Cando os rapaces xa están máis que preparados para coller o avión que os levará o
día 18 de outubro ao Eurofestival Liet-Lavlut Luleå na Laponia Sueca,
a banda ourensano-ferrolá aparecerá antes o día 10 de outubro no programa
LUAR e o día seguinte -sábado 11- no espacio cultural MIRAXES,
ámbolos dous emitidos na Televisión de Galicia, para contarnos cales son as
súas expectativas coma representantes de Galicia no festival europeo de
linguas minorizadas. A súa volta estaralle esperando unha
minixira organizada por APOLOGHIT que os paseará polo ancho e longo da nosa
xeografía,
21 nov 2008 Fábrica de Chocolate (Vigo,
Pontevedra)
e servirá para presentar o seu primeiro traballo,
que conterá ademais de "Planeta 19" -e entre outros- o tema "And the summer has
come" http://www.myspace.com/boyelliottandtheplasticbags , canción que leva xa pendurada na rede
dende fai algúns días.