FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
PAREDES DE COURA 2007
Índice de artigos
PAREDES DE COURA 2007
Páxina 2
Chuza!
Unha crónica de Mr. Jones e Atilano Liberado

Levo tres anos seguidos indo a Paredes. Comezo xa a ter esas rutinas que pronto se farán vellas e detestables, pero que seguen tendo ese halo de nostalxia, do gusto da familiariedade. As curvas desa estrada surrealista que comunica a vila coa autoestrada, as rúas decoradas “á portuguesa” para as festas, os “cachorros quentes” do pouco hixiénixo Psicológico. Paredes pegou un gran cambio o pasado ano. No 2006 entraron novos patrocinadores (Heineken desprazou á Superbock, MTV...), despois do exitazo colleitado en 2005, cando foi considerado un dos mellores festivais da Península, con apostas polos daquela descoñecidos (e baratos –actuaron a cambio da viaxe e a manutención, ou iso se di) Arcade Fire ou !!!, e bandas doutra década, mais aínda en plena forma, como Pixies, Nick Cave e Foo Fighters. E agora hai Pizza Hut, KFC, radio en directo, concursos de autos, e vendas de todo tipo. Pero a esencia segue, no escenario.

Paredes aínda non repetiu a calidade do cartaz de 2005, e tanto o pasado ano como este combina apostas exitosas con outras máis falidas. En xeral o esquema de PdC é predicíbel: grupos novos, colocados na vangarda musical, nun pop-rock bailable e arriscado (Arcade Fire- 2005, !!! - 2005 e 2006, Bloc Party- 2006, Broken Social Scene – 2006, e este ano MIA, Peter, Bjorn and John, Sunshine Underground, ou Architecture in Helsinki) con actuacións revival, rescatando bandas dos setenta (New York Dolls) e sobre todo dos oitenta (Pixies, Bauhaus, The Cramps, Morrisey, Dinosaur Jr ou Sonic Youth). Claro, tanto unhas apostas como outras teñen riscos e producen resultados dispares: os concertos de Sonic Youth (bo) e Gang of Four (malo) son incomparables, ou o de Morrisey e o de New York Dolls. Hai bandas que soan igual que o primeiro día e outras ás que o tempo non perdoa.

Paredes está moi cerca de Galicia, e diso nos alegramos todos. Sobre todo porque pódese, chegado o caso, pasar toda a tarde-noite nos concertos e durmir na casa (sobre todo se se traballa ao día seguinte). Tan cerca de Galicia que tanto o ano pasado como este lle deu por chover; en agosto, e moito. O que fai moi incómoda a acampada, pero tamén o desfrute dos concertos.

 

sunshine

 

DÍA 1, LUNS

A praia fluvial do río Tabuão arrecendía a margaridas a última hora da tarde, escasos minutos antes de ser arrasadas por unha nova estampida de festivaleiros. A xente agardaba polo inicio dos concertos no Palco Heineken deitada na herba, tomando o sol. De lonxe, do Palco Ibero Sounds, chegaba a música de The Blows. Os vigueses lucían a súa versión galaica do actual pop británico ante máis público do que agardaban, aproveitando a oportunidade que lles deron os Mando Diao. Os suecos cancelaron o seu concerto por “doenza do vocalista”, retrasando unha hora toda a xornada, deixando aos espectadores máis puntuais en mans de The Blows. Bo apaño, en todo caso. O sol tinxía o verde de laranxa para cando os New Young Pony Club subiron ao Palco Heineken... 

New Young Pony Club: Nostalxia dos oitenta para ir quentando. Tahita Bulmer felicitaba ao contubernio de bailaríns que se agrupaban á dereita do escenario tentando que a súa enerxía contaxiase ao resto dos presentes. Comezaron coa potente ‘Get Lucky’: protagonismo do baixo, eloxio do sintetizador e batería con chocallos. Tahita desfacíase por ser todo actitude. New Rave, chámanlle nas revistas de tendencias, pero fóra dos chocallos non teñen tantos paralelos con The Klaxons, Datarock, Shitdisco ou Simian Mobile Disco. As súas cancións son demasiado limpas, demasiado pop. O hedonismo de LCD Soundsystem fica atrapado entre capas e capas de vintage. ‘Hiding on the Staircase’, por exemplo, resultou inxenua de máis como para seducir a ninguén. A cousa mellorou con ‘Ice Cream’ (anunciada como unha canción para “xente sexy”), e non houbo queixa de ‘Jerk Me’ ou de ‘The Get Go’. As cancións do Fantastic Playroom íanse enlazando unha tras outra mentres a xente se soltaba sen entregarse. Había máis movementos de cabeza que de cadeira. Demasiado cedo, quizais, demasiado ríxidos como para gañarnos. 

Blasted Mechanism: Máxima expectación entre os adolescentes portugueses, concentrados en corear o nome da súa banda preferida: “bla-a-a-a-s-s-s... t-e-e-e-d, bla-a-a-a-s-s-s... t-e-e-e-d”. Mentres, no escenario, acumulábase un arsenal de instrumentos de persución, dúas guitarras de dobre mastro, dous pedestais con iluminación contrapicada... Un set complexo agardando pola entrada triunfal de cinco roqueiros disfrazados de extraterrestres. Incredulidade, pasmo, consternación. Euforia entre o público. Uf... Os Blasted Mechanism debéronlle encargar o seu vestiario a un entomólogo xaponés admirador de David Cronenberg: Traxes de plástico con luces incorporadas, polainas estilo Dragon Ball, cinturóns con adornos tribalistas e aparatosos cascos con forma animal. Valdjiu, o guitarrista, viña sendo una cobra. Ary, o baixista, tiña un aire a un mosquito. Máis que extraterrestres semellaban unha confusa mestura entre power rangers e peliqueiros. Unha labazada para os ollos. Digna de verse, aínda que só por curiosidade, pola atracción do maligno. E logo estaba a música...

Percusións bakaladeiras, solos de guitarra cun pouso heavy, un didgeridoo epiléptico, berros guturais apelando aos instintos primarios (“chop! chop! chop!”) e toda esta bacanal sonora sostida por unhas bases pregravadas de orixe descoñecida: de onde saía toda aquela sección de vento metal? Non había nin unha soa trompeta no escenario. Nin un sampler sequera. Ritmo frenético e enxordecedor. E o público desaforado, convertido nun remuíño que cuspía hormonas. Golpes a esquerda e dereita. Ósos machucados. A épica era esto? Aos portugueses gustábanlles, sen dúbida. Ningún outro artista triunfou con tanta contundencia nesa primeira xornada. Malia ser un atentado contra ouvidos sensíbeis. 

M.I.A: Un escenario minimalista. Soamente unha mesa para lanzar ritmos abstractos. Nada máis. A portada do Kala nun enorme tapiz, ao fondo. Moito espazo para encher. Despois de Blasted debiamos estar curados de espantos, cando menos no tocante á imaxe dos artistas. Mais o vestiario estridente de Mathangi ‘Maya’ Arulpragasam esixía moita flexibilidade e condescendencia. Levaba uns leggins cinguidos, prateados e brillantes, cuns tenis e unha camisola a xogo; e a maiores cubría a súa cabeleira unha perruca violeta estilo Cleopatra, a mesma que na imaxe do fondo, tocada por un casquete a xeito de dictador africano. A moza que lle facía a voz acompañante íalle a xogo. Levaba outros leggins escintilantes, con bandas de purpurina negra, verde, amarela e vermella. Dúas choqueiras executando unhas coreografías propias dunha exhibición de ximnasia rítmica. Mentres, o DJ, moi sobrio, protexido detrás da mesa, lanzando de entrada as percusións e efectos de ‘Banboo Banga’. M.I.A. presentábase ante o público en estado puro, sen concesións, co primeiro corte do seu último disco, un tema moi difícil para descubrir en directo. Suor frío. Un intre de inseguridade e tensión. Viaxar dende Galiza, ida e volta no mesmo día, para... isto?

‘Bucky Done Gun’ e ‘Pull Up the People’ viñeron de seguida ao rescate dos incrédulos. En canto se escoitaron os samplers máis recoñecíbeis, unha simbólica minoría de incondicionais sumámonos ao seu recitado: “pull-up-the-pí-pol---pull-up-the-po-o-r! / pull-up-the-pí-pol---pull-up-the-po-o-r!!!”. As complexas produccións do Arular non chegaron a lucir tanto como deberían no directo, cos baixos demasiado sucios, perdendo moitos matices. Mais non estabamos nunha audición. Estabamos nun concerto, para bailar, para enchouparnos da forza vital que transmite a gran ‘Maya’ Arulpragasam, capaz de compensar coa súa enerxía calquera limitación do espectáculo. Cara a metade do concerto tirou perruca e casquete. Ceibou a cabeleira. Mellor. Moi falangueira co público, moi coloquial, ‘Maya’ enchía coa súa presenza o escenario baleiro, percorréndoo dunha banda a outra, rubindo polos altavoces laterais, descolgándose polos dianteiros... Do Arular tamén interpretou ‘Sunshowers’ e ‘10 Dollar’, o mellor do seu repertorio, pero o concerto estaba centrado nas cancións do Kala, o álbum que ía sacar á venda apenas unha semana despois.

Escoitar novos temas en directo sempre causa estrañamento, á marxe da súa calidade. Algúns, como ‘Jimmy’, fíxéronse difíciles de encaixar. A outros, como ‘World Town’ ou ‘20 Dollar’, o directo non lles fixo moita xustiza. Mellor quedou ‘Paper Planes’, aínda que non se distinguise case o sampler de The Clash, afogado polos disparos. Os singles si que funcionaron: ‘Bird Flu’ tivo unha estrea portuguesa máis que digna, e ‘Boyz’ demostrou que o presente de M.I.A. inclúe tamén moito futuro. A despedida, como non podía ser doutro xeito, foi con ‘Galang’, o seu primeiro e incombustíbel single, pura munición incandescente desta guerrilleira tamil, sen prexuízos para botarse ao público e deixarse suxeitar de costas mentres cantaba o mantra final. O escenario faríaselle grande, pero o tempo quedoulle curto. 

Babyshambles: Pete Doherty é un bo compositor de cancións pop, tan bo como impresentábel sobre o escenario. Será Kate Moss, serán as drogas, serán os tabloides. Será el así. Un tío pagado de si mesmo. Difícil non cabrearse co menor dos seus xestos. Nada peor que deixarse ver para que o público te adore cando aínda te están preparando o escenario. Daquela non só recibía aplausos. Tamén insultos. Merecidos.

Logo, sen facerse agardar en exceso, saíu a tocar. Desta vez, os Babyshambles eran tres. Doherty á guitarra, Drew McConnell no baixo e Adam Ficek á batería. Vestían con elegancia: Longos gabáns negros, pantalóns de pinzas, americanas, camisas brancas. Nos primeiros temas resultou que Doherty non estaba tan pasado como de costume, gardaba certa compostura. Ate que se lle comezou a desprender a banda que lle suxeitaba a guitarra. Unha e outra vez, en todas as cancións. Tiñan que vir do staff, en medio dos temas, a colocarlla de novo. Xa non é un gran guitarrista como para aínda por riba tocar con atrancos. Ao caérselle, perdía a nota, deixaba de tocar, ignoraba o desastre e seguía cantando, sostendo nun acto reflexo desesperado esa maldita guitarra. Nin se lle ocorreu cambiala sequera.

Doherty fumaba con rabia, dúas caladas e guindaba o cigarro. McConnell e Ficek facían o imposíbel por abstraerse dos problemas do seu líder, mantendo o ritmo sempre aceso, respectando esas cancións tan ben compostas estragadas no directo polo seu propio creador. Cando menos, con esa guitarra fuxidía na man, a Doherty non se lle ocorría guindar o micrófono ao chan compulsivamente, como fixo o ano pasado en Barcelona. Non estaba tan rabioso, mais ben só frustrado. Tentaba refacerse, tentaba cantar. Puña cara de estar matinando “a seguinte vaime saír ben dunha vez, carallo!”. Tocaron só corenta minutos, despedíndose cun tema espléndido. Deixáronnos ansiosos durante outros longuísimos dez minutos, facéndose de rogar. E volveron saír, concentrados, ao seu. Seguían cos mesmos problemas, pero gardaran para o bis o mellor do seu repertorio. Recuperaron mesmo algunha cancións dos Libertines. Tocaron ‘Can’t stand me now’, xunguindo forma e contido, fartos todos dese diaño de Doherty, pero recoñecéndolle o xeito que ten.



 
< Ant.   Seg. >
 

COMENTADO RECENTEMENTE

JOHN CALE 06.12.2008...
Seguro que tocou "Mercenaries" ?? Que mal ando log...
CONTACTO
Boas, somos un grupo d santiago da Ponte Pedriña...
SEGUNDO EP DOS GROVE...
Xa vai sendo hora de que este grupo teña o recoñ...
GZ POP! A NOVA FORNA...
Precisamente por eso non se lle pode chamar POP, p...
IRIA ABOI
Pois iso que está moi boa
CONTACTO
ola. Son Xabier Mera. Gustaría de enviaros inform...
FRANC3S - Franc3s (G...
penso que o termo "bizarro" está demasiado sobado...
PRIMEIRO DISCO LONGO...
xa o puiden escoitar, as miñas felicitacións aos...
PRIMEIRO DISCO LONGO...
xenial, que ganas que lle tiña!
PROJECTO ['TREPJA], ...
flipante a música que se está facer na terra nos...

NOVIDADES

  • 08:00 - 13.11.2008 NOVIDADES

    franc3s

     

     

     

     

     

     

    FRANC3S
    Franc3s
    (A regueifa, 2008)

    Cando o 18 de maio de 1980 Ian Curtis decide unilateralmente poñer fin á breve singradura musical de Joy Division pendurándose polo pescozo cunha corda, o deus máis escuro do Valhalla da música popular fixo vibrar dolosamente as súas cordas vocais, emitindo un berro nunha frecuencia tan aquelada que só os tímpanos cunha maior dose de bizarrismo tebroso puideron captalo. Ese berro multiplicouse en miles de ecos que espallaron interminabelmente a mensaxe de loito desa deidade pagán polos catro recunchos do planeta. Así, non podía ser doutro xeito, esa onda sonora vibrou por terras de Bergantiños, e a semente desa vibración áspera, sucia e arriscada agromou nos miolos de Alberto, María e Patuki (tamén chegou a Vilalba) para florecer en Franc3s.

    A evolución metastática destes individuos de fans incondicionais a parte infinitesimal do universo bizarro fica fosilizada no seu propio nome, tributo por triplicado á actriz Frances Farmer, á vocalista de The Vaselines Frances McKee e á artista circense Frances O´Connor. María coa batería, Alberto coa guitarra e coa voz e Patuky cos teclados non só homenaxean en cada distorsión a bandas como Surfin´ Bichos, Los Enemigos, The Cramps ou The Jesus and Mary Chain, senón que tratan de enchoupar a súa música das sensacións que lles transmiten as obras de, por exemplo, John Waters, William Burroughs ou Pollock.

    Franc3s decidiu por fin dar o grande chimpo ao LP logo de dúas maquetas receptoras de boas críticas e gabanzas a manchea. O seu primeiro disco, Franc3s, está composto por dez temas e foi editado por A Regueifa Plataforma baixo licenza de Creative Commons; pode baixarse de balde en www.aregueifa.net. Tamén se pode adquirir en soporte físico, nunha edición limitada e feita a man a base de papel de lixa e peluche, en Discos Noni´s (A Coruña) e Cosmic Pop Club (Carballo).

    Así que xa sabedes, amantes dos sons de ultratumba, do theremin, da escuridade, do veludo, da luz de neon reflectida nas pozas dunha cidade perdida,…, gozade todos do novo de Franc3s, e xa me contaredes.

    Comentarios (1)add
    franc3s rules
    escrito por Óscar , Novembro 14, 2008
    penso que o termo "bizarro" está demasiado sobado xa

    según a RAE:

    bizarro, rra.

    (De it. bizzarro, iracundo).


    1. adj. valiente (‖ esforzado).

    2. adj. Generoso, lucido, espléndido.



    FRANC3S molan trogollón!
    bicos pra eles
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 12:37 - 13.10.2008 NOVIDADES

    nouvelledemmemoria

     

     

     

     

     

     

     

     

    NOUVELLE CUISINE
    De memoria
    (Autoeditado, 2008)

    O “malo” de ter asinado xoias de pop tan perfecto como Aritmética polar ou Dos torres é a altura á que deixas o listón para vindeiros discos. Os herculinos Nouvelle Cuisine corrían o risco de ser vítimas da calidade que plasmaron no seu anterior disco, o encantador Autodictado. Por fortuna, os "cocinitas" non se enrrugaron e souberon partir do ponto onde o deixaron para elevalo aínda uns centímetros máis, coma uns Sergéis Bubka do pop con pértiga.

    Sen perder o seu xa característco estilo -algo ben dificil de conseguir nunha banda con dúas voces tan diferentes- percébese nos doce temas que fan parte deste De memoria un salto cualitativo na produción. Continúan a guisalo e comelo eles mesmos pero no estudo de gravación a experiencia nótase e este enriquecemento faise palpable tanto a nivel de arranxos coma da expansión na paleta de sons e instrumentos (acordeóns, rhodes, sintes...). O certo é que o son de Nouvelle Cuisine acada con este disco un novo grau de madurez xa que a incoporación de sintetizador e caixas de ritmos nalgúns temas e a falla de complexos para meter guitarras moito máis distorsionadas afástaos do típico e autolimitado son indie do que beben -La Buena Vida e La Habitación Roja- explorando novos territorios que a esta altura da película a verdade é que son de agradecer.

    E como non hai bon disco de POP -con maiúsculas- sen unha boa colección de singles, ahi están eles para deixarnos xemas coma Sintonia08, Comunicación no verbal, El imperio roto ou Seremos cajeras... mostras de pop clásico preciosista dese que che queda ecoando permanentemente na testa con só un par de escoitas. A verdade é que resulta incrible que estes talentosos chefs non atopasen unha discográfica que lles editara o disco, por moita crise da industria discográfica que haxa. Neste caso é evidente que xogou máis na súa contra a deslocalización con respeito ao epicentro dos que terían de ser os seus pretendentes. No indie estatal xa se sabe que fora de Madrid e Barcelona vai moito frío. Porén a xogada non lles saiu tan mal, mais ben ao contrario, autoeditando o disco por partida doble, tanto en formato digipack de xeito comercial coma nun formato máis exclusivo: unha camisola que se vende xunto con unha memoria USB con toda a súa discografía. Se non querían caldo, dúas cuncas. E nós, claro, tan felices cun caldo tan cheo de sustancia.

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 11:20 - 25.09.2008 NOVIDADES

     

     

     

     

     

     

    BLOC PARTY
    Intimacy
    (Wichita, 2008)

    A “alarma silenciosa” ca que catro rapaces do East London decidiron comunicarlle ao mundo a súa existencia non foi tal; resultou o estoupido xordo do primeiro foguete da alborada, que racha o silencio da moribunda noite e pronostica xoldra. A partires dese intre máxico pode gozarse ou non da festa, pero xa non sobrevive no interior dos participantes esa inicial sensación de sorpresa. A Weekend In The City convertiuse desde o seu lanzamento na primeira víctima das odiosas comparacións as que serán sometidos todos e cada un dos traballos que Bloc Party decida facer, aos que xa de saída se lles catalogará como “inferiores a Silent Alarm”. Kele Okereke na voz e na guitarra, Russell Lissack na guitarra, Gordon Moakes no baixo e nos coros e Matt Tong na batería conforman Bloc Party.

    Intimacy (Wichita Recordings, 2008), o seu terceiro traballo, veu a luz o pasado 21 de agosto no seu formato dixital, quedando desde entón pendurado na rede coa posibilidade de baixalo previo abono do prezo estipulado. Os interesados en adquirilo no seu formato físico deberán agardar ata o 28 de outubro; neste formato inclúense algúns cortes non presentes no dixital. O disco foi producido por Paul Epworth e Jacknife Lee, quenes xa colaboraran coa banda nos seus anteriores traballos (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 08:00 - 11.09.2008 NOVIDADES

    jugoplastika

     

     

     

     

     

     

     

     

    JUGOPLASTIKA
    The 6th is the 7
    (Astro Discos, 2008)

    Co dos revivals é mellor non chegar a última hora. De poder escoller, o ideal sería chegar cando a cousa xa despegou pero aínda non invade masivamente as páxinas da NME e derivados, entrando de cheo no momento álxido do hype. Como mal menor, non estaría mal ser dos primeiros, o que sexa con tal de non ser dos últimos en chegar. Porén, ser pioneiro na recuperción dun son pasado garante certa frescura e non soar clónico pero tamén ten a desvantaxe de que van ser outros os que desfruten do verdadeiro recoñecemento. Non se pode ter todo.

    E no caso de Jugoplastika dá a impresión de que é exactamente isto último o que lles vai pasar. Asi que é de xustiza reivindicalos dende xa coma iniciadores dun revival que aínda está por chegar, o do indie guitarreiro dos primeiros 90s, con ecos de radio universitaria americana, voces pouco afinadas e producións precarias de son garaxeiro. Porque no seu último album -The 6th is the 7- non hai banda da época que non faga acto de presenza dunha ou outra maneira nalgunha das once cancións que fan parte do disco, dende os Pixies a Weezer pasando por Pavement, Guided by Voices, e Grandaddy. Un traballo, por certo, maxistralmente producido por Paco Loco, que demostra ser un auténtico todoterreno, recreando perfectamente o son suxo dominado polas frecuencias medias tan característico daqueles tempos dando forma ao que probablemente é o disco galego máis xenuinamente americano de todos os tempos.

    Dubido que Kukoc, Perasovic e Radja escoitasen aos Pixies nos vestiarios pero o certo é que as coordenadas temporais deste novo son de Jugoplastika teñen perfecto sentido e danlle coherencia absoluta á estética do grupo. Iso si, só asimilable en todos os seus matices  polos que nacimos antes dos 80s, as novas xeracións van ter que agardar a que chegue o revival noventeiro -remastigado e actualizalo- para desfrutalo ao 100%. Sexa coma sexa, sempre poderemos dicer o de "pero se isto xa o facían Jugoplastika no 2008".

    Comentarios (1)add
    ...
    escrito por xoel , Setembro 15, 2008
    bluff
    bluff
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 06:52 - 02.09.2008 NOVIDADES

    death_cab_narrow_stairs

     

     

     

     

     

     

    DEATH CAB FOR CUTIE
    Narrow Stairs
    (Atlantic, 2008)

    Atópome de fronte e a máis de 200 km/h con Narrow Stairs; o choque é brutal, anaquiños de disonantes melodías dunha beleza inusual perforan diversos órganos do meu corpo e préñanme as vísceras dun sotaque agridoce de saudade. Atópome de fronte ante o sexto traballo da banda formada por Ben Gibbard, Chris Walla, Nicholas Harmer e Jason McGerr; atópome de fronte cunha auténtica delicia de comezo a fin, tanto no seu formulación como na súa execución, un río que nace e transcorre cara o mar entre meandros sinuosos e violentas fervenzas.

    Nace Narrow Stairs cun corte duns cinco minutos que lembra por veces á primeira canción de Plans, aquela Marching Bands of Manhattan que nos marabillara, aínda que esta posúe un ton máis sutil. Comeza amodo para ir acadando maior contundencia segundo pasa o tempo, apoiados sempre nun enorme baixo (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 11:34 - 12.05.2008 NOVIDADES

    esquios2gif

     

     

     

     

     

     

    ESQUIOS
    Un tipo normal
    (Autoeditado Distribuciones, 2008)

    Os estradenses Esquíos deron un xiro importante á banda con este Un tipo normal, o seu segundo disco longo. A incorporación de Miguel Castro na voz en sustitución de Fidel Castro -non sei se serán irmáns- marca en grande medida o seu novo son, moito máis punk-rock, case alonxado por completo das querencias metaleiras do seu debut. O certo é que o xiro parece moi meditado xa que a nova voz -moito máis axeitado para o punk-rock con maior carrega melódica que fan agora- dálle a Esquios un son moito máis actual.

    Pero non é a voz a única novidade desta nova etapa. Agora atopamos unha cota maior de temas cantados en galego e unhas letras, entre o social e o festeiro, que encaixan mellor co seu estilo e o seu público potencial. Especialmente agora que contan no seu repertorio con temasda forza de “A rapa” ou “Galiza festa rachada” -sen dúbida os dous singles máis potentes do disco- que prometen ser verdadeiros furacáns ao vivo, cuns retrousos deses que son carne de pogo. Dous temas, ademais, que incorporan un par de detalles -aire funk e sección de metais, o primeiro, e ritmo skatalítico, o segundo- que alén de demostrar a versatilidade dos novos Esquíos tamén van facer de efectivo anzol para atraer a novos siareiros á banda.

    Comentarios (1)add
    MOI BO GRUPO
    escrito por abel , Xuño 19, 2008
    Vinnos en directo e a verdade e que son a ostia, montanche unha festa que flipas e son cañeiros. Ali comprei este cd e gustoume moito, ademais e bastante variado, ten algun tema que non me acaba de chegar pero en xeral e un disco moi recomendable para os amantes do rock cañeiro
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 06:56 - 06.05.2008 NOVIDADES

    rem_-_accelerate

     

     

     

     

     

     

    REM
    Accelearte
    (Warner, 2008)

    Facía xa catro anos que a banda de Athens non daba sinais de vida; foi por aquel entón cando publicaron o deostado (inxustamente baixo o meu criterio) Around the Sun. Por fin en abril de 2008 saíu á luz Accelerate, anunciado polos iluminados e entendidos como “a volta as súas orixes”. ¿Pero iso non o fixeran xa con Monster? ¿non se volvera de novo a falar do mesmo cando saíron New Adventures in Hi-Fi e Up? en resumo, máis peras mentais de flipados ou pura estratexia de marketing por parte da Warner (ou ambas cousas, claro) (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 11:53 - 17.04.2008 NOVIDADES

    deluxe-reconstruccion2

     

     

     

     

     

     

    DELUXE
    Reconstrucción
    (Virgin, 2008)

    Reconstrucción é o quinto disco do coruñés Xoel López, que saíu á luz o pasado 18 de marzo, aproximadamente un ano despois do lanzamento de Fin de un Viaje Infinito, o seu anterior traballo. O álbum ofrécenos dez temas inéditos e cinco remesturas das cancións que foi publicando mes a mes en internet ao longo do 2007. A primeira edición desta Reconstrucción, limitada ás súas 5.000 primeiras copias, traerá a maiores un DVD que inclúe imaxes en directo do Piano Bar Sessions, os tres vídeos de Fin de un Viaje Infinito e parte do concerto (unha hora e media) que Xoel ofreceu o 24 de novembro de 2007 en La Riviera, acompañado de xente como Josele Santiago, Eva Amaral e Juan Aguirre de Amaral, Amaro Ferreiro, Eladio Santos ou Julián López do programa Muchachada Nui. No audio deste DVD inclúense quince temas máis, compostos por versións acústicas, maquetas, as tres “cancións do mes” non incluídas no CD e catro temas do directo en La Riviera (...)

    Comentarios (0)add