|
MINIXIRA DE MARFUL POLA PENINSULA |
|
|
|
|
NOVAS
|
|
Escrito por Redacción Sono-Tone
|
|
Xoves, 20 de Novembro do 2008 |
|
Marful comeza este mes unha minixira pola península, con cinco
concertos únicos. Entre finais de Novembro e comezos de Decembro, o
grupo darase cita co público de Madrid, Estremadura, Castela a Mancha e
Castela-León.
O cuarteto, ben coñecido no noso país, abre as cancelas e leva os
sons do noroeste ata o interior. A música atlántica, mestura de estilos
tan variados coma o twist, o tango ou as habaneras, chega da man de Marcos
Teira, e os irmáns Pedro e Pablo Pascual, combinada coa voz, sempre
intensa e persoal de Ugia Pedreira.
- Martes 25 de
novembro, no
Café-Teatro Ávalon de Soria
- Mércores 26 de
novembro na Sala
La Bola
de Cáceres
- Xoves 27 de
novembro na Sala
Garcilaso de Toledo
- Sábado 29 de
novembro, na Sala
La Oveja
Negra de Segovia
- Luns 1 de
decembro, na Sala
Clamores de Madrid
 Tags: MARFUL NORDESTIN@S UGIA PEDREIRA |