FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
CINEUROPA 2007 DOC: MUSICA PDF Imprimir Correo-e
ESPECIAIS
Escrito por Redacción   
Martes, 13 de Novembro do 2007
Chuza!
imaxecineuropa

CINEUROPA 2007 DOC: MUSICA

Santiago de Compostela
Do 6 de novembro ao 6 de decembro de 2007

"Se o ano pasado se iniciaba un ciclo de documentales musicais en Cineuropa, acertadamente chamado Doc Music, este ano o soño vólvese facer realidade para moitos. Todo axuda, en especial que últimamente se viñan rodando un bo número de documentais que toman a música como o elemento máis importante, ademais da existencia dun par de festivais a nivel estatal que teñen un lugar destacado para estes títulos.
Entre as fitas que se poderán ver, para empezar, está The U.S. vs. John Lennon, na que se nos conta a historia de como o FBI e Nixon perseguiron ao Lennon máis politizado dos 70, o prol-Panteras Negras e activista anti-Vietnam, con gran parte do seu metraxe composto por secuencias inéditas ata agora. Ao mesmo tempo, proxectarase Amazing Journey: The Story of The Who, sobre o grupo que empezou como mods afiados e acabou sendo o grupo de rock máis potente (e ruidoso) do planeta. En Blondie: One Way or Another, Debbie Harry e Chris Stein contan a ascensión dun dos mellores grupos da nova onda, con pingas de louro peróxido, pop excepcional, traxes e bambas, punk e música disco. Tamén estará no ciclo Kurt Cobain: About a Son; o líder de Nirvana fala a través do teléfono, omitindo a súa cara, con só a súa voz deslizándose sobre entrevistas e paisaxes de Seattle. E Scott Walker: 30 Century Man, na que o enigmático cantautor que pasou dos Walker Brothers á grande sinfonía do crooner-xenio, como un novo Sinatra do pop, desvélanos por que se lle considera inigualable, raro, pionero; en resumo, un mestre.
Para rematar, varias cintas miran cara a outros sons ou estilos, como, por exemplo, Made In Jamaica, centrada na música da illa que coñecemos sobre todo polo reggae; Return to Gorée, coa que se pode seguir un estremecedor viaxe de ida e volta con Youssou N Dour a través da ruta do comercio de escravos, de África a América e da cultura yoruba ao blues; e New Orleans Music in Exile, que acompaña a Dr. John, Irma Thomas, Richard Neville e outros que regresan á cidade devastada polo furacán Katrina, descubrindo os restos, soños e esperanzas dunha comunidade musical rota. Aviso: hai outros filmes co cubano Bebo Valdés de protagonista, outra centrada no mundo do hip-hop (para acompañar ao Festival Micro-Fest que se celebra en Compostela), os Fados de Carlos Saura, outra sobre a figura de Chet Baker e ata unha película con Lluis Llach de protagonista"
 
Xavier Valiño 
 

Old man Bebo

Director: Carlos Carcas

Fiel e sentido retrato do octoxenario músico cubano Bebo Valdés. De estrela nos anos 50 a anónimo pianista exiliado, e un renacemento final cos Grammys en 2000.

Dionisio Ramón Emilio Valdés Amaro. Ou, como o coñece todo o mundo: Bebo Valdés. O arquifamoso e octoxenario músico cubano. Pianista, compositor, arranxador. Un dos artífices da revolución do jazz afrocubano dos 40 e 50, membro de orquestras (como a célebre Orquesta Tropicana), rei do mambo (é seu o cantado e recantado "La rareza del siglo"), señor que non ten acougo. De Cuba a Nova York -onde triunfaba o son cubano- a México (foi director da orquestra de Lucho Gatica), pasando por Málaga e Suecia. Foi, de feito, en Estocolmo -viviu alí durante 30 anos de forma completamente anónima, tocando en bares- onde a súa carreira ía dar unha nova volta. Tras unha chamada de Paquito D’Rivera, Bebo volve gravar. E do seu Bebo rides again de 1994 aos Grammys de 2000, coma unha bala. Tumbao, jazz latino, descarga: Bebo é o mestre, e Old Man Bebo retrátao con cariño e proximidade.

Ficha técnica

  • Director: Carlos Carcas

Datos técnicos
  • País: España
  • Ano: 2007
  • Duración: 111 minutos
  • Formato: Digibeta
  • Estilo musical: son

17 de novembro de 2007
00:15
Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

18 de novembro de 2007
23:45
Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 581 111/ 981 581 572/ 981 586 681

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

19 de novembro de 2007
16:00
Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

Kurt Cobain: about a son

Director: AJ Schnack

En Kurt Cobain: About a Son exclúense os detalles musicais de Nirvana para concentrarse na voz do seu cantante, extraída de máis de 25 horas de conversación con Michael Azerrad cando este preparaba o seu Come as you are: The story of Nirvana. No filme conséguese una autobiografía do cantante de Seattle mediante as conversas telefónicas, sen nin sequera mostrar o seu rostro.

Ficha técnica:

  • Dirección: AJ Schnack
  • Música: Steve Fisk e Benjamin Gibbard
  • Fotografía: Wyatt Troll
  • Montaxe: AJ Schnack

Datos técnicos:
  • Título orixinal: Kurt Cobain: about a son
  • País: EUA
  • Ano: 2006
  • Duración: 96 minutos
  • Xénero: Musical, grunge

21 de novembro de 2007
22:00
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Rúa Valle Inclán, s/n. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 546 629

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

22 de novembro de 2007
23:45
Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)

3 €. Abono para 10 películas, 20 €

23 de novembro de 2007
18:15
Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 581 111/ 981 581 572/ 981 586 681

3 €. Abono para 10 películas, 20 €

Let's get lost

Director: Bruce Weber

Chet Baker tiña dúas caras: a bonita e a fea. Unha beleza destinada á autodestrución, Baker pasou de rei do cool jazz da Costa Oeste á nada. Este documental xa clásico do famoso Bruce Weber relata a turbulenta vida do jazzman en forma de flashback, empezando por un Baker roto, e escavando en busca da súa gloria pretérita. Entrevistas abundantes e material de arquivo selecto redondean un filme tan maxistral coma o trompetista que o protagoniza.

Ficha técnica:

  • Dirección e produción: Bruce Weber
  • Fotografía: Jeff Preiss
  • Montaxe: Angelo Corrao

Datos técnicos:
  • Título orixinal: Let's get lost
  • País: EUA
  • Ano: 1988
  • Duración: 120 minutos
  • Xénero: Musical, jazz

11 de novembro de 2007
00:15
Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 581 111/ 981 581 572/ 981 586 681

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

12 de novembro de 2007
16:00
Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 581 111/ 981 581 572/ 981 586 681

3 €. Abono para 10 películas, 20 €

From mambo to hip hop. A South Bronx tale

Director: Henry Chalfant

Mostra o estilo de vida dos nuyoricanos: os neoiorquinos latinoamericanos, os mensaxeiros que chegaron das súas terras ao sur (Puerto Rico, Cuba, Colombia...) e se engadiron á sopa de letras da megalópole norteamericana. E para non disolverse nela, apuntalaron unha comunidade con música e danza.

Ficha técnica:

  • Dirección: Henry Chalfant

Datos técnicos:
  • Título orixinal: From mambo to hip hop. A South Bronx tale
  • País: EUA
  • Ano: 2006
  • Duración: 55 minutos
  • Xénero: Musical, hip hop, mambo e dance

10 de novembro de 2007
16:00
Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

Amazing journey, the story of the Who

Director: Paul Crowder e Murray Lerner

Os Who empezaron de mods afiados e acabaron sendo o grupo de rock máis potente (e ruidoso) do planeta. A súa historia, a todo volume, cóntase por fin como é debido en Amazing Journey.

Dos inicios como grupo de R&B en Shepherd’s Bush (chamándose The Detours), a conversión ao mod como The High Numbers, o nacemento de The Who, a súa evolución cara á pop art e a psicodelia, a influencia da arte destrutivista de Metzger, os éxitos, os reveses, a extrema furia dos seus lendarios directos, as óperas rock Tommy e Quadrophenia, as pelexas entre os membros do grupo, as mortes de dous dos compoñentes (o malabarístico batería Keith Moon, tras anos de todo tipo de excesos, e o baixista John Entwistle), ata -finalmente- o regreso con novas cancións, vinte anos despois de que o deixaran. Máis chulos ca os Beatles e os Stones e os Kinks xuntos, os Who foron o grupo pop definitivo, e Amazing Journey é unha biografía deles gloriosa.

Ficha técnica:

  • Dirección: Paul Crowder e Murray Lerner
  • Guión: Mark Monroe

Datos técnicos:
  • País: EUA
  • Ano: 2007
  • Duración: 120 minutos
  • Estilo musical: Rock

24 de novembro de 2007
20:30
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Rúa Valle Inclán, s/n. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 546 629

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

25 de novembro de 2007
18:00
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Rúa Valle Inclán, s/n. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 546 629

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

26 de novembro de 2007
16:00
Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 581 111/ 981 581 572/ 981 586 681

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

Blondie: one way or another

Director: Matt O'Casey

"Blondie é un grupo", dicía unha das chapas máis simpáticas da era punk; coma un intento de reivindicar que, tras aquela loura sexy que se chamada Debbie Harry, había un grupo de señores con gravatas estreitas que facían a mellor música pop, e un noivo/cocompositor (Chris Stein) dotado de gran talento e peso específico. Debbie Harry e Chris Stein contan a ascensión do mellor grupo da nova onda.

Ficha técnica:

  • Dirección e produción: Matt O'Casey
  • Guión: Xavier Giannoli
  • Música: Deborah Harry e Chris Stein
  • Montaxe: Damian O'Neill

Datos técnicos:
  • Título orixinal: Blondie: one way or another
  • País: Reino Unido
  • Ano: 2006
  • Duración: 74 minutos
  • Xénero: Musical, jazz

13 de novembro de 2007
00:00
Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

14 de novembro de 2007
22:00
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Rúa Valle Inclán, s/n. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 546 629

3 €. Abono para 10 películas, 20 €

16 de novembro de 2007
00:00
Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 581 111/ 981 581 572/ 981 586 681

3 €. Abono para 10 películas, 20 €

Made in Jamaica

Director: Jérôme Laperrousaz

Examinando os líderes do reggae e a temática das súas letras, Made in Jamaica proponse explicar Xamaica. A maneira na que unha illa tan pequena infectou o mundo cunha mensaxe de esperanza e resistencia universal e cun son que xa é global. A Xamaica de hoxe, recollida a través dun pasado de escravitude, gueto e reggae a través do testemuño de Bunny Wailer, Gregory Isaacs e as novas xeracións do dancehall.

Ficha técnica:

  • Dirección: Jérôme Laperrousaz
  • Guión: Pascal Hérold
  • Fotografía: Jean-Marie Dreujou
  • Montaxe: Delphine Desfons

Datos técnicos:
  • Título orixinal: Made in Jamaica
  • País: Francia e EUA
  • Ano: 2006
  • Duración: 105 minutos
  • Xénero: Musical

9 de novembro de 2007
16:00
Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 581 111/ 981 581 572/ 981 586 681

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

11 de novembro de 2007
16:00
Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 581 111/ 981 581 572/ 981 586 681

3 €. Abono para 10 películas, 20 €

New Orleans music in exile

Director: Robert Mugge

O filme responde a dúas preguntas: que se perdeu co furacán Katrina? E, aínda máis importante, Pode recuperarse o que foi destruído? A obra evade a crítica máis dura e politizada de responsabilidade gobernamental para centrarse na música, e en todo o que New Orleans perdeu con aquel cataclismo meteorolóxico.

Ficha técnica:

  • Dirección: Robert Mugge
  • Produción:Robert Mugge e Diana Zelman
  • Fotografía: Christopher Li e David Sperling
  • Montaxe: Robert Mugge

Datos técnicos:
  • Título orixinal: New Orleans music in exile
  • País: EUA
  • Ano: 2006
  • Duración: 114 minutos
  • Xénero: Musical, Rhythm & blues, blues e soul

16 de novembro de 2007
18:00
Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 581 111/ 981 581 572/ 981 586 681

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

17 de novembro de 2007
20:00
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Rúa Valle Inclán, s/n. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 546 629

3 €. Abono para 10 películas, 20 €

18 de novembro de 2007
16:00
Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 581 111/ 981 581 572/ 981 586 681

3 €. Abono para 10 películas, 20 €

Return to Gorée

Director: Pierre-Yves Borgeaud

O músico africano Youssou N’Dour non é alguén que lle dea as costas ás causas difíciles nin ás viaxes imposíbeis. Return to Gorée é outra causa ganada. Outra viaxe épica. Outra loita. Partindo da cidade que simboliza o comercio de escravos desde África a América, N’Dour embarca nunha peregrinación que busca contactar todas as músicas negras que o escravismo orixinou ao seu paso e devolvelas a Gorée para un concerto final.

Ficha técnica:

  • Dirección: Pierre-Yves Borgeaud
  • Música: Moncef Genoud e Youssou N'Dour
  • Fotografía: Camille Cottagnoud
  • Produción: Jean-Louis Porchet e Gérard Ruey

Datos técnicos:
  • Título orixinal: Return to Gorée
  • País: Luxemburgo e Suíza
  • Ano: 2007
  • Duración: 102 minutos
  • Xénero: Musical, world music

8 de novembro de 2007
16:00
Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

9 de novembro de 2007
23:00
Aula Sociocultural Caixa Galicia
Carreira do Conde, 18, CP 15706
Teléfono: 981 953 073(oficina)/981 580 891(sala)

3 €. Abono para 10 películas, 20 €

Scott Walker. 30 century man

Director: Stephen Kijak

Relata a vida de Scott Walker, O enigmático cantautor pasou dos Walker Brothers á gran sinfonía do crooner-xenio coma un novo Sinatra do pop. Inigualable, raro, pioneiro: un mestre.

Ficha técnica:

  • Dirección: Stephen Kijak
  • Música: Scott Walker
  • Fotografía: Grant Gee
  • Montaxe: Grant Gee e Mat Whitecross

Datos técnicos:
  • Título orixinal: Scott Walker. 30 century man
  • País: EUA e Reino Unido
  • Ano: 2006
  • Duración: 95 minutos
  • Xénero: Musical, pop, crooner

21 de novembro de 2007
16:00
Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 581 111/ 981 581 572/ 981 586 681

3 €. Abono para 10 filmes, 20 €.

22 de novembro de 2007
22:00
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Rúa Valle Inclán, s/n. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 546 629

3 €. Abono para 10 películas, 20 €

 

Comentarios (0)add
Escrebe o teu Comentario
quote
bold
italicize
underline
strike
url
image
quote
quote
smile
wink
laugh
grin
angry
sad
shocked
cool
tongue
kiss
cry
+ pequeno | + grande

busy
Tags:  CINEUROPA DOC: MUSICA THE WHO KURT COBAIN SCOTT WALKER BLONDIE JOHN LENNON
 
< Ant.   Seg. >
 

COMENTADO RECENTEMENTE

JOHN CALE 06.12.2008...
Seguro que tocou "Mercenaries" ?? Que mal ando log...
CONTACTO
Boas, somos un grupo d santiago da Ponte Pedriña...
SEGUNDO EP DOS GROVE...
Xa vai sendo hora de que este grupo teña o recoñ...
GZ POP! A NOVA FORNA...
Precisamente por eso non se lle pode chamar POP, p...
IRIA ABOI
Pois iso que está moi boa
CONTACTO
ola. Son Xabier Mera. Gustaría de enviaros inform...
FRANC3S - Franc3s (G...
penso que o termo "bizarro" está demasiado sobado...
PRIMEIRO DISCO LONGO...
xa o puiden escoitar, as miñas felicitacións aos...
PRIMEIRO DISCO LONGO...
xenial, que ganas que lle tiña!
PROJECTO ['TREPJA], ...
flipante a música que se está facer na terra nos...

NOVIDADES

  • 08:00 - 13.11.2008 NOVIDADES

    franc3s

     

     

     

     

     

     

    FRANC3S
    Franc3s
    (A regueifa, 2008)

    Cando o 18 de maio de 1980 Ian Curtis decide unilateralmente poñer fin á breve singradura musical de Joy Division pendurándose polo pescozo cunha corda, o deus máis escuro do Valhalla da música popular fixo vibrar dolosamente as súas cordas vocais, emitindo un berro nunha frecuencia tan aquelada que só os tímpanos cunha maior dose de bizarrismo tebroso puideron captalo. Ese berro multiplicouse en miles de ecos que espallaron interminabelmente a mensaxe de loito desa deidade pagán polos catro recunchos do planeta. Así, non podía ser doutro xeito, esa onda sonora vibrou por terras de Bergantiños, e a semente desa vibración áspera, sucia e arriscada agromou nos miolos de Alberto, María e Patuki (tamén chegou a Vilalba) para florecer en Franc3s.

    A evolución metastática destes individuos de fans incondicionais a parte infinitesimal do universo bizarro fica fosilizada no seu propio nome, tributo por triplicado á actriz Frances Farmer, á vocalista de The Vaselines Frances McKee e á artista circense Frances O´Connor. María coa batería, Alberto coa guitarra e coa voz e Patuky cos teclados non só homenaxean en cada distorsión a bandas como Surfin´ Bichos, Los Enemigos, The Cramps ou The Jesus and Mary Chain, senón que tratan de enchoupar a súa música das sensacións que lles transmiten as obras de, por exemplo, John Waters, William Burroughs ou Pollock.

    Franc3s decidiu por fin dar o grande chimpo ao LP logo de dúas maquetas receptoras de boas críticas e gabanzas a manchea. O seu primeiro disco, Franc3s, está composto por dez temas e foi editado por A Regueifa Plataforma baixo licenza de Creative Commons; pode baixarse de balde en www.aregueifa.net. Tamén se pode adquirir en soporte físico, nunha edición limitada e feita a man a base de papel de lixa e peluche, en Discos Noni´s (A Coruña) e Cosmic Pop Club (Carballo).

    Así que xa sabedes, amantes dos sons de ultratumba, do theremin, da escuridade, do veludo, da luz de neon reflectida nas pozas dunha cidade perdida,…, gozade todos do novo de Franc3s, e xa me contaredes.

    Comentarios (1)add
    franc3s rules
    escrito por Óscar , Novembro 14, 2008
    penso que o termo "bizarro" está demasiado sobado xa

    según a RAE:

    bizarro, rra.

    (De it. bizzarro, iracundo).


    1. adj. valiente (‖ esforzado).

    2. adj. Generoso, lucido, espléndido.



    FRANC3S molan trogollón!
    bicos pra eles
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 12:37 - 13.10.2008 NOVIDADES

    nouvelledemmemoria

     

     

     

     

     

     

     

     

    NOUVELLE CUISINE
    De memoria
    (Autoeditado, 2008)

    O “malo” de ter asinado xoias de pop tan perfecto como Aritmética polar ou Dos torres é a altura á que deixas o listón para vindeiros discos. Os herculinos Nouvelle Cuisine corrían o risco de ser vítimas da calidade que plasmaron no seu anterior disco, o encantador Autodictado. Por fortuna, os "cocinitas" non se enrrugaron e souberon partir do ponto onde o deixaron para elevalo aínda uns centímetros máis, coma uns Sergéis Bubka do pop con pértiga.

    Sen perder o seu xa característco estilo -algo ben dificil de conseguir nunha banda con dúas voces tan diferentes- percébese nos doce temas que fan parte deste De memoria un salto cualitativo na produción. Continúan a guisalo e comelo eles mesmos pero no estudo de gravación a experiencia nótase e este enriquecemento faise palpable tanto a nivel de arranxos coma da expansión na paleta de sons e instrumentos (acordeóns, rhodes, sintes...). O certo é que o son de Nouvelle Cuisine acada con este disco un novo grau de madurez xa que a incoporación de sintetizador e caixas de ritmos nalgúns temas e a falla de complexos para meter guitarras moito máis distorsionadas afástaos do típico e autolimitado son indie do que beben -La Buena Vida e La Habitación Roja- explorando novos territorios que a esta altura da película a verdade é que son de agradecer.

