FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
FPSS slide image
XA EN LIÑA ENSAIO.ORG, O NOVO PONTO DE ENCONTRO DOS GRUPOS GALEGOS PDF Imprimir Correo-e
NOVAS
Escrito por Redacción Sono-Tone   
Mércores, 06 de Agosto do 2008
Chuza!
050808xuventude1

O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, e o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luis Bará, presentaron onte en Santiago o novo portal web
www.nsaio.org, unha web concibida como foro de encontro e intercambio de experiencias arredor da Rede Galega de Locais de Ensaio e dos grupos noveis de Galicia.

O novo espazo web complementará na internet o labor que se desenvolve desde a Dirección Xeral de Xuventude coa posta en marcha da Rede Galega de Locais de Ensaio. O portal www.nsaio.org estrutúrase arredor dun corpo central deseñado para que os grupos noveis galegos dispoñan da súa propia microweb. Trátase dun espazo autoxestionable que lles permitirá aos grupos e artistas introducir todo tipo de información sobre o seu traballo logo dun sinxelo proceso de alta gratuíta. En cada un dos espazos particulares poderase introducir diversa información: desde os datos do artista ou grupo musical ata vídeos ou arquivos en mp3 para a súa escoita ou descarga, entre outros. Ademais, a alta daralles acceso a un servizo en liña de asesoría xurídica en materia de dereitos, propiedade intelectual e outros aspectos legais relacionados coa actividade musical.

Dentro do portal web haberá tamén un espazo destacado para a información relacionada coa Rede Galega de Locais de Ensaio, promovida pola Dirección Xeral de Xuventude. Cada local en funcionamento disporá do seu propio apartado con información de contacto, localización, normas de uso, datos dos usuarios, novas, eventos en axenda e documentación descargable. Neste apartado tamén se farán visibles as microwebs dos grupos que se adscriban a un determinado local.

Espazo Escoita! 
Segundo explicou o director xeral de Xuventude no decurso do acto, outro apartado da
www.nsaio.org estará ocupado pola información e servizos que se ofrecen no marco desta rede de locais de ensaio. Os internautas que se acheguen a este punto poderán coñecer os locais de ensaio en funcionamento e as vindeiras aperturas, así como os grupos que usan estes espazos. A actualidade ocupará tamén un lugar destacado deste apartado, xunto co espazo Escoita!, un novidoso punto no que se poderán escoitar en liña as cancións dos grupos e que os internautas poderán valorar e votar, ademais de descargar ao seu ordenador. Para poder acceder a este apartado de votación aos grupos e cancións favoritos os internautas deberán rexistrarse previamente. Unha vez feito terán acceso ás votacións, á inserción de comentarios e opinións e á descarga da música. Cómpre salientar que a web acollerá tamén un servizo de radio coñecido como radionsaio, no que os internautas poderán escoitar a música do portal.

Galicia, potencia cultural 
Na súa intervención o director xeral de Xuventude afirmou que hoxe por hoxe Galiza é “unha auténtica potencia cultural” e explicou que coa posta en marcha do proxecto Nsaio trátase de abrir unha nova etapa de relación entre o Goberno galego e os novos talentos do país. Así, lembrou que a Rede Galega de Locais de Ensaio é hoxe en día un referente a nivel do Estado, xa que se trata do único espazo do país de carácter público e gratuíto acondicionado de xeito profesional e no que os artistas teñen libre acceso. “Pero Nsaio é moito máis”, apuntou Rubén Cela, xa que se trata dunha iniciativa transversal en plena sintonía cos concellos do país e cos grupos e solistas que participan no proxecto.

Pola súa banda, o director xeral de Creación e Difusión Cultural salientou o carácter pioneiro e vangardista desta iniciativa, coa que o Goberno galego dá resposta a unha gran necesidade que había no país no eido musical. Neste punto, avanzou que un dos vindeiros obxectivos do programa é facer que os novos talentos do programa Nsaio teñan acceso aos circuítos culturais do país e que a súa creación acade difusión e presenza pública. Así, apuntou a modo de exemplo as posibilidades que ofrece a Rede Galega de Música ao Vivo como punto de difusión da creatividade galega ao longo de toda a xeografía do país. De feito, un total de 47 salas de programación do país participan nesta iniciativa, que ao longo do 2008 ten programados arredor de 600 concertos de máis de 80 grupos musicais noveis de Galicia. Ademais, apuntou tamén aos festivais como un importante espazo no que os novos creadores poidan a dar a coñecer o seu traballo ao lado de outros grupos ou solistas xa consolidados. “Vivimos un gran momento para a música galega que dará grandes froitos nos vindeiros anos”, manifestou Luís Bará ao peche das súas palabras.

Web: www.nsaio.org

Comentarios (12)add
...
escrito por quique , Agosto 06, 2008
Aqui sempre cheo de burócratas, roldas de prensa, presentacións a bombo e platillo. Galicia é unha vergoña, gástanse máis cartos en trapalladas que no que fai falta. Esto está cheo de directores xerais, subdirectores e reviravoltas varias que enchen petos de amigos. Menos políticos e máis traballar, carallo.
Non hai vergoña!!!!
escrito por Cesar , Agosto 06, 2008
Boicot dos grupos galegos a este intento de absorción e identificación do que xa é (sen axudas da Xunta) o boom da música na Galiza por parte destes burócratas sen ideas que intentan poñerse as medalhas polos éxitos que outros e outras suaron. Boitres hai en todos lados.
smilies/angry.gif
...
escrito por fedello , Agosto 06, 2008
hai que ser parvo, igual preferiades que gastasen a pasta en concertos de Juan Pardo e Julio Iglesias coma os de antes. A cuestión é rosmar.

E o de "sen axudas da Xunta" dáme o riso, bótalle un ollo a calquera cartaz de calquera festival galego e mira cantos logotipos de consellerías hai. A ver cantos festivais se facían se non houbese esa financiación pública...
...
escrito por Roi Xordo , Agosto 06, 2008
tens toda a raçom, Quique. Deveriam de gastar a pasta em infraestrturas para os grupos e non as dar a conhecer, nem roldas de imprensa nem hóstias, que nom se saiba da sua existência, que sai mui caro convocar á imprensa e explicar de que vai o conto.

A ver se medramos, que de punkies de postal está a Galiza já cheia e assim nos vai smilies/tongue.gif
...
escrito por quique , Agosto 07, 2008
Os bos grupos danse a coñecer sen necesidade de axudas, iso é que algúns todavía se resisten a recoñecer. Os que necesitan axudas son os grupos mediocres.
...
escrito por foucellas , Agosto 07, 2008
joder, o discurso neoliberal ese, contra os burócratas e o sector público, parece saido da boca de Jimenez Losantos, liña Libertad Digital total. A ver se somos máis coherentes nos plantexamentos, de seguro que vos dicides de esquerdas e á mínima vos lanzades contra calquera intervencionismo smilies/sad.gif
...
escrito por Iria , Agosto 07, 2008
o de que a inmensa maioría dos festivais galegos non existirían sen a financiación da Xunta e máis en concreto das consellerias nacionalistas é unha verdade coma un templo e hai que recoñecelo. Tan certo coma que non existen axudas directas aos grupos -nen mediocres nen boísimos-, todo faise de maneira indirecta, financiando festivais, concursos e infraestruturas, para apoiar e poñer os medios pero sen intervir directamente. Os grupo cobran polas actuacións pero non existen as subvencións directas a grupos, a ver se nos informamos antes de falar.
...
escrito por foucellas , Agosto 07, 2008
certo si, a verdade é que alguns, pola teima infantil de ir contra todo rematan indo até contra os intereses do Pobo. Eu xa non toco en nengun grupo pero quen nos dera daquela ter un local de ensaio equipado ou unha web do grupo, todo de balde. Parece que xa non nos lembramos que daquela os impostos que pagabamos os galegos gastábanse nos cachés de Julio Iglesias e Carmiñas Buranas varias....
...
escrito por xosé , Agosto 08, 2008
mola o de punkis de postal, como diría Peter Griffin: Zas, en toda la boca! smilies/grin.gif smilies/grin.gif smilies/grin.gif

e si, queixarse de que se fagan cousas e nos dean medios aos grupos é lamentable, tirar pedras contra o propio tellado...
...
escrito por quique , Agosto 11, 2008
Os festivais galegos, salvo 3 ou 4, son unha merda, por min que non os subvencionen porque sempre van os mesmos grupos. E as consellerías nacionalistas lémbranme cada vez máis ás do pp, tirando de amiguismo, pero é difícil para moitos ver as semellanzas porque pode ser unha actividade moi dolorosa para a ideoloxía hehehe
...
escrito por quique , Agosto 11, 2008
Ah! Por certo, esos que "van contra todo" son precisamente os que agora "non van contra nada". Ten moita coña! Agora está todo ben e antes estaba todo mal! Vaia país...
As cousas polo seu nome
escrito por Cesar , Agosto 11, 2008
Foucellas recoñece que é intervencionismo, e como di Quique, "as consellerías nacionalistas lémbranme cada vez máis ás do pp, tirando de amiguismo", e como non, tamén acerta cando di que parece ser que agora todo é precioso e perfecto. Iria parece que ten liña directa con a Consellería, igual é certo e ata levanta o teléfono. O tempo e o traballo, dirán se Nsaio vale o que vale.


Escrebe o teu Comentario
quote
bold
italicize
underline
strike
url
image
quote
quote
smile
wink
laugh
grin
angry
sad
shocked
cool
tongue
kiss
cry
+ pequeno | + grande

busy
Tags:  NSAIO REDE GALEGA DE LOCAIS DE ENSAIO DIRECCION XERAL DE XUVENTUDE REDE GALEGA DE MUSICA AO VIVO
 
< Ant.   Seg. >
 

COMENTADO RECENTEMENTE

GZ POP! A NOVA FORNA...
Precisamente por eso non se lle pode chamar POP, p...
IRIA ABOI
Pois iso que está moi boa
CONTACTO
ola. Son Xabier Mera. Gustaría de enviaros inform...
FRANC3S - Franc3s (G...
penso que o termo "bizarro" está demasiado sobado...
PRIMEIRO DISCO LONGO...
xa o puiden escoitar, as miñas felicitacións aos...
PRIMEIRO DISCO LONGO...
xenial, que ganas que lle tiña!
PROJECTO ['TREPJA], ...
flipante a música que se está facer na terra nos...
PROJECTO ['TREPJA], ...
mágoa que non quedaran Noise Project de primeiros...
GZ POP! A NOVA FORNA...
queramos que si, queramos que non, todo que se sex...
GZ POP! A NOVA FORNA...
Chámanlle GZ POP a un disco con cancións de grup...

NOVIDADES

  • 08:00 - 13.11.2008 NOVIDADES

    franc3s

     

     

     

     

     

     

    FRANC3S
    Franc3s
    (A regueifa, 2008)

    Cando o 18 de maio de 1980 Ian Curtis decide unilateralmente poñer fin á breve singradura musical de Joy Division pendurándose polo pescozo cunha corda, o deus máis escuro do Valhalla da música popular fixo vibrar dolosamente as súas cordas vocais, emitindo un berro nunha frecuencia tan aquelada que só os tímpanos cunha maior dose de bizarrismo tebroso puideron captalo. Ese berro multiplicouse en miles de ecos que espallaron interminabelmente a mensaxe de loito desa deidade pagán polos catro recunchos do planeta. Así, non podía ser doutro xeito, esa onda sonora vibrou por terras de Bergantiños, e a semente desa vibración áspera, sucia e arriscada agromou nos miolos de Alberto, María e Patuki (tamén chegou a Vilalba) para florecer en Franc3s.

    A evolución metastática destes individuos de fans incondicionais a parte infinitesimal do universo bizarro fica fosilizada no seu propio nome, tributo por triplicado á actriz Frances Farmer, á vocalista de The Vaselines Frances McKee e á artista circense Frances O´Connor. María coa batería, Alberto coa guitarra e coa voz e Patuky cos teclados non só homenaxean en cada distorsión a bandas como Surfin´ Bichos, Los Enemigos, The Cramps ou The Jesus and Mary Chain, senón que tratan de enchoupar a súa música das sensacións que lles transmiten as obras de, por exemplo, John Waters, William Burroughs ou Pollock.

    Franc3s decidiu por fin dar o grande chimpo ao LP logo de dúas maquetas receptoras de boas críticas e gabanzas a manchea. O seu primeiro disco, Franc3s, está composto por dez temas e foi editado por A Regueifa Plataforma baixo licenza de Creative Commons; pode baixarse de balde en www.aregueifa.net. Tamén se pode adquirir en soporte físico, nunha edición limitada e feita a man a base de papel de lixa e peluche, en Discos Noni´s (A Coruña) e Cosmic Pop Club (Carballo).

    Así que xa sabedes, amantes dos sons de ultratumba, do theremin, da escuridade, do veludo, da luz de neon reflectida nas pozas dunha cidade perdida,…, gozade todos do novo de Franc3s, e xa me contaredes.

    Comentarios (1)add
    franc3s rules
    escrito por Óscar , Novembro 14, 2008
    penso que o termo "bizarro" está demasiado sobado xa

    según a RAE:

    bizarro, rra.

    (De it. bizzarro, iracundo).


    1. adj. valiente (‖ esforzado).

    2. adj. Generoso, lucido, espléndido.



    FRANC3S molan trogollón!
    bicos pra eles
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 12:37 - 13.10.2008 NOVIDADES

    nouvelledemmemoria

     

     

     

     

     

     

     

     

    NOUVELLE CUISINE
    De memoria
    (Autoeditado, 2008)

    O “malo” de ter asinado xoias de pop tan perfecto como Aritmética polar ou Dos torres é a altura á que deixas o listón para vindeiros discos. Os herculinos Nouvelle Cuisine corrían o risco de ser vítimas da calidade que plasmaron no seu anterior disco, o encantador Autodictado. Por fortuna, os "cocinitas" non se enrrugaron e souberon partir do ponto onde o deixaron para elevalo aínda uns centímetros máis, coma uns Sergéis Bubka do pop con pértiga.

    Sen perder o seu xa característco estilo -algo ben dificil de conseguir nunha banda con dúas voces tan diferentes- percébese nos doce temas que fan parte deste De memoria un salto cualitativo na produción. Continúan a guisalo e comelo eles mesmos pero no estudo de gravación a experiencia nótase e este enriquecemento faise palpable tanto a nivel de arranxos coma da expansión na paleta de sons e instrumentos (acordeóns, rhodes, sintes...). O certo é que o son de Nouvelle Cuisine acada con este disco un novo grau de madurez xa que a incoporación de sintetizador e caixas de ritmos nalgúns temas e a falla de complexos para meter guitarras moito máis distorsionadas afástaos do típico e autolimitado son indie do que beben -La Buena Vida e La Habitación Roja- explorando novos territorios que a esta altura da película a verdade é que son de agradecer.

    E como non hai bon disco de POP -con maiúsculas- sen unha boa colección de singles, ahi están eles para deixarnos xemas coma Sintonia08, Comunicación no verbal, El imperio roto ou Seremos cajeras... mostras de pop clásico preciosista dese que che queda ecoando permanentemente na testa con só un par de escoitas. A verdade é que resulta incrible que estes talentosos chefs non atopasen unha discográfica que lles editara o disco, por moita crise da industria discográfica que haxa. Neste caso é evidente que xogou máis na súa contra a deslocalización con respeito ao epicentro dos que terían de ser os seus pretendentes. No indie estatal xa se sabe que fora de Madrid e Barcelona vai moito frío. Porén a xogada non lles saiu tan mal, mais ben ao contrario, autoeditando o disco por partida doble, tanto en formato digipack de xeito comercial coma nun formato máis exclusivo: unha camisola que se vende xunto con unha memoria USB con toda a súa discografía. Se non querían caldo, dúas cuncas. E nós, claro, tan felices cun caldo tan cheo de sustancia.

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 11:20 - 25.09.2008 NOVIDADES

     

     

     

     

     

     

    BLOC PARTY
    Intimacy
    (Wichita, 2008)

    A “alarma silenciosa” ca que catro rapaces do East London decidiron comunicarlle ao mundo a súa existencia non foi tal; resultou o estoupido xordo do primeiro foguete da alborada, que racha o silencio da moribunda noite e pronostica xoldra. A partires dese intre máxico pode gozarse ou non da festa, pero xa non sobrevive no interior dos participantes esa inicial sensación de sorpresa. A Weekend In The City convertiuse desde o seu lanzamento na primeira víctima das odiosas comparacións as que serán sometidos todos e cada un dos traballos que Bloc Party decida facer, aos que xa de saída se lles catalogará como “inferiores a Silent Alarm”. Kele Okereke na voz e na guitarra, Russell Lissack na guitarra, Gordon Moakes no baixo e nos coros e Matt Tong na batería conforman Bloc Party.

    Intimacy (Wichita Recordings, 2008), o seu terceiro traballo, veu a luz o pasado 21 de agosto no seu formato dixital, quedando desde entón pendurado na rede coa posibilidade de baixalo previo abono do prezo estipulado. Os interesados en adquirilo no seu formato físico deberán agardar ata o 28 de outubro; neste formato inclúense algúns cortes non presentes no dixital. O disco foi producido por Paul Epworth e Jacknife Lee, quenes xa colaboraran coa banda nos seus anteriores traballos (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 08:00 - 11.09.2008 NOVIDADES

    jugoplastika

     

     

     

     

     

     

     

     

    JUGOPLASTIKA
    The 6th is the 7
    (Astro Discos, 2008)

    Co dos revivals é mellor non chegar a última hora. De poder escoller, o ideal sería chegar cando a cousa xa despegou pero aínda non invade masivamente as páxinas da NME e derivados, entrando de cheo no momento álxido do hype. Como mal menor, non estaría mal ser dos primeiros, o que sexa con tal de non ser dos últimos en chegar. Porén, ser pioneiro na recuperción dun son pasado garante certa frescura e non soar clónico pero tamén ten a desvantaxe de que van ser outros os que desfruten do verdadeiro recoñecemento. Non se pode ter todo.

    E no caso de Jugoplastika dá a impresión de que é exactamente isto último o que lles vai pasar. Asi que é de xustiza reivindicalos dende xa coma iniciadores dun revival que aínda está por chegar, o do indie guitarreiro dos primeiros 90s, con ecos de radio universitaria americana, voces pouco afinadas e producións precarias de son garaxeiro. Porque no seu último album -The 6th is the 7- non hai banda da época que non faga acto de presenza dunha ou outra maneira nalgunha das once cancións que fan parte do disco, dende os Pixies a Weezer pasando por Pavement, Guided by Voices, e Grandaddy. Un traballo, por certo, maxistralmente producido por Paco Loco, que demostra ser un auténtico todoterreno, recreando perfectamente o son suxo dominado polas frecuencias medias tan característico daqueles tempos dando forma ao que probablemente é o disco galego máis xenuinamente americano de todos os tempos.

    Dubido que Kukoc, Perasovic e Radja escoitasen aos Pixies nos vestiarios pero o certo é que as coordenadas temporais deste novo son de Jugoplastika teñen perfecto sentido e danlle coherencia absoluta á estética do grupo. Iso si, só asimilable en todos os seus matices  polos que nacimos antes dos 80s, as novas xeracións van ter que agardar a que chegue o revival noventeiro -remastigado e actualizalo- para desfrutalo ao 100%. Sexa coma sexa, sempre poderemos dicer o de "pero se isto xa o facían Jugoplastika no 2008".

    Comentarios (1)add
    ...
    escrito por xoel , Setembro 15, 2008
    bluff
    bluff
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 06:52 - 02.09.2008 NOVIDADES

    death_cab_narrow_stairs

     

     

     

     

     

     

    DEATH CAB FOR CUTIE
    Narrow Stairs
    (Atlantic, 2008)

    Atópome de fronte e a máis de 200 km/h con Narrow Stairs; o choque é brutal, anaquiños de disonantes melodías dunha beleza inusual perforan diversos órganos do meu corpo e préñanme as vísceras dun sotaque agridoce de saudade. Atópome de fronte ante o sexto traballo da banda formada por Ben Gibbard, Chris Walla, Nicholas Harmer e Jason McGerr; atópome de fronte cunha auténtica delicia de comezo a fin, tanto no seu formulación como na súa execución, un río que nace e transcorre cara o mar entre meandros sinuosos e violentas fervenzas.

    Nace Narrow Stairs cun corte duns cinco minutos que lembra por veces á primeira canción de Plans, aquela Marching Bands of Manhattan que nos marabillara, aínda que esta posúe un ton máis sutil. Comeza amodo para ir acadando maior contundencia segundo pasa o tempo, apoiados sempre nun enorme baixo (...)

    Comentarios (0)add
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 11:34 - 12.05.2008 NOVIDADES

    esquios2gif

     

     

     

     

     

     

    ESQUIOS
    Un tipo normal
    (Autoeditado Distribuciones, 2008)

    Os estradenses Esquíos deron un xiro importante á banda con este Un tipo normal, o seu segundo disco longo. A incorporación de Miguel Castro na voz en sustitución de Fidel Castro -non sei se serán irmáns- marca en grande medida o seu novo son, moito máis punk-rock, case alonxado por completo das querencias metaleiras do seu debut. O certo é que o xiro parece moi meditado xa que a nova voz -moito máis axeitado para o punk-rock con maior carrega melódica que fan agora- dálle a Esquios un son moito máis actual.

    Pero non é a voz a única novidade desta nova etapa. Agora atopamos unha cota maior de temas cantados en galego e unhas letras, entre o social e o festeiro, que encaixan mellor co seu estilo e o seu público potencial. Especialmente agora que contan no seu repertorio con temasda forza de “A rapa” ou “Galiza festa rachada” -sen dúbida os dous singles máis potentes do disco- que prometen ser verdadeiros furacáns ao vivo, cuns retrousos deses que son carne de pogo. Dous temas, ademais, que incorporan un par de detalles -aire funk e sección de metais, o primeiro, e ritmo skatalítico, o segundo- que alén de demostrar a versatilidade dos novos Esquíos tamén van facer de efectivo anzol para atraer a novos siareiros á banda.

    Comentarios (1)add
    MOI BO GRUPO
    escrito por abel , Xuño 19, 2008
    Vinnos en directo e a verdade e que son a ostia, montanche unha festa que flipas e son cañeiros. Ali comprei este cd e gustoume moito, ademais e bastante variado, ten algun tema que non me acaba de chegar pero en xeral e un disco moi recomendable para os amantes do rock cañeiro
    Escrebe o teu Comentario
    quote
    bold
    italicize
    underline
    strike
    url
    image
    quote
    quote
    smile
    wink
    laugh
    grin
    angry
    sad
    shocked
    cool
    tongue
    kiss
    cry
    + pequeno | + grande

    busy

    Ler máis...
  • 06:56 - 06.05.2008 NOVIDADES

    rem_-_accelerate

     

     

     

     

     

     

    REM
    Accelearte
    (Warner, 2008)

    Facía xa catro anos que a banda de Athens non daba sinais de vida; foi por aquel entón cando publicaron o deostado (inxustamente baixo o meu criterio) Around the Sun. Por fin en abril de 2008 saíu á luz Accelerate, anunciado polos iluminados e entendidos como “a volta as súas orixes”. ¿Pero iso non o fixeran xa con Monster? ¿non se volvera de novo a falar do mesmo cando saíron New Adventures in Hi-Fi e Up? en resumo, máis peras mentais de flipados ou pura estratexia de marketing por parte da Warner (ou ambas cousas, claro) (...)

    Comentarios (0)add