|
FRANC3S ESTREA NOVOS TEMAS EN MYSPACE |
|
|
|
|
NOVAS
|
|
Escrito por Redacción Sono-Tone
|
|
Xoves, 21 de Agosto do 2008 |
|
Franc3s están que non paran. Entre festival e festival deron atopado tempo a comezos de agosto para facer unha escala de tres días nos estudos Abrigueiro de Arturo Vaquero para gravar novos temas. A diferenza da súa segunda demo -tamén gravada no cuartel xeral do lider de Humanoid aínda que nunha soa xornada- desta volta puideron tomalo con calma dándose ao que máis gostan, experimentar con novos sons e texturas. Asi nos nove dez temas atopamos unha maior paleta de fonte sonoras, dende o oboe de Patuky aos xilófonos e aerosoles de María, o que confirma a Franc3s coma unha das bandas con maior vocación experimentadora da escena. Aínda que as novas músicas sairán en outono editadas de xeito comercial no que será o seu primerio disco longo xa se poden escoitar no seu Myspace: http://myspace.com/franc3sspace
Franc3s estarán ao vivo con Sr. Anido e Telephones Rouges nunha nova cita da Galiza Bizarra o sábado, 29 de agosto, no Pub Woodstock de Portonovo a partir da medianoite.
http://franc3s.blogia.com/
 Tags: FRANC3S ARTURO VAQUERO SR ANIDO TELEPHONES ROUGES |
|
|
NOVAS
LEITE DE NAI AO VIVO ESTA FIN DE SEMANA Venres, 03 de Xullo do 2009 | INTROVISION, PRIMEIRO DISCO DOS COMPOSTELANS INVIVO Xoves, 02 de Xullo do 2009 | ACHEGASE A MOSTRA DAS CULTURAS 2009 Mércores, 01 de Xullo do 2009 | GALEGOZ, MEDOMEDA E RUXE RUXE ABRIRAN O MUSICA NA NOITE 2009 Martes, 30 de Xuño do 2009 | FRACASADOS DE ANTEMANO, CUCHUFELLOS E GALEGOZ NAS FESTAS DE SAN PEDRO Martes, 23 de Xuño do 2009 | CONCERTO SOLIDARIO DE YOPLAY, POLYESTER E PROJECTO MOURENTE Luns, 22 de Xuño do 2009 | CHEGA UNHA NOVA EDICION DO FESTIVAL CON DE VALARES Luns, 15 de Xuño do 2009 | PRIMEIRO DISCO LONGO DE NOVEDADES CARMINHA Xoves, 11 de Xuño do 2009 | Máis novas
RECOMENDAMOS
|