    E como non hai bon disco de POP -con maiúsculas- sen unha boa colección de singles, ahi están eles para deixarnos xemas coma Sintonia08, Comunicación no verbal, El imperio roto ou Seremos cajeras... mostras de pop clásico preciosista dese que che queda ecoando permanentemente na testa con só un par de escoitas. A verdade é que resulta incrible que estes talentosos chefs non atopasen unha discográfica que lles editara o disco, por moita crise da industria discográfica que haxa. Neste caso é evidente que xogou máis na súa contra a deslocalización con respeito ao epicentro dos que terían de ser os seus pretendentes. No indie estatal xa se sabe que fora de Madrid e Barcelona vai moito frío. Porén a xogada non lles saiu tan mal, mais ben ao contrario, autoeditando o disco por partida doble, tanto en formato digipack de xeito comercial coma nun formato máis exclusivo: unha camisola que se vende xunto con unha memoria USB con toda a súa discografía. Se non querían caldo, dúas cuncas. E nós, claro, tan felices cun caldo tan cheo de sustancia.

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 11:20 - 25.09.2008 NOVIDADES

     

     

     

     

     

     

    BLOC PARTY
    Intimacy
    (Wichita, 2008)

    A “alarma silenciosa” ca que catro rapaces do East London decidiron comunicarlle ao mundo a súa existencia non foi tal; resultou o estoupido xordo do primeiro foguete da alborada, que racha o silencio da moribunda noite e pronostica xoldra. A partires dese intre máxico pode gozarse ou non da festa, pero xa non sobrevive no interior dos participantes esa inicial sensación de sorpresa. A Weekend In The City convertiuse desde o seu lanzamento na primeira víctima das odiosas comparacións as que serán sometidos todos e cada un dos traballos que Bloc Party decida facer, aos que xa de saída se lles catalogará como “inferiores a Silent Alarm”. Kele Okereke na voz e na guitarra, Russell Lissack na guitarra, Gordon Moakes no baixo e nos coros e Matt Tong na batería conforman Bloc Party.

    Intimacy (Wichita Recordings, 2008), o seu terceiro traballo, veu a luz o pasado 21 de agosto no seu formato dixital, quedando desde entón pendurado na rede coa posibilidade de baixalo previo abono do prezo estipulado. Os interesados en adquirilo no seu formato físico deberán agardar ata o 28 de outubro; neste formato inclúense algúns cortes non presentes no dixital. O disco foi producido por Paul Epworth e Jacknife Lee, quenes xa colaboraran coa banda nos seus anteriores traballos (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 08:00 - 11.09.2008 NOVIDADES

    jugoplastika

     

     

     

     

     

     

     

     

    JUGOPLASTIKA
    The 6th is the 7
    (Astro Discos, 2008)

    Co dos revivals é mellor non chegar a última hora. De poder escoller, o ideal sería chegar cando a cousa xa despegou pero aínda non invade masivamente as páxinas da NME e derivados, entrando de cheo no momento álxido do hype. Como mal menor, non estaría mal ser dos primeiros, o que sexa con tal de non ser dos últimos en chegar. Porén, ser pioneiro na recuperción dun son pasado garante certa frescura e non soar clónico pero tamén ten a desvantaxe de que van ser outros os que desfruten do verdadeiro recoñecemento. Non se pode ter todo.

    E no caso de Jugoplastika dá a impresión de que é exactamente isto último o que lles vai pasar. Asi que é de xustiza reivindicalos dende xa coma iniciadores dun revival que aínda está por chegar, o do indie guitarreiro dos primeiros 90s, con ecos de radio universitaria americana, voces pouco afinadas e producións precarias de son garaxeiro. Porque no seu último album -The 6th is the 7- non hai banda da época que non faga acto de presenza dunha ou outra maneira nalgunha das once cancións que fan parte do disco, dende os Pixies a Weezer pasando por Pavement, Guided by Voices, e Grandaddy. Un traballo, por certo, maxistralmente producido por Paco Loco, que demostra ser un auténtico todoterreno, recreando perfectamente o son suxo dominado polas frecuencias medias tan característico daqueles tempos dando forma ao que probablemente é o disco galego máis xenuinamente americano de todos os tempos.

    Dubido que Kukoc, Perasovic e Radja escoitasen aos Pixies nos vestiarios pero o certo é que as coordenadas temporais deste novo son de Jugoplastika teñen perfecto sentido e danlle coherencia absoluta á estética do grupo. Iso si, só asimilable en todos os seus matices  polos que nacimos antes dos 80s, as novas xeracións van ter que agardar a que chegue o revival noventeiro -remastigado e actualizalo- para desfrutalo ao 100%. Sexa coma sexa, sempre poderemos dicer o de "pero se isto xa o facían Jugoplastika no 2008".

    Comentarios (1)add
    ...
    escrito por xoel , Setembro 15, 2008
    bluff
    bluff
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 06:52 - 02.09.2008 NOVIDADES

    death_cab_narrow_stairs

     

     

     

     

     

     

    DEATH CAB FOR CUTIE
    Narrow Stairs
    (Atlantic, 2008)

    Atópome de fronte e a máis de 200 km/h con Narrow Stairs; o choque é brutal, anaquiños de disonantes melodías dunha beleza inusual perforan diversos órganos do meu corpo e préñanme as vísceras dun sotaque agridoce de saudade. Atópome de fronte ante o sexto traballo da banda formada por Ben Gibbard, Chris Walla, Nicholas Harmer e Jason McGerr; atópome de fronte cunha auténtica delicia de comezo a fin, tanto no seu formulación como na súa execución, un río que nace e transcorre cara o mar entre meandros sinuosos e violentas fervenzas.

    Nace Narrow Stairs cun corte duns cinco minutos que lembra por veces á primeira canción de Plans, aquela Marching Bands of Manhattan que nos marabillara, aínda que esta posúe un ton máis sutil. Comeza amodo para ir acadando maior contundencia segundo pasa o tempo, apoiados sempre nun enorme baixo (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 11:34 - 12.05.2008 NOVIDADES

    esquios2gif

     

     

     

     

     

     

    ESQUIOS
    Un tipo normal
    (Autoeditado Distribuciones, 2008)

    Os estradenses Esquíos deron un xiro importante á banda con este Un tipo normal, o seu segundo disco longo. A incorporación de Miguel Castro na voz en sustitución de Fidel Castro -non sei se serán irmáns- marca en grande medida o seu novo son, moito máis punk-rock, case alonxado por completo das querencias metaleiras do seu debut. O certo é que o xiro parece moi meditado xa que a nova voz -moito máis axeitado para o punk-rock con maior carrega melódica que fan agora- dálle a Esquios un son moito máis actual.

    Pero non é a voz a única novidade desta nova etapa. Agora atopamos unha cota maior de temas cantados en galego e unhas letras, entre o social e o festeiro, que encaixan mellor co seu estilo e o seu público potencial. Especialmente agora que contan no seu repertorio con temasda forza de “A rapa” ou “Galiza festa rachada” -sen dúbida os dous singles máis potentes do disco- que prometen ser verdadeiros furacáns ao vivo, cuns retrousos deses que son carne de pogo. Dous temas, ademais, que incorporan un par de detalles -aire funk e sección de metais, o primeiro, e ritmo skatalítico, o segundo- que alén de demostrar a versatilidade dos novos Esquíos tamén van facer de efectivo anzol para atraer a novos siareiros á banda.

    Comentarios (1)add
    MOI BO GRUPO
    escrito por abel , Xuño 19, 2008
    Vinnos en directo e a verdade e que son a ostia, montanche unha festa que flipas e son cañeiros. Ali comprei este cd e gustoume moito, ademais e bastante variado, ten algun tema que non me acaba de chegar pero en xeral e un disco moi recomendable para os amantes do rock cañeiro