ABERTO O PRAZO DE INSCRICION EN NSAIO XERAL, I ENCONTRO GALEGO DE MUSICA EMERXENTE PDF Imprimir Correo-e
NOVAS
Escrito por Redacción Sono-Tone   
Luns, 29 de Decembro do 2008
Chuza!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O I Encontro Galego da Música Emerxente, Nsaio Xeral  terá lugar o próximo 17 de Xaneiro no  I.E.S  Rosalía de Castro, en Santiago de Compostela. No casting poderán participar todos aqueles grupos ou solistas que o desexen. O único que terán que facer é construír o seu propio espazo na páxina web de Nsaio: www.Nsaio.org, é cubrir a folla de inscrición que xa esta a vosa disposición na páxina de Nsaio, na sección de SERVIZOS-CONCURSO e envíala a: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver . Polo que para participar non é necesario que os grupos ou solistas ensaien nun dos locais de Nsaio.

O casting consistirá nunha presentación individual de cada grupo, levada a cabo polos membros deste. Esta presentación deberá ser feita a través do espazo que Nsaio lles ofrece os grupos, de maneira totalmente gratuíta, para colgar información sobre eles na súa páxina web: www.nsaio.org.

A través da páxina, mediante: biografía, vídeos de concertos, vídeo clips, arquivos musicais, etc. Os grupos poderán amosar os representantes das diferentes entidades musicais galegas alí presentes o tipo de música que fan.

Tralo remate do casting poderemos divertirnos asistindo a algunhas actuacións de Dj’s, e tras isto terá lugar a celebración dun concerto, podendo gozar así todos dun día cheo de música.

PREMIOS

Durante esta xornada, a través do casting, repartiranse os seguintes “premios” entre os grupos:

24 Concertos no Vai de Camiño 2009

8 Concertos na Rede Galega de Música o Vivo 2009

1 Espazo semanal no futuro programa musical da TVG

Conexións con diferentes Certames

O prazo de  inscrición no casting permanecerá aberto ata o día 9 de Xaneiro.

http://www.nsaio.org/

 

Comentarios (0)add
Escrebe o teu Comentario
quote
bold
italicize
underline
strike
url
image
quote
quote
smile
wink
laugh
grin
angry
sad
shocked
cool
tongue
kiss
cry
+ pequeno | + grande

busy
Tags:  NSAIO XERAL DIRECCION XERAL DE XUVENTUDE
 
< Ant.   Seg. >

ULTIMOS COMENTARIOS

EL BOSQUE, NOVO VIDE...
O de "novo" debe ser unha ironía porque ese víde...
PRIMEIRO VIDEOCLIP D...
jajaajaj Vaya pasada de vídeo!!! Quien c...
CONTACTO
Boas, onde se poderá mercar o disco de Voces Nova...
GALEGOZ DA A BENVIDA...
parabens a Payno e cia. polo novo traballo. E si, ...
GRIS, SEGUNDO TRABAL...
boísimos estes dous!
banneraz

RECOMENDAMOS

bannerfa

 

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet