|
ART FUTURA 2006
De paseo polo M.A.R.C.O. de Vigo
Por Ling Ling
Unha fin de semana de Novembro. Lugar, O Museo de Arte Contemporáneo de
Vigo. O programa, Art Futura 2006 e unha exposición de instalacións de
arte sonora. En resumo, a fin de semana perfecta. Imos logo por partes:
Art futura 2006
XVII Edicion do encontro de animacion audiovisual máis importante
destes tempos tras o referente mundial Resfest. Unha impresionante
exposicion baseada ou titulada : Estetica de Datos / Data Aesthetics.
Unha clara alusión aos tempos nos que vivimos e o entorno
"dataestético" que nos rodea. Verdadeiras obras de arte se nos
referimos a algúns dos videos expostos, que se poderían traducir en
sensacions viscerais, espirituais, etc... Bandas sonoras de moita
clase, o mellor 3D -deixando latente que o xénero goza de moi boa
saude-. En conclusion, se estás por aí e Art Futura anda perto nom o
dubides, entra, senta, reláxate e desfruta. A continuación unha mostra
dos títulos e artitas que expoñen nesta edición.
PROGRAMA A
------------------------
-Racing Beats, de Alexander Kiesl e Steffen Hacker
-The building, de Eric Riewer
-Tread Softly, de Heebok Lee
-Into Pieces, de Guilherme Marcondes
-Carlitopolis, de Luis Nieto
-Paintings, de Aardman
-Caps, de Moritz Mayenhofer e Jan Locher
-Noggin, de Alex Cannon
-Hitchhiker´s Guide to the galaxy, de Cinesite
-Suba, de Alastair Graham
-Musashino Plateau, de Nobuo Takahashi
-The Fly, de HanJin Song
-Doll Face, de Andrew Huang
-Scope, de Tangram
-Do Robots Dream of Bunnies?, de Piotr Karwas
-One Rat Short, de Charlex
Duracion da sesion: 60´
Renaissance making off, de Christian Volckman.
Duración : 30´
PROGRAMA B
------------------------
-Brush, de Lei Chen
-Monster Farm 5 Circus Caravan, de Digital Media Lab
-Rama, de Eric Bruneton
-Color Dream Nº.246, de Michael Theodore
-Theros, de Georgios Cherouvim
-Wojna, de Agnieszka Kruczek
-Good is Good, de Todd Mueller e Kylie Matulick
-Oh Hisse, de Hikaru Yamakawa
-Relighting Human Locomotion, de Paul Debevec
-Discord: Metal and Meat, de Stephan Larson
-Fall of Antioch, de Stephan Betz,Magid Hoff e Florian Witzel
-Reflect, de Dennis H.Miller
-Á Tort ou á Raiso, de Joris Clerté e Philippe Massonnet
-458nm, de Jan Bitzer, Ilija Brunck e Tom Weber
Duración da sesión: 60´
A Scanner Darkly (making off) escrita por Philip K.Dick dirixida por Richard Linklater
Duración: 30´
Unha breve documental de coma se fixo a innovadora película protagonizada por Keanu Reeves, Robert Downey Jr e Wynona Rider. Filme feito con técnicas de rotoscopiado que consiste en recalcar dixitalmente os frames reais e pasalos a vectores dixitais,
tratando así de alonxarse de stándares coma os da factoria Pixar ou
Dreamworks. Unha verdadeira obra de arte no campo da animación.
PROGRAMA C
------------------------
Unha interesante sesión e selección sobre as partes non interactivas do mundo dos videoxogos.
Secuencias de intros de xogos e partes medias muy interesantes no campo da animación, unha selección de Full Motion Theatre.
Titulos a destacar:
-Assassin´s Creed, War hawk, Alone in the Dark, Elveon,Tony Hawk´s
Project 8,Metal Gear Solid 4 Ps 3 entre outros grandes títulos do mundo
dos videogames.
Duración: 60´
Retrospectiva Moebius
Todos
os anos Art Futura adica unha amplia retrospectiva a un artista de
especial relevancia. Nesta edición introdúcenos na imaxe de Jean Giraud
( Francia 1938 ) mais coñecido coma Moebius. Unha das grandes figuras
no campo da animacion e creación de videoxogos fundador da agrupación
"Humanoides Asociados" e gran colaborador de Alejandro Jodorowsky.
Duración: 30´
PROGRAMA D
-------------------------
Premios 3D en España
Resumo e exposición dos traballos da convocatoria mais antiga de España no campo da animación 3D.
-Bungle in the Jungle, de Miguel Cabot
-Changes, de daniel Martinez Lara
-En Pañales, de Antonio Pol
-Perpetuum Mobile, de Enrique Garcia e Raquel Afofrín
-Garto, de Luis Gómez Guzman
-La Pieza, de Imanol Garazaibal
-Victor,Empleado del Mes, de David F. Barruz
-Karma Hunters, de El Miku
-Exit, de Angel Pascual Berlanga
-Policia de Autopista, de Javier Garcia Escudero
-The Wrong Glasses, de Alberto Rodriguez
-Khuda-Yana, de Javier Martinez
-Nina, de Cristian Ibañez Gea
-Gallygows / The users, de Alex Villagrasa
-Niebla, de Emilio Ramos
Cabe destacar a boa saude do xenero estatal, na que os traballos
amosados gozan dunha calidade que da moi boas expectativas ao sector.
Duración da sesión : 60´
Avance Resfest-10
Avance da décima edicién do Resfest Festival
adicado única y exclusivamente a amosar os traballos da primeira
xeración de cineastas dixitais: curtametraxes, videoclips, documentais,
etc........
Resfest comezou o mes pasado en Chicago e terémolo no
Estado a principos de Decembro. Art futura ofrece un pequeno adianto do
que será este grande festival das artes dixitais.
Entre
sesión e sesión tivemos tempo de visitar as instalacións do museu para
contemplar outra grande exposición .Non tan visual coma Art Futura,
máis ben todo o contrario (ouvidos ao tanto) pero non así igual de
sorprendente.
Baixo o título:"A Mostra Invisible" entramos
nunha serie se salas e atopamos as obras de 20 artistas contemporáneos
que nos expoñen simplemente dispositivos de audio, sen máis, pero no
momento no que se lle presta atención cambia o entorno. ¿que como e
posible isto? Pois mois sinxelo:
Instalacións de
altofalantes, cadeiras cun reproductor de audio e os seus respectivos
auriculares, todas elas reproducindo grandes obras do pasado e do
presente da investigación sonora, pasaxes sonoras dando forma a
realidades ficticias, creando espazos sonoros. Dende o Dadaismo pasando
polo primitivismo ata unha das mais grandes instalacións sonoras que
xamáis contemplei:
Janet Cardiff e a sua "The Forty Part
Motet", todo moi ben documentado polo museu, para dar a comprender ao
receptor o sentido das obras. Esta mencionada obra de Cardiff
impresiona a simple vista.
Unha sala con 40 altofalantes,
todos eles cableados independientemente e guiados por un ¿disco duro?
,representando cada un, por un tipo de voz coral e creando un coro de
40 voces en formación circular, no que o receptor pode chegar a
sentirse nunha catedral sentándose no medio cun coro de fondo. De feito
esta obra foi interpretada pola Salisbury Cathedral Choir. En fin,
escoitalo para creelo.
Seguindo de roteiro pola exposición
atopamos dende salas cúbicas con bucles vocais interminables ata unha
sala onde hai dous altofalantes tumbados no chan e un representa un
home cavando cunha pala e o otro a porción de chan onde se crava esta
misma pala (obra de Ceal Floyer) dando a sensación de estar
presenciando unha excavación real, ou outra sala onde a baixa
luminosidade e unha especie de pufs nos invitan a sentar e
escoitar unha serie de discursos que parecen ser unha homenaxe a
audiencia (Stadium de Antoni Muntadas) , contas numéricas dende épocas
remotas do tempo (One Million Years de On Kawara) e historias a modo de
"audiobook" nas que nos relatan sucesos da vida na periferia das
cidades ou en habitáculos, casas, etc....... en resumo: ver o mundo a
través dos ouvidos e darlle forma ao son nas nosas mentes. Unha
experiencia única. A continuación deixovos unha lista cos artistas
presentes nesta mostra, asi que collede nota, escoitade e construide
con atención e precaución ;).
Vito Acconci Joseph Beuys
Juan Hidalgo Louise Bourgeois
Joan Jonas James Lee Byars
On Kawara Janet Cardiff
Antoni Muntadas Martin Creed
Bruce Nauman Luisa Cunha
Luigi Russolo Ceal Floyer
Juliäo Sarmento Rodney Graham
Kurt Schwitters Raoul Hausmann
Michael Snow Stephen Vitielo
Links relacionados:
http://www.marcovigo.com/
http://www.artfutura.org/
 Tags: ESPECIAIS MUSICA ART FUTURA |
según a RAE:
bizarro, rra.
(De it. bizzarro, iracundo).
1. adj. valiente (‖ esforzado).
2. adj. Generoso, lucido, espléndido.
FRANC3S molan trogollón!
bicos pra eles