FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FILE NOT FOUND: modules/mod_smo_ajax_shoutbox_js.php

404: Not Found

Sorry, but the content you requested could not be found

Comentarios (0)add
Escrebe o teu Comentario
quote
bold
italicize
underline
strike
url
image
quote
quote
smile
wink
laugh
grin
angry
sad
shocked
cool
tongue
kiss
cry
+ pequeno | + grande

busy
 
 

COMENTADO RECENTEMENTE

IRIA ABOI
Vivan as cintas de radiocasé!
CONTACTO
Dende, a Asociación Cultural ANCHOA, querennos co...
CONTACTO
Hola. somos unha xente de san sadurniño interesad...
XA EN LIÑA ENSAIO.OR...
Foucellas recoñece que é intervencionismo, e com...
XA EN LIÑA ENSAIO.OR...
Ah! Por certo, esos que "van contra todo" son prec...
XA EN LIÑA ENSAIO.OR...
Os festivais galegos, salvo 3 ou 4, son unha merda...
CONTA ATRAS PARA O A...
ali estaremos!
XA EN LIÑA ENSAIO.OR...
mola o de punkis de postal, como diría Peter Grif...
XA EN LIÑA ENSAIO.OR...
certo si, a verdade é que alguns, pola teima infa...
XA EN LIÑA ENSAIO.OR...
o de que a inmensa maioría dos festivais galegos ...

NOVIDADES

  • 11:34 - 12.05.2008 NOVIDADES

    esquios2gif

     

     

     

     

     

     

    ESQUIOS
    Un tipo normal
    (Autoeditado Distribuciones, 2008)

    Os estradenses Esquíos deron un xiro importante á banda con este Un tipo normal, o seu segundo disco longo. A incorporación de Miguel Castro na voz en sustitución de Fidel Castro -non sei se serán irmáns- marca en grande medida o seu novo son, moito máis punk-rock, case alonxado por completo das querencias metaleiras do seu debut. O certo é que o xiro parece moi meditado xa que a nova voz -moito máis axeitado para o punk-rock con maior carrega melódica que fan agora- dálle a Esquios un son moito máis actual.

    Pero non é a voz a única novidade desta nova etapa. Agora atopamos unha cota maior de temas cantados en galego e unhas letras, entre o social e o festeiro, que encaixan mellor co seu estilo e o seu público potencial. Especialmente agora que contan no seu repertorio con temasda forza de “A rapa” ou “Galiza festa rachada” -sen dúbida os dous singles máis potentes do disco- que prometen ser verdadeiros furacáns ao vivo, cuns retrousos deses que son carne de pogo. Dous temas, ademais, que incorporan un par de detalles -aire funk e sección de metais, o primeiro, e ritmo skatalítico, o segundo- que alén de demostrar a versatilidade dos novos Esquíos tamén van facer de efectivo anzol para atraer a novos siareiros á banda.

    Comentarios (1)add
    MOI BO GRUPO
    escrito por abel , Xuño 19, 2008
    Vinnos en directo e a verdade e que son a ostia, montanche unha festa que flipas e son cañeiros. Ali comprei este cd e gustoume moito, ademais e bastante variado, ten algun tema que non me acaba de chegar pero en xeral e un disco moi recomendable para os amantes do rock cañeiro
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 06:56 - 06.05.2008 NOVIDADES

    rem_-_accelerate

     

     

     

     

     

     

    REM
    Accelearte
    (Warner, 2008)

    Facía xa catro anos que a banda de Athens non daba sinais de vida; foi por aquel entón cando publicaron o deostado (inxustamente baixo o meu criterio) Around the Sun. Por fin en abril de 2008 saíu á luz Accelerate, anunciado polos iluminados e entendidos como “a volta as súas orixes”. ¿Pero iso non o fixeran xa con Monster? ¿non se volvera de novo a falar do mesmo cando saíron New Adventures in Hi-Fi e Up? en resumo, máis peras mentais de flipados ou pura estratexia de marketing por parte da Warner (ou ambas cousas, claro) (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 11:53 - 17.04.2008 NOVIDADES

    deluxe-reconstruccion2

     

     

     

     

     

     

    DELUXE
    Reconstrucción
    (Virgin, 2008)

    Reconstrucción é o quinto disco do coruñés Xoel López, que saíu á luz o pasado 18 de marzo, aproximadamente un ano despois do lanzamento de Fin de un Viaje Infinito, o seu anterior traballo. O álbum ofrécenos dez temas inéditos e cinco remesturas das cancións que foi publicando mes a mes en internet ao longo do 2007. A primeira edición desta Reconstrucción, limitada ás súas 5.000 primeiras copias, traerá a maiores un DVD que inclúe imaxes en directo do Piano Bar Sessions, os tres vídeos de Fin de un Viaje Infinito e parte do concerto (unha hora e media) que Xoel ofreceu o 24 de novembro de 2007 en La Riviera, acompañado de xente como Josele Santiago, Eva Amaral e Juan Aguirre de Amaral, Amaro Ferreiro, Eladio Santos ou Julián López do programa Muchachada Nui. No audio deste DVD inclúense quince temas máis, compostos por versións acústicas, maquetas, as tres “cancións do mes” non incluídas no CD e catro temas do directo en La Riviera (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 16:56 - 07.04.2008 NOVIDADES

    nyp_culebra

     

     

     

     

     

     

     

     
    NIÑO Y PISTOLA
    Culebra
    (Astro Discos, 2008)

    Na historia da música galega contemporánea hai poucos referentes de bandas da terra que conseguiran un son tan xenuinamente británico coma Niño y Pistola. Teríamos que viaxar tres décadas atrás e lembrar a Queimada, os que no seu tempo foron chamados os Beatles galegos. A verdade é que a tarefa non é sinxela, porque acadar un son auténtico non é só a composición e o estilo, hai un factor fundamental ao que damos moita menos importancia da que ten no resultado final: a pronuncia. Noutros paises coma Portugal ou Suecia teñen ben claro que se escolles cantar nun idioma alleo coma é o ingles compre que o fagas coma se tiveras nascido en Oxford. non queda outra. Bandas coma X-wife ou Mando Diao poderían pasar por nativas das illas perfectamente, sen dúbida un factor decisivo na súa boa difusión internacional. É moi doado rir das míticas vesións de “In the ghetto” de El Príncipe Gitano ou “Acuarius” de Raphael e despois non ter nengún problema en montar un grupo e cantar en ingles de taxista de Benidorm (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 09:25 - 03.04.2008 NOVIDADES

    ataque_escampe_galicia_mierda
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    ATAQUE ESCAMPE
    Galicia es una mierda
    (A Regueifa Discos, 2008)
     
    Tras un debate non demasiado desputado no seu blogue, a banda de Vistalegre decidiu seguir as voces da maioría e bautizar o seu novo traballo co nome máis provocador posíbel. Habería que facer memoria e mentar por enésima vez a Os Resentidos para atopar un caso similar na música galega, e mesmo así a distancia entre as dúas bandas é abismal, e non só polas décadas que lles pasaron aos de Vigo polo lombo. A provocación que ladra dende a carátula do disco ten un aquel máis definido da que trouxo o carro da Movida. Sempre houbo teóricos que defenderon o valor revolucionario do humor, especialmente no noso país, que ten como tótem a un humorista e que se caracteriza por ser o reino da retranca.

    O disco de Ataque Escampe explota precisamente ese matiz que vai máis alá da simple provocación, e que ao tempo segue a fuxir das verdades profundas. Podemos velo no tema que dá nome ao disco (“todos os traumas xa chos escoitei/pero ti es ben parvo tamén”), en Serafín, o anxo salvador que traerá o final feliz ás diatribas do país, e nos Tres cantos a Lenin, anaina de tintes amorosos que acaba fundindo a súa última frase (“a miseria da vida”) co himno soviético. Precisamente á nostalxia irónica da guerra fría e do esplendor socialista súmase a Akira Toriyama, máximo icono da xeración Songoku, para persistir no toque xeracional que xa viramos no traballo anterior (...)

    Comentarios (8)add
    encantanme
    escrito por eu mesma , Abril 11, 2008
    son os anticristos do sistema!!
    Son uns cracks
    escrito por Fran , Abril 17, 2008
    Simplemente son uns cracks, encantame a sua musica. Espero que sigades asi moitos anos smilies/smiley.gif

    Un que viviu moitos anos en Vista Alegre
    nefasto
    escrito por Mdominguez , Maio 02, 2008
    si para destacar ou vender algo , hay que verse obrigado a decir galicia es una mierda, entendo pouca imaxinacion y moito mal gusto
    nefasto é a capital de botswana
    escrito por ocdcdae , Maio 05, 2008
    Non creo que AE precisen , a estas alturas, destacar, e tampouco vexo eu que vender algo sexa a súa prioridade (proba aver se atopas o disco de balde na rede, creo que vas ter sorte).
    O que falta neste país é sentido do humor e (pior aínda!!!) sentido crítico. Eu concordo con AE, se esta é a GZ que nos prometeron Galicia es una puta mierda, e que a xente proteste polo título do disco non fai máis que confirmalo.
    merda
    escrito por merda , Maio 05, 2008
    vaia merda de disco. Deberían cambiar Galicia por Ataque Escampe no nome do disco.
    xa nos tardaba
    escrito por ocdae (o de verdade) , Maio 10, 2008
    xa nos tardaba esta efusión nos pareceres... e por suposto que tamén AE somos una mierda, faltaría más.
    parabéns
    escrito por vacorinho , Maio 10, 2008
    pois a min encantáronme tanto o disco (case todo) como o título. Este xoves 15 véxovos na Coruña.
    ...
    escrito por ocdcdae , Maio 14, 2008
    Olla que non foi usurpación da personalidade, que non coinciden as letras. Sorte nos concertos. O 17 de maio es una mierda!!!
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 12:07 - 14.03.2008 NOVIDADES

    quantshag

     

     

     

     

     

     

     

     
    QUANT
    The Shagadelic Freakist Sessions
    (ARP, 2008)

    A primeira vez que escoitei a Quant foi en Radio 3, o tamén ferrolán Jesus Ordovás entrevistávaos no desaparecido Diario Pop co gallo da saída do seu EP "Share these Songshines". Lembro que cando soou “Girls, girls, girls” -ese single pop perfecto- pensei que só era cuestión de tempo que os fichara algunha das discográficas indies estatais “potentes”. O que descoñecía naquela altura era a ética de Quant, a súa visión da música coma un agasallo para os demais e a súa militancia de amor puro pola música máis alá do mercado (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 12:31 - 29.02.2008 NOVIDADES

    abraham_boba

     

     

     

     

     

     

     

     
    ABRAHAM BOBA
    Abraham Boba
    (Limbo Starr, 2007)

    Se fose vigués e tivese un grupo con aspiracións de ter repercusión estatal non o dubidaría nen un segundo, liscaría canto antes para Barcelona, a nova Meca da música viguesa. Brincadeiras aparte, algo máxico está acontecer por esas latitudes cos músicos de orixe olívica. Primeiro foron Cat People, despois Manos de Topo e agora Abraham Boba, un misterioso personaxe con pintas de Elvis Costello que ven namorando a calquera que cometa a imprudencia de escoitar o seu magnífico e homónimo disco de debut (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 12:26 - 29.02.2008 NOVIDADES

    mars_volta

     

     

     

     

     

     

    THE MARS VOLTA
    The Bedlam in Goliath
    (UMVD, 2008)

    The Mars Volta é un deses grupos privilexiados que descoñecen a experiencia de enfrontarse a unha mala crítica, sempre envoltos nun misticismo algo artificial e cun aura de banda maldita, cicelada por sobredoses e accidentes mortais. Fundado polo tándem Omar Rodríguez-López (guitarras e produción) e Cedric Bixler-Zavala (letras e voz principal), o cuarteto complétase na actualidade con Isaiah Ikey Owens e Jeremy Ward (aos teclados e como enxeñeiro de son respectivamente). A súa música soe encadrarse dentro do rock progresivo, aderezado con pingas latinas e de jazz (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 06:58 - 15.02.2008 NOVIDADES

    we_all

     

     

     

     

     

     

     

     
    WE ALL HAVE HOOKS FOR HANDS
    The Pretender
    (Afternoon Records, 2007)

    Eu tamén teño un amigo texano, concretamente de Austin, só que este non foi gobernador de nada, nin sequera presidente da súa comunidade de viciños; Brad, que así se chama, é un apaixonado da música q