|
SOM DO GALPOM EDITARÁ O SEU PRIMEIRO LP EN PRIMAVERA |
|
|
|
|
NOVAS
|
|
Escrito por Redacción Sono-Tone
|
|
Luns, 24 de Novembro do 2008 |
Os
gañadores da última edición do concurso Nsaio no Camiño, o quinteto
compostelán Som do Galpom,
fará realidade o seu primeiro LP da man da discográfica FALCATRUADA. Gael de Esteban (voz), Brais de
Esteban (violín e coros), Xurxo
García (guitarra clásica e eléctrica), Alejandro Castro (baixo e coros) e Aitor García (batería) son os
compoñentes de Som do Galpom. Unha
banda que vai do funk ao rap. E do rap ao reggae. Pero sen casar con ningún
dos tres estilos: máis ben, facendo unha mestura orixinal e propria. E precisamente con esa receita caseira é coa que chegaron á final do GZcrea do 2007, ao primeiro posto do IV Concurso da Foundation Reggae Festival… e a gañar, en setembro de 2008, a segunda edición
do certame musical Nsaio no Camiño por diante de preto
de 150 bandas. I é que nos últimos tempos, Som do Galpom vén de ofrecer máis dun cento de concertos
por toda Galicia difundindo o seu estilo e a súa mensaxe por todos os
recunchos e festas do país.
 Tags: SOM DO GALPOM NSAIO GZCREA |
|
|
NOVAS
LEITE DE NAI AO VIVO ESTA FIN DE SEMANA Venres, 03 de Xullo do 2009 | INTROVISION, PRIMEIRO DISCO DOS COMPOSTELANS INVIVO Xoves, 02 de Xullo do 2009 | ACHEGASE A MOSTRA DAS CULTURAS 2009 Mércores, 01 de Xullo do 2009 | GALEGOZ, MEDOMEDA E RUXE RUXE ABRIRAN O MUSICA NA NOITE 2009 Martes, 30 de Xuño do 2009 | FRACASADOS DE ANTEMANO, CUCHUFELLOS E GALEGOZ NAS FESTAS DE SAN PEDRO Martes, 23 de Xuño do 2009 | CONCERTO SOLIDARIO DE YOPLAY, POLYESTER E PROJECTO MOURENTE Luns, 22 de Xuño do 2009 | CHEGA UNHA NOVA EDICION DO FESTIVAL CON DE VALARES Luns, 15 de Xuño do 2009 | PRIMEIRO DISCO LONGO DE NOVEDADES CARMINHA Xoves, 11 de Xuño do 2009 | Máis novas
RECOMENDAMOS
|