ir acadando maior contundencia segundo pasa o tempo, apoiados sempre nun enorme baixo (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 11:34 - 12.05.2008 NOVIDADES

    esquios2gif

     

     

     

     

     

     

    ESQUIOS
    Un tipo normal
    (Autoeditado Distribuciones, 2008)

    Os estradenses Esquíos deron un xiro importante á banda con este Un tipo normal, o seu segundo disco longo. A incorporación de Miguel Castro na voz en sustitución de Fidel Castro -non sei se serán irmáns- marca en grande medida o seu novo son, moito máis punk-rock, case alonxado por completo das querencias metaleiras do seu debut. O certo é que o xiro parece moi meditado xa que a nova voz -moito máis axeitado para o punk-rock con maior carrega melódica que fan agora- dálle a Esquios un son moito máis actual.

    Pero non é a voz a única novidade desta nova etapa. Agora atopamos unha cota maior de temas cantados en galego e unhas letras, entre o social e o festeiro, que encaixan mellor co seu estilo e o seu público potencial. Especialmente agora que contan no seu repertorio con temasda forza de “A rapa” ou “Galiza festa rachada” -sen dúbida os dous singles máis potentes do disco- que prometen ser verdadeiros furacáns ao vivo, cuns retrousos deses que son carne de pogo. Dous temas, ademais, que incorporan un par de detalles -aire funk e sección de metais, o primeiro, e ritmo skatalítico, o segundo- que alén de demostrar a versatilidade dos novos Esquíos tamén van facer de efectivo anzol para atraer a novos siareiros á banda.

    Comentarios (1)add
    MOI BO GRUPO
    escrito por abel , Xuño 19, 2008
    Vinnos en directo e a verdade e que son a ostia, montanche unha festa que flipas e son cañeiros. Ali comprei este cd e gustoume moito, ademais e bastante variado, ten algun tema que non me acaba de chegar pero en xeral e un disco moi recomendable para os amantes do rock cañeiro
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 06:56 - 06.05.2008 NOVIDADES

    rem_-_accelerate

     

     

     

     

     

     

    REM
    Accelearte
    (Warner, 2008)

    Facía xa catro anos que a banda de Athens non daba sinais de vida; foi por aquel entón cando publicaron o deostado (inxustamente baixo o meu criterio) Around the Sun. Por fin en abril de 2008 saíu á luz Accelerate, anunciado polos iluminados e entendidos como “a volta as súas orixes”. ¿Pero iso non o fixeran xa con Monster? ¿non se volvera de novo a falar do mesmo cando saíron New Adventures in Hi-Fi e Up? en resumo, máis peras mentais de flipados ou pura estratexia de marketing por parte da Warner (ou ambas cousas, claro) (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize