FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
ABERTO O PRAZO DE INSCRICION NA REDE GALEGA DE MUSICA AO VIVO 2009 PDF Imprimir Correo-e
NOVAS
Escrito por Redacción Sono-Tone   
Xoves, 04 de Setembro do 2008
Chuza!

 

 

 

Dende o 1 ao 30 de setembro estará aberto o prazo de inscrición para a Rede Galega de Música ao Vivo 2009. A inscrición, programación e contratación realizarase a través da web www.galescena.info, onde se atopan as normas de funcionamento da RGMV tanto para os grupos como para as salas participantes.

PRAZOS
- Inscrición GRUPOS: do 1 ao 30 de stembro
- Preprogramación das SALAS: do 6 ao 31 de outubro
- Programación definitiva: do 4 ao 10 de novembro

Dúbidas ou consultas:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
981 57 71 26 ext 125

www.galescena.info

REDE GALEGA DE MÚSICA AO VIVO 2009

1. FUNCIONAMENTO XERAL PARA OS GRUPOS
- Poderá participar nesta programación calquera formación que cumpra os requisitos especificados na ficha técnica/artística.
- Cada grupo especificará o seu caché, que en ningún caso poderá superar os 800 euros por actuación.
- Na ficha técnica deberase describir o rider técnico necesario así como as restantes condicións precisas para o correcto
desenvolvemento da actuación. Admitiranse acordos bilaterais entre a sala e o grupo que modifiquen o rider técnico, sempre e
cando se formalicen por escrito.
- A información que introduzan os grupos poderá ser vista polos programadores das salas, aínda que os grupos poden
promocionarse contactando cas salas, co directorio que teñen a súa disposición na páxina web.
- Para que un grupo poida ser contratado necesita ter pechado un mínimo de 4 concertos no ano. Estas actuacións quedarán
fixadas nun contrato entre o grupo e a AGADIC.
- O resultante da recadación da billeteira de cada concerto será para a sala.
- Unha vez asinado o contrato o grupo deberá ter en conta:
􀂃 a alteración do calendario de actuacións estará suxeita á autorización previa por parte da AGADIC e deberá estar xustificada.
􀂃 a alteración unilateral do calendario de actuacións, suporá a cancelación automática do contrato.

2. FUNCIONAMENTO XERAL PARA AS SALAS
2.1. CRITERIOS DE ADMISIÓN PARA NOVAS SALAS
- Traxectoria da sala de dous anos cunha programación estable.
- Programación dun mínimo de 35 actuacións durante o exercicio inmediatamente anterior (no caso das salas ubicadas en
concellos de menos de 50.000 habitantes, o mínimo da programación será de 20 actuacións)
-No caso de salas de nova creación, non se terá en conta este criterio, pero deberán comprometerse a realizar no ano 2009, 35
actuacións no caso de salas ubicadas en concellos con máis de 50.000 habitantes, ou 20 actuacións no caso de salas ubicadas
en concellos con menos de 50.000 habitantes.
Quedarán excluídas aquelas salas que non cumpriran os compromisos de programación, incluíndo o da remisión da información
de billeteira, durante o exercicio anterior.
- As salas deberán remitir a seguinte documentación ó AGADIC:
-CIF do representante legal
- NIF da empresa titular da sala
-Estatutos rexistrados
-Escrituras de constitución
e para as salas que nunca participaron neste programa a Licenza municipal de apertura.
Departamento de programación
Rúa da Vesada s/n
15703 Santiago de Compostela
Tel. 981 577 126 ext .103
www.agadic.info
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
2.2. CONDICIÓNS ECONÓMICAS E TÉCNICAS DE PROGRAMACIÓN
- AGADIC cofinanciará a programación das salas coa seguinte porcentaxe sobre o caché dos grupos, que en ningún caso, poderá
supera os 800 €:
- Caché superior a 599 €: 75%
- Caché entre 400 e 599€: 80%
- Caché inferior a 400€: 85%
No caso de concertos en lingua galega esta porcentaxe incrementarase nun 5%.
- Cada sala participante na RGMV deberá contratar un mínimo de 8 concertos.
- Non se poderá programar a unha mesma formación por tres anos consecutivos.
- Non se poderán programar formacións vinculadas á sala. Considérase formación vinculada á sala aquela na que algún dos seus
compoñentes ou familiar ata o primeiro grao por consanguinidade ou afinidade sexa propietario de mais dun 15% do capital social
da sala.
- Os grupos programados non poderán ser contratados máis dunha vez na mesma sala dentro deste programa.
- A salas comprométense a facilitar o rider técnico descrito na ficha de cada grupo en cada un dos concertos que realice.
Admitiranse acordos bilaterais que modifiquen o rider técnico, sempre e cando se formalicen por escrito.
- A alteración do calendario de actuacións estará suxeita á autorización previa por parte da AGADIC e deberá estar xustificada.
- A alteración unilateral do calendario de actuacións, suporá a cancelación automática do contrato.
- A sala está obrigada a facilitar a AGADIC as follas da billeteira e cubrir os datos de asistencia na páxina web:
www.galescena.info
- A sala está na obriga de cobrar entrada en todos os concertos tendo en conta os prezos mínimos:
􀂃 Ata 500 € de caché: 2 €
􀂃 Mais de 500 € de caché: 3 €
􀂃 A recadación da billeteira será para a sala.

3. PROCESO DE PROGRAMACIÓN
- O período de programación será de xaneiro a decembro de 2009 (quedan fóra os meses de xullo e agosto)
- os grupos de música ou solistas deberán cubrir a ficha técnica artística a través da páxina web: www.galescena.info/musicavivo
do 1 ao 30 de setembro.
- as salas elaborarán a súa preprogramación a través da mesma páxina do 6 ao 31 ó outubro. A partir dese momento, AGADIC
comprobará as programacións realizadas e seleccionará os grupos que teñen os 4 concertos mínimos requiridos para ser
programados.
- Este novo listado seralles remitido ás salas para que comproben se teñen que variar ou non a súa programación. Este prazo
será do 4 ao 10 de novembro.
- Cas programacións definitivas, AGADIC asinará os contratos cos grupos e salas e realizará os soportes publicitarios necesarios.
Comentarios (0)add
Escrebe o teu Comentario
quote
bold
italicize
underline
strike
url
image
quote
quote
smile
wink
laugh
grin
angry
sad
shocked
cool
tongue
kiss
cry
+ pequeno | + grande

busy
Tags:  REDE GALEGA DE MUSICA AO VIVO AGADIC IGAEM
 
< Ant.   Seg. >
 

COMENTADO RECENTEMENTE

GZ POP! A NOVA FORNA...
Precisamente por eso non se lle pode chamar POP, p...
IRIA ABOI
Pois iso que está moi boa
CONTACTO
ola. Son Xabier Mera. Gustaría de enviaros inform...
FRANC3S - Franc3s (G...
penso que o termo "bizarro" está demasiado sobado...
PRIMEIRO DISCO LONGO...
xa o puiden escoitar, as miñas felicitacións aos...
PRIMEIRO DISCO LONGO...
xenial, que ganas que lle tiña!
PROJECTO ['TREPJA], ...
flipante a música que se está facer na terra nos...
PROJECTO ['TREPJA], ...
mágoa que non quedaran Noise Project de primeiros...
GZ POP! A NOVA FORNA...
queramos que si, queramos que non, todo que se sex...
GZ POP! A NOVA FORNA...
Chámanlle GZ POP a un disco con cancións de grup...

NOVIDADES

  • 08:00 - 13.11.2008 NOVIDADES

    franc3s

     

     

     

     

     

     

    FRANC3S
    Franc3s
    (A regueifa, 2008)

    Cando o 18 de maio de 1980 Ian Curtis decide unilateralmente poñer fin á breve singradura musical de Joy Division pendurándose polo pescozo cunha corda, o deus máis escuro do Valhalla da música popular fixo vibrar dolosamente as súas cordas vocais, emitindo un berro nunha frecuencia tan aquelada que só os tímpanos cunha maior dose de bizarrismo tebroso puideron captalo. Ese berro multiplicouse en miles de ecos que espallaron interminabelmente a mensaxe de loito desa deidade pagán polos catro recunchos do planeta. Así, non podía ser doutro xeito, esa onda sonora vibrou por terras de Bergantiños, e a semente desa vibración áspera, sucia e arriscada agromou nos miolos de Alberto, María e Patuki (tamén chegou a Vilalba) para florecer en Franc3s.

    A evolución metastática destes individuos de fans incondicionais a parte infinitesimal do universo bizarro fica fosilizada no seu propio nome, tributo por triplicado á actriz Frances Farmer, á vocalista de The Vaselines Frances McKee e á artista circense Frances O´Connor. María coa batería, Alberto coa guitarra e coa voz e Patuky cos teclados non só homenaxean en cada distorsión a bandas como Surfin´ Bichos, Los Enemigos, The Cramps ou The Jesus and Mary Chain, senón que tratan de enchoupar a súa música das sensacións que lles transmiten as obras de, por exemplo, John Waters, William Burroughs ou Pollock.

    Franc3s decidiu por fin dar o grande chimpo ao LP logo de dúas maquetas receptoras de boas críticas e gabanzas a manchea. O seu primeiro disco, Franc3s, está composto por dez temas e foi editado por A Regueifa Plataforma baixo licenza de Creative Commons; pode baixarse de balde en www.aregueifa.net. Tamén se pode adquirir en soporte físico, nunha edición limitada e feita a man a base de papel de lixa e peluche, en Discos Noni´s (A Coruña) e Cosmic Pop Club (Carballo).

    Así que xa sabedes, amantes dos sons de ultratumba, do theremin, da escuridade, do veludo, da luz de neon reflectida nas pozas dunha cidade perdida,…, gozade todos do novo de Franc3s, e xa me contaredes.

    Comentarios (1)add
    franc3s rules
    escrito por Óscar , Novembro 14, 2008
    penso que o termo "bizarro" está demasiado sobado xa

    según a RAE:

    bizarro, rra.

    (De it. bizzarro, iracundo).


    1. adj. valiente (‖ esforzado).

    2. adj. Generoso, lucido, espléndido.



    FRANC3S molan trogollón!
    bicos pra eles
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 12:37 - 13.10.2008 NOVIDADES

    nouvelledemmemoria

     

     

     

     

     

     

     

     

    NOUVELLE CUISINE
    De memoria
    (Autoeditado, 2008)

    O “malo” de ter asinado xoias de pop tan perfecto como Aritmética polar ou Dos torres é a altura á que deixas o listón para vindeiros discos. Os herculinos Nouvelle Cuisine corrían o risco de ser vítimas da calidade que plasmaron no seu anterior disco, o encantador Autodictado. Por fortuna, os "cocinitas" non se enrrugaron e souberon partir do ponto onde o deixaron para elevalo aínda uns centímetros máis, coma uns Sergéis Bubka do pop con pértiga.

    Sen perder o seu xa característco estilo -algo ben dificil de conseguir nunha banda con dúas voces tan diferentes- percébese nos doce temas que fan parte deste De memoria un salto cualitativo na produción. Continúan a guisalo e comelo eles mesmos pero no estudo de gravación a experiencia nótase e este enriquecemento faise palpable tanto a nivel de arranxos coma da expansión na paleta de sons e instrumentos (acordeóns, rhodes, sintes...). O certo é que o son de Nouvelle Cuisine acada con este disco un novo grau de madurez xa que a incoporación de sintetizador e caixas de ritmos nalgúns temas e a falla de complexos para meter guitarras moito máis distorsionadas afástaos do típico e autolimitado son indie do que beben -La Buena Vida e La Habitación Roja- explorando novos territorios que a esta altura da película a verdade é que son de agradecer.

    E como non hai bon disco de POP -con maiúsculas- sen unha boa colección de singles, ahi están eles para deixarnos xemas coma Sintonia08, Comunicación no verbal, El imperio roto ou Seremos cajeras... mostras de pop clásico preciosista dese que che queda ecoando permanentemente na testa con só un par de escoitas. A verdade é que resulta incrible que estes talentosos chefs non atopasen unha discográfica que lles editara o disco, por moita crise da industria discográfica que haxa. Neste caso é evidente que xogou máis na súa contra a deslocalización con respeito ao epicentro dos que terían de ser os seus pretendentes. No indie estatal xa se sabe que fora de Madrid e Barcelona vai moito frío. Porén a xogada non lles saiu tan mal, mais ben ao contrario, autoeditando o disco por partida doble, tanto en formato digipack de xeito comercial coma nun formato máis exclusivo: unha camisola que se vende xunto con unha memoria USB con toda a súa discografía. Se non querían caldo, dúas cuncas. E nós, claro, tan felices cun caldo tan cheo de sustancia.

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 11:20 - 25.09.2008 NOVIDADES

     

     

     

     

     

     

    BLOC PARTY
    Intimacy
    (Wichita, 2008)

    A “alarma silenciosa” ca que catro rapaces do East London decidiron comunicarlle ao mundo a súa existencia non foi tal; resultou o estoupido xordo do primeiro foguete da alborada, que racha o silencio da moribunda noite e pronostica xoldra. A partires dese intre máxico pode gozarse ou non da festa, pero xa non sobrevive no interior dos participantes esa inicial sensación de sorpresa. A Weekend In The City convertiuse desde o seu lanzamento na primeira víctima das odiosas comparacións as que serán sometidos todos e cada un dos traballos que Bloc Party decida facer, aos que xa de saída se lles catalogará como “inferiores a Silent Alarm”. Kele Okereke na voz e na guitarra, Russell Lissack na guitarra, Gordon Moakes no baixo e nos coros e Matt Tong na batería conforman Bloc Party.

    Intimacy (Wichita Recordings, 2008), o seu terceiro traballo, veu a luz o pasado 21 de agosto no seu formato dixital, quedando desde entón pendurado na rede coa posibilidade de baixalo previo abono do prezo estipulado. Os interesados en adquirilo no seu formato físico deberán agardar ata o 28 de outubro; neste formato inclúense algúns cortes non presentes no dixital. O disco foi producido por Paul Epworth e Jacknife Lee, quenes xa colaboraran coa banda nos seus anteriores traballos (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 08:00 - 11.09.2008 NOVIDADES

    jugoplastika

     

     

     

     

     

     

     

     

    JUGOPLASTIKA
    The 6th is the 7
    (Astro Discos, 2008)

    Co dos revivals é mellor non chegar a última hora. De poder escoller, o ideal sería chegar cando a cousa xa despegou pero aínda non invade masivamente as páxinas da NME e derivados, entrando de cheo no momento álxido do hype. Como mal menor, non estaría mal ser dos primeiros, o que sexa con tal de non ser dos últimos en chegar. Porén, ser pioneiro na recuperción dun son pasado garante certa frescura e non soar clónico pero tamén ten a desvantaxe de que van ser outros os que desfruten do verdadeiro recoñecemento. Non se pode ter todo.

    E no caso de Jugoplastika dá a impresión de que é exactamente isto último o que lles vai pasar. Asi que é de xustiza reivindicalos dende xa coma iniciadores dun revival que aínda está por chegar, o do indie guitarreiro dos primeiros 90s, con ecos de radio universitaria americana, voces pouco afinadas e producións precarias de son garaxeiro. Porque no seu último album -The 6th is the 7- non hai banda da época que non faga acto de presenza dunha ou outra maneira nalgunha das once cancións que fan parte do disco, dende os Pixies a Weezer pasando por Pavement, Guided by Voices, e Grandaddy. Un traballo, por certo, maxistralmente producido por Paco Loco, que demostra ser un auténtico todoterreno, recreando perfectamente o son suxo dominado polas frecuencias medias tan característico daqueles tempos dando forma ao que probablemente é o disco galego máis xenuinamente americano de todos os tempos.

    Dubido que Kukoc, Perasovic e Radja escoitasen aos Pixies nos vestiarios pero o certo é que as coordenadas temporais deste novo son de Jugoplastika teñen perfecto sentido e danlle coherencia absoluta á estética do grupo. Iso si, só asimilable en todos os seus matices  polos que nacimos antes dos 80s, as novas xeracións van ter que agardar a que chegue o revival noventeiro -remastigado e actualizalo- para desfrutalo ao 100%. Sexa coma sexa, sempre poderemos dicer o de "pero se isto xa o facían Jugoplastika no 2008".

