|
SOM DO GALPOM GAÑAN O II CERTAME NSAIO NO CAMIÑO |
|
|
|
|
NOVAS
|
|
Escrito por Redacción Sono-Tone
|
|
Luns, 08 de Setembro do 2008 |

"Som do Galpom foi elixido polo xurado coma o grupo gañador da
segunda edición de Nsaio no Camiño, un certame organizado pola
Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade en colaboración coa
Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo e que ten coma obxectivo
difundir a cultura musical galega e dar a coñecer a grupos noveis de
Galiza. O quinteto de Ames e a súa fusión de rap, reggae e funk
convenceron a xurado e público na final de Nsaio no Camiño, celebrada
este xoves en Lugo e na que actuaron os cinco conxuntos finalistas
neste certame: Maryland, Telémaco, Sinefres, Loba Loo e os propios Som
do Galpom.
Os gañadores terán como premio a gravación dun disco
nun dos mellores estudios do Estado e a sinatura dun contrato
cunha discográfica de nivel estatal e mais un contrato de management.
Os outros conxuntos finalistas, pola súa parte, terán a oportunidade de
participar en circuítos de actuacións, concertos e feiras como unha vía
de promoción e impulso á creatividade musical galega, obxectivo de
Nsaio no Camiño. Uns 150 conxuntos musicais
galegos presentáronse a esta segunda edición de Nsaio no Camiño, un
concurso que é nunha nova aposta de Vicepresidencia para fomentar o
coñecemento dos músicos galegos, unha iniciativa que vén complementar a
Rede Galega de Locais de Ensaio para darlle unha oportunidade ás bandas
e aos artistas musicais do país."
Fonte: Nsaio.org
 Tags: SOM DO GALPOM NSAIO NO CAMIÑO REDE GALEGA DE LOCAIS DE ENSAIO |
|
|
NOVAS
LEITE DE NAI AO VIVO ESTA FIN DE SEMANA Venres, 03 de Xullo do 2009 | INTROVISION, PRIMEIRO DISCO DOS COMPOSTELANS INVIVO Xoves, 02 de Xullo do 2009 | ACHEGASE A MOSTRA DAS CULTURAS 2009 Mércores, 01 de Xullo do 2009 | GALEGOZ, MEDOMEDA E RUXE RUXE ABRIRAN O MUSICA NA NOITE 2009 Martes, 30 de Xuño do 2009 | FRACASADOS DE ANTEMANO, CUCHUFELLOS E GALEGOZ NAS FESTAS DE SAN PEDRO Martes, 23 de Xuño do 2009 | CONCERTO SOLIDARIO DE YOPLAY, POLYESTER E PROJECTO MOURENTE Luns, 22 de Xuño do 2009 | CHEGA UNHA NOVA EDICION DO FESTIVAL CON DE VALARES Luns, 15 de Xuño do 2009 | PRIMEIRO DISCO LONGO DE NOVEDADES CARMINHA Xoves, 11 de Xuño do 2009 | Máis novas
RECOMENDAMOS
|