    Comentarios (1)add
    ...
    escrito por xoel , Setembro 15, 2008
    bluff
    bluff
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 06:52 - 02.09.2008 NOVIDADES

    death_cab_narrow_stairs

     

     

     

     

     

     

    DEATH CAB FOR CUTIE
    Narrow Stairs
    (Atlantic, 2008)

    Atópome de fronte e a máis de 200 km/h con Narrow Stairs; o choque é brutal, anaquiños de disonantes melodías dunha beleza inusual perforan diversos órganos do meu corpo e préñanme as vísceras dun sotaque agridoce de saudade. Atópome de fronte ante o sexto traballo da banda formada por Ben Gibbard, Chris Walla, Nicholas Harmer e Jason McGerr; atópome de fronte cunha auténtica delicia de comezo a fin, tanto no seu formulación como na súa execución, un río que nace e transcorre cara o mar entre meandros sinuosos e violentas fervenzas.

    Nace Narrow Stairs cun corte duns cinco minutos que lembra por veces á primeira canción de Plans, aquela Marching Bands of Manhattan que nos marabillara, aínda que esta posúe un ton máis sutil. Comeza amodo para ir acadando maior contundencia segundo pasa o tempo, apoiados sempre nun enorme baixo (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 11:34 - 12.05.2008 NOVIDADES

    esquios2gif

     

     

     

     

     

     

    ESQUIOS
    Un tipo normal
    (Autoeditado Distribuciones, 2008)

    Os estradenses Esquíos deron un xiro importante á banda con este Un tipo normal, o seu segundo disco longo. A incorporación de Miguel Castro na voz en sustitución de Fidel Castro -non sei se serán irmáns- marca en grande medida o seu novo son, moito máis punk-rock, case alonxado por completo das querencias metaleiras do seu debut. O certo é que o xiro parece moi meditado xa que a nova voz -moito máis axeitado para o punk-rock con maior carrega melódica que fan agora- dálle a Esquios un son moito máis actual.

    Pero non é a voz a única novidade desta nova etapa. Agora atopamos unha cota maior de temas cantados en galego e unhas letras, entre o social e o festeiro, que encaixan mellor co seu estilo e o seu público potencial. Especialmente agora que contan no seu repertorio con temasda forza de “A rapa” ou “Galiza festa rachada” -sen dúbida os dous singles máis potentes do disco- que prometen ser verdadeiros furacáns ao vivo, cuns retrousos deses que son carne de pogo. Dous temas, ademais, que incorporan un par de detalles -aire funk e sección de metais, o primeiro, e ritmo skatalítico, o segundo- que alén de demostrar a versatilidade dos novos Esquíos tamén van facer de efectivo anzol para atraer a novos siareiros á banda.

    Comentarios (1)add
    MOI BO GRUPO
    escrito por abel , Xuño 19, 2008
    Vinnos en directo e a verdade e que son a ostia, montanche unha festa que flipas e son cañeiros. Ali comprei este cd e gustoume moito, ademais e bastante variado, ten algun tema que non me acaba de chegar pero en xeral e un disco moi recomendable para os amantes do rock cañeiro
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 06:56 - 06.05.2008 NOVIDADES

    rem_-_accelerate

     

     

     

     

     

     

    REM
    Accelearte
    (Warner, 2008)

    Facía xa catro anos que a banda de Athens non daba sinais de vida; foi por aquel entón cando publicaron o deostado (inxustamente baixo o meu criterio) Around the Sun. Por fin en abril de 2008 saíu á luz Accelerate, anunciado polos iluminados e entendidos como “a volta as súas orixes”. ¿Pero iso non o fixeran xa con Monster? ¿non se volvera de novo a falar do mesmo cando saíron New Adventures in Hi-Fi e Up? en resumo, máis peras mentais de flipados ou pura estratexia de marketing por parte da Warner (ou ambas cousas, claro) (